Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 10
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25 |
---|
Dúbida lingüística
[editar a fonte]Como se traduce tutorial do inglés? Consultei nos dicionarios e non vén nin tutorial nin titorial, como pensaba que era. Alguén pode axudarme a atopar un sinónimo correcto? Graciñas. --Toliño Fala aquí comigo 10:26, 16 setembro 2009 (UTC)
- Penso que a palabra pode ser guía para o título, segundo o Dicionario Xerais de Sinónimos e Antónimos na acepción da que aquí se fala ten os seguintes sinónimos: consello, dirección, ensinanza, goberno, orientación, regra, supervisión, tutela; algún dos cales pode servir para o corpo do texto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:22, 16 setembro 2009 (UTC)
- Guieiro axéitase mellor a un conxunto de instrucións, non?--Xabier Cid Conversa 14:29, 16 setembro 2009 (UTC)
- Eu sempre fago uso de guieiro na maneira en que di Xabier, pero se queremos ser correctos, e debemos, guieiro é adxectivo, non substantivo. A ver se o modifica a RAG, pero namentres, só queda guía. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Atobar (conversa • contribucións)
- Queda como guía, pois. --Toliño Fala aquí comigo 14:55, 16 setembro 2009 (UTC)
Creatividade
[editar a fonte]Como moitos de vós xa saberedes, estou a traducir diversas páxinas de axuda para os novos (Wikipedia:Introdución xa está, e agora estou coas seccións de Wikipedia:Guía). Non é que teña un problema demasiado grande, pero é que lle dei voltas á cabeza e non se me ocorreu nada. Póñovos en antecedentes: o texto di que hai que ter coidado coas ligazóns e asegurarse de que apuntan cara a onde deberían e non a outro artigo. A ver se alguén con máis creatividade (non sei se é o termo máis exacto) ca min pode buscar un símil en galego do que se di nesta oración:
- For example, Apple points to the article about the fruit, while Apple Inc. is the title of the article about the computer manufacturer.
Non podo traducir apple por mazá porque non tería sentido poñer mazá ao lado de Apple Inc. Vou gardar a páxina sen esa frase polo de agora á espera dalgunha idea que me poidades dar. --Toliño Fala aquí comigo 15:48, 17 setembro 2009 (UTC)
- Se entendín ben, con cambiar o exemplo xa se solucionaría, por exemplo con Cervo que apunta ao concello e Cervo o animal, ou con Avión concello e Avión medio de transporte, ou con Miño concello e Río Miño. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:58, 17 setembro 2009 (UTC)
- Quédome mellor co de Miño porque co de Avión e Cervo úsanse as parénteses e precisamente diso vai a oración seguinte á deste exemplo. Graciñas, vexo que non era tan difícil, pero cando non sae non hai que lle facer, sobre todo coa miña cabeciña tola... --Toliño Fala aquí comigo 16:08, 17 setembro 2009 (UTC)
Efemérides da portada
[editar a fonte]De cando en vez ando poñendo imaxes nas efemérides do día que aparecen na portada, ultimamente atopei tres erros en canto a datas. Sendo a portada a páxina máis visitada da Galipedia e unha mostra da calidade do proxecto quería pedirvos axuda, e se podedes esteades atentos a revisar ocasionalmente a exactitude das datas das efemérides publicadas. Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:48, 19 setembro 2009 (UTC)
- No artigo de Mickey Mouse di: The Walt Disney Company celebra o aniversario de Mickey o 18 de novembro de 1928, a raíz da estrea de Steamboat Willie, primeira curtametraxe sonora de debuxos animados. De ser así o dato da portada de hoxe sobre o primeiro filme sonoro de debuxos tampouco é certo.--RNC 15:55, 19 setembro 2009 (UTC)
- Tes razón, andiven mirando é dan como primeira curta de animación sonora de Disney a que ti dis. Hai que retirar esa entrada. Unc ordial saúdo. --Prevertgl 16:14, 19 setembro 2009 (UTC)
- Feito! (por Alberte). --Xabier Cid Conversa 11:50, 28 setembro 2009 (UTC)
Otón e Otton
[editar a fonte]Ando usando a tradución ao galego de Otón refirindome aos emperadores xermanicos. Pero non dou rematado coa dubida : traducir o nome en gamego Otón cando se trata dun nome de orixe latina e Otton cando se trata dun nome de orixe xermanica ???ElviraConversa comigo 10:00, 28 setembro 2009 (UTC)
- Se son emperadores, eu usaría sempre Otón, tanto para latinos como para xermánicos. Pode haber algunha excepción a isto, como Iván, pero non é o caso de Otón. --Xabier Cid Conversa 11:52, 28 setembro 2009 (UTC)
Non consigo deixar ben este modelo.
