Tortilla francesa

Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 657 kJ (157 kcal) |
0.7 g | |
12 g | |
10.6 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 22% 172 μg |
Tiamina (B1) | 9% 0.1 mg |
Riboflavina (B2) | 33% 0.4 mg |
Niacina (B3) | 1% 0.1 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 24% 1.2 mg |
Vitamina B6 | 8% 0.1 mg |
Ácido fólico (B9) | 10% 39 μg |
Vitamina B12 | 46% 1.1 μg |
Colina | 43% 212 mg |
Vitamina D | 5% 29 IU |
Vitamina E | 8% 1.2 mg |
Vitamina K | 4% 4.5 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 5% 47 mg |
Ferro | 12% 1.5 mg |
Magnesio | 3% 10 mg |
Fósforo | 23% 162 mg |
Potasio | 2% 114 mg |
Selenio | 38% 26.7 μg |
Sodio | 11% 161 mg |
Cinc | 9% 0.9 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 75.9 g |
Colesterol | 356 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
A tortilla francesa ou omelette é un prato elaborado con ovo batido e cociñado con manteiga ou aceite de oliva (depende da zona) nunha tixola. En realidade trátase dunha tortilla de ovo que se serve como acompañamento ou entrante. A forma que adquire durante o seu cociñado é semellante á dunha folla redonda. A versatilidade deste prato é tan grande que existen innumerables variacións.
Orixe da tortilla francesa
[editar | editar a fonte]A orixe da expresión "tortilla francesa" difire do pensamento xeneralizado, segundo o cal este prato provén de Francia. O prato ten a súa orixe na España da Guerra da Independencia. Debido á guerra e aos bloqueos comezaron a escasear algúns alimentos, incluíndo as patacas, ingrediente necesario para elaborar unha tortilla. Así foi como se comezaron a elaborar tortillas simples, sen patacas, as cales foron chamadas pola xente a xeito de broma "tortilla francesa".
Variantes
[editar | editar a fonte]
- Na gastronomía española existe unha variedade de tortilla chamada tortilla de patacas[Cómpre referencia], este prato está elaborado con patacas e ovo (ás veces con cebola) e cocíñase con aceite de oliva. En Inglaterra denomínase tortilla española e adoita ter queixo ou anaquiños de xamón.
- A Western omelette, denominada tamén Denver omelette, é unha tortilla francesa elaborada con anacos de xamón, cebolas, e pementos. Sérvese a miúdo no medio oeste dos Estados Unidos, ás veces engádeselle queixo e adoita estar acompaña con patacas fritidas.
- Nos Estados Unidos, existe a denominación Spanish omelette, trátase dunha tortilla francesa servida con salsa de tomate picante, cebolas, e pementos verdes.
- A Frittata é a tortilla francesa da cociña italiana, esta contén queixo, vexetais, e incluso pasta. A Frittate cocíñase lentamente.
- No Xapón, elabórase unha tortilla francesa chamada omuraisu, pronunciada omuretsu, que significa "tortilla" e "arroz". A Omu-soba é outro tipo de tortilla francesa con yakisoba como recheo.
- Na Arxentina, a tortilla francesa coñécese como Omelette e adoita rechearse con xamón, queixo, tomate, maionesa etc. para ser logo enrrollada e formar unha especie de canelón.
- Na China elabórase un tipo de tortilla rechea de ostras.
- En Tailandia chámase kai yat sai.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tortilla francesa |