Tomás Argüelles
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1855 Oviedo, España |
Morte | 22 de novembro de 1922 (66/67 anos) Vigo, España |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, catedrático |
Orde relixiosa | Compañía de Xesús |
Tomás Camporro Argüelles, máis coñecido como Padre Argüelles,[1] nado en Oviedo o 19 de setembro de 1855 e finado en Vigo o 22 de novembro de 1922[2], foi un sacerdote e escritor asturiano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi oficial de artillaría nas guerras carlistas. Emigrou a Francia, onde ingresou na Compañía de Xesús. Foi profesor de humanidades en México, durante tres anos. En 1895 destinárono ó Colexio de Camposancos, A Guarda, onde deu clases, primeiro de retórica e poética e, dende 1919, co Plan Romanones, de perceptiva literaria.[3] Entre os seus alumnos estiveron Rafael Areses, Xosé Franco Montes, Raimundo Riestra, Alejandro Mon e Javier Ozores.[2]
Foi compañeiro e colaborador de Baltasar Merino e fixo estudos sobre as cunchas das costas galegas[4]. É autor de Narraciones americanas (Barcelona, 1893), Leyendas, publicado en Tui en 1897 e Sol poniente (Leyendas), que apareceu en Valladolid en 1920.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Labandeira, A. (1982). "Adiciones a un catálogo de novelas y novelistas españoles del s. XIX" p. 48. Cuadernos para la investigación de la literatura hispánica 4.
- ↑ 2,0 2,1 Galicia. Diario de Vigo, 23-11-1922, p. 1
- ↑ Revuelta, M. (1998). Los colegios de jesuitas y su tradición educativa (1868-1906) (en castelán). UPC.
- ↑ Vida Gallega, 15-12-1922, p. 32.
- ↑ Sol poniente (Leyendas) Imaxe da portada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1951). "ARGÜELLES, Tomás de". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 85.
- Suárez Fernández, Constantino (1936-). Escritores y artistas asturianos (en castelán).