Wikipedia:A Taberna (xeral)/Arquivo 20
Este é un arquivo da sección A Taberna (xeral) da Taberna |
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados. Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual. |
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26 |
---|
Títulos das cats. sobre igrexas
[editar a fonte]Boas! Temos a Categoría:Catolicismo e temos tamén a Categoría:Igrexa Ortodoxa. Habería que optar polo formato "-ismo" ou polo formato "Igrexa" ao dar nome ás categorías. Entendo que cada un ten as súas vantaxes:
- O formato "Igrexa" permite delimitar máis claramente qué entra na categoría, é dicir, non hai dúbidas de se tal cousa ou esta outra é catolicismo ou ortodoxia. Ou é da IC ou non.
- O formato "-ismo" permite que unha morea de artigos de dubidosa categorización podan estar nalgunha categoría. Exemplos disto son a "Comuñón Anglicana Tradicional" (dentro de "anglicanismo" si, mais non dentro de "Comuñón Anglicana"); ou a "Igrexa do Patriarcado de Kiev" (dentro de "ortodoxia" si, mais non dentro de "Igrexa Ortodoxa").
Para solucionar isto, penso que a mellor solución é facelo de xeito dobre: cats. por Igrexas dentro de cats. por familias. A miúdo será un pouco redundante, mais penso que é o máis axeitado. --Norrin (Fálame) 13 de maio de 2014 ás 07:44 (UTC)
- Non sei se entendín ben o teu razoamento, queres dicir que habería a categoría catolicismo e dentro dela a Igrexa Católica (para a que segue a obediencia ao Papa), Igrexa Vello Católica, Asociación Patriótica Católica Chinesa, Igrexa Católica Nacional Polaca, etc. e outras categorías que puideran ser comúns a todas as igrexas católicas, como por exemplo espiritualidade católica, ou liturxia católica (que pode ser común en moitos casos a todas elas) directamente de catolicismo.--Sernostri (conversa) 22 de maio de 2014 ás 17:49 (UTC)
- Ben, sí, máis ou menos esa é a idea. Xusto a 1eira que comentas (os vellos católicos) si creo que poden ter a súa categoría específica, mais refírome por exemplo á Asociación Chinesa (serían "católicos separados" se se quere), ou os Lefebvristas (católicos de doutrina e non de obediencia) ou semellantes. Aínda que seica é liar de máis as cousas, non sei. --Norrin (Fálame) 23 de maio de 2014 ás 06:47 (UTC)
Relevancia enciclopédica
[editar a fonte]Por fin temos na galipedia -non era sen tempo- o artigo Boliña de penuxe do embigo, exemplo paradigmático do que é absolutamente estúpido e irrelevante. Tomareino como a excepción que confirma a regra pero con artigos así imos prestixiar moito o proxecto. Paciencia. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de maio de 2014 ás 18:58 (UTC)
- Non che podo dicir o que has facer pero se eu pensase que o artigo era como dis, irrelevante e estúpido, proporía o seu borrado.--Sernostri (conversa) 20 de maio de 2014 ás 19:47 (UTC)
- Acabo de propolo para borrado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2014 ás 22:44 (UTC)
- O artigo mudou de nome cara a: Boliña de peluxe do embigo, e a ligazón interna cara a votación para borrado é esta. --. HombreDHojalata.conversa 22 de maio de 2014 ás 11:07 (UTC)
- Acabo de propolo para borrado. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de maio de 2014 ás 22:44 (UTC)
São Paulo
[editar a fonte]Segundo a RAG o termo correcto é São Paulo en lugar de San Paulo como está: pauleiro. Habería que mover as páximas e mudar as categorías. Saúdos.--Adorian (conversa) 22 de maio de 2014 ás 12:27 (UTC)
Inventarios de patrimonio cultural de concellos
[editar a fonte]Por se a alguén lle interesa, acabo de atopar unhas páxinas cos catálogos dos inventarios de patrimonio cultural de moitos concellos (non sei ata que punto estarán completos pero parece que hai bastante información), están aquí: provincia da Coruña, provincia de Ourense, provincia de Lugo e provincia de Pontevedra. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2014 ás 11:20 (UTC)
Tempada lírica da Coruña
[editar a fonte]Ola a todos! Recentemente anunciouse a creación por parte da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña e a OSG dunha tempada lírica na cidade herculina que sustituirá ao Festival de Ópera da Coruña. Entre setembro de 2014 e xuño de 2015 interpretaranse varias óperas de Verdi, Rossini, Mozart e Vivaldi. A tempada comezará en setembro coa representación de La traviata.
