Saltar ao contido

Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25

Cambiar o nome de usuario

[editar a fonte]

Boas. ¿Alguén sabe cómo facer para cambiar o nome de usuario? En Wikipedia:Preferencias_de_usuario#Mudar_o_nome_de_usuario mencionan que é posible pero describen moi vagamente o proceso, ata o punto de que te quedas igual que antes de leelo. Un saúdo. --Xosema76 21:12, 3 xaneiro 2010 (UTC)

Debes pedilo en Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Renomear usuarios--RNC 21:15, 3 xaneiro 2010 (UTC)
¡Gracias!--Xosema76 21:47, 3 xaneiro 2010 (UTC)
  • Vou revisar o texto da páxina de axuda a ver se o redacto mellor para que quede claro. Grazas por dar conta diso. --Toliño Fala aquí comigo 10:44, 4 xaneiro 2010 (UTC)

Símbolos

[editar a fonte]

Para o artigo sobre o eucalipto necesito saber como se escribe o signo matemático +-, e támén o símbolo (r) de marca rexistrada. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:11, 6 xaneiro 2010 (UTC)

  • Tamén quero engadir na sección Véxase tamén unha referencia a Wikispecies. ¿Como se fai? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 22:33, 6 xaneiro 2010 (UTC)
Símbolos: ± ® Se non os podes ler aquí, avisa --Xabier Cid Conversa 10:15, 7 xaneiro 2010 (UTC)
    • Grazas ós dous. Xa están postos no seu sitio. Agora necesitaba confirmar unha cousa: sóame que Castelao deixara escrito nalgures que o futuro deste país tiña que pasar por facer plantacións masivas de eucaliptos, como solución para saír do desenvolvemento rural, pero non lembro onde o puiden ler. ¿Alguén sabe onde o podo buscar? Só atopo unha mención a que el soña, entre outras cousas, cun país inzado de fábricas de pasta de papel. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 10:24, 7 xaneiro 2010 (UTC)
Ouch, nin idea. --Xabier Cid Conversa 10:30, 7 xaneiro 2010 (UTC)

Conversa ficheiro:Santa Eulalia de Senra, Oroso, Galiza 19.JPG

Esta conversa está na páxina de discusión da foto, se se edita, edítase a conversa da foto

Dúbida sobre a mención de obras escritas.

[editar a fonte]
  • Unha preguntiña: por qué unha obra titulada "Relación de las Casas Antiguas del Reino de Galicia" pasa a figurar aquí como "Relación dalgunhas casas e liñaxes do Reino de Galiza"? Cal foi o título que lle deu o seu autor? Cál é a política que se segue comunmente, a de conservar o título no idioma orixinal ou a de traducilo ao galego? --Xoacas(Qué me queres, amor?) 23:01, 17 xaneiro 2010 (UTC)

Marcador de tradución

[editar a fonte]

Boas. ¿Existe algún marcador para indicar que o artigo que se creou é unha tradución dun artigo de outra wiki? Graciñas.--Xosema 22:19, 22 xaneiro 2010 (UTC)

Non hai modelo para iso. Para indicar que o artigo é unha tradución doutra wikipedia chega con dicilo na caixa de resumo ó crealo. Aquí podes ver como facelo: Axuda:Resumo de edición#Resumos de edición nas traducións doutras Wikipedias. Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 23:25, 22 xaneiro 2010 (UTC)
Gracias.--Xosema 22:58, 23 xaneiro 2010 (UTC)
  1. O artigo Corda debería ser segundo os homónimos Corda, música
  2. O artigo Corda non ten referencia á páxina de homónimos.

¿Alguén que saiba ben que facer pode amañalo?-- Lmbuga / Conversa comigo  14:29, 31 xaneiro 2010 (UTC)

Imaxes novas

[editar a fonte]

Solicito axuda para incorporar á Galipedia imaxes novas procedentes de Commons.

As imaxes están en Usuario:Lmbuga/Imaxes pendentes de incorporar. Proceden do excepcional traballo de Usuario:Xoacas subindo imaxes de Flickr a Commons.

