Wikipedia:A Taberna (axuda)/Arquivo 19
Este é un arquivo da sección A Taberna (axuda) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25 |
---|
Pedindo axuda cos "Atención" do mes de xullo de 2013
[editar a fonte]Se ides á Categoría:Wikipedia:Atención veredes que xullo de 2013 destaca moitísimo. Contén case 40 artigos (a maioría deles feitos por Usuario:X4v13r3 e marcados por Usuario:JaviP96).
Solicito colaboración para revisar os artigos e ir rebaixando esa cifra e que non queden aí durante anos e anos. Sede afoutos (mesmo se algún merece o marcador de {lixo} ou unha proposta de borrado). --. HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2014 ás 11:55 (UTC)
- Vou botarlle un ollo e a ver se logro facer algúns. --Xas (conversa) 5 de xaneiro de 2014 ás 14:07 (UTC)
- E por que non facemos unha malla entre todos para a semana que ven? Esta é unha enciclopedia libre e todos colaboramos no que máis nos interesa, pero ó mesmo tempo penso que a maioría tamén está interesado en que a Galipedia teña a maior calidade posible. E ter tantos artigos con problemas non é un bo indicador de calidade. Pero podemos amañar isto entre todos, ou reducilo de forma moi significativa, de forma sinxela e rápida se todos nos adicamos durante un pouco de tempo a esta tarefa. Se estades dacordo pode poñerse un aviso na cabeceira dos artigos para que se enteren todos os usuarios e lectores. O mesmo se podería facer dende nas redes sociais, é dicir poñer un aviso en tuiter e facebook para que a xente se achegue á Galipedia esa semana e axude a amañar eses artigos.
- Propoño que a semana que ven sexa a malla de artigos en atención da Galipedia dende o luns 13 ó domingo 19. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xaneiro de 2014 ás 02:11 (UTC)
- Fixen, para explidar un pouco esta proposta e para que se organice un chisco, a páxina Primeira malla de artigos da Galipedia. Na páxina propoño retrasar a data da tarefa para a terceira semana de xaneiro para ter tempo nesta semana e na que ven de avisar á xente, e darlle publicidade á proposta para que colabore toda a xente posible, tanto xente de dentro como de fóra da Galipedia.
- Como propoño a tarefa para a terceira semana de xaneiro temos tempo a comentar os detalles que vos parezan antes de darlle máis publicidade, así que, se a proposta non vos parece correcta ou vedes que hai cousas que mellorar ou comentar pois temos tempo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2014 ás 01:47 (UTC)
- Se vos parece ben propoño anunciar na cabeceira dos artigos esta tarefa para que todos os usuarios poidan enterarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 01:37 (UTC)
- Concordo --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 01:37 (UTC)
- Concordo. Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 23:38 (UTC)
- Concordo; procédase. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2014 ás 02:32 (UTC)
- Se vos parece ben propoño anunciar na cabeceira dos artigos esta tarefa para que todos os usuarios poidan enterarse. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2014 ás 01:37 (UTC)
- Concordo; Alfonso mande 14 de xaneiro de 2014 ás 04:25 (UTC)
- Concordo; Nachonion (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 11:23 (UTC)
- Concordo; --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 14 de xaneiro de 2014 ás 14:46 (UTC)
Xa está feito o do aviso nos artigos, agora os que poidan que anuncien o evento no Facebuk e Tuiter. Outra cousa: para organizarnos e non chafarnos o traballo uns a outros temos que organizarnos un pouco. A forma máis sinxela é que cada usuario que decida amañar un artigo o primeiro que faga é poñerlle o Modelo:Enuso e grabar ese cambio, así o resto de xente xa saberá que ese artigo xa está collido e liscará para outro sitio :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 19:38 (UTC)
- O luns deixarei o aviso nas redes sociais, pois; se o poño agora, a xente esquéceo, e non é cuestión de abusar e poñelo demasiadas veces, porque os posts adoitan ser como moito un por día. --Estevo(aei)pa o que queiras... 14 de xaneiro de 2014 ás 20:39 (UTC)
- Oki, o que ti vexas que eu diso non entendo :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 22:50 (UTC)
Boas, fixen unha táboa na páxina da "malla" co número de artigos que hai na categoría para ver como vai o choio, a ver se queda bonita! :)
Outra cousa, penso que sería moi recomendable que os usuarios máis avanzados concentremos o noso traballo en amañar os artigos máis complexos e longos, así deixaremos o traballo máis sinxelo para os usuarios máis novos. Con isto repartiremos o traballo ás capacidades de cada un e poderemos avanzar un pouco máis. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xaneiro de 2014 ás 12:07 (UTC)
- Saleu a nova en Praza Pública. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xaneiro de 2014 ás 21:34 (UTC)
- Xa rematou a malla e o resultado foi o seguinte:
- Nunha semana baixou o número de artigos con problemas nuns 100 artigos! Parabéns a todos polo traballo! E agora que xa estamos todos familiarizados con este traballo..., non nos esquezamos del, rematou a malla pero non se remataron os artigos con "Atención" ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2014 ás 00:53 (UTC)
Axuda cuns modelos
[editar a fonte]Boas!! Nas páxinas Dalai Lama e Tenzin Gyatso hai varios modelos para poñer caracteres chineses e tibetanos que non sei se temos. Alguén me pode dicir se os temos ou os pode traer da wiki en inglés? Graciñas!!! Piquito (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 23:36 (UTC)
- Perdoa, esquecérame disto, xa me poño eu a revisalo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xaneiro de 2014 ás 23:50 (UTC)
- Non te preocupes Elisardojm!! Co artigo de Tenzin Gyatso apareceu algún modelo máis, así que case mellor que te esqueceras ;) Piquito (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 15:38 (UTC)
Ah! Xa vin que está arranxado!! Graciñas!! Piquito (conversa) 14 de xaneiro de 2014 ás 15:54 (UTC)
- Feito!, faltaban uns detalles e agora xa están. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de xaneiro de 2014 ás 11:06 (UTC)
Galilibros
[editar a fonte]Ola a todos. Teño a seguridade case plena de que este fío non debería aparecer na Galipedia, pero en Galilibros non hai ninguén. Non hai administradores nin moita presenza de usuarios.
