Tálero de María Tareixa
O tálero de María Tareixa[1] (en alemán: Maria-Theresien-Taler)[2] é a denominación dunha moeda austríaca de prata con valor facial dun tálero (reichstaler), cuñada por primeira vez en Viena en 1741 a nome da emperatriz María Tareixa de Austria (1740-1780), que chegou a se converter en moeda de circulación internacional e de investimento ata a segunda metade do século XX.[3][4][5][6]
Características
[editar | editar a fonte]O tálero de María Tareixa ten un diámetro de entre 39,5 e 41 mm, e un grosor de 2,5 mm de grosor; o seu peso é de 28,0668 gramos, dos que 23,3890 (0,752 onzas troy) son de prata fina, polo que a súa proporción de prata é de 833 milésimas e a de cobre 166 milésimas.
A inscrition en latín dos seus anversos é a seguinte: M. THERESIA D. G. R. IMP. HU. BO. REG. (forma abraviada de Maria Theresia, Dei Gratia Romanorum Imperatrix, Hungariae Bohemiaeque Regina; en galego: "María Tareixa, emperatriz de Roma, raíña de Hungría e Bohemia, pola graza de Deus"). Nos seus reversos lese ARCHID. AVST. DUX BURG. CO. TYR. 1780 X (Archidux Austriae, Dux Burgundiae, Comes Tyrolis. 1780 X; en galego: "arquiduquesa de Austria, duquesa de Borgoña, condesa do Tirol. 1780 X"). O X é en realidade un sautor (Cruz de Santo André) e aparece nestas moedas a partir de 1750, para . Arredor do canto da moeda amósase o lema do seu reinado: Justitia et Clementia ("Xustiza e Clemencia").
Aínda que xa fóra da circulación, o tálero de María Tareixa segue a ser cuñado pola Casa da Moeda de Viena, dedicada ao coleccionismo e ao investimento.[7]
Historia
[editar | editar a fonte]Orixes en Austria
[editar | editar a fonte]Tras a boa aceptación no comercio do novo tálero durante os seus primeiros anos de circulación, en 1751 foi adoptado formalmento como novo estándar na convención monetaria de Baviera.
Despois da morte de María Tareixa en 1780, a moeda continuouse cuñando ao seu nome sen variar o seu deseño e, mesmo, mantendo esa data de 1780.[8] O día 19 de setembro de 1857, o emperador Francisco Xosé I de Austria declarou a oficialidade do tálero de María Tareixa como moeda de comercio, aínda que pouco máis dun ano despois, o 31 de outubro de 1858, perdeu a súa condición de moeda en Austria.
Debido á súa intensa circulación internacional, esta moeda pódese atopar en todo o mundo árabe, especialmente en Arabia Saudita, Iemen, o sultanato de Mascate e Omán, Etiopía e diversos protectorados, en África, e tamén na India. Durante a ocupación xaponesa de Indonesia na segunda guerra mundial, moitas persoas prefirían seguir utilizando o tálero de María tareixa ao diñeiro emitido polas forzas de ocupación, ata o punto de que a Oficina de Servizos Estratéxicos dos Estados Unidos falsificou esta moeda para que circulase entre as forzas da resistencia.[9][10]
Cuñaxe fóra de Austria
[editar | editar a fonte]A grande expansión da circulación desta moeda fixo que fosen moi numerosos os países que obtiveron licenza para batela, con posterioridade ás da primeira época; en concreto, cuñáronse en fábricas das cidades de Birmingham (Heaton Mint), Bombai, Bruxelas, Londres, París, Roma e Utrecht, á parte das orixinarias, que saían das casas de moeda oficiais dos Habsburgo en Günzburgo e Karlsburg (Alemaña); Kremnica (Eslovaquia); Milán (Italia); Hall, Praga e Viena (Austria). Entre 1751 e 2000 cuñáronse arredor de 389 millóns de pezas, que en ocasións diferencian a súa orixe con moi lixeiras varacións nos seus deseños.[11][12]
En 1935, Mussolini obtivo unha concesión por 25 anos para a cuñaxe de táleros de María Tareixa. Os italianos impederon así que os bancos non italianos e os comerciantes de lingotes tivesen acceso á moeda. Como consecuencia disto, Francia, Bélxica e o Reino Unido comezaron a producir a moeda sen a debida autorización da entidade emisora, para dar apoio aos seus intereses económicos no Mar Vermello, no Golfo Pérsico e na costa oriental de África. En 1961, a concesión de 25 anos finalizou e Austria fixo achegamentos diplomáticos aos respectivos gobernos para solicitar que cesase neles a produción desta moeda. O Reino Unido foi o derradeiro Goberno en aceptar formalmente a solicitude, en febreiro de 1962.
