Tomb Raider (videoxogo de 1996)
Aparencia
Tomb Raider (videoxogo de 1996) | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Core Design |
Distribuidora(s) | Eidos Interactive, Victor Interactive Software, Suntendy Interactive Multimedia Co.,Ltd. e Golden Disc Electronic |
Compositor(es) | Nathan McCree |
Lanzamento | 25 de outubro de 1996 e 1 de marzo de 1998 |
Xénero | videoxogo de acción e aventura |
Modos de xogo | videoxogo para un xogador |
Clasificación | PEGI USK |
Plataforma(s) | MS-DOS, PlayStation, Saturn, N-Gage, DOS, macOS, Android, iOS, Pocket PC, Nintendo Switch, PlayStation 4, PlayStation 5, Microsoft Windows, Xbox One e Xbox Series X e Series S |
Na rede | |
http://www.tombraider.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Tomb Raider é un videoxogo de aventuras, acción e plataformas, un dos primeiros en 3D aparecidos para a xeración de 32 bits, desenvolvido por Core Design e distribuído por Eidos Interactive. É o primeiro xogo da serie Tomb Raider e narra as aventuras de Lara Croft, unha arqueóloga británica na procura de tesouros e reliquias do mundo antigo ó máis puro estilo de Indiana Jones. Tomb Raider saíu á venda en novembro de 1996 para a Sega Saturn, e foi adaptado pouco despois para PC CD-ROM e mais PlayStation.