Canseime de Commons. Creo que xa hai suficiente presenza de imaxes de calidade de Galiza e ese labor, inda que poida volver propor algunha dentro de uns meses, un ano ou varios anos, deixou de ser prioritario para min. Pretendo agora impulsar Galilibros. Comecei a crear un novo libro e teño en perspectiva para o proximo curso académico que os alumnos creen libros en colaboración con outros profesores. Teño en perspectiva traballar nese proxecto un par de anos.
Necesito un administrador con presenza, ou ó cal poder recorrer. Outra posibilidade sería que existise a alternativa -non sei se existe- de permitirme, sen ser administrador, editar en páxinas protexidas como a da portada. Non podo incorporar o curso que estou facendo á listaxe da portada. Solicitar eu ser administrador paréceme un pouco forte, inda que estaría disposto a pesar de que fose temporalmente, con data de caducidade, ou unha situación revisable.
¿Alguén sabe a quen podo recorrer para que o que faga sexa produtivo ou visible?
- Outro problema, problema menor porque existe Commons
- En Galilibros non hai a licenza Cc-by-sa-3.0. Eu podo crear a licenza, pero non sei incorporala para que apareza no menú de licenzas da páxina de carga de imaxes.
Grazas-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 12:20 (UTC)
- Pero para editar a portada de Galilibros hai que ser administrador alí, non vale con ser admin aquí. Penso que é boa idea que sexas ti administrador alí. --AMPERIO (conversa) 25 de marzo de 2014 ás 12:33 (UTC)
- Grazas. Sei que os proxectos son independentes, pero son dúas partes do mesmo e eu, se a solución é ser administrador, non debo aceptar se aquí non teño apoio, penso eu. Sexa como sexa, non sei como ser administrador: Quen me nomea?-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 13:15 (UTC)
- De ser o caso, asumiría o labor de administración en todos os sentidos, pero precisaría do apoio dos usuarios e administradores da Galipedia, diso non teño dúbida. Por outra banda e por mor diso, creo que o primeiro quecomo administrador debería facer -se fose administrador non electo-, sería poñer o meu cargo a disposición dos administradores da Galipedia, creando os procedementos adecuados para a destitución-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 13:22 (UTC)
- Os proxectos son independentes, pero amigos. Trátase de recuperarmos algo que tamén é noso pero cunha certa perspectiva de futuro-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 13:23 (UTC)
- Noutras palabras, creo que os administradores non electos de proxectos wikimedia paralelos á Galipedia deben poder ser reprobados e mesmo destituídos polos administradores do proxecto maior, a Galipedia. Cando menos polo que respecta a Galilibros. Sería, temporalmente, algo así como un proxecto satélite -- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 13:28 (UTC)
- Os proxectos son independentes, pero amigos. Trátase de recuperarmos algo que tamén é noso pero cunha certa perspectiva de futuro-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 13:23 (UTC)
- De ser o caso, asumiría o labor de administración en todos os sentidos, pero precisaría do apoio dos usuarios e administradores da Galipedia, diso non teño dúbida. Por outra banda e por mor diso, creo que o primeiro quecomo administrador debería facer -se fose administrador non electo-, sería poñer o meu cargo a disposición dos administradores da Galipedia, creando os procedementos adecuados para a destitución-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 13:22 (UTC)
- Grazas. Sei que os proxectos son independentes, pero son dúas partes do mesmo e eu, se a solución é ser administrador, non debo aceptar se aquí non teño apoio, penso eu. Sexa como sexa, non sei como ser administrador: Quen me nomea?-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 13:15 (UTC)
Parece que sigo estando fóra dos tempos da Galipedia pois como é habitual non teño resposta nin axuda. Nun par de días procedo a buscar a vida noutro lado. Quede claro que eu pretendín que o meu futuro posible protagonismo dependese doutros. Aínda outros poden ser protagonistas e non eu: Outros poden contactar con quen hai que contactar e ser administradores. Con todo, seguirei propondo, se son administrador algún día, a ligazón entre proxectos-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 22:56 (UTC)
- Conseguireino ou non (todo, algo ou nada), pero espero non ser maltratado por falta de transparencia-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 23:05 (UTC)
- Iso si, hai un administrador da Galipedia co cal nunca colaboraría. Se el fose administrador en Galilibros, buscaría a vida noutra parte sen dicir nada: O problema é meu, tamén del inda que se agache. Dígoo por maior transparencia, pero non debo dicir nomes. Espero que me deixe facer e non sexa obstáculo pois non me meto con el-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 23:19 (UTC)