Quería propoñer a todo aquel que estea interesado que participara na mellora dos artigos das óperas de cara a ter artigos completos (e por qué non de calidade) das óperas no momento que se interpreten ou representen, así como de intérpretes e directores. Eu podo traballar no tema, pero preferiría poder contar coa axuda de algún(s) outro(s) usuari@(s) para non ter que facer unha soa persoa artigos de calidade sobre cinco óperas (aínda que o obxectivo principal sería facer de calidade os artigos de La traviata e Die Zauberflöte que serán as dúas óperas estrela da tempada e as únicas -creo- que se representarán). Por que é importante ou interesante facer artigos de calidade destas óperas? Primeiro porque esas dúas son moi destacadas, e segundo (e posiblemente o motivo máis importante) porque a maior parte do público que vai ver unha ópera na Coruña fala castelán, polo que pode ser un bo xeito de difundir o galego e a Galipedia entre sectores da poboación que non empregan a nosa lingua habitualmente e deste xeito poñela en valor. Quen quera participar pode dicilo aquí ou pode escribirme na miña páxina de conversa para coordinar o traballo. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 19 de xuño de 2014 ás 12:14 (UTC)
Artigo destacado / Artigo sobre Galicia
[editar a fonte]Votacións |
---|
Artigos e imaxes destacados |
Artigos de calidade (Propor · Votar) |
Políticas e normas |
Votacións para borrar |
Artigos propostos para borrar (Votar) |
Permisos de usuarios |
Precisamos de propostas e participación nas votacións de artigos para a portada.
Animádevos. --. HombreDHojalata.conversa 23 de xuño de 2014 ás 08:54 (UTC)
Óblasts
[editar a fonte]Boas a todos! No caso da administración territorial dos países eslavos, a primeira división acostuman ser os chamados "óblasts" ou formas semellantes. Porén, non é unha palabra galega, e en varios destes países traducen a palabra por "rexión":
- Regions of Ukraine na web do ministerio de exteriores de Ucraína.
- Murmansk Regional Government (Rusia).
- Brest Region(Bielorrusia).
Xa que logo, penso que non é moi lóxico seguir a empregar "óblast" cando é un termo que se pode traducir, do mesmo xeito que se traducen termos como "forzas armadas", "ministerio" e demáis.
No caso dos raións, a seguinte división, sucede exactamente o mesmo, e son traducidos como distritos. De non haber oposición farei os traslados pertinentes. Saúdos! --Norrin (Fálame) 26 de xuño de 2014 ás 14:12 (UTC)
Aniversario do PAAR
[editar a fonte]Boas, esta finde é o 3º aniversario da creación do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre, farán diferentes actividades e a entrada será de balde, previa reserva. Máis información aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xullo de 2014 ás 08:38 (UTC)
Toponimia do Canadá
[editar a fonte]Achego unha información atopada por ahí que pode ser de utilidade:
15.03 Official geographical namesOfficial geographical names (or toponyms) are those approved by a provincial, territorial or federal toponymic authority. They are generally listed in the Gazetteer of Canada, which is produced by the Canadian Permanent Committee on Geographical Names. Two kinds of geographical names are distinguished: names of inhabited places and names of geographical features.
15.04 Names of inhabited places
Only two municipalities in Canada have two official forms of their names, one in English and one in French: Grand Falls and Caissie Cape in New Brunswick, which are also known officially as Grand-Sault and Cap-des-Caissie. All other municipalities have only one authorized form: thus Montréal and Québec (the city) retain their accents in English.