Quen desexe incorporar algunha pode comezar polo comezo da listaxe. Deberíase encontrar un artigo ou cando menos categorizalas. Graciñas-- Lmbuga / Conversa comigo  13:09, 6 febreiro 2010 (UTC)

Douvos as grazas ós que botastes unha man. Pero xa hai máis de 80 imaxes máis. Seguirei colocando as imaxes novas cada día ou cada dous días. Por favor, se outras responsabilidades vos deixan tempo, pasádevos por aí. Eu estou desbordado-- Lmbuga / Conversa comigo  12:03, 7 febreiro 2010 (UTC)

A ver se alguén habituado a traballar cos modelos pode mirar qué pasa con esta páxina. Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo  11:43, 11 febreiro 2010 (UTC)

Referencias problemáticas

[editar a fonte]

No artigo Cronoloxía das principais cidades da historia tentei engadir unhas referencias a algúns datos e tiven un par de problemas. O primeiro é que todas as referencias teñen o mesmo texto, que é o título, autor etc dun libro, e non sei como facer para que non apareza repetida mil veces a mesma cousa. O segundo é que as referencias me aparecen na parte de arriba da páxina, e non abaixo, que é onde deberían. Alguén pode dicirme como arranxar a desfeita? Creo que é interesante que haxa algunha referencia aos millóns de datas que figuran no artigo e que non se sabe de onde saíron. --Xoacas(Góstache o pemento?) 23:15, 24 febreiro 2010 (UTC)

O das referencias dun mesmo texto ten fácil solución. A primeira (ou calquera) vez que escribes a referencia, á etiqueta <ref> inicial lle engades name="algo", substituíndo algo por unha palabra clave da túa escolla. Exemplo:
Isto é así<ref name="libro1">Isto aparece no Libro 1.</ref>.
E en adiante, o resto de referencias as marcas sen repetir o texto:
Isto é asá<ref name="libro1"></ref>.
O outro ten que ver coa táboa. Realmente é coma se fose unha táboa independente do texto do artigo, e o único texto "real" do artigo fosen as referencias. Agora miro a ver se o arranxo antes de marchar para cama. O das referencias faino xa ti (practicas, e tes mellor coñecemento do artigo ca min). Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 00:14, 25 febreiro 2010 (UTC)
Apañei todo. O de aparecer as notas arriba era porque a táboa, por algún motivo, non estaba pechada. O erro debeu arrastrarse dende as primeiras edicións. A táboa tiña que acabar en |}, pero por algunha razón acababa en -}. Respecto ao das referencias, xa o fixen eu, pero aí quedan as intrucións por se che volve pasar. Non sei se aparece na axuda da Galipedia como facelo, pero se non sería bo momento para engadilo. Un saúdo! ─ GallaecioE logo? 00:22, 25 febreiro 2010 (UTC)
Ampliei o artigo sobre como engadir referencias con esta información. Boas noites! ─ GallaecioE logo? 00:32, 25 febreiro 2010 (UTC)

Problemas coas últimas edicións de Wikipedia:Mensaxes predefinidas

[editar a fonte]

As edición de Usuario:Xoacas provocaron que o artigo pase a estar incluído nunha serie de categorías "críticas":

Categorías: Limpar | Borrar | Atención | Mover ao Galizionario | Mover ás Galifontes | Artigos duplicados | Homónimos | Traducir | Artigos tarefas pendentes | Axuda | COMOs | [ocultar] Categorías ocultas: Wikipedia:En progreso | Sen ligazóns internas | Artigos sen formato wiki

Xa avisei ó usuario e tamén en Conversa Wikipedia:Mensaxes predefinidas, máis o problema persiste. A ver se alguén pode botar unha man. --HombreDHojalata conversa 20:36, 25 febreiro 2010 (UTC)

  • Miña nai, menuda montei. Creo que está arranxado xa, pero viría ben que alguén botase unha ollada para confirmalo. Recoñezo que eu non era consciente de que isto ía pasar. Cando eu enchín o artigo de mensaxes alarmantes a miña intención era homoxeneizar o aspecto visual dos recadros co dos que realmente se empregan. Supoño que nalgún momento o deseño deses recadros foi modificado ou actualizado ou sabe dios que diaño, e o que o fixo non se decatou da incorcondancia que estaba a crear, como non me decatín eu do que facía ao intentar melloralo. Lección aprendida (espero). --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:07, 25 febreiro 2010 (UTC)

Igrexa do centro de Noia

[editar a fonte]

Alguén sabe se é a igrexa de San Martiño ou a de Santa María a Nova? SOn a mesma igrexa? Véxase Galería de imaxes da igrexa de San Martiño de Noia. Agradecería que se me deixase opinión na miña páxina de conversa pois ó mellor non me acorda máis o tema ou pasar por aquí-- Lmbuga / Conversa comigo  20:36, 1 marzo 2010 (UTC)