- Lmbuga, preguntarei por aí a ver como se pode solucionar isto e xa vos contarei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2014 ás 00:58 (UTC)
- Iso si, hai un administrador da Galipedia co cal nunca colaboraría. Se el fose administrador en Galilibros, buscaría a vida noutra parte sen dicir nada: O problema é meu, tamén del inda que se agache. Dígoo por maior transparencia, pero non debo dicir nomes. Espero que me deixe facer e non sexa obstáculo pois non me meto con el-- Lmbuga / Conversa comigo 25 de marzo de 2014 ás 23:19 (UTC)
Superheroes en acción
[editar a fonte]Boas! Vin que na galega temos o programa Superheroes en acción. Alguén podería facer unha pequena listiña dos nomes que empregan para as personaxes, para así poder dar nome aos artigos sobre estes? Quero dicir, unha lista simple: Capitán América, Iron Man, etc., os que salgan. Eu non vivo xa en Galicia, polo que o acceso á TVG non é doado... alguén se anima? --Norrin (Fálame) 1 de abril de 2014 ás 07:11 (UTC)
sobre a entrada de Miguel-Anxo Murado
[editar a fonte]Boa noite. Necesito que alguén me revise a entrada na que estiven traballando. Fixen algunhas cousas raras que non entendín moi ben e agora non sei como solucionalas: teño caracteres soltos que non son capaz de borrar e puntos de parágrafo que non son capaz de poñer e sacar. Seguro que é unha chorrada, pero non son quen de amañalo. --Monicabaleiron (conversa) 12 de abril de 2014 ás 00:43 (UTC)
- Revisei o artigo e non vexo os caracteres soltos, podes indicar o parágrafo onde están? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2014 ás 08:08 (UTC)
Axuda con deportes
[editar a fonte]Boas! Temos algún modelo como este para incluír no artigo do Torneo feminino de hóckey sobre xeo dos Xogos Olímpicos de Inverno 2014? Graciñas!!! Piquito (conversa) 13 de abril de 2014 ás 01:46 (UTC)
- Temos Modelo:Copa de 16 que se usa en Mundial_de_Fútbol_Suráfrica_2010#Segunda_fase. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de abril de 2014 ás 08:40 (UTC)
- Si Elisardojm, coñezo ese modelo, pero ese non é o formato da competición que digo eu. Nos XXOO de 2014 o torneo feminino de hóckey sobre xeo empregou un formato no que dous equipos se clasificaron directamente para semifinais e catro xogaron os cuartos. Coñezo o Modelo:Fase final a 6, mais no caso que digo eu é con terceiro (Fase final a 6 con terceiro), refírome a se temos ese modelo. Grazas, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 08:48 (UTC)
- Pensaba que se podería adaptar, eu como vin que tiña caixiñas... O:) Non atopei un que sexa igual que o de en.wiki, pero penso que se poderá facer un novo baseándose no Modelo:Fase final a 6 que puxeches ti, se non se pon ninguén antes tentarei facelo á volta das vacacións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2014 ás 08:45 (UTC)
- Si Elisardojm, coñezo ese modelo, pero ese non é o formato da competición que digo eu. Nos XXOO de 2014 o torneo feminino de hóckey sobre xeo empregou un formato no que dous equipos se clasificaron directamente para semifinais e catro xogaron os cuartos. Coñezo o Modelo:Fase final a 6, mais no caso que digo eu é con terceiro (Fase final a 6 con terceiro), refírome a se temos ese modelo. Grazas, Piquito (conversa) 14 de abril de 2014 ás 08:48 (UTC)
Ficha de emisora de radio
[editar a fonte]Onte creei o modelo, mais tiven que poñerlle o marcador de lixo ao non funcionar ben. Se alguén puidera axudarme e facelo? --Gobraves (conversa) 20 de abril de 2014 ás 10:55 (UTC)
- Eu intentei arranxalo pero nos modelos non teño moita experiencia e non sei o que está errado, esperemos que haxa alguén con máis coñecementos.--Sernostri (conversa) 20 de abril de 2014 ás 15:32 (UTC)
- Vou deixar un aviso no Wikiproxecto modelos a ver se alguén com máis experiencia pode facelo. --AMPERIO (conversa) 20 de abril de 2014 ás 15:43 (UTC)
- Feito!. Ademáis fixen unha redirección desde Modelo:Radio. Pontevedra78 conversa 20 de abril de 2014 ás 16:39 (UTC)
- Vou deixar un aviso no Wikiproxecto modelos a ver se alguén com máis experiencia pode facelo. --AMPERIO (conversa) 20 de abril de 2014 ás 15:43 (UTC)
- Eu intentei arranxalo pero nos modelos non teño moita experiencia e non sei o que está errado, esperemos que haxa alguén con máis coñecementos.--Sernostri (conversa) 20 de abril de 2014 ás 15:32 (UTC)
Recordade que podedes empregar Conversa Wikipedia:Wikiproxecto modelos/Peticións, e na conversa xeral do WP tamén falamos deles, para tentar centralizar o traballo. Pontevedra78 conversa 20 de abril de 2014 ás 16:41 (UTC)
Galipedia Ribas de Sil Correción de erro.
