Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 17
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25 |
---|
Artigos creados
[editar a fonte]Hai algunha maneira de saber o número de artigos novos que creei na Galipedia? --Marcoos44 (conversa) 19 de xaneiro de 2013 ás 17:30 (UTC)
- Si, por exemplo esta páxina dache a lista dos artigos que creaches, só tes que poñer o teu nome de usuario e que queres consultar na wiki gl. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2013 ás 23:08 (UTC)
Referencias para topónimo en galego
[editar a fonte]Boas, acabo de atopar o artigo Noumea, unha localidade francesa de Nova Caledonia con nome en francés Nouméa, e o que me pregunto é se hai referencias para poñer ese nome en galego, ¿alguén ten algunha información ó respecto? Penso que en caso de que non as haxa haberá que mover o artigo a Nouméa seguindo a política de Wikipedia:Toponimia. En caso de que haxa referencias haberá que movelo a Noumea-Nouméa, pero iso xa é menos grave. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xaneiro de 2013 ás 10:44 (UTC)
- Feito! Trasladeino a Nouméa. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 11 de abril de 2013 ás 16:42 (UTC)
Emisoras de radio
[editar a fonte]Boas, existe algún tipo de caixa de información para emisoras de radio similar ás que hai para as televisións? Moitisimas grazas. Piquito (conversa) 2 de febreiro de 2013 ás 22:38 (UTC)
- Coido que non. O único que temos é a caixa de navegación {{Radio en España}}. --Toliño Fala aquí comigo 3 de febreiro de 2013 ás 14:57 (UTC)
- Moitas grazas, Toliño!!! Piquito (conversa) 4 de febreiro de 2013 ás 00:16 (UTC)
Escudos
[editar a fonte]Boas!! Creei o artigo de Carelia do Sur, mais hai varios concellos que os seus escudos non están en Commons e habería que cargalos (non teñen licenza), polo momento carguei catro na Galipedia, hai algún xeito máis sinxelo de que aparezan que cargalos na Galipedia? Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 4 de febreiro de 2013 ás 00:00 (UTC)
- Podes usar esta ferramenta, só tes que crear un usuario de TUSC para que che faga o traspaso de forma automática a Commons. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de febreiro de 2013 ás 02:01 (UTC)
Modelo
[editar a fonte]Boas!! Alguén me pode axudar a traer este modelo da Wikipedia en francés? Queríao traer para o modelo que hai no artigo de Berliner Philharmoniker. Moitas grazas de antemán!!! Piquito (conversa) 14 de febreiro de 2013 ás 22:55 (UTC)
- Oh!! Tenteino facer eu, mais non teño moita idea... Alguén pode mirar qué foi mal?? Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2013 ás 10:35 (UTC)
- Proba agora. --Toliño Fala aquí comigo 15 de febreiro de 2013 ás 11:00 (UTC)
- Algo non funciona :( Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2013 ás 12:01 (UTC)
- Coido que xa está. Porén, tratarei de pasar o modelo ao estilo {{Infobox}} para homoxeneizar con outros moitos modelos. --Toliño Fala aquí comigo 15 de febreiro de 2013 ás 12:17 (UTC)
- Rematado. Mira se vai todo ben. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15 de febreiro de 2013 ás 12:47 (UTC)
- Motísimas grazas Toliño, polo traballo e pola rapidez!!! Unha aperta!! Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2013 ás 13:54 (UTC)
- Rematado. Mira se vai todo ben. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 15 de febreiro de 2013 ás 12:47 (UTC)
- Coido que xa está. Porén, tratarei de pasar o modelo ao estilo {{Infobox}} para homoxeneizar con outros moitos modelos. --Toliño Fala aquí comigo 15 de febreiro de 2013 ás 12:17 (UTC)
- Algo non funciona :( Piquito (conversa) 15 de febreiro de 2013 ás 12:01 (UTC)
- Proba agora. --Toliño Fala aquí comigo 15 de febreiro de 2013 ás 11:00 (UTC)
Dúbida sobre un modelo
[editar a fonte]Na Galipedia existe este modelo es:Plantilla:Redirige aquí? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 5 de marzo de 2013 ás 18:13 (UTC)
- Non, ata o de agora non foi necesario. --Toliño Fala aquí comigo 5 de marzo de 2013 ás 21:31 (UTC)
- Pois no artigo Rinocerontes usouse a frase, pero sen o modelo. Así que mañá creo o modelo, para que estea listo para cando sexa necesario. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 5 de marzo de 2013 ás 21:53 (UTC)
Modelo de bloqueo
[editar a fonte]Existe un modelo como este que avise ó usuario que está bloqueado? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 6 de marzo de 2013 ás 08:36 (UTC)