Redireccións

[editar a fonte]

Boas. ¿Existe algunha política ou axuda sobre en que casos deben crearse redireccións? Dígoo porque borróuseme unha redirección que fixen de Bahía a Baía. Entendo que poden existir dúbidas sobre a forma de escribir algunhas palabras (precisamente como entre Bahía e Baía, da que eu mesmo ignoraba cal era a forma correcta) e que as redireccións poden ser útiles tanto para que ó usuario se lle indique a forma correcta como para non dar a impresión de que o artigo sobre ese concepto non existe; sen ir máis lonxe, se agora un busca "Bahía", nos resultados da busca nin sequera aparece a forma "Baía", así que flaco favor se lle fai a quen non sabe exactamente cómo se escribe o que está buscando.--Xosema 21:28, 1 marzo 2010 (UTC)

  • Xosema, o que pasa é que isto é unha enciclopedia, non un curso de ortografía. Non se admiten redireccións sobre erros. Creo que é lóxico. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 21:33, 1 marzo 2010 (UTC)
    • Entendo que esa é a postura correcta nun mundo perfecto, no que todo o mundo ten clarísimo como se escribe cada palabra e nadie se equivoca. Desde logo que non avogo por redireccionar cada erro gramatical posible, pero sí casos concretos que poden levar a confusión facilmente. Proporcionar información correcta á xente que consulta algo nunha enciclopedia, incluida a correcta grafía do concepto polo que está mirando, creo que é bastante razonable, aínda que desde logo entendo a túa postura.--Xosema 00:05, 2 marzo 2010 (UTC)

Cabeza de Manzaneda

[editar a fonte]

Boas! Procurando un modelo para o artigo que acabo de crear referido ao monte San Nomedio sorprendeume moitísimo ver que non existe o artigo de Cabeza de Manzaneda referido ao monte, só o referido ao lugar de Cova en Pobra de Trives. Intentei crealo facendo un maracador de homonimia no devandito artigo, pero este remíteme ao propio artigo e non o dou feito. Alguén pode botarme unha man?--Paradanta 22:12, 2 marzo 2010 (UTC)

Eliminei a redirección para que quede espazo en Cabeza de Manzaneda para unha páxina de homónimos onde poidan aparecer ligazóns a Cabeza de Manzaneda, Cova, A Pobra de Trives e a Cabeza de Manzaneda (monte) (ou Monte de Cabeza de Manzaneda, non sei cal sería mellor situación). Un saúdo. --Alberte Si, dígame? 22:30, 2 marzo 2010 (UTC)
Quizáis o mellor sería Monte de Cabeza de Manzaneda, por coherencia con Monte de San Nomedio ou Monte de Santa Tegra. Saúdos!--Paradanta 22:33, 2 marzo 2010 (UTC)

¿Podo poñerme en contacto con alguén que escribeu un artículo?

[editar a fonte]

Bos días. Son novo a escribir na Galipedia. Gostaríame facer un artículo sobre un tema, pero xa aparece un traballo que trata de ese mesmo tema. Por non facer outro diferente, gostaríame poñerme en contacto coa persoa que o escribeu para pedirlle permiso e poder completalo. ¿Pódese facer? En caso de poderse facer....¿como me podo poñer en contacto con ésta persoa? Moitas grazas. okintos

  • Boas! Podes empregar a páxina de conversa do usuario en cuestión, por exemplo a miña sería Conversa usuario:Banjo. Se no artigo en cuestión premes na lapela "historial" apareceráche os usuarios que contribuíron no artigo. De todas formas ao ser este un proxecto aberto e colaborativo non precisas de permiso de ninguén para editar un artigo, eres libre de facer o que queiras, sempre e cando sigas as normas da Galipedia :). En canto a normas, políticas e axudas á edición podes botarlle un vistazo a Wikipedia:Axuda , nela atoparás ligazóns a páxinas de axuda e temas máis concretos da galipedia. Un saúdo! ----Banjo tell me 10:59, 18 marzo 2010 (UTC).

