Wikipedia:Editatona 25N-UDC
O mércores 6 de novembro de 2024, e ao longo de todo o mes, ten lugar unha editatona da Galipedia, co título Editatona 25N-UDC, organizada polo Centro de Estudos de Xénero e Feministas (CEXEF) da Universidade da Coruña, e co apoio da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade como parte das iniciativas relacionadas co Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller do ano 2024.
Propósito
[editar a fonte]Unha editatona é unha reunión de persoas que se xuntan para editar a Galipedia, tanto de forma presencial coma virtual.
O propósito desta editatona é contribuír a pechar a fenda de información dixital incorporando novas mulleres relevantes á Galipedia. A tal fin, organízanse un obradoiro de edición e un concurso.
Como, cando, onde
[editar a fonte]A Editatona 25N-UDC comezará coa celebración dun obradoiro de dúas horas de duración o día 6 de novembro ás 16 da tarde na aula Alejandrino Fernández Barreiro (situada no 2º andar do edificio) na Facultade de Dereito da Coruña, no Campus de Elviña.
Logo dunha breve introdución á edición da Wikipedia en galego da man de Adrián Estévez, parte do actual equipo administrador da Galipedia, as persoas asistentes procederán á edición de novos artigos sobre mulleres relevantes. Para axudarse nesa tarefa contarán coa colaboración do persoal das Bibliotecas da UDC, que prepararon unha selección de textos que servirán de referencia.
O reto de edición manterase activo, de xeito virtual, durante todo o mes de novembro, en forma de concurso.
Bases do concurso asociado
[editar a fonte]1. Obxectivo. O obxectivo deste concurso é aumentar a presenza de mulleres na Galipedia, incentivando a creación de novos artigos relacionados con mulleres relevantes en ámbitos como a ciencia, a cultura, a política, o deporte e outros campos de interese.
2. Participantes. Poderán participar todas aquelas persoas que desexen contribuír á Galipedia, sen importar o seu nivel de experiencia previa. É necesario ter unha conta de usuario na Galipedia para rexistrar as contribucións.
3. Duración. O concurso comezará o día 6 de novembro de 2024, co obradoiro mencionado na sección anterior, e rematará o 22 de novembro de 2024. Todas as contribucións realizadas durante este período serán tidas en conta para a avaliación.
4. Condicións de participación. Os artigos creados deben ser sobre mulleres, tanto galegas como de calquera outra parte do mundo, que destacasen nalgunha área de interese. Os artigos deben cumprir cos criterios de calidade da Galipedia, estar correctamente referenciados e seguir as normas de estilo. Os artigos deben ser totalmente novos, isto é, creados durante o período de duración do concurso: non se considerarán edicións ou melloras de artigos xa existentes.
5. Criterios de avaliación. Nomearase como gañadora do concurso a persoa que cree o maior número de artigos novos que cumpran as condicións de participación. En caso de empate no número de artigos, terase en conta a calidade das fontes e a extensión dos artigos.
6. Premios. A persoa gañadora recibirá un premio consistente en material educativo ou un vale para a compra de libros relacionado coa divulgación do papel das mulleres na historia e a cultura.
7. Inscrición. Para participar, é necesario anotarse na sección seguinte deste mesmo artigo, facendo constar o nome de usuario en Galipedia, que se usará para identificar as contribucións realizadas.
8. Publicación de resultados. Os resultados do concurso serán publicados o 30 de novembro neste mesmo artigo, e daráselles difusión nas redes sociais do CEXEF e da UDC. As persoas participantes serán notificadas directamente a través da súa conta na Galipedia.
9. Aceptación das bases. A participación neste concurso implica a aceptación das presentes bases na súa totalidade.
10. Contacto. Para calquera dúbida ou aclaración, pódese contactar coa organización a través do correo electrónico: cexef@udc.gal.
Inscríbete
[editar a fonte]Anótate nesta sección.
Relación de artigos propostos
[editar a fonte]Para coordinar o traballo das persoas participantes no reto, e así non duplicar traballo, antes de comezar a editar un artigo engadirémoslle o aviso {{En uso}} á páxina do artigo e gardarémola. Despois anotaremos na táboa de abaixo que estamos a traballar con el e así a información será visible e distribuiremos mellor os nosos esforzos. |
A seguinte é unha relación de artigos sobre mulleres relevantes que non existe na Galipedia.
Ten en consideración que podes traducir texto directamente da Wikipedia noutras linguas, porque está publicada baixo unha licenza libre. Pero non podes copiar nin traducir directamente doutras fontes, porque constituiría unha violación de copyright. Aínda que si podes, por suposto, empregar varias fontes acreditadas, citándoas, para elaborar a túa propia redacción. |
Artigo | Edición en curso a cargo de |
Posibles fontes de información | |
---|---|---|---|
= | Ana Aba Catoira | Laura M. Castro | d:Q111678201 |
= | Natalia Álvarez Lata | Laura M. Castro | |
= | Patricia Faraldo Cabana | (insire o teu nome) | |
= | Maya Harris | (insire o teu nome) | en:Maya Harris, es:Maya Harris |
= | Meena Harris | (insire o teu nome) | en:Meena Harris, es:Meena Harris |
= | Las abogadas | (insire o teu nome) | es:Las abogadas |
= | Paquita Sauquillos | (insire o teu nome) | es:Paquita Sauquillos |
= | Lola González Ruiz | (insire o teu nome) | es:Lola González Ruiz |
= | Susie Wiles | (insire o teu nome) | en:Susie Wiles |
Información para participantes
[editar a fonte]Cuestións xerais
[editar a fonte]Aínda que a Galipedia se pode editar de xeito anónimo, é moi recomendable rexistrarse antes do obradoiro. Ademais, como xa se indicou no apartado de bases, será imprescindible para a participación no concurso.