[editar a fonte]Na Galipedia, páxina de Ribas de Sil, na seción de historia deste concello, no apartado II República e Guerra Civil, falando da guerrilla antifranquista dise ao remate do parágrafo: "O último fuxido da zona, Leopoldo Rodríguez, aguantou até o 14 de agosto de 1950". Isto supón tersiverxar a realidade e o afirmado na bibliografía que se cita. Leopoldo Rodríguez non foi un fuxido; foi un cacique de dereitas antes, durante e despois da Guerra Civil que morreu asasinado pola brigadilla, da cal era amigo, nun escuro episodio de "guerra sucia".
P.D. Ignoro como facer a correción. Manuel Cao Rodríguez —o anterior comentario sen asinar foi feito por 81.37.149.49 (conversa • contribucións) 22 de abril de 2014 ás 00:06
- Feito!. Tes toda a razón, trátase dun erro, e xa está corrixido. Grazas polo aviso. --Xas (conversa) 23 de abril de 2014 ás 14:49 (UTC)
Renomear imaxe
[editar a fonte]Podo renomear unha imaxe sen ter que subila de novo ou borrala? Ten que facelo un administrador? De ser así, poderiades modificar a miña última imaxe como O Hedreiro, O Couto.--PepedoCouto (dimo aquí) 29 de abril de 2014 ás 14:43 (UTC)
Feito!, Usuario:PepedoCouto --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de abril de 2014 ás 17:06 (UTC)
Táboas moi baixas pola inclusión de imaxes
[editar a fonte]No artigo Polonia no Festival de Eurovisión o apartado Historial de votacións as táboas quedaron moi baixas pola inclusión de imaxes, sei que hai un código para subir as táboas xa que me lembro de velo pero non me acordo como era, alguén pode axudar a subir as táboas sen retirar as imaxes. Unha solución sería crear unha galería coas imaxes, pero persoalmente non me parecen boa solución agás algúns casos especiais polo que me gustaría que o artigo tivese imaxes integradas no texto--Sernostri (conversa) 12 de maio de 2014 ás 16:36 (UTC)
- Conseguín arranxalo daquela maneira, non era o que precisaba pero vale ben.--Sernostri (conversa) 12 de maio de 2014 ás 19:49 (UTC)
Non se visualiza a imaxe
[editar a fonte]Acabo de engadir unha imaxe no artigo Gonzalo López Abente, dunha placa que lle teñen en Muxñia, e non se ve. ¿Por que? Pedro --Lameiro (conversa) 9 de xuño de 2014 ás 18:41 (UTC)
- Non sei se despois de mudar o modelo se revisaron os artigos.
- Á falta dun bot capacitado que o amañe, cómpre revisar a man os 373 artigos que levan o modelo ou volver a implementar que, amais de coa galega "imaxe", funcione tamén coa inglesa "image". --. HombreDHojalata.conversa 9 de xuño de 2014 ás 22:18 (UTC)
- Creo que xa está solucionado. Saúdos!--Adorian (conversa) 10 de xuño de 2014 ás 21:31 (UTC)
En como mellorar.