- Non, o propio sistema MediaWiki mostra esta mensaxe aos usuarios bloqueados. --Toliño Fala aquí comigo 6 de marzo de 2013 ás 14:47 (UTC)
Esta páxina de homónimos Caravel está ben redactada? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 7 de marzo de 2013 ás 08:48 (UTC)
Interwikis
[editar a fonte]Bó día. Disimulade a miña torpeza, pero non acabo de comprender. Con todo este tema que hai agora das ligazóns interlingüísticas e o Wikidata, hai ou non hai que lle engadir as interwikis ao crear un artigo? Graciñas. --Paradanta (Cóntame) 28 de marzo de 2013 ás 10:12 (UTC)
- Non, engádese a ligazón ao artigo en galego en Wikidata e as interwikis aparecen automaticamente no artigo da Galipedia. Un saúdo. --JaviP96 28 de marzo de 2013 ás 10:36 (UTC)
- Graciñas, Javi. --Paradanta (Cóntame) 28 de marzo de 2013 ás 11:04 (UTC)
Axuda con rexistro
[editar a fonte]Eu son o usuario "Imagens SM" e non podo entrar no wiki-gl. Aparece o seguinte erro:
Rexistro
Erro ao acceder ao sistema
<O nome de usuario "Imagens SM" foi protexido fronte á súa creación. Coincide coa seguinte entrada da lista negra: .*(?i:image|imaxe).* <newaccountonly>
>
Poderían corrixir para que eu poida acceder?
Respondan por: http://pt.wikipedia.org/wiki/Usu%C3%A1rio(a)_Discuss%C3%A3o:Imagens_SM
Imagens SM - 2 4 2013—o anterior comentario sen asinar foi feito por 179.224.197.145 (conversa • contribucións) 2 de abril de 2013 ás 06:52
- Arranxado! Fixen unha modificación na nosa lista negra de títulos e agora deberías poder crear a conta. --Toliño Fala aquí comigo 2 de abril de 2013 ás 12:58 (UTC)
- Grazas. Agora podo acceder. --Imagens SM (conversa) 2 de abril de 2013 ás 16:32 (UTC)
Modelos
[editar a fonte]Existen este modelos es:Plantilla:A e ca:Plantilla:Vegeu lliure na Galipedia? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 3 de abril de 2013 ás 19:48 (UTC)
- Xa creei a versión catalá {{Libre homónimos}}. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 4 de abril de 2013 ás 12:30 (UTC)
- Feito! Xa importei o outro modelo {{A}}. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 7 de abril de 2013 ás 15:43 (UTC)
Valboa, León
[editar a fonte]Existe algunha referencia de que o topónimo Balboa en galego é Valboa, e o mesmo para o resto dos concellos do Bierzo? Porque senón hai que movelos. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 4 de abril de 2013 ás 12:30 (UTC)
- Úsese a conversa do artigo para este tipo de cousas. --Toliño Fala aquí comigo 5 de abril de 2013 ás 12:52 (UTC)
Está ben o título de F. R. Lavandeira? Aínda que por internet sempre lle chaman así. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 4 de abril de 2013 ás 14:09 (UTC)
- Úsese a conversa do artigo para este tipo de cousas. --Toliño Fala aquí comigo 5 de abril de 2013 ás 12:54 (UTC)
Resumen de edición
[editar a fonte]Como comenté en la autorización de mi bot Invadibot, voy a arreglar enlaces que apuntan a proyectos Wikimedia en esta wiki y, para ello, creo que sería conveniente emplear un resumen de edición en gallego.
¿Alguien podría traducirme el siguiente resumen de edición?
Bot: Arreglando enlaces a proyectos Wikimedia y aplicando direcciones URL de protocolo relativo
Gracias de antemano, y perdón por escribir en español. --invadinado (CONVERSA - SUL) 23 de abril de 2013 ás 08:31 (UTC)
- Ola, Invadinado. A frase en galego quedaría así: Arranxando ligazóns a proxectos Wikimedia e aplicando enderezos URL de protocolo relativo. Un cordial saúdo. --Paradanta (Cóntame) 23 de abril de 2013 ás 08:38 (UTC)
- Muchas gracias; ahora aplico el resumen, y me pongo a editar. Un saludo. --invadinado (CONVERSA - SUL) 23 de abril de 2013 ás 09:41 (UTC)
Problema terminolóxico (glykis)
[editar a fonte]A ver se alguén me pode axudar neste problema terminolóxico. En galego utilízase a ortografía con gli para as palabras que derivan do grego glykis (doce), a cal aparece en palabras como glicosa, glícido, glicagón, glicoproteína, etc. Pero resulta que hai termos que a Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) utiliza con gly e outros con glu e nalgúns casos só se diferencian niso. Por exemplo, e poño os termos en inglés: glucan/glycan, glucosides/glycosides. Non significan o mesmo. Vexamos:
- Glycan é máis ou menos sinónimo de polisacárido. Sería apropiado traducilo por glicano.