Non se requiren coñecementos previos sobre a edición da Galipedia, xa que a parte inicial do obradoiro será introdutoria ao respecto.
Lembra traer o teu computador portátil. Desde el poderás conectarte á rede sen fíos da universidade para poder navegar e editar. É preciso que teñas un navegador web actualizado, recomendándose o uso do Firefox.
Idioma
[editar a fonte]Os artigos da Galipedia escríbense en galego seguindo a normativa ortográfica da RAG. Hai varias ferramentas para o navegador e da Galipedia que axudan a mellorar a ortografía, podes consultalas en Axuda:Como mellorar a ortografía. É moi recomendable activar o Wikipedia:Revisor ortográfico da Galipedia que non precisa de ningunha instalación nin complementos adicionais.
Axudas de edición
[editar a fonte]Para familiarizarse co funcionamento do editor gráfico da Galipedia, poden visualizarse os seguintes vídeos:
-
Sobre as ferramentas básicas do editor.(1 min 18 s)
-
Sobre como engadir e modificar ligazóns. (1 min 35 s)
-
Sobre como engadir e modificar referencias. (3 min 28 s)
Recoméndanse as seguintes páxinas de referencia para iniciarse e resolver dúbidas:
- Introdución á edición da Galipedia
- Páxina de axuda do Editor da Galipedia
- Ferramenta de tradución (axuda de uso)
- Wikipedia:Guía
- Wikipedia:Referencia rápida
- Wikipedia:Citar as fontes
- Wikipedia:Libro de estilo
- Wikipedia:O que é un artigo de calidade
- Wikipedia:O que a Wikipedia non é
- Wikipedia:Presentación de introdución ó Editor Visual
Finalmente, previo e durante o evento poderanse resolver dúbidas na canle de Telegram: https://t.me/+sG0RF_jZpQJmNzQ0.
Código de conduta
[editar a fonte]A Galipedia forma parte da Fundación Wikimedia. Como evento de edición da Galipedia, a Editatona 25N-UDC adhírese á política de espazo amigable para os eventos da Fundación Wikimedia, que traducimos e adaptamos aquí:
A Fundación Wikimedia quere proporcionar un lugar libre de acoso para todas as persoas, independentemente do seu sexo, orientación sexual, diversidade funcional ou neurodiversidade, aparencia física, etnia, afiliación política ou relixión, sen exclusión doutros aspectos.
Non toleramos ningunha forma de acoso ás persoas participantes dos nosos eventos. O acoso inclúe, pero non se limita a, comentarios verbais ofensivos relacionados co xénero, a orientación sexual, identidade ou expresión de xénero, diversidade funcional ou neurodiversidade, aparencia física, etnia, afiliación política ou relixión. O acoso tamén inclúe imaxes sexuais en espazos públicos, intimidación deliberada, espreita, fotografía ou gravacións de acoso, interrupción sostida das conversas, contacto físico non apropiado e atención sexual non desexada. En caso de ser identificados, a organización advertirá e solicitará a interrupción destes comportamentos de acoso con efecto inmediato, ou mesmo procederá á expulsión do evento da persoa autora dos mesmos.
Se como participante sofres acoso, ou observas que alguén o está a sufrir ou ten algunha outra inquietude, avisa á organización inmediatamente. A organización identificarase claramente ao inicio do evento, e prestará a súa axuda ás persoas participantes para pórse en contacto coa seguridade do lugar ou a policía local, proporcionando compañía ou calquera outra asistencia que axude ás persoas afectadas a sentirse seguras mentres dura o evento.
Valoramos a túa asistencia e esperamos que quen participe siga estas regras en todas as salas e eventos relacionados coas actividades da Fundación Wikimedia.
Ligazóns de interese
[editar a fonte]Mencións nos medios
[editar a fonte]Notas
[editar a fonte]Véxase tamén
[editar a fonte]- Wikipedia:Primeiras xornadas Coñece a Galipedia na UDC
- Wikipedia:Editatona Reto 50+ na UDC
- Wikipedia:Wikiproxecto galegas
- Wikipedia:Wikiproxecto mulleres
<<< Evento anterior: 09/02/2019, Ourense. 2ª wikimaratona do Día Internacional da Muller |
Editatona Reto 50+ 12/03/2020, UDC. |
Evento seguinte: 18/11/2021, Vigo Wikigap Hackeando o patriarcado |