[editar a fonte]Póñome en contacto con vós para saber en que podo mellorar más miñas edicións e así seguir contribuindo na Wikipedia. Os meus puntos fortes, e vexo ben que non hai as súas respetivas versións dos artigos en lingua galega, é en relación a países como Grecia, sexa cantantes músicos, xeografía etc como tamén sobre de medios de comunicación, e relacionado todo o turismo ( xa que estou a cursar dita carreira ). Como tamén ben vin un bloqueo de non sei que código, que estiven a leer e non comprendo moi ben a motivo deso. Se alguén me di, agradézollo. Un saúdo e moitas gracias. --Manuel Calviño (conversa) 8 de xullo de 2014 ás 05:10 (UTC)
En resposta á usuaria -Elisardojm
[editar a fonte]Antes de todo gracias por por responderme, pero en referencia o que me dixeches quedei con dúbidas en referente a: -"ferramentas para que che axuden coa ortografía. Se non sabes cales son ou non sabes como instalalas podes preguntarme e tentarei axudarche." Tiña pensado de que meu galego, o que escribía nos artigos, é o da RAG. Pódesme pasar esas ferramentas? como tamén decirme que fallos ves ti?. -As traducións automáticas, meso duche a razón, porque en dous artigos ( que obviamente foron borrados ) non me dera conta de léelo, e eso carecía de sentido común, e dinme ben conta despois de ver na wikipedia español xa que alguén fixo unha traducción automática neste artículo. https://es.wikipedia.org/wiki/Econom%C3%ADa_de_Eslovaquia , e queda horrible, parece tarzán. Si o fago o das traduccións doutras, verifico previamente que todo está en orde e despois indicarlo para que se manteña a licenza, que por certo que eso non o entendo ben, porque se é na mesma wikipedia, que "licenza" pode haber?
Un saúdo, e moitas gracias.
Manuel Calviño (conversa) 11 de xullo de 2014 ás 15:32 (UTC)
- Xa respondo na conversa do usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de xullo de 2014 ás 08:23 (UTC)
Caixas de información
[editar a fonte]Boas, quería ir pouco a pouco creando artigos sobre editoriais musicais e quería saber se hai algún modelo para caixas de información de editoriais. Moitas grazas, Piquito (conversa) 20 de xullo de 2014 ás 12:36 (UTC)
- Non coñezo ningún, normalmente úsase o modelo Modelo:Compañía indicando o tipo de industria ó que se adica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2014 ás 12:05 (UTC)
Help for translate
[editar a fonte]Hello and sorry for writing in English. Can anyone help me translate a small article (2 paragraphs) from English to your language and create the article in your wiki? Please, fell free to answer in my talk page in your wiki anytime. Thanks! Xaris333 (conversa) 12 de agosto de 2014 ás 23:31 (UTC)
Categoría: "O Porriño poboación 2013"
[editar a fonte]Boas noites. Ó crear o artigo sobre Orbenlle aparéceme unha categoría vermella: "O Porriño poboación 2013". ¿A que vén esta categoría automática? Pedro --Lameiro (conversa) 20 de setembro de 2014 ás 22:43 (UTC)
- Esa categoría métea o modelo {{Lugar}} porque puxeches a poboación do ano 2013 e aínda non existe a categoría porque ningún lugar do Porriño ten a poboación actualizada, polo que me parece os demais só teñen a poboación ata o 2009. Xa fixen a categoría esa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de setembro de 2014 ás 00:56 (UTC)
- Ese sistema de categorías de mantemento (automáticas e ocultas) permite detectar doadamente os artigos con datos desfasados e que precisan de actualización. Véxase Categoría:Poboación. --. HombreDHojalata.conversa 21 de setembro de 2014 ás 12:19 (UTC)
Obra de pintores contemporáneos
[editar a fonte]Quixera saber si se poden subir imaxes de obras de pintores actuais, que sexan de propiedade particular ou fotos tiradas nalgún museo. Con que licencia, de ser afirmativa a resposta. --Dodro (conversa) 14 de novembro de 2014 ás 16:01 (UTC)
- Non, a non ser que o autor libere os dereitos.
- A propiedade intelectual da obra, segundo a lexislación española e internacional, corresponde sempre ao autor.