Fonte: 1 --Norrin (Fálame) 16 de xullo de 2014 ás 12:28 (UTC)
Feira Imaxinaria en Vigo
[editar a fonte]Os días 29, 30 e 31 de agosto vai celebrarse en Valadares, Vigo a Feira Imaxinaria, é unha feira que "xorde como espazo de debate, construcción e coñecemento en torno a #Redes analóxicas e dixitais, tecnoloxías colaborativas libres e protocolos abertos cos que imaxinar e avanzar cara a novas realidades e culturas colectivas". Quizais a alguén lle podería interesar participar facendo un maratón de edición de artigos da Galipedia ou tan só para dicir que nós tamén estamos aquí, ou algo así... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de agosto de 2014 ás 11:34 (UTC)
transparencia de Wikimedia
[editar a fonte]Publicouse o primeiro informe de transparencia de Wikimedia Foundation: "Wikimedia Foundation releases its first transparency report", artigo de Michelle Paulson e Geoff Brigham no blog de Wikimedia, 6 de agosto de 2014 (en inglés). --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de agosto de 2014 ás 19:08 (UTC)
O impacto de Wikipedia
[editar a fonte]Tedes aquí un pequeno vídeo dunha profesora india sobre a Wikipedia, para pasar o rato ou para ensinar á xente. E con subtítulos en galego, inglés, francés e portugués! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2014 ás 16:26 (UTC)
Éxito de votación
[editar a fonte]Boas! Acabo de pechar a votación para calidade do artigo arqueas, que se acaba de convertir no 28º artigo de calidade da nosa Wikipedia e o 7º escollido este ano, mais o valor desta votación foi a altísima participación cun total de 17 votos a favor. Creo que é un motivo de alegría para a comunidade sacar un artigo de calidade e máis aínda con tan rotundo éxito, quero agradecer a todos os que participaron na votación e sobre todo aos que participaron na mellora do artigo, especialmente a Miguelferig, máximo editor do artigo. Piquito (conversa) 3 de setembro de 2014 ás 09:24 (UTC)
- Eu tamén me sumo ós parabéns e quero darvos ánimos na revisión e escolla destes artigos que son o mellor escaparate do noso proxecto. Tamén quero comentar que Piquito e máis eu propuxémonos como obxectivo persoal conseguir que a Galipedia chegue a ter 10 novos artigos de calidade neste ano, tan só faltan 3, polo que animo a todos os que queiran colaborar nesta proposta a que revisen, melloren, propoñan e voten os artigos que poidan cumplir os requisitos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2014 ás 10:47 (UTC)
Superprotección por parte da Fundación Wikimedia
[editar a fonte]Acaban de deixarme unha mensaxe en meta sobre a superprotección que está implementando a Fundación. É a primeira noticia que teño deste tinglado e en poucas palabras é unha nova protección de páxinas que pode aplicar a Fundación Wikimedia e que non permite que nin os administradores da wiki as modifiquen. Fala algo duns problemas que tiveron na wiki en inglés e alemán co Editor Visual e parece que pode ser un tema que traia cola. Cando teña as cousas máis claras engadirei máis pero a cousa non ten boa pinta. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de setembro de 2014 ás 10:21 (UTC)
Traio contido sobre o tema que se publicou no taboleiro dos administradores por se alguén non o viu:
O 10 de agosto de 2014 a Fundación Wikimedia deu un dereito engadido de "superprotección" -concedido ao grupo de usuarios do 'Staff'- o que pode facer que as páxinas non se poidan editar mesmo para administradores, creando así unha nova xerarquía onde os administradores xa non son os usuarios de maior confianza nas nosas wikis.
Máis información aquí.
--Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de setembro de 2014 ás 11:37 (UTC)
- Fixen un pequeno apaño na tradución que non era moi correcta. Os dereitos de superprotección son un ataque ás comunidades das wikis xa que son outorgados pola Fundación ós seus traballadores para facer cambios nas wikis con ou sen a aceptación dos usuarios. A mágoa desta protesta é que está mesturada pola oposición da wiki-en e a wiki-de á implantación por defecto do Editor Visual. É certo que saltou por iso, pero penso que deberían ser discusións diferentes. Os que queiran mostrar o seu rechazo, ollo, ós dous movementos da Fundación (a superprotección e o Editor Visual), poden firmar nesta páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de setembro de 2014 ás 17:44 (UTC)
- Na túa opinión, debes engadir. Outros estamos a ver esta nova iniciativa como acotar ou máis ben: poñer freo ao uso que algúns admins (atención á non xeralización) están a facer dos seus botóns. Uso que NON beneficia á comunidade. Se a fundación wikipedia está a adicar recursos e cartos para a mellora das achegas que fan os usuarios non ten senso que exista oposición por un grupo concreto dentro da propia wikipedia. Se non gustan xa saben que poden volver a ser usuarios como os demáis. Existe camiño de volta.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 82.223.148.124 (conversa • contribucións) 3 de outubro de 2014 ás 21:24
- Si, claro é a miña opinión, se se entendeu doutra forma pido desculpas, grazas por puntualizalo.
- Por outra banda eu digo que é un ataque á comunidade enteira, tanto ós bibliotecarios coma ós usuarios, e penso que iso é claro xa que con iso a Fundación pode bloquear páxinas, para tódolos usuarios, sen ter en conta a opinión desas comunidades. E cando falo de comunidades falo de tódolos usuarios, sexan administradores ou non. Non vexo que con esa superprotección se poidan solucionar problemas cos bibliotecarios, os problemas que haxa con eles deben tratarse dentro da comunidade xa que ela foi a que lle deu a confianza e só ela debería quitarlla, de ser o caso. Sobre o tema do Editor Visual penso que foi unha mala xestión da Fundación e ó mellor tamén unha mala reacción das comunidades, non coñezo os detalles de como foi a cousa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 00:25 (UTC)
- Na túa opinión, debes engadir. Outros estamos a ver esta nova iniciativa como acotar ou máis ben: poñer freo ao uso que algúns admins (atención á non xeralización) están a facer dos seus botóns. Uso que NON beneficia á comunidade. Se a fundación wikipedia está a adicar recursos e cartos para a mellora das achegas que fan os usuarios non ten senso que exista oposición por un grupo concreto dentro da propia wikipedia. Se non gustan xa saben que poden volver a ser usuarios como os demáis. Existe camiño de volta.—o anterior comentario sen asinar foi feito por 82.223.148.124 (conversa • contribucións) 3 de outubro de 2014 ás 21:24
Imaxes de Bancos de Alimentos
[editar a fonte]Boas noites. Acabo de subir unhas fotos sobre un Banco de Alimentos. Púxennas nunha nova categoría Categoría:Bancos de alimentos, dentro da Categoría:Imaxes de gastronomía en Galicia. O certo é que os bancos de alimentos non teñen nada que ver coa gastronomía, pero é que non atopo nada máis acaído. ¿Algunha idea? En Commons, estas fotografías están en Cat:Food banks, e colgas das categorías "Humanitarian aid" e "Food". Nós non temos ningunha equivalente. Espero porpostas. Pedro --Lameiro (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 20:51 (UTC)
- Eu non clasificaría as imaxes na Galipedia, xa están perfectamente clasificadas en Commons. Podes metelas todas nunha categoría "Banco de alimentos de Sanxenxo" (Food bank of Sanxenxo), ou algo así, e meter a categoría, ademais de en Food banks, en Sanxenxo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de outubro de 2014 ás 21:42 (UTC)
- Non todos os usuarios e editores da Galipedia teñen o control de Commons que tes ti, polo que creo que categorizar a imaxes en Galipedia facilitará o seu uso. A min mo facilita e supoño que haberá máis xente que o agradeza. Por iso eu subo as fotos a Commons, onde as categorizo como mellor sei, e logo as traio a Galipedia, onde volvo categorizar seguindo o noso sistema particular. Completarei, como me dis, as categorías en Commons. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 7 de outubro de 2014 ás 09:27 (UTC)
Galicitas
[editar a fonte]Boas! Temos os outros proxectos wiki bastante abandonados, e entre eles o Galicitas, que penso eu que é un bo proxecto de soporte ao traballo na Galipedia. Se ben no Galizionario hai xa creada (grazas a Furagaitas) unha estrutura clara nas entradas, no Galicitas non temos nada. É por iso que pido á comunidade que opine e colabore, aínda que sexa con algunha suxestión, en tres cousas:
- Políticas: propoño ter como política en Galicitas a adopción inmediata das políticas da Galipedia, no que sexa aplicábel. → Isto implica facer unha votación, avisarei, mais quero ver qué pensades.
- Libro de estilo: facer un "Libro de estilo" básico para as entradas.
- Modelo:Cita colaborar na mellora dun modelo que creei para as citas, que unha vez estea creado haberá que pedir a súa protección.
- Ademáis, pedín no Taboleiro dos administradores unha axudiña cos mediaWiki e demáis, pero toda axuda é benvida.
O bo de deixar traballados estes puntos é que non habería moito máis que facer, xa que o proxecto non ten demasiada complexidade. Un podería ir engadindo citas cando lle petase. Moitas grazas! --Norrin (Fálame) 8 de outubro de 2014 ás 13:20 (UTC)
- Parécenme ben as propostas, comento punto por punto:
- Políticas: no que se poida aproveitar paréceme ben, pero será a xente que vaia pola Galicitas os que poidan votar alí
- Libro de estilo: propoño revisar o das outras wikis e adoptar o que sexa axeitado para o proxecto, es:q:Wikiquote:Manual_de_estilo, ca:q:Viquidites:Llibre d'estil ou en:q:Wikiquote:Guide to layout.
- Modelo Cita: o mesmo que o comentado para o libro de estilo, xa lles puxen os interwikis.
- Mediawiki: mirarei logo esa mensaxe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de outubro de 2014 ás 16:41 (UTC)
Guía de boas prácticas para o uso da Wikipedia na Universidade
[editar a fonte]Na Universidade Oberta de Cataluña atopei estes días unha "Guía de boas prácticas para o uso da Wikipedia na universidade", podedes acceder ó documento nesta ligazón. Está en catalán pero coa axuda dun tradutor automático enténdese sen problema, contén un estudo da presenza da Wikipedia na Universidade e achega información de moitos proxectos que xa se teñen realizado.
Por outra banda, a asociación Wikimedia España vai organizar un taller de edición da Wikipedia na Universidade de Valladolid que concedera 0,5 medio crédito ECTS (12,5 horas), tedes a información aquí. Vou tentar organizar algo similar para o ano na Universidade da Coruña.
Se alguén se anima a facer algo semellante por aquí pode contar comigo para axudar no que poida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2014 ás 15:18 (UTC)
Wikimaratón en decembro
[editar a fonte]Coméntovos que os días 13 e 14 de decembro a asociación Wikimedia España vai organizar un maratón de edición en colaboración coa FECYT sobre científicos de España. Este maratón vai a celebrarse en sete museos ó mesmo tempo e precisamente un deles vai ser o MUNCYT da Coruña. O caso é que se precisan wikipedistas con algo de experiencia para asistir a estas xornadas e axudar ós usuarios novos que aparezan, non fai falta asistir os dous días nin todo o día, o que cada un queira. Os gastos de desprazamento e dieta dos que colaboren serán cubertos pola FECYT. Se alguén está interesado que o comente. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de outubro de 2014 ás 22:38 (UTC)
- A mediados de decembro andarei liado entregando traballos para clase, pero se podo achegareime un día. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de outubro de 2014 ás 06:56 (UTC)
- Eu non estarei por GZ en decembro, síntoo. --Norrin (Fálame) 17 de outubro de 2014 ás 10:23 (UTC)
A RAG como criterio absoluto
[editar a fonte]Boas a todos. Quería pedir unha reflexión sobre o feito de ter á RAG (ou, máis específicamente, ao seu dicionario) como criterio absoluto, especialmente no tocante a dous temas: Topónimos e Bioloxía.
No primeiro dos casos, a toponimia, cómpre entender que o Dicionario non é un Atlas concienzudo. En concreto, dóeme o caso de Friburgo. O nome nativo da cidade é Freiburg im Breisgau, e por exemplo na Diciopedia do século 21 aparece traducido como Friburgo de Brisgovia; porén, a RAG "cárgase" a metade do nome. Entendo que a cidade será, probablemente, chamada de xeito popular "Friburgo" a secas, do mesmo xeito que en Galicia a xente di "Coruña" a secas, e en Castela "Miranda" (por Miranda del Ebro) a secas. Por isto:
- Penso que nestes casos, cando a RAG non recolla o nome completo, non debemos tomala como criterio válido.