Pretendía empregalo con formato de superíndice antes ou despois do nome do concello, pero queda mal, véxase o escudo de Carballo en Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia da Coruña.
Agradecería que alguén que saiba deixalo mellor o modifique ó seu gusto-- Lmbuga / Conversa comigo 12:51, 4 outubro 2009 (UTC)
- Semella que se ve ben, polo menos eu vexoo ben. Un cordial saúdo. --Prevertgl 18:23, 4 outubro 2009 (UTC)
- Non me expliquei adecuadamente. O problema é que na páxina non se visualiza igual e que ademais o nome do concello queda pegadísimo, non dou posto un espazo no medio-- Lmbuga / Conversa comigo 07:53, 5 outubro 2009 (UTC)
- Para pór espazos no medio podes usar o código (se te fixas na túa sinatura da mensaxse anterior verás que hai varias separacións creadas dese xeito), unha vez por cada espazo que queiras poñer. Se inclúes o código no modelo xa aparece o espazo por omisión, a inclusión do código no modelo dependerá da posición onde queiras que apareza a bandeira xunto ao nome do concello (diante ou detrás do nome). En canto ao que debe visualizarse, o que vexo é unha pequena bandeira galega non sei que tería que verse se non é iso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 09:57, 5 outubro 2009 (UTC)
Dúbida lingüística (2ª parte)
[editar a fonte]Se hai unhas semanas vos preguntaba sobre a tradución de tutorial do inglés (que quedou en "guía"), hoxe veño con outra dúbida: como se lle chama correctamente en galego ao símbolo "#" (almohadilla, en castelán)? Grazas de novo. --Toliño Fala aquí comigo 13:07, 5 outubro 2009 (UTC)
- Cando se emprega con significado musical chámase diese ou sostido. E aínda que non o dou atopado tiña entendido que cancelo empregábase nos demais casos. --Alberte Si, dígame? 13:17, 5 outubro 2009 (UTC)
- Adiantouse Alberte. Chámase cancelo. Eu seino dende hai ben pouquiño. No blog de Alema telo explicado polo miúdo. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 13:20, 5 outubro 2009 (UTC)
- Por casualidade atopei isto no SNL da USC: "pulsador cadrado". Fixen unha comprobación e na Internet non hai moitas referencias que recollan iso así que non sei se é de uso común ou non. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:32, 6 novembro 2009 (UTC)
- Polo que se deduce deste texto é unha proposta do Termigal, mentres que cancelo, polo que nos conta alema no seu blog, é unha proposta do Servizo de Terminoloxía do Ramón Piñeiro; en realidade ata que a RAG se pronuncie as dúas están ao mesmo nivel, son propostas de dous organismos relacionados coa lingua, mentres non haxa unha decisión da propia RAG penso que as dúas son formas correctas..--RNC 15:56, 6 novembro 2009 (UTC)
Dúbida elemental
[editar a fonte]Ola,
acabo de me rexistrar e levo un par de horas dando voltas polas diferentes fiestras, pero non acabo de ver cómo facer pra engadir novos artigos. Alguén que se enrolle. Graciñas
--Diana Oxea 22:33, 5 outubro 2009 (UTC)
- Boas.
- Se o que queres é crear un novo artigo só tes que introducir o nome na caixa de procura (a caixiña da columna da esquerda na que se buscan artigos). Se non existe, aparecerache unha páxina cos resultados da procura e unha liña na que pon Crear a páxina "<nome do artigo que sexa>" neste wiki!, co enlace ó artigo en roxo. Se pulsas no enlace poderás crear o novo artigo. Espero que isto te sexa de axuda.
