The Thermals
The Thermals | |
---|---|
Orixe | Portland, Oregón, |
Período | 2002-2018 |
Xénero(s) | indie rock, lo-fi, punk rock |
Selo(s) discográfico(s) | Kill Rock Stars, Saddle Creek, Sub Pop |
Membros | Hutch Harris Kathy Foster Westin Glass |
Antigos membros | Jordan Hudson Ben Barnett Caitlin Love Lorin Coleman Joel Burrows |
Artistas relacionados | Hutch & Kathy, All Girl Summer Fun Band, Forbidden Friends |
Na rede | |
thethermals.com | |
The Thermals foi unha banda estadounidense de indie rock baseada en Portland, Oregón. O grupo formouse no ano 2002. Con fortes influencias tanto do lo-fi como do rock stándar, as cancións da banda son tamén coñecidas pola súa imaxinería política e relixiosa.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]No ano 2002 os antigos compañeiros de banda Hutch Harris e Kathy Foster xuntáronse novamente para formar The Thermals, tras traballar xuntos no dúo folk Hutch & Kathy. O seu primeiro álbum, More Parts per Million, foi editado en 2003 por Sub Pop Records. O disco foi gravado e interpretado enteiramente por Hutch Harris, que se encargou de todos os instrumentos. A primeira formación ao vivo estaba composta por Harris con Kathy Foster no baixo, Jordan Hudson (tamén en M. Ward e The Operacycle) na batería, e Ben Barnett na guitarra.[1] O seu seguinte disco, Fuckin A (2004), foi mesturado polo membro de Death Cab For Cutie Chris Walla. Nese período Ben Barnett deixou o grupo e Hutch Harris encargouse da guitarra.
O seu terceiro álbum, The Body, The Blood, The Machine, foi producido por Brendan Canty de Fugazi[2] e gañou gran parte do recoñecemento do grupo, aparcendo en múltiples listas de mellores álbums de 2006 como as de NPR, The AV Club e Pitchfork.[3] A canción "A Pillar of Salt" tamén apareceu no videoxogo de Electronic Arts Skate 3.[4] Jordan Hudson deixou a banda durante a gravación deste terceiro álbum. Kathy Foster encargouse das tarefas de percusión no estudio e Lorin Coleman na xira.
O cuarto álbum de The Thermals, Now We Can See, foi editado en 2009 a través do selo Kill Rock Stars coa produción de John Congleton. Kathy Foster encargaríase novamente da percusión no traballo. Westin Glass uniríase á banda como batería tras finalizar o disco.
O seu quinto traballo, Personal Life, apareceu o 7 de setembro de 2010. Dous anos despois o súa versión da cabnción "Little Boxes" usouse como tema de apertura do capítulo 8 da oitava temporada de Weeds, "Five Miles From Yetzer Hara";[5] a súa canción "Here's Your Future" de The Body, The Blood, The Machine xa aparecera no capítulo "A Pool and his Money" en 2007.[6]
En outubro de 2012 o antigo guitarrista Joel Burrows morreu por complicacións debidas a un atropelo que sofrera meses antes.[7]
O 31 de xaneiro de 2013 The Thermals fichou por Saddle Creek Records e en abril dese ano lanzou o seu primeiro traballo co selo, o álbum Desperate Ground.[8][9]
O en xaneiro de 2016 a banda anunciou o lanzamenro do seu sétimo álbum de estudio, titulado We Disappear. O disco apareceu o 25 de marzo dese ano a través de Saddle Creek Records.[10]
O día 9 de abril de 2018 a anda anunciou a través da súa conta de Twitter a súa disolución tras 16 anos de carreira.[11]
Membros
[editar | editar a fonte]Derradeira formación
[editar | editar a fonte]- Hutch Harris - voces, guitarra (2002–2018)
- Kathy Foster - baix, voces (2002–2018)
- Westin Glass - batería, voces (2008–2018)
Antigos membros
[editar | editar a fonte]- Jordan Hudson - batería (2002–2005)
- Ben Barnett - guitarra (2002–2003)
- Caitlin Love - batería (2006)
- Lorin Coleman - batería (2007–2008)
- Joel Burrows - guitarra (2007)
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
More Parts per Million | 2003 | Sub Pop Records |
Fuckin A | 2004 | Sub Pop Records |
The Body, the Blood, the Machine | 2006 | Sub Pop Records |
Now We Can See | 2009 | Kill Rock Stars |
Personal Life | 2010 | Kill Rock Stars |
Desperate Ground | 2013 | Saddle Creek Records |
We Disappear | 2016 | Saddle Creek Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Thermals Interview - Unfold :: Amsterdam Edition". web.archive.org. 2012-06-07. Archived from the original on 07 de xuño de 2012. Consultado o 2019-04-20.
- ↑ Crock, Jason. "The Thermals". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-02-27.
- ↑ "Thermals Award info". Sub Pop. 2013-05-14. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 2023-02-27.
- ↑ "Skate 3". 2010-05-11. Consultado o 2023-02-28.
- ↑ Abraham, Phil (2012-08-19). "Five Miles From Yetzer Hara". Consultado o 2023-02-28.
- ↑ Zisk, Craig (2007-08-20). "A Pool and His Money". Consultado o 2023-02-28.
- ↑ Lannamann, Ned. "Goodbye, Joel Burrows of the Minders and the Thermals". Portland Mercury (en inglés). Consultado o 2023-02-28.
- ↑ Minsker, Evan (2013-01-31). "The Thermals Detail New LP, Sign to Saddle Creek". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-02-28.
- ↑ "The Thermals - Desperate Ground Album Reviews, Songs & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-02-28.
- ↑ Minsker, Evan (2016-01-06). "The Thermals Announce New Album We Disappear, Share "Hey You"". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-02-28.
- ↑ "The Thermals Twitter ನಲ್ಲಿ: "We are officially disbanding! After 15 years and 7 records, we feel our band has reached far beyond our initial expectations and goals, and are stepping away from it while we still cherish it."". web.archive.org. 2018-04-09. Archived from the original on 09 de abril de 2018. Consultado o 2023-02-28.