- A propiedade "física" do soporte da obra, o cadro, é irrelevante para o caso. --. HombreDHojalata.conversa 14 de novembro de 2014 ás 16:18 (UTC)
Páxinas con argumentos duplicados
[editar a fonte]Estou a facer a páxina da proteína conexina e saíume unha categoría agochada chamada "Páxinas con argumentos duplicados". Que é iso do argumento? Busqueino pero non o atopo. É algo malo? Hai que facer algún arranxo?--Miguelferig (conversa) 24 de novembro de 2014 ás 20:06 (UTC)
- Non te tes que preocupar. É unha categorización automática nova en tódalas wikis (d:Q18338361), implantada na última actualización do software, para labores de mantemento. Nesta categoría están artigos que inclúen modelos que teñen o mesmo argumento repetido. Por exemplo Modelo:Programación da TVG inclúe varias veces os argumentos "group" e "list" (group1= list1= group2= list2= group3= list3= ...), dese xeito o artigo Chunda Chunda, que inclúe o modelo, queda automaticamente categorizado na categoría oculta: Categoría:Wikipedia:Páxinas con modelos con argumentos duplicados. --. HombreDHojalata.conversa 24 de novembro de 2014 ás 20:53 (UTC)
- Grazas. Neste caso penso que talvez debeu de ser polo modelo de familias de proteínas Pfam box.--Miguelferig (conversa) 24 de novembro de 2014 ás 21:03 (UTC)
Valencia de Don Juan
[editar a fonte]Alguén sabe porque a páxina da galipedia Valencia de Don Juan nas demáis wikipedias é Vegas del Condado? e porque Vegas del Condado na galipedia non ten ligazóns interwikis? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 5.56.60.234 (conversa • contribucións) 25 de novembro de 2014 ás 21:58
- Feito! Xa foi amañado, debía ser un erro no wikidata. Saúdos, --83.165.12.166 26 de novembro de 2014 ás 19:00 (UTC)
Concello de Padrón
[editar a fonte]Dende o Concello de Padrón existe a disposición de colaborar para poder dispor do escudo da vila na Wikimedia commons pero e complicado levalo a cabo cando non hai comunicación en ámbolas dúas dirección. Hoxe volverón a poñerse en contacto conmigo polo asunto do escudo o ver que non conseguimos solucionar o tema das licencias. A min gustariame que si alguen puidese orientalos neste tema que botase unha man.--Dodro (conversa) 2 de decembro de 2014 ás 09:57 (UTC)
- O problema está en orixe, e a solución non corresponde á Wikipedia nin a Wikimedia Commons. Como xa che comentadei (Commons:User talk:Dodro#Escudo Dodro) o que ten que facer o concello de Padrón para ter un escudo oficialmente recoñecido e coa súa descrición heráldica publicada no DOG, como teñen moitos outros concellos, ven claramente explicado en: http://www.eidolocal.es/portal/serv_concellos/heraldica.html#Procedemento --. HombreDHojalata.conversa 2 de decembro de 2014 ás 10:22 (UTC)
- Se o concello manda un correo a permissions-commons@wikimedia.org co texto da mensaxe de exemplo que hai nesta páxina penso que non terán problemas en subilo. Na mensaxe de exemplo teñen describir o ficheiro e enviar o ficheiro adxuntado, tamén teñen que mandar o correo dende unha dirección de correo dun responsable/representante do concello e ten que asinar co seu nome e cargo para que os revisores de OTRS non teñan dúbidas da procedencia dese permiso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2014 ás 12:02 (UTC)
- Creo que a confusión persiste. Insisto no que xa lle dixen a Dodro en Wikimedia Commons. Hai que ter claro que o titular dos dereitos de autor dun deseño concreto é o deseñador, non un concello (igual que o titular dos dereitos de autor dun cadro é o pintor, non o dono do cadro. O titular dos dereitos de autor dunha foto é o fotógrafo, non a persoa fotografada...etc). Primeiro de nada, de que ficheiro concretamente estamos a falar? Quen deseñou o ficheiro en cuestión? Quen é o autor do debuxo? "O concello" debuxou o escudo? Non. "O concello" non é un autor, non ten dereitos de autor e non pode ceder dereitos que non posúe. Da igual os correos que mande e o formato que empregue. --. HombreDHojalata.conversa 2 de decembro de 2014 ás 19:20 (UTC)
- Pois haberá que falar con eles para comentarllo, ó mellor poden convencer a quen o deseñou. Ou igual poden aportar algún deseño antigo que apareza nalgún libro, coma esta imaxe que atopei:imaxe (apreciase pouco)--Dodro (conversa) 2 de decembro de 2014 ás 20:44 (UTC)
- Xa HombreDHojalata, pero se o autor ten un contrato no que cedese os seus dereitos ó concello entón eles si poderían dar o permiso, non sabemos como o teñen montado... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2014 ás 22:01 (UTC)
Non. Pódese ceder o uso, a explotación, a propiedade (do soporte) ... máis os dereitos de autor chámanse así porque ... son, sempre, do autor. --. HombreDHojalata.conversa 2 de decembro de 2014 ás 22:28 (UTC)
- Eu teño dúbidas con iso HDH, varios medios firman as imaxes que crean os seus fotógrafos co seu nome e incluso son subidas así a Commons, así que nalgún caso penso que haberá forma de pasar eses dereitos á entidade. O concello debe ter a información pertinente sobre ese tema e de ser ese o seu caso pode actuar como comentei. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 09:54 (UTC)
- Pois eu enrócome no que creo que é a cuestión principal: Dodro: En esas conversas coa xente do concello ... alguén falou do procedemento? En que punto está ese procedemento? Esa é a cuestión. --. HombreDHojalata.conversa 4 de decembro de 2014 ás 10:32 (UTC)
- Eu ós do concello faleille do procedemento do que falas amais do tema da propiedade intelectual (e achegueille o modelo que proporcionou Elisardojm). Tamén lles preguntei si podían aportar outro deseño do escudo (unha versión nun libro antigo ou algo parecido) e tamén lles suxerín que podían sacar unha boa foto do escudo en pedra da fachada do concello.