- Un saúdo.--Xosema76 10:19, 6 outubro 2009 (UTC)
- Se queres máis explicacións polo miúdo tes a páxina de axuda Wikipedia:Como crear unha páxina, pero coido que a explicación de Xosema é o suficientemente aclaratoria. Saúdos e benvida! --Toliño Fala aquí comigo 15:42, 6 outubro 2009 (UTC)
Alguén de Ourense...
[editar a fonte]No artigo Xavier Prado Rodríguez, proposto como artigo destacado sobre Galicia, faltan imaxes. Sería bo que algún usuario de Ourense, ou que poida achegarse por alí, vaia ó parque do Posío e lle tire un par de fotografías ó monumento que alí hai a este home. ¿Alguén se anima? Pedro --Lameiro (conversa) 15:01, 25 outubro 2009 (UTC)
Dúbidas coas efemérides
[editar a fonte]Ben, fago bastantes artigos de astronomía e sempre hai efemérides, e díxenme, xa que fago o artigo podo tamén face-las efemérides relacionadas, e coma sempre teño dúbidas; explícome, normalmente (p. ex.) descúbrese unha lúa, un día citado, pero dáselle o anuncio oficial outro e por riba dáselle o nome oficial outro (e as veces, entre medias, dáselle un nome temporal); tamén acontece que hai fenómenos astronómicos que son repetitivos, que suceden durante varios días e morren, eclipses, avistamento de cometas, ect.. e pregunto ¿hai algún formato especifico ou norma para editar estes casos? ¿os eventos astronómicos teñen categoría propia? ¿pódense agregar miniaturas de fotos ás efemérides (non me refiro as da portada)? ¿Cal sería un evento adecuado para por nas efemérides? pregunto esto último por se hai un "mínimo" na importancia dunha efeméride. A ver se me sacades dalgunhas das miñas dúbidas--Xabier Cancela (fálame 21:16, 15 novembro 2009 (UTC)
Obras inglesas
[editar a fonte]Estou traducindo varios artigos das lúas de Urano (de momento Bianca e Belinda, estes nomes recibíronos en honra a varias obras de Shakespeare e Alexander Pope, as obras son Midsummer Night's Dream, en castelán El sueño de una noche de verano, The Taming of the Shrew, en castelán La fierecilla domada de Shakespeare, e The Rape of the Lock, que en castelán é algo coma El Rapto del Mechón de Alexander Pope; poderiádesme dicir coma se escriben correctamente en galego?, de momento nos artigos están en inglés e preferiría que estivesen en galego :o --Xabier Cancela (fálame 18:01, 17 novembro 2009 (UTC)
Tamén necesitaba a tradución das personaxes de Peaseblossom e Katherine, se é que se traducen, por que non sei se a política da Galipedia indica traducir estes nomes que saen en obras feitas noutros idiomas.--Xabier Cancela (fálame 18:05, 17 novembro 2009 (UTC)
- En xeral, non sei a política concreta da Galipedia, os personaxes literarios non se traducen (agás que o seu nome teña algún significado dentro da trama), e máis cando o autor lle dá un nome nunha lingua diferente á súa para ambientalos dun determinado contexto xeográfico, como é o caso de Bianca.--RNC 18:13, 17 novembro 2009 (UTC)
- Esquecíame comentar que hai excepcións a eito, personaxes da literatura infantil (por exemplo é Alicia (no país das marabillas) non Alice e algúns personaxes da literatura clásica que teñen unha longa tradición (en italiano o Quixote é Chisciotte)--RNC 18:29, 17 novembro 2009 (UTC)
- A política empregada nos títulos é manter o título na ligua orixinal se non existe tradución oficial ao galego; como moito, podes escribir entre parénteses unha posible tradución do título. --Toliño Fala aquí comigo 18:44, 17 novembro 2009 (UTC)
- Non se refería aos títulos senón máis ben aos personaxes literarios, claro que non sei se lle é de aplicación a mesma política.--RNC 19:38, 17 novembro 2009 (UTC)
Bibliografía
[editar a fonte]Boas, teño unha pregunta con respecto ás referencias bibliográficas: se non saquei a información de ningún libro, páxina web...pero tampouco é información de meu, senon que saqueina dos apuntamentoa tomados na clase, de boca dunha profesora e que non veñen no libro de texto, como actúo nestes casos? Un saúdo--Jackirtash 14:56, 11 decembro 2009 (UTC)
