Tempadas do Hockey Club Liceo da Coruña
Aparencia
O Hockey Club Liceo da Coruña é un club profesional de hóckey a patíns da cidade da Coruña. Foi fundado en 1972 e na tempada 1979-80 debutou na División de Honra (denominada dende 2002 OK Liga), a máxima categoría do hóckey a patíns español, categoría na que compite dende aquela. Trátase dunha icona dentro do hóckey galego, historicamente é o club deportivo máis laureado de Galiza cun total de 40 títulos (18 a nivel estatal, e 22 títulos internacionais).
A seguinte táboa amosa todos os resultados nas distintas competicións estatais e internacionais dende a creación do club: