Saltar ao contido

Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios/Arquivo 9

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Problemas varios

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Problemas varios que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9


Revisión de marcador de neutralidade e referencias

[editar a fonte]

Ola, traslado aquí a consulta de Usuario: CoroRP, pola súa relación co pilar de neutralidade.

Ola!Temos unha dúbida respecto aos artigos que imos revisando e correxindo da lista de artigos que requiren atención. En concreto, os artigos Ama de casa e Rosario de Acuña. Podemos eliminalos das listas directamente ou como se fai?

Por favor, alguén pode revisar o artigo e contestarlles? Grazas.--Maria zaos (conversa) 20 de xaneiro de 2020 ás 10:40 (UTC)[responder]

No caso de Rosario de Acuña (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar): Fixen algúns retoques. Queda pendente traducir algunhas citas e notas. Polo demais, por min, pode retirarse o carteliño.
Do outro artigo non sei nada. --. HombreDHojalata.conversa 20 de xaneiro de 2020 ás 22:49 (UTC)[responder]

Erro que non sei corrixir.

[editar a fonte]

Cando accedín á páxina Ave, decateime de que o texto na burbulla que se amosa ó poñer o rato sobre Aves (homónimos) en "Véxase tamén" está en portugués. Onde pon "Este título está relacionado com mais do que uma página", debería dicir "Este título está relacionado con máis dunha páxina."77.26.64.88 21 de febreiro de 2020 ás 10:21 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Aplicará nunhas horas Banjo tell me 23 de febreiro de 2020 ás 21:49 (UTC)[responder]

Artigos duplicados

[editar a fonte]

Bo día. Actualmente temos 191 artigos na categoría de artigos duplicados. Propoño facer un esforzo coordinado entre os administradores durante estas semanas para deixar esa categoría a cero (ou polo menos reducir considerablemente o seu número). É un traballo pesado, pero se o imos deixando ao final acumúlanse moitos artigos con problemas durante anos. Quen se apunta? --Chairego apc (conversa) 18 de marzo de 2020 ás 13:15 (UTC)[responder]

BORRADO DE PAXINA

[editar a fonte]

Boa tarde, agradecería que fose retirada a entrada que coincide co meu nome "Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez" e contén datos sobre a miña biografía e situación profesional, etc. Eu non creei esta entrada, descoñezo quen foi a persoa que a creou, e maila agradecer a intención, pero prefiro sexa retirada. Moitas grazas, saúdos cordiais. Xosé M. Malheiro Gutiérrez —o anterior comentario sen asinar foi feito por XMalheiro (conversacontribucións)

Ola, contesteiche na túa conversa da páxina de usuario. Ocúpome eu do tema. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de marzo de 2020 ás 18:06 (UTC)[responder]

Revisión de neutralidade

[editar a fonte]

Ola, alguén con máis coñecementos da temática ca min pode botarlle un vistazo as últimas edicións aquí rexistradas en canto se son axeitadas en relación a WP:PVN? Grazas Banjo tell me 28 de marzo de 2020 ás 13:45 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Neutralicei algúns, aínda que non había moitos problemas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de marzo de 2020 ás 17:15 (UTC)[responder]

Fusionar historiais coito e relación sexual humana

[editar a fonte]

Xa engadín o contido do artigo coito que se podía agregar a relación sexual humana e penso que se poden fusinar os historiais.--HacheDous=0 (conversa) 5 de abril de 2020 ás 08:54 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Banjo tell me 5 de abril de 2020 ás 11:48 (UTC)[responder]

Wikidata

[editar a fonte]

Fixen a páxina mimetismo mülleriano e inscribina en wikidata. Pero nas ligazóns interlingüísticas na páxina galega só aparece o inglés (tiña que haber máis) e na páxina inglesa non aparece o galego. Alguén sabe a que se pode deber isto?--Miguelferig (conversa) 7 de abril de 2020 ás 18:25 (UTC)[responder]

@Miguelferig: Os artigos estaban en dous items distintos de wikidata, non debeu facer ben a ligazón cando lle engadiches o interwiki a :en, ás veces pasa. Regarga a páxina, xa queda amañado en WD. Banjo tell me 7 de abril de 2020 ás 19:22 (UTC)[responder]
Grazas. Pois eu creo que fixen o de sempre.--Miguelferig (conversa) 7 de abril de 2020 ás 19:32 (UTC)[responder]
Ola, @Miguelferig:; onte e hoxe está a haber varios problemas coas interwikis en Wikidata; podes botar un ollo aquí e aquí. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 7 de abril de 2020 ás 19:37 (UTC)[responder]

Crear MediaWiki:Guidedtour-tour-tuto1.js

[editar a fonte]

Preciso que algún admin copie a ligazón que hai na páxina Conversa MediaWiki:Guidedtour-tour-tuto1.js para probar a ferramenta de titoriais interactivos que teñen en frwiki. Estou a comezar un titorial en Wikipedia:Axuda/Wikipedia paso a paso/Titorial 1. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de abril de 2020 ás 23:08 (UTC)[responder]

MediaWiki:Contributions-subtitle

[editar a fonte]

É preciso engadir un espazo de separación en MediaWiki:Contributions-subtitle, para que non se xunte o texto co nome de usuario. Así: Para {{GENDER:$3|$1}}. -- Leoncastro (conversa) 13 de abril de 2020 ás 16:11 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Chairego apc (conversa) 13 de abril de 2020 ás 16:14 (UTC)[responder]

cambiar o título para corrixilo

[editar a fonte]

Bo día: Acabo de corrixir, ortograficamente, un artigo en galego pero a corrección tamén afecta ao título do artigo, que non