- Pois no caso de apuntamentos de clase non o teño moi claro, se o que lle engades á Galipedia é unha modificación túa dos apuntamentos non creo que haxa problemas pero se constitúe a explicación exacta que vos dá o profesor non sei exactamente se iso está protexido por algún tipo de dereito de propiedade, eu diría que non pero non controlo moito deses temas, se alguén sabe do asunto podería sacarnos de dúbidas.--RNC 20:38, 11 decembro 2009 (UTC)
- ¿E si llo contas a profesora e lle pides as referencias?--HombreDHojalata Conversa comigo. 21:18, 11 decembro 2009 (UTC)
- Paréceme moi estraño que os apuntamentos que dis non correspondan a algunha bibliografía, aínda que sexa distinta do libro de texto que usades. Eu penso que o mellor é que llo consultes á túa profesora, por unha banda pra asegurarte de que o que escribes é correcto e por outra banda pra asegurarte de que é información que podes publicar, non vai ser que vos comentara de pasada algo relacionado con algún grupo de investigación (coa intención de poñervos un exemplo práctico) e precisamente esa información estea a punto de ser publicada... Un saúdo. --Lala Lugo 14:00, 12 decembro 2009 (UTC)
- ¿E si llo contas a profesora e lle pides as referencias?--HombreDHojalata Conversa comigo. 21:18, 11 decembro 2009 (UTC)
Preguntareille. Pero, agora que estou a ollar algunhas páxinas, por exemplo a Wikipedia en castelán, estoume dando conta de que é exactamente o mesmo aínda que o meu estaba máis esquematizado. Por outra banda, supoño que a información que nos dá é fiable, posto que esa pregunta entrou no exame e pode entrar na selectividade. Seguramente si que ten unha bibliografía, pero claro, ao ser nunha clase non nos da as referencias bibliográficas de todo o que di. Saúdos--Jackirtash 11:56, 13 decembro 2009 (UTC)
- As referencias que cómpre dar á información contida nos artigos non son tanto para garanti-la fiabilidade do que se di senón para permitir que calquera usuario poida comprobalo e verificalo. Para iso tería que poder acceder a esa información (escrita, publicada, accesible). Lembra o primeiro dos cinco piares: Todos os artigos deben ser verificables: o material non referenciado pode ser eliminado, así que o mellor é achegar fontes. A Wikipedia non é lugar para expresar opinións persoais, experiencias ou argumentos. As ideas orixinais, interpretacións ou investigacións non poden ser verificables, e polo tanto son inapropiados. A información recollida nunha clase, nunha conferencia, nunha conversa cun experto poden ser moi veraces -e de feito non hai por que dubidalo- pero non son contrastables; non entro no feito de que poidan ter deritos, que non creo pero tampouco o sei. Por iso, ou consegues referencias publicadas ou non podes editalo no artigo. Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 13:45, 13 decembro 2009 (UTC)
Antonio Álvares Pereira
[editar a fonte]Soy usuario reversor (rollbacker) en Wikipedia en español y acabo de ver que una IP (187.22.209.36) está creando en varias Wikipedias este personaje, que es un bulo (hoax). Como desconozco como se pone en gallego la plantilla "destruir" aviso aquí para que un bibliotecario pueda borrar la página y si procede bloquear a la IP. La referencia que utiliza, en alguna Wikipedia, es un blog escrito el 8 de noviembre y en Google solamente aparecen las páginas de las Wikipedias sin ningún enlace a medios informativos serios. Mis disculpas por editar el mensaje en español. Saludos. Antón Francho 01:46, 14 decembro 2009 (UTC)
- Feito! Poñémosllo un olliño enriba. Moitas grazas, Antón. --Atobar (conversa comigo) 01:54, 14 decembro 2009 (UTC)