Boas tardes. Graciñas polas indicacións e os consellos. Mirei no historial e foron varios os colaboradores. Penso que incluso un dos que interveu no tema foi vostede. Agora quédame intentar saber como facer as entradas sin que afecte o traballo xa feiro polos anteriores colaboradores. E tamén me queda aprender a subir os textos e as fotos. ¡un longo camiño para os que non estamos moi versados na informática¡ Saúdos. okintos

Pois para todo o que necesites e non atopes na axuda, aquí estamos nós :). Por certo, para asinar os teus comentarios (na taberna ou as páxinas de conversa dos artigos), en lugar do teu nome, escribe ~~~~ (pódese escribir o símbolo con [Alt Gr] + [4], ou pode que con [Alt Gr] + [Ñ]). Iso substitúese pola túa sinatura (por defecto o teu nome de usuario) seguida da data, pero máis adiante podes personalizalo ti. ─ GallaecioE logo? 19:39, 18 marzo 2010 (UTC)

redirreccionar un artigo a sección de grupos musicais

[editar a fonte]

Quería saber como enviar un artigo a seccion de grupos musicais da galipedia! moitas grazas

Podes engadir [[Categoría:Grupos musicais de Galicia]], por exemplo. Máis penso que xa se che adiantou outro editor. --HombreDHojalata conversa 13:10, 18 marzo 2010 (UTC).

Dúbidas sixelas sobre edición de artigos

[editar a fonte]

Ando a voltas con algúns artigos que penso que debían ser mais completos. A raíz do artigo sobre a muiñeira xurdíronme algunhas dúbidas:

  • ¿Que é millor? ¿Pór [[muiñeira]]s ou [[muiñeira|muiñeiras]]? Vexo que aparentemente o efecto é o mesmo, pero hai unha personalización que permite que as ligazóns sexan parciais e a primeira se mire como
  • ¿Hai algunha páxina con todos os elementos, tags e caracteres que se poden empregar ao editar? Non mires ti o que tardei en saber da existencia de "<nowiki>"!
  • Hai un esquema básico para as entradas (agora non o dou atopado, cachis!). Se algunha sección de dito arquivo queda baleiro, ¿elimínase? Exemplo: o apartado de bibliografía na muiñeira.

--Goresquiunha fechiña? 22:26, 5 abril 2010 (UTC)

Sobre o punto 1: creo que che quedou algo no tinteiro neste punto, pero basicamente dá o mesmo. A primeira é a máis cómoda, pero non creo que ninguén se ofenda porque uses a segunda. O que non tería sentido sería editar un artigo para cambiar a primeira forma pola segunda.
Sobre o segundo: non sei se a hai, pero en xeral, se non atopas como facer algo, pregunta.
Sobre o terceiro punto: si, do artigo, dada a situación actual, poderíanse quitar os apartados de Notas, Bibliografía e Outros artigos. De todos xeitos, se antes había algún contido en Bibliografía deberías ten algunha razón para quitalo. Non mirei o historial de edicións de todos xeitos. ─ GallaecioE logo? 22:44, 5 abril 2010 (UTC)

Xentilicio

[editar a fonte]

Alguén me pode dicir cal é o xentilicio do concello de O Pino? Por máis que busco non dou atopado nada. Xoacas(non che sinto?) 21:45, 22 de abril de 2010 (UTC)

  • Xoacas, coido que non o hai. Por non repertirme, deixo esta conversa que xa tiveramos. A TVG, por certo, pode dicir misa, pero se non hai xentilicio, pois non hai xentilicio. De calquera maneira, isto é así en todas ou case todas as linguas, non soamente no galego. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 22:08, 22 de abril de 2010 (UTC)
    • Si, hai lugares para cuxos habitantes so podes usar «habitantes de LUGAR» e similares. ─ GallaecioE logo? 22:30, 22 de abril de 2010 (UTC)

Citación de fontes

[editar a fonte]

Estou elaborando unha presentación para os alumnos de secundaria e bacharelato sobre normas de citación de fontes, aquí pretendo incluír tanto as fontes bibliográficas clásicas (libros, revistas, artigos, enciclopedias...), como as fontes dixitais (páxinas web, bases de datos...) e tamén as fontes das imaxes. Como hai uns meses comezara a intentar aprender a colaborar coa Wikipedia, pensei en que estaría ben utilizar o mesmo criterio que se utilice aquí para que logo se alumnado se anima a colaborar con este proxecto xa lle coincidan os criterios, pero non dou atopado onde están os criterios de citación. Agradecería se alguén me puidese axudar neste asunto. Saúdos. --Aprofa (fálame) 11:32, 29 de abril de 2010 (UTC)

