Silvio Moser
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de abril de 1941 Zürich, Suíza |
Morte | 26 de maio de 1974 (33 anos) Locarno, Suíza |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motociclismo, piloto de automobilismo, enxeñeiro, piloto de Fórmula Un |
Deporte | Motociclismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Silvio Moser nado en Zürich o 24 de abril de 1941 e finado en Locarno o 26 de maio de 1974[1] foi un piloto de carreiras suízo.
Inicios
[editar | editar a fonte]Moser comezou a súa carreira a principios dos anos sesenta, competindo con Alfa Romeo e trasladouse aos monoprazas en 1964,[2] con moito éxito tanto na Fórmula 3 europea como nas Temporada Series.[2]
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Logo de construírse unha boa reputación na Fórmula Júnior/Tres, Fórmula 2 e carreiras de coches deportivos Moser debutou na Fórmula 1 o 15 de xullo de 1967 no Gran Premio do Reino Unido[2] co equipo Vögele Team Cooper-ATS. Antes disto intentara cualificar para o Gran Premio de Alemaña de 1966 cun Brabham–Cosworth BT16 de Fórmula 2, entrou co seu propio nome, pero o motor fallou na práctica.[2] Continuou en 1968 cun Brabham-Repco BT20, en 1969 cun Brabham BT24 Cosworth privado,[3] en 1970 co Bellasi - Cosworth e de novo nunha carreira en 1971. En total, participou en 19 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1 (12 saídas), anotando un total de tres puntos de campionato.
Loga da Fórmula Un e morte
[editar | editar a fonte]Despois do fracaso do proxecto de Bellasi[2] Moser volveu a Fórmula 2 e pilotou un Brabham en 1971 e 1972, e un Surtees en 1973, con éxito limitado, pero logrou o segundo lugar en Monza no GP da lotería.[2]
Moser morreu a consecuencia dunhas graves lesións e sen recuperar a conciencia, algún tempo despois de verse implicado nun accidente cando pilotaba o seu Lola-BMW nos 1000 km de Monza en Monza.[3]
Resultados Completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1966 | Silvio Moser | Brabham BT16 F2 | Ford Cosworth SCA 1.0 L4 | MON | BEL | FRA | GBR | NED | ALE NTS |
ITA | USA | MEX | NC | 0 | ||||
1967 | Charles Vögele | Cooper T77 | ATS 2.7 V8 | RSA | MON | NED | BEL | FRA | GBR Ret |
ALE | CAN | ITA | USA | MEX | NC | 0 | ||
1968 | Charles Vögele | Brabham BT20 | Repco 620 3.0 V8 | RSA | ESP | MON NSC |
BEL | NED 5 |
FRA | GBR NC |
ALE NTS |
ITA NSC |
CAN | USA | MEX | 23º | 2 | |
1969 | Silvio Moser Racing Team | Brabham BT24 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | RSA | ESP | MON Ret |
NED Ret |
FRA 7 |
GBR | ALE | ITA Ret |
CAN Ret |
USA 6 |
MEX 11 |
16º | 1 | ||
1970 | Silvio Moser Racing Team | Bellasi F1 70 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | RSA | ESP | MON | BEL | NED NSC |
FRA NSC |
GBR | ALE NSC |
AUT Ret |
ITA NSC |
CAN | USA | MEX | NC | 0 |
1971 | Jolly Club Switzerland | Bellasi F1 70 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | RSA | ESP | MON | NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA Ret |
CAN | USA | NC | 0 |
Resultados fóra de campionato
[editar | editar a fonte](key)
ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1967 | Fritz Baumann | Cooper T77 | ATS 2.7 V8 | ROC | SPC | INT | SYR Ret |
OUL | ESP | ||
1968 | Charles Vögele | Brabham BT20 | Repco 620 3.0 V8 | ROC Ret |
INT 7 |
OUL | |||||
1969 | Silvio Moser Racing Team | Brabham BT24 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ROC | INT | MAD | OUL 10 |
||||
1971 | Jolly Club Switzerland | Bellasi F1 70 | Ford Cosworth DFV 3.0 V8 | ARX Ret |
ROC | QUE | SPR | INT | RIN | OUL | VIC |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Steve Small. The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. p. 260. ISBN 0851127029.
- ↑ 3,0 3,1 "Nachrichten: Silvio Moser gestorben". Auto Motor u. Sport. Heft. 13 1974: Seite 116. 22 de xuño de 1974.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silvio Moser |