Saltar ao contido

Tempada 2008-09 do HC Liceo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A tempada 2008-2009 foi 30ª tempada consecutiva do H.C. Liceo na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns do Estado español. Esta foi a quinta tempada consecutiva en branco do club galego, aínda que conseguiu o subcampionato de liga e a I Copa Galiza (título non oficial).

Clasificacións

[editar | editar a fonte]
  • Antes de comezar a tempada, o Coinasa Liceo disputa o Mundial de clubs, onde cae nos cuartos de final fronte ao Valdagno italiano por 3-5, debido en parte ao cansazo acumulado nunha pretempada intensa.
  • Terceiro posto na liga regular por detrás do líder, o FC Barcelona, e do segundo clasificado, o Roncato Patí Vic.
  • Na Copa do Rei, como local no Pazo dos Deportes de Riazor, non puido pasar das semifinais fronte ao Roncato Vic, cando ao restar 18 segundos para o final do partido un gol de Marc Torra calou a un Riazor cheo e desfixo os soños e ilusións que tódolos liceistas puxeran na competción copeira.
  • Na Copa de Europa, o equipo herculino clasificouse para a primeira Final-Eight (final a oito), na que eliminou primeiramente ao Noia Freixenet e posteriormente caeu eliminado nas semifinais fronte ao Roncato Vic, partido no que, como na Copa do Rei, o Liceo non tivo a sorte necesaria para meterse na gran final europea contra o Reus Deportiu, que se proclamaría finalmente campión.
  • Nos Play-off polo título da OK Liga, acadou o subcampionato ao caer contra o FC Barcelona por 3 vitorias a 0, logo de ter eliminado na primeira rolda ao Igualada HC (2-0) e ao Vic (3-1).
  • Campión da I Copa Galiza, vencendo na final ao daquela "Cerceda Liceo" (hoxe Club Patín Cerceda) por 5 goles a 4.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]