A Nosa Terra

[editar a fonte]

Boas. Estos días estiven mirando os artigos A Nosa Terra (1907), A Nosa Terra (1916) e A Nosa Terra e penso que deberían unirse os artigos de 1907 e 1916 nun artigo de nome A Nosa Terra e facer A Nosa Terra (homónimos). Según unha publicación de A Nosa Terra que teño e a información que poñen eiquí, este voceiro foi fundado en 1907 e, aínda que pasando por diferentes etapas, mantivo sempre a súa cabeceira. Como non coñezo os detalles das políticas relacionadas con estos cambios, gustaríame que alguén comentara si todo isto sería correcto antes de poñerme a traballar niso. Graciñas e saúdos a todos, --Elisardojm 13:00, 30 de abril de 2010 (UTC)

Hai unha diferenza fundamental que determina que deban ter artigos diferentes, a publicación de 1907 era bilingüe a de 1916 era monolingüe, foi unha mudanza significativa xa sen entrar en que a de 1907 só durou un ano e que en 1916 se recollese o título non significa que fose a mesma publicación aínda que compartira o espírito galeguista, pero era xa outro tipo de galeguismo moi diferente do de 1907.--77.27.51.191 13:42, 30 de abril de 2010 (UTC)

Eu concordo co que di o compañeiro. Hai quer ter en conta ademais que se traba de voceiros de diferentes organizacións que naceron e desapareceron en diferentes datas. é un caso análogo ao do Diario de Pontevedra, que máis que perdurar como periódico perdurou como título, nada estraño tendo en conta o pouco orixinal que é o nome (pertiño da miña casa había ata ben pouco unha zapatería que se chamaba A Nosa Terra). Iso si, os artigos están todos bastante en mantillas, vergoña debería darnos. Xoacas(de laranxa) 14:51, 30 de abril de 2010 (UTC)

Estou dacordo en que son distintas etapas pero entendo que realmente son o mesmo xornal. A liña editorial foi evolucionando, aínda o está facendo hoxe, pero penso que un único artigo indicando todos estes detalles sería abondo. Faría un artigo máis completo e máis claro. A non ser que realmente non sexan o mesmo periódico, cousa que dubido xa que tanto na web de A Nosa Terra coma noutros lados indícase que foi fundado en 1907... Boeno, vós diredes. Saúdos, --Elisardojm 22:32, 30 de abril de 2010 (UTC)

Eu véxoo así: en 1907 fúndase Solidaridad Gallega e é creado o seu órgano de expresión, ao que nun alarde de orixinalidade chaman A Nosa Terra. Mantense un ano en funcionamento e logo, en 1912, Solidaridad Gallega é disolta. Pasando o tempo, en 1916, outras persoas que nada tiñan que ver fundan as Irmandades da Fala, e inmediatamente comeza a publicarse a súa publicación, á que chaman A Nosa Terra por motivos nunca esclarecidos. As Irmandades morren en 1931 (ou é 1932?) e o xornal perdura ata 1936. O actual non sei cando naceu, pero está claro que moito máis tarde e fundado por outras persoas. A continuidade, se ha hai, non está á miña vista. Xoacas(de laranxa) 22:53, 30 de abril de 2010 (UTC)

  • A continuidade pode ser a liña galeguista (en todas as etapas) e nacionalista (menos na etapa de Solidariedad Gallega, que máis ben eran rexionalistas). Non o teño claro, porque as dúas ópticas teñen algo de razón. Na 1ª etapa era órgano de expresión de Solidaridad (rexionalista), na 2ª das Irmandades, na 3ª é o voceiro do PG, na 4ª aparece en Bos Aires (Irmandade Galega de Bos Aires), e na 5ª (1977) ten relacións ideolóxicas co nacionalismo. A liña ideolóxica é moi similar ao longo do tempo e na 1ª etapa non podían ser nacionalistas porque tal ideoloxía nesa época aínda non aparecera. Pode ser que sexa boa idea estar todo nun mesmo artigo, e se co tempo hai moita información, crearíanse artigos principais para cada unhas das etapas. Entendo que poidan seguir estando por separado por vinculacións a distintas persoas ou organizacións. --Xoán Carlos Fraga 23:37, 30 de abril de 2010 (UTC)