- Pois eu enrócome no que creo que é a cuestión principal: Dodro: En esas conversas coa xente do concello ... alguén falou do procedemento? En que punto está ese procedemento? Esa é a cuestión. --. HombreDHojalata.conversa 4 de decembro de 2014 ás 10:32 (UTC)
- Penso que non saben moito destes temas pero vexo que existe a disposición de colaborar. Estou agardando algunha nova pola súa parte, se non pásome por alí a vindeira semana.--Dodro (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 12:12 (UTC)
- Home claro, a situación ideal sería resolvelo co procedemento oficial e que se publicara no DOG a imaxe. Se a imaxe sae publicada no DOG pode copiarse dalí a Commons directamente sen problema ningún (xa que os seus contidos están en Dominio Público por lei) e pode facelo calquera. O problema é que ese procedemento levará bastantes meses en rematarse, e iso se non teñen problemas co departamento de Heráldica da Xunta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 12:17 (UTC)
- O concello de Padrón, segundo me contan, está procurando resolver o tema do escudo. Si necesitan algo xa se poñen en contacto. Porén non consideran a posibilidade de levar a cabo o procedemento. Penso que pola nosa parte xa fixemos abondo, Elisardojm amais HombreDHojalata (só queda agardar); está nas súas mans. --Dodro (conversa) 10 de decembro de 2014 ás 16:48 (UTC)
- Moi ben, grazas polo teu esforzo neste tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de decembro de 2014 ás 18:28 (UTC)
Seleccionar imaxe da semana
[editar a fonte]Fai falta que a xente vote para a imaxe da semana, hai varias imaxes pendentes con só 4 votos a favor e son necesarios 5 polo menos. Se non vos convencen as imaxes votade negativo e así a votación pode pecharse de forma clara. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 09:51 (UTC)
- Feito! Só faltan algunhas que agora teñen catro. Piquito (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 10:57 (UTC)
- Grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2014 ás 14:18 (UTC)
Ley de vagos y maleantes (de actualidad estos días)
[editar a fonte]Hola, perdonad si no hablo el idioma de esta wiki (estoy en ello, disculpad). Quería pedir ayuda a alguien para poder editar el artículo "Ley de Vagos y Maleantes" de la Wikipedia en castellano (y si lo deseáis en vuestro idioma también), ya que resulta que en la wiki en castellano:
- En el recuadro de una cita, se me ha impedido editar cambiar el enlace ROTO de un blog ultraderechista por el del BOE (más fiable) sobre la modificación de Franco del año 1954. http://www.boe.es/datos/pdfs/BOE/1954/198/A04862-04863.pdf
- La ley de vagos y maleantes republicana se promulgó en agosto de 1933 y posteriormente sirvió al gobierno de derechas del radical Alejandro Lerroux como arma de represión en la huelga revolucionaria de 1934. Precisamente bajo el amparo de esta ley de orden público se crearon los primeros CAMPOS DE CONCENTRACIÓN que luego serían norma y mano de obra gratuita durante la guerra civil y el franquismo. Se me ha impedido añadir el HECHO referenciado de que era una ley que principalmente penaba y castigaba a los más DESFAVORECIDOS Y POBRES. https://web.archive.org/web/20141222123119/http://www.lamarea.com/2013/11/24/campos-de-concentracion-para-vagos-y-maleantes-en-espana/
- El artículo incluye todas las reformas de la Ley, excepto la actual reinstauración o aprobación de medidas similares. Se me ha impedido añadir el HECHO referenciado de que LA TOTALIDAD de las Asociaciones de jueces califican de "innecesaria y autoritaria" la nueva Ley de Seguridad Ciudadana de Rajoy, comparando este proyecto con la Ley de Vagos y Maleantes. http://www.20minutos.es/noticia/1981533/0/ley-de-seguridad-ciudadana/autoritarismo/jueces-ada-colau/ otro: http://www.elmundo.es/elmundo/2013/05/09/espana/1368092633.html
- También he visto cierta sobreprotección del artículo, parece que se quisiera dejar muy claro que la ley iba sólo contra los homosexuales. Siempre estaré a favor de la defensa del colectivo LGTB, y de los que vigilan el artículo para que no se borre las sección de represión al colectivo, pero creo (y puedo demostrar) que no tuvieron la exclusiva de ser personas represaliadas por esa ley.
- Después de una "guerra de ediciones" (más bien de reversiones sin apenas leer la edición) en la que, por supuesto, el administrador, cuidador celoso de los enlaces ROTOS ultras, ha bloqueado el artículo para que la gente no lo pueda editar, ya no sé a quién acudir.
Para terminar, dice Wikipedia que la semiprotección no es:
- Un método para impedir que los anónimos puedan editar páginas.
- Un método para la protección preventiva de artículos que "podrían" ser vandalizados.
Además, si necesito pedir permiso para editar un artículo semiprotegido para evitar deliberadamente su edición, para poder cambiar el enlace ROTO de un blog ultraderechista por el del BOE, o pedir un "consenso" para decidir si un HECHO ha sucedido o no, Wikipedia tiene un problema entonces... :-(
Gracias por escucharme. Agradezco vuestra ayuda de antemano, sobre todo si me echais un cable en la wiki en castellano ¡feliz natal! :-) (este comentario foi cousa do usuario 79.159.150.231, ás 17:23 horas do 24 de decembro de 2014, pero esqueceu asinar).
