TOPO 1
TOPO 1 | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico, observación terrestre |
Organización | Exército dos Estados Unidos de América |
Data de lanzamento | 8 de abril de 1970, 8:17 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Thor Agena D[2][4] |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea[2][5] |
Obxectivo da misión | Demostración de tecnoloxías relacionadas coa xeodesia e o posicionamento na superficie terrestre.[2] |
NSSDC ID | 1970-025B |
Masa | 21,8 kg[2][4] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7462 km[1] |
Inclinación | 99,9 graos[1] |
Apoapse | 1092,9 km[1] |
Periapse | 1091,0 km[1] |
TOPO 1 foi un satélite artificial do exército dos Estados Unidos de América adicado a probar novas tecnoloxías relacionadas coa xeodesia e o posicionamento na superficie terrestre lanzado o 8 de abril de 1970 mediante un foguete Thor Agena D desde a base Vandenberg da Forza Aérea.[5][2][4]
Características
[editar | editar a fonte]A misión principal de TOPO 1 foi estudar novas técnicas para a determinación en tempo real da posición sobre a superficie terrestre, para a comunicación con satélites e obter información sobre os efectos da ionosfera en estudos xeodésicos.[5][2][4]
O satélite tiña unha masa de 21,8 kg e estaba baseado nos satélites SECOR, con forma de caixa cunhas dimensións de 0,36 x 0,30 x 0,23 m, e levaba a bordo un transpondedor para telemetría en 136,84 MHz e un canal de 590 KHz para o estudo da ionosfera. A alimentación eléctrica era producida por células solares na superfie do satélite. O satélite deixou de usarse o 14 de xaneiro de 1972 debido a falta de fondos.[5][2][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2022). Real Time Satellite Tracking, ed. "TOPO 1" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (7 de xaneiro de 2022). "TOPO 1" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ "Letter dated 26 August 1970 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF). COMMITTEE ON THE PEACEFUL USES OF OUTER SPACE (70-19445): 6. 8 de setembro de 1970. Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Topo 1 (S70-3)" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2022.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2022). "TOPO" (en inglés). Consultado o 20 de febreiro de 2022.