Pois non sei que dicir, non sei se a miña óptica é moi simple. Mañá un grupo de nacionalistas vascos fundan un diario chamado Egin, poderiámolo considerar continuación do desaparecido Egin? Eu penso que non, pero recoñezo que o tema excede a miña capacidade, así que me inhibo para non enredar. Xoacas(de laranxa) 19:02, 1 de maio de 2010 (UTC)

Boeno, como a cousa non está clara polo momento terá que quedar así, tentarei buscar algo máis de información a ver si atopo cómo é o tinglado. Se atopo algo xa virei de novo por eiqui, moitas grazas a todos e saúdos, --Elisardojm 22:02, 1 de maio de 2010 (UTC)

Unha axuda coa Odisea e a Ilíada

[editar a fonte]

Ben, fixen dous artigos, Lista dos accidentes xeolóxicos de Tetis e Lista dos cuadrángulos de Tetis, pero Tetis ten unha particularidade que me da algún que outro problema, explícome, a nomenclatura dos seus accidentes xeolóxicos está baseada en lugares e personaxes que aparecen na Odisea e a Ilíada, algúns destes nomes xa os traducín por que doutros artigos que fixen, xa tiña coñecemento de como se escribían en galego, pero outros non. ¿podería darlle un repaso alguén que controle os nomes destas dúas obras clásicas? É que agora algúns nomes están directamente en latín, grego (latinizado) ou inglés (os menos) e gustaríame que a meirande parte estivesen en galego. --Xabier Cancela (fálame 17:21, 5 de maio de 2010 (UTC)

Metín a pata, debía estar na sección de Axuda, movese coma un artigo normal? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xabier Cancela (conversacontribucións) o 5 de maio de 2010 ás 19:28

  • Basta con cortar este texto e pegalo na outra sección da Taberna. Cos nomes eu non vou poder ser de axuda. A ver se outro... --Toliño Fala aquí comigo 15:46, 6 de maio de 2010 (UTC)

Axuda para crear Modelo:Persoa

[editar a fonte]

Boas, estou tentando traducir da wiki en castelá o modelo persoa pero ó copialo directamente e darlle á vista previa dame un erro que di: "Detectouse un modelo en bucle: Modelo:Ficha". Non grabei porque penso que pode haber algún problema medio gordo e como non controlo moito das páxinas de modelos prefiro ver si alguén pode comentar o que pasa antes de meter o zoco. Graciñas e un saúdo, --Elisardojm 10:29, 27 de maio de 2010 (UTC)

Non sei a que se pode deber, pero si sei que temos numerosos modelos especialmente referidos a persoeiros (tenistas, escritores, políticos, futbolistas, actores e actrices de cinema pornográfico etc.). Incluso temos un máis xeral que coido que ten a mesma funcionalidade que ese modelo:Persoa, que é o Modelo:Infobox biografía. A verdade é que as traducións de modelos da wikipedia hispanofalante provocou unha pequena desfeita en canto a un estilo unificado nos nosos modelos. --Alberte Si, dígame? 15:18, 27 de maio de 2010 (UTC)
  • A explicación tédela aquí. Supoño que este modelo que tentabas crear usaba precisamente o modelo {{Ficha}} que cómpre arranxar ou borrar. --Toliño Fala aquí comigo 16:06, 27 de maio de 2010 (UTC)
Moitas gracias ós dous, vou usar a Infobox biografía que non atopara antes, porque, ¿non debería estar na categoría Caixas de información? (pregunto para pasala para ahí). Outra cousa, é que eu non controlo moito de plantillas e ó mellor pregunto unha tontería pero tamén estou para iso ;). Resulta que a plantilla ten uns parámetros X, que por certo non ten axuda e vou tentar facela pero logo a ver si alguén con máis maña pode votarlle un ollo, e atopei o artigo Cristovo Colón que a usa pero pon un montón de parámetros (vacíos |Período=||xénero=|Movemento=|Influencias=|Sinatura=|Website=|Notas=) que me parece que non están na plantilla. ¿Que será mellor?, ¿quitalos do artigo, meterllos ó modelo ou poñerlle outra plantilla máis axeitada?. Saúdos, --Elisardojm 08:35, 28 de maio de 2010 (UTC)

Nome de artigo incorrecto

[editar a fonte]

O artigo O Outeiro, Taboexa, As Neves ten unha errata no título, aparecendo "O uteiro" no canto de " O Outeiro". Como podo enmendalo?--Paradanta 11:59, 1 de xuño de 2010 (UTC)