- Glucan é un glycan que está especificamente formado por glicosa (por tanto, os glucans están incluídos dentro dos glycans). Aos glucans non lles podo chamar glicanos porque entón sería o mesmo nome usado para os glycans.
- Glycoside é un composto formado por unha parte de glícido e unha parte que non é glícido. A estes parece apropiado chamarlles glicósidos e esa páxina xa a fixen o ano pasado.
- Glucoside é un composto formado por unha parte de glícido que especificamente ten que ser a glicosa e unha parte que non é un glícido. Por tanto, os glucosides son un tipo de glycosides. Que nome se lle dá entón aos glucosides? Non lles podo chamar tamén glicósidos (igual ca os glycosides).
Esas tres páxinas que faltan quería facelas, pero non sei como denominar aos glucans e glucosides. O máis apropiado sería chamarlles a estes glucanos e glucósidos (e aos outros que en inglés van con gly chamarlles glicanos e glicósidos), pero non me atrevo a facer as páxinas porque teoricamente deberían ir tamén con gli (todos?). Alguén sabe se está estipulada xa unha solución para isto ou ainda non se determinou nada?.--Miguelferig (conversa) 26 de abril de 2013 ás 20:54 (UTC)
- Ben, podo dicirche con bastante cofianza que si, que glucana≠glicano e as dúas correctas. Soábame un apuntamento... pero hai moito que foi e non consigo lembrar onde. Vou facer unhas preguntas e cóntoche. --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de abril de 2013 ás 23:12 (UTC)
Problema con formato
[editar a fonte]Ola. Acabo de darme de alta na galipedia, e fixen a miña primeira colaboración. Teño un problema co formato do texto que acabo de engadir a un artigo xa feito. Alguén me pode dicir como podo facer para que o formato (tipo de letra e marxes) queden igual ca o texto anterior que ampliei. O artigo é o Doríforo, por se lle queredes botar unha ollada. Grazas.--Vazvilpa 28 de abril de 2013 ás 22:28 (UTC)
- Contestado por Lameiro na páxina de conversa do usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 29 de abril de 2013 ás 00:13 (UTC)
Notas e referencias
[editar a fonte]Boas, estou a ampliar e referenciar o artigo de Wagner, mais no que levo feito (un pouco do primeiro parágrafo da sección de "Primeiros anos") as notas e referencias fan que a apariencia do texto sexa un auténtico caos visual (de feito o parágrafo semellan varios) en Explorer (non mirei noutros). Hai algún xeito de evitar esto? Pódense poñer as indicacións de referencias nun tamaño menor ou algo así para que non se cren eses interliñados tan incómodos? As referencias aínda se podería tentar poñelas na primeira ou última liña, mais as notas teñen que ir onde lles corresponde. Un saúdo e grazas!! Piquito (conversa) 22 de maio de 2013 ás 15:03 (UTC)
- Pois e non lle vexo problema. E o que deberías é usar o Firefox, porque creo que é o único navegador para Windows que ten corrector ortográfico de galego. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 29 de maio de 2013 ás 13:55 (UTC)
- Pois será que teño mal configurado algo, pero a min o primeiro parágrafo, cando vexo a páxina con Explorer, me dá unha apariencia caótica, de feito nun só parágrafo parece que hai tres. Ti o ves ben con Explorer? Piquito (conversa) 31 de maio de 2013 ás 08:15 (UTC)
- Certo, tanto no Explorer coma no Chrome parece que son tres párrafos. O sistema de notas aumenta o interlineado, que estéticamente queda moi mal. --Jorjum (conversa) 31 de maio de 2013 ás 11:12 (UTC)
- Trouxen algúns códigos de en.wp a MediaWiki:Common.css para arranxar o problema. Semellan funcionar. Védelo agora ben? --Toliño Fala aquí comigo 31 de maio de 2013 ás 14:36 (UTC)
- Certo, tanto no Explorer coma no Chrome parece que son tres párrafos. O sistema de notas aumenta o interlineado, que estéticamente queda moi mal. --Jorjum (conversa) 31 de maio de 2013 ás 11:12 (UTC)
- Pois será que teño mal configurado algo, pero a min o primeiro parágrafo, cando vexo a páxina con Explorer, me dá unha apariencia caótica, de feito nun só parágrafo parece que hai tres. Ti o ves ben con Explorer? Piquito (conversa) 31 de maio de 2013 ás 08:15 (UTC)