Ata despois da segunda guerra mundial, o tálero de María Tareixa foi moi utilizado como moeda en gran parte de África. Foi moi común desde o Norte de África ata Somalia, Etiopía, Kenya e a costa de Tanzania, e ata Mozambique.[13][14] A súa popularidade na rexión do Mar Vermello era tal que algúns comerciantes non outro tipo de moeda. O goberno italiano chegou a producir desde finais do século XIX (1890-1921) unha moeda de métrica e valor semellantes (1 tálero -tallero- = 5 liras) a nome do rei Humberto I, e posteriormente outra en 1918 a nome de Vítor Manuel III que imitaba máis fielmente o tálero de María Tareixa orixinal pero coa inscrición REGNUM ITALICUM, coa esperanza de substituír o tálero de María Tareixa nas súas colonias na zona (fundamentalmente Eritrea), pero non chegou a ter aceptación.[15][16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O galego admite as variantes "táler" (adaptación ortográfica do alemán Taler ou "tálero" (forma recollida no DRAG e no Portal das Palabras), e tamén "Teresa", forma alternativa de "Tareixa".
- ↑ En alemán escribíase Thaler antes da reforma ortográfica de 1901 e Taler a partir desa data. Xa que logo, nas referencias anteriores a 1901 aparece designado sempre como Thaler.
- ↑ "The Maria Theresa Thaler 1780. Introduction". En www.theresia.name/en (en inglés)
- ↑ "The Maria Theresa Thaler". En Kampmann, U. (2010). Páxinas 49-51.
- ↑ Tschoegl, Adrian E. (2001). "Maria Theresa's Thaler: A Case of International Money". Eastern Economic Journal. 27 (4): 445–464
- ↑ Barbieri, Gionata. "Il Tallero di Maria Teresa, dollaro del colonialismo e dell'imperialismo. Storia, transazioni, usi e costumi". En Manuali.Lamoneta.it 2007 (en italiano)
- ↑ "Maria Theresa Taler Arquivado 05 de abril de 2018 en Wayback Machine.". Sitio web oficial da Casa de Moeda de Austria (en inglés e alemán)
- ↑ "Original and Restrike". En www.theresia.name/en (en inglés)
- ↑ Lovell, Stanley P. "Deadly Gadgets of the OSS". En Popular Science. Xullo de 1963. Páxinas 56-58 (en inglés)
- ↑ "History of the Maria Theresa Thaler". En www.theresia.name/en (en inglés)
- ↑ "Maria Theresia Taler Variants" (en inglés)
- ↑ Rosi, Sergio. "Il Tallero 1780". En Maria Teresa non solo talleri (en italiano)
- ↑ Caravaglios, Mario Genoino (1984). "Ethiopian currency during World War II according to the unpublished documents of the British and Italian archives". En Rubenson, Sven (ed.). Proceedings of the Seventh International Conference of Ethiopian Studies. Universidade de Lund. 1982. Páxinas 341-350 (en inglés)
- ↑ "Tales of a thaler". En Aramco World. Arab and Islamic cultures and connections (en inglés)
- ↑ "Eritrea tallero" En Coin Community Family (en inglés)
- ↑ "Eritrean tallero". En The Free Dictionary by Farlex (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Duggar, Jan Warren (1967). "The Development of Money Supply in Ethiopia". En Middle East Journal. 21 (2): 255–61 (en inglés)
- Fenn, Ian (2010). "The Twentieth Century Minting of the Maria Theresa Thaler". En New Zealand Numismatic Journal. 90: 9–39 (en inglés)
- Gervais, Raymond (1982). "Pre-Colonial Currencies: A Note on the Maria Theresa Thaler". En African Economic History. 11: 147–52 (en inglés)
- Kampmann, U. (2010). Drachm, Dirham, Thaler, Pound. Money and currencies in history from earliest times to the euro. Money Museum. Zürich.
- Pankhurst, Richard (1963). "The Maria Theresa Dollar in Pre-War Ethiopia". Journal of Ethiopian Studies. 1 (1): 8–26 (en inglés)
- Pankhurst, Richard (1970). "The Perpetuation of the Maria Theresa Dollar and Currency Problems in Italian-Occupied Ethiopia, 1936–1941". Journal of Ethiopian Studies. 8 (2): 89–117 (en inglés)
- Pond, Shepard (1941). "The Maria Theresa Thaler: A Famous Trade Coin". Bulletin of the Business Historical Society. 15 (2): 26–31. doi:10.2307/3110662 (en inglés)
- Semple, Clare (2006). A Silver Legend: The Story of the Maria Theresa Thaler. Barzan Publishing. [ISBN 0-9549701-0-1] (en inglés)
- Stride, H. G. (1956). "The Maria Theresa Thaler". The Numismatic Chronicle and Journal of the Royal Numismatic Society, Sixth Series. 16: 339–43 (en inglés)
- Tschoegl, Adrian E. (2001). "Maria Theresa's Thaler: A Case of International Money Maria Theresa's Thaler: A Case of International Money". Eastern Economic Journal. 27 (4): 443–62 (en inglés)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O tálero de María Tareixa de 1780. Estudo en profundidade (en inglés)
- Sitio web oficial da Casa de Moeda de Austria(en alemán e inglés)
- "La evolución del Thaler o Taler Arquivado 27 de setembro de 2019 en Wayback Machine.". Cervera Colecciones.