- Penso que esta petición hai que poñela na wikipedia en castelán (es:wikipedia). Facer este artigo na wikipedia en galego (gl:wikipedia) sería tamén interesante, pero para iso hai que saber o idoma. E nunca está de máis asinar as mensaxes. Feliz nadal.-Miguelferig (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 16:47 (UTC)
- Pero no me dejan editar los HECHOS con referencias fiables y veraces, como NO soy ultraderechista no me dejan cambiarlo. Pensé que a lo mejor alguien podría tener doble cuenta y podría mejorar el obsoleto artículo. Perdonad por el idioma, intentaré tirar de Google Traductor la próxima vez, o aprenderé unas palabras en galego, gracias de todas formas. :-) (este comentario foi cousa do usuario 162.243.172.91, ás 19:26 horas do 24 de decembro de 2014, pero esqueceu asinar).
- Non entendo que se teña que pedir axuda na Galipedia para resolver un suposto problema de edición na es:wiki, como se desde aquí puidésemos intervir. Non ten sentido. Pero esa ligazón ó BOE de 1954 remite ó BOE, non a ningunha seca ultradereitista. Da ligazón que dás de que TÓDALAS asociacións de xuíces están en contra eu non vexo que estean TODAS nin que sexa unha referencia absoluta e indiscutible (tampouco é novidade, por outra banda, ese rexeitamento ás leis do goberno do PP). Finalmente, non podo admitir que non che deixen facer cambios "por no ser ultraderechista". Afirmar iso é a mellor forma de que non che fagan moito caso. E asina as mensaxes, por favor. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 18:34 (UTC)
- ..."eppur si muove". Pero sigue estando prohibido editar el artículo. ¿Esas son las "formas"? :-(
- Non é certo. Está protexido fronte IPs anónimas pero non para usuarios autoconfirmados. Non sei as razóns que levaron a isto (polo que non podo xulgar) pero éche unha medida moitas veces necesaria fronte edicións particulares de usuarios anónimos nos que non se ten confianza. Bo Nadal, amigo. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 18:56 (UTC)
- ..."eppur si muove". Pero sigue estando prohibido editar el artículo. ¿Esas son las "formas"? :-(
- Non entendo que se teña que pedir axuda na Galipedia para resolver un suposto problema de edición na es:wiki, como se desde aquí puidésemos intervir. Non ten sentido. Pero esa ligazón ó BOE de 1954 remite ó BOE, non a ningunha seca ultradereitista. Da ligazón que dás de que TÓDALAS asociacións de xuíces están en contra eu non vexo que estean TODAS nin que sexa unha referencia absoluta e indiscutible (tampouco é novidade, por outra banda, ese rexeitamento ás leis do goberno do PP). Finalmente, non podo admitir que non che deixen facer cambios "por no ser ultraderechista". Afirmar iso é a mellor forma de que non che fagan moito caso. E asina as mensaxes, por favor. Pedro --Lameiro (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 18:34 (UTC)
- Pero no me dejan editar los HECHOS con referencias fiables y veraces, como NO soy ultraderechista no me dejan cambiarlo. Pensé que a lo mejor alguien podría tener doble cuenta y podría mejorar el obsoleto artículo. Perdonad por el idioma, intentaré tirar de Google Traductor la próxima vez, o aprenderé unas palabras en galego, gracias de todas formas. :-) (este comentario foi cousa do usuario 162.243.172.91, ás 19:26 horas do 24 de decembro de 2014, pero esqueceu asinar).
- Penso que esta petición hai que poñela na wikipedia en castelán (es:wikipedia). Facer este artigo na wikipedia en galego (gl:wikipedia) sería tamén interesante, pero para iso hai que saber o idoma. E nunca está de máis asinar as mensaxes. Feliz nadal.-Miguelferig (conversa) 24 de decembro de 2014 ás 16:47 (UTC)
- A única idea que se me ocorre é que propoñas os teus cambios na páxina de conversa do artigo, de forma clara, neutral e educada. Se así non se resolve deberías poñer un aviso na taberna do proxecto pedindo axuda. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2014 ás 19:00 (UTC)
- A wikipedia:ES é ben coñecida por defender posicións franquistas e retrógradas, exemplo de libro é a toponimia inventada que tentan impoñer. Por outra banda non ten senso discutir cuestións que eles negan. No seu punto de vista a visión é correcta e calquera discusión non é tal, considérase unha liorta vandálica. Perdes o tempo nesa loita. A wikipedia en castelán terá que evoluicionar, os vellos morren e os novos afástanse dese enxendro. Todo é cuestión de tempo.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 5.56.61.185 (conversa • contribucións) 4 de xaneiro de 2015 ás 13:14