- OBS: Casos semellantes: Castelló de la Plana, Frankfurt do Main, Frankfurt do Oder...
No segundo dos casos, pois o mesmo. Penso que o dicionario non podémolo tomar como unha traballada guía de bioloxía, e que debemos facerlle caso únicamente no referente aos nomes comúns.
Qué pensades? Saúdos! --Norrin (Fálame) 17 de outubro de 2014 ás 09:05 (UTC)
- No primeiro dos casos, se hai outra fonte que sexa máis específica (está claro que se hai varias Frankfurt terán que levar algo máis para diferencialas e o exemplo do dicionario posiblemente non se meterá neses detalles) entón deberá prevalecer, pero Norrin, no caso da bioloxía non entendo o que queres dicir, ¿podes poñer un par de exemplos? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de outubro de 2014 ás 16:02 (UTC)
- No caso da bioloxía falo un pouco de memoria, mais lembro algunha conversa con Xoio e Miguelferig na que se falaba disto... Vou pescudar un pouco. --Norrin (Fálame) 21 de outubro de 2014 ás 06:11 (UTC)
- Aínda que non sei se é bo exemplo, no caso de Salmo trutta (véxase a conversa). Non sei se hai publicacións que denominen ao Salmo trutta simplemente como "troita(s)", e en consecuencia o Salmo trutta fario sería a troita común. Pero habería que investigalo un pouco máis, que eu de bioloxía ando xustiño. --Norrin (Fálame) 21 de outubro de 2014 ás 06:16 (UTC)
Eu penso que sempre se debe ter un criterio "de autoridade" como pode ser o DRAG, porque se non cada un terá as súas opinións e mesmo en distintos dicionarios ás veces se teñen dado solucións distintas (leucocito/leucócito). Algunhas cousas son discutibles filoloxicamente (ou na historia do desenvolvemento da terminoloxía científica) e ás veces a solución adoptada é simplemente unha decisión entre dúas formas posibles case igual de aceptables, polo que volve a ser necesario que se lle recoñeza a alguén a autoridade para tomar a decisión, porque se non é un caos (pero sempre discutindo todo o que haxa que discutir antes ou despois). Por exemplo, se din que os encimas acaban en ase (lactase, polimerase, oxidase...) pois hai que respectalo. Por outra parte, co tempo houbo termos que cambiaron no DRAG ou acabaron permitindo varias opcións (por exemplo encima/enzima ou osíxeno/oxíxeno). Ademais, o DRAG non é un dicionario de termos científicos senón da lingua xeral e só inclúe os termos científicos máis habituais, polo que eu me encontro en bioloxía molecular e outros eidos da bioloxía con que moitos termos non veñen. O máis difícil é traducir certos termos ingleses de introdución recente en ciencia, que é un problema que teñen todos os idiomas, non só o galego, polo que se atopan varias opcións de tradución en francés, castelán, etc. e en galego tamén (o problema é cando o tes que dicidir ti mesmo; por exemplo eu tiven que decidir na parella glucano/glicano e seguín o paralelismo inglés glucan/glycan, que é o uso máis internacional; este é un exemplo complicado porque a raíz usada xeralmente en galego cos glícidos é gli, pero aquí hai que usar dous termos e distinguir entre eles). Tamén é dificil traducir as binding proteins (proteínas de unión a..., que non soa moi ben pero que se ve por aí, proteínas que se unen a, que se fixan a, ou que se ligan a, ou que fixan...; por exemplo vede a páxina proteína de unión ao elemento de resposta ao ferro, que non quedei moi contento co nome que lle puxen). No DRAG os termos están definidos para a lingua xeral, polo que non teñen ás veces unha definición precisa e detallada como sempre son as científicas. Cos nomes comúns de animais ou plantas moitas veces hai ambigüidade, un nome úsase para varias especies distintas (ver abázcaro), ás veces que nin sequera están emparentadas, ou non se sabe moi ben a que especie se refire, ou tes que poñerlle nome a unha especie exótica doutro continente. Un exemplo, "mofo" pode significar un tipo de fungo (balor) ou un musgo, o cal o fai un termo inapropiado para uso científico, a non ser que o contexto estea moi claro. Agora "brión" non figura no DRAG, pero "musgo", que antes non figuraba, agora si. Unha vez falei con Xoio sobre o termo "caparazón", que polo momento non o admiten, pero non é seguro que non o cheguen a admitir. Un día critiquei o nome da ave exótica "rabixunco" (ver a páxina de conversa de Phaethon aethereus), que é un calco flagrante do castelán, non figura no DRAG, pero aparece