Eu véxoo perfecto nos catro navegadores que teño instalados. --. HombreDHojalata.conversa 31 de maio de 2013 ás 15:13 (UTC)
- Eu tamén o vexo perfecto. Moitas grazas Toliño!! Piquito (conversa) 31 de maio de 2013 ás 15:29 (UTC)
Imaxe en categoría
[editar a fonte]Boas, estou revisando algunhas imaxes do concello Oza-Cesuras, e atopei que Ficheiro:Mandaio - Cesuras - Galicia 01.jpg ten "dentro" as categorías Imaxes de parroquias de Cesuras e Imaxes de hórreos de Cesuras pero non sei como aparece na categoría Imaxes de Cesuras. Non atopo ningunha redireción entre as categorías nin ningunha cousa rara, ¿alguén sabe o que pasa e como amañalo? Grazas de antebrazo e saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 08:44 (UTC)
- Non está na Categoría:Imaxes de Cesuras. Ou é que non entendo o que dis? --Toliño Fala aquí comigo 11 de xuño de 2013 ás 08:49 (UTC)
- O ficheiro non ten a categoría de Imaxes de Cesuras, pero si aparece nesa categoría, e non sei por que. O ficheiro só ten a categoría de Imaxes de parroquias de Cesuras e a categoría de Imaxes de hórreos de Cesuras..., entón, ¿como é que aparece na categoría de Imaxes de Cesuras??? Ó mellor é que estou chosco pero onte e hoxe sigo igual. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 11:19 (UTC)
- Vale. O problema é que son dúas imaxes, pero unha foto. Ti falas de Ficheiro:Mandaio - Cesuras - Galicia 01.jpg, pero temos a imaxe Ficheiro:Mandaio - Oza dos Ríos - Galicia 01.jpg que redirixe á primeira. Esta última imaxe ten dúas categorías (Categoría:Imaxes de hórreos da provincia da Coruña e Categoría:Imaxes de Cesuras), así que a primeira imaxe aparece categorizada nelas. Cómpre corrixir a cousa. --Toliño Fala aquí comigo 11 de xuño de 2013 ás 11:25 (UTC)
- Home, grazas!, non daba atopado esa redireción, xa o vou amañando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 11:55 (UTC)
- O problema era que eu premía na imaxe e así non me aparecía a redireción, para ver a redireción había que premer no nome do ficheiro. Borrei as redirecións porque eran incorrectas, Mandaio non estaba no concello de Oza dos Ríos, estaba en Cesuras, ademais ningunha das redirecións tiña uso. Grazas de novo e saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 12:52 (UTC)
- Home, grazas!, non daba atopado esa redireción, xa o vou amañando. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 11:55 (UTC)
- Vale. O problema é que son dúas imaxes, pero unha foto. Ti falas de Ficheiro:Mandaio - Cesuras - Galicia 01.jpg, pero temos a imaxe Ficheiro:Mandaio - Oza dos Ríos - Galicia 01.jpg que redirixe á primeira. Esta última imaxe ten dúas categorías (Categoría:Imaxes de hórreos da provincia da Coruña e Categoría:Imaxes de Cesuras), así que a primeira imaxe aparece categorizada nelas. Cómpre corrixir a cousa. --Toliño Fala aquí comigo 11 de xuño de 2013 ás 11:25 (UTC)
- O ficheiro non ten a categoría de Imaxes de Cesuras, pero si aparece nesa categoría, e non sei por que. O ficheiro só ten a categoría de Imaxes de parroquias de Cesuras e a categoría de Imaxes de hórreos de Cesuras..., entón, ¿como é que aparece na categoría de Imaxes de Cesuras??? Ó mellor é que estou chosco pero onte e hoxe sigo igual. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de xuño de 2013 ás 11:19 (UTC)
Singapur
[editar a fonte]Creo que hai un problema co artigo de Singapur. Ao adapatarse á nova norma da toponimía Singapur - 新加坡 redirixe a Singapur (até aí correcto), mais a propia páxina de Singapur redirixe a Singapur, polo que non atopo o artigo.--Adorian (conversa) 19 de xuño de 2013 ás 10:28 (UTC)
- Arranxado. Xabier esquecera recuperar as revisións perdidas debido ao traslado. Xa está todo resolto. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19 de xuño de 2013 ás 12:17 (UTC)
- Moitas grazas, Toliño.--Adorian (conversa) 19 de xuño de 2013 ás 13:01 (UTC)