While My Guitar Gently Weeps
«While My Guitar Gently Weeps» | |||||
---|---|---|---|---|---|
Canción de The Beatles | |||||
do Álbum The Beatles | |||||
Lanzamento | 22 de novembro de 1968 | ||||
Formato | |||||
Gravada | EMI Studios, Londres (25 de xullo a 6 de setembro de 1968) | ||||
Xénero musical | Rock | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 4:45 | ||||
Discográfica | Apple Records | ||||
Produtor(es) | George Martin | ||||
Escritor(es) | George Harrison | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"While My Guitar Gently Weeps" (que en galego podemos traducir como: "Mentres a miña guitarra choromica aos pouquiños") é unha balada de rock escrita por George Harrison de The Beatles incluída no seu Álbum Albo.
George Harrison orixinalmente interpretaba a canción cun só de guitarra acústica e un órgano; unha versión, máis curta que a oficial, pode escoitarse no álbum Anthology 3 e unha versión adaptada no álbum Love. Eric Clapton (amigo íntimo de George Harrison) interpreta a primeira guitarra.
A canción ocupa a posición 135 na "Lista de Rolling Stone das 500 mellores cancións de todos os tempos" e o posto número 42 na lista dos 100 mellores solos de guitarra.
Composición e gravación
[editar | editar a fonte]Segundo Harrison, a inspiración veulle da lectura do libro I Ching, que como el expresou: "Pareceume estar baseado no concepto oriental de que todo está relacionado entre si, a diferenza da opinión occidental de que todo é unha mera coincidencia".[1]
Levando esta idea de relativismo á casa dos seus pais no norte de Inglaterra, Harrison decidiu escribir unha canción coas primeiras palabras que vira ao abrir un libro ao chou. Estas palabras foron "Gently weeps", e inmediatamente comezou a escribir a canción.
A canción pasou por varias -algunhas substanciosas- modificacións até chegar á súa versión final. Un exemplo é a letra; unha versión gravada na casa de George incluía este verso, que non se usou:
- I look at the trouble and see that it's raging,
- While my guitar gently weeps.
- As I'm sitting here, doing nothing but aging,
- Still, my guitar gently weeps.
Outra versión, acústica, lanzada nos álbums Love e Anthology 3, inclúe este como último verso:
- I look from the wings at the play you are staging,
- While my guitar gently weeps.
- As I'm sitting here, doing nothing but aging,
- Still, my guitar gently weeps.
A composición interesou pouco nos outros tres Beatles. A banda gravouna en varias ocasións, primeiro a xa mencionada versión acústica e logo unha con sons máis eléctricos, que incluía un solo de guitarra de Harrison, pero non parecía funcionar. Foi entón cando George convidou a Eric Clapton para que tocara a guitarra na canción. Aínda que nun inicio dubidou, Harrison logrou convencelo.
Algúns téñense preguntado se o famoso solo de guitarra é realmente interpretado por Clapton, xa que se asemella bastante ao estilo que Harrison adoptaría posteriormente. George só dixo: "Eric gravouno, e a min pareceume que estaba realmente ben. Logo escoitámolo de novo e el dixo: 'Creo que hai un problema: non é o suficientemente Beatle '. Así que puxémola no ADT [automatic double-track] para bambolealo un pouco".
Créditos
[editar | editar a fonte]- George Harrison – vocal principal, guitarra, órgano Hammond
- John Lennon – guitarra rítmica
- Paul McCartney – coros, piano, órgano, baixo de 6 cordas
- Ringo Starr – batería, castañolas
- Eric Clapton – primeira guitarra
Concert For George
[editar | editar a fonte]O 29 de novembro de 2002, Paul McCartney, Ringo Starr, Dhani Harrison, Jeff Lynne e Eric Clapton interpretaron "While My Guitar Gently Weeps" no Concert for George en memoria de Harrison, quen morrera tras unha longa batalla contra o cancro de pulmón. Nesta versión, Clapton interpreta o seu solo e ademais, un segundo en memoria do seu amigo mentres Ringo toca a batería e McCartney volve a tocar o piano e a facer os coros como fixeron na versión orixinal.
Outras versións
[editar | editar a fonte]A canción foi interpretada por numerosos artistas, entre eles:
- Toto, cantada polo seu guitarrista Steve Lukather versionouna no seu álbum Through the Looking Glass (2002)
- Vinnie Moore, no seu álbum Time Odyssey, fixo unha versión instrumental.
- Peter Frampton, no álbum Now.
- Phish, en varios concertos, inicialmente no que ofreceu no Glen Falls Civic Center (Glen Falls, NY) o 31 de outubro de 1994.
- Rick Wakeman, no álbum Tribute, unha colección de covers de The Beatles (1997)
- Martin Luther McCoy na película (e a banda sonora da mesma) Across the Universe (2007).
- Tom Petty, Prince, Dhani Harrison e outros artistas, versionaron esta canción cando George Harrison foi incluído no Salón da Fama do Rock en 2004.
- Pedro Aznar inclúe unha versión desta canción no seu álbum A solas con el mundo (2010)
- Carlos Santana xunto con India.Arie e Yo-Yo Ma no seu álbum Guitar Heaven: The Greatest Guitar Classics Of All Time
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Harrison, George (2002 [1980]). I, Me, Mine, San Francisco: Chronicle Books, 120. ISBN 978-0-8118-3793-4