en publicacións galegas reputadas. Se o termo é ambiguo ou se non figura no DRAG non temos máis remedio que decidir nós (consultando os dicionarios temáticos que poida haber, bases de datos de lingua como o VOLGA e outras ou publicacións ou páxinas web en galego xa existentes). Pero se o DRAG xa tomou unha decisión nun termo que é claro, penso que esta debe respectarse. En xeografía é imposible que o DRAG inclúa todos os termos, polo que o problema persiste, e eu xa tiven problema co río/virus/doenza do Ébola (ou Ebola?). E falando de cidades alemás hai tamén o virus Marburg (que o deixo así, porque no nome dos virus se deixa o orixinal), pero febre hemorráxica de Marburgo (galeguizado). Abreviar nomes compostos é común, aínda que non sexa o máis correcto, polo que en vez de Vilagarcía de Arousa dise moitas veces Vilagarcía. Un caso curioso é Palma de Mallorca, que os romanos fundaron como Palma, séculos despois empezou a chamarse Palma de Mallorca, pero en 2008 chamábase oficialmente Palma e en 2011 nomeouse oficialmente outra vez como Palma de Mallorca.--Miguelferig (conversa) 22 de outubro de 2014 ás 09:15 (UTC)
- Eu no caso da botánica atopo moitos error e incoherencias con nomes comúns no DRAG, penso que está pouco traballado nese eido, faltan especies moi comúns hoxe en día, por exemplo: albaca, asubiote ou alfabega, que non consigo saber que pór no artigo. Ou lamigueiro e chopo (nome moi castelán), está claro que o buscatermos, con Termos Esenciais de botánica aporta dun xeito máis científico o vocabulario, mais ás veces contradí a RAG. Moito máis útil é o Dicionario de Dicionarios.Nachonion (conversa) 7 de xaneiro de 2015 ás 23:53 (UTC)
Hello, Dear wikipedians. I invite you to edit and improve this article and to add information about your and other country.--Kaiyr (conversa) 31 de outubro de 2014 ás 11:02 (UTC)
Concurso de artigos wiki na FIC
[editar a fonte]O outro día atopei unha nova de Praza Pública esta nova: Unha wiki galega para visibilizar o papel das mulleres nas TIC. O tema é que a Facultade de Informática da Coruña vai a organizar un concurso para estudantes de secundaria liderados por un profesor, para "incrementar o coñecemento e a visibilidade da actividade das mulleres destacadas no eido das Tecnoloxías da Información." O que nos toca máis directamente é que van facer artigos nunha wiki da facultade (unha wiki propia) e que despois poderán achegalos á Galipedia. É unha iniciativa ben sorprendente, se alguén ten ocasión pode difundilo por se é de interese para os seus coñecidos.
Veremos o que pode achegar esta iniciativa ó noso proxecto, eu vou tentar contactar con eles para ofrecerlles a miña axuda no que poida. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2014 ás 00:44 (UTC)
- Xa me responderon. Dixéronme que sería boa idea colaborar con eles e ó mesmo tempo ofrecéronme a participar no xurado que decida a wiki gañadora. Se non hai ningún obxección a que participe, obviamente a título persoal, o martes contestarei aceptando. A ver se así pouco a pouco podemos ir achegando o proxecto á universidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de novembro de 2014 ás 01:04 (UTC)
- Parabéns pola iniciativa Elisardo. Adiante. Saúdos. --Xas (conversa) 23 de novembro de 2014 ás 10:10 (UTC)
- Hoxe rematou a fase de edición da WikinformáticA, no que finalmente vou participar como xurado, nos vindeiros días teño que revisar as páxinas wikis que fixeron os equipos. O día 29 será presentación do concurso e a entrega de premios, por se alguén quere achegarse, encadrada nunha serie de charlas. Se podo asistir podería participar cunha pequena charla sobre a Galipedia de 5-10 minutos, acéptanse ideas para tentar enganchar ós particicipantes desta actividade! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xaneiro de 2015 ás 17:44 (UTC)
- Xa foi a entrega de premios, unha impresora 3D para o primeiro equipo e unha visita a R para o segundo. Eu falei un chisco sobre a Galipedia, comentei que é unha enciclopedia en galego pero que non é só unha enciclopedia de Galicia, que todo o mundo podía colaborar, etc. Tamén comentei que tiñamos o mesmo problema que se debatera na mesa redonda dese día: a falta de mulleres que fixeran achegas no proxecto e a forma en que isto nos afectaba (das once biografías escollidas para o concurso só hai dúas na Galipedia) e algún detalliño máis.
