Teopompo
Nome orixinal | (grc) Θεόπομπος ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século IV a. C. ![]() Quíos, Grecia ![]() |
Morte | c. 320 a. C. ![]() Alexandría ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político , historiador , escritor , orador ![]() |
Período de tempo | Período helenístico ![]() |
Profesores | Isócrates de Atenas ![]() |
Lingua | Grego antigo ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia![]() | |
Pai | Damasistratus of Chios (en) ![]() ![]() |
![]() |
Teopompo, nado en Quíos no -380 e finado en -323 foi un historiador grego, posibelmente o máis importante do século -IV[1].
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu na illa de Quíos, no Exeo. O seu pai, Damisístrato, deulle unha educación esmerada. Nas discordias entre Tebas, Atenas e Esparta, a súa familia pronunciouse por Esparta, o que motivou a saída da súa terra. Sábese que en Atenas asistiu á escola de Isócrates. Fixo numerosas viaxes para documentar as súas obras. A máis importante é as Filípicas, formado por 58 libros, centrado na historia de Filipo II de Macedonia. Na súa obra predomina un estilo moralista, distiguíndose pola súa crítica á vida privada de Filipo á vez que apoiaba as súas accións políticas. Recibiu influencias de Heródoto, Isócrates e Antístenes[2].
Perdeuse todo o seu traballo, pero é coñecido polas longas citas que fan del outros autores. Ademais das Filípicas escribiu unhas Helénicas, continuación da obra de Tucídides, que abarca desde o -410 ata a batalla de Cnido. As Helénicas, parecen ser de menor importancia a tenor do pouco citada que é, propia da etapa inicial do autor. Sobre esta obra, o experto en historiografía Arnaldo Momigliano declara que
Teopompo debeu pois madurar precisamente no esforzo de proseguir a obra de Tucídides[2].
Momigliano destaca en Teopompo a superación ao modelo de Tucídides. A entrada de Filipo invalida o esquema Esparta-Atenas, debendo adecuar os modelos históricos á nova realidade política. Tamén escribiu unha Diatriba contra Platón e uns Panexíricos. Segundo Dionisio de Halicarnaso, non só foi un gran historiador, senón un orador excelente e un dos discípulos que honraron máis a escola de Isócrates.