- As páxinas creadas non se poden pasar directamente á Galipedia porque non todos os contidos cumpren a licenza, pero xa lles comentei que todos os equipos interesados podían poñerse en contacto con nós e lles botaríamos unha man para conseguir facer eses artigos aquí. A wiki que usaron é esta, xa propuxen que para próximas edicións o fagan todo directamente na Galipedia :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xaneiro de 2015 ás 01:08 (UTC)
Web Galicia Política
[editar a fonte]Acabo de atopar a web Galicia Política, un proxecto de fin de grao que foi presentado en xullo deste ano, e que ten algunha información de políticos de Galicia. Ten boa pinta, e aínda que a licenza non é libre, pode ser unha boa fonte para referenciar os artigos dese tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de novembro de 2014 ás 09:29 (UTC)
Consulta revista Nature gratis
[editar a fonte]Segundo esta nova, a revista Nature publicará a partir de agora tódolos seus de forma que se poidan consultar de forma gratuíta. Penso que será unha moi boa fonte de referencias en liña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2014 ás 11:36 (UTC)
Problema no artigo Güeñes
[editar a fonte]No artigo Güeñes hai un problema no que semella ser o cadro demográfico (timeline, disque). A ver quen entende destas cousas e o arranxa. Pedro --Lameiro (conversa) 23 de decembro de 2014 ás 21:19 (UTC)
- Feito. Ampliado o período ata 8.500. --. HombreDHojalata.conversa 23 de decembro de 2014 ás 22:38 (UTC)
- Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 23 de decembro de 2014 ás 23:15 (UTC)
Erros no "Procurar"
[editar a fonte]Non se pode entender que se buscas unha determinada palabra, como por exemplo "provable", che aparezan 35.421 páxinas. Se te paras a ler un pouco, resulta que só 3 nas 20 primeiras e 1 nas 20 seguintes conteñen "provable" mentres que o resto co que contén é "provincia". Así, esta técnica de buscar erros na Galipedia (provable, proprio, ótico, cavalo, etc) resulta pouco útil. Pedro --Lameiro (conversa) 26 de decembro de 2014 ás 18:04 (UTC)
- Por iso eu uso o buscador avanzado de Google. Se queres atopar unha palabra exacta tes que poñerlla no apartado "esta palabra ou frase exacta:" e logo no apartado "sitio ou dominio:" poñer gl.wikipedia.org. Eso si, non está dentro da Galipedia, claro. Por certo, segundo San Google hai 13 páxinas con ese termo, contando tamén as páxinas de conversas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de decembro de 2014 ás 18:48 (UTC)
- Aquí, na propia Wikipedia (e tamén en calquera buscador, inclusive Google), se queres facer unha procura exacta precisamente tes que empregar as comiñas, é dicir, non busques
provable
, busca"provable"
así. --. HombreDHojalata.conversa 26 de decembro de 2014 ás 23:59 (UTC)- Grazas. Utilizarei as comiñas pero sigo sen entender que se poño névoa (sen comiñas) me responda por neves. Non ten lóxica. Pero repito: grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 27 de decembro de 2014 ás 00:06 (UTC)
- Aquí, na propia Wikipedia (e tamén en calquera buscador, inclusive Google), se queres facer unha procura exacta precisamente tes que empregar as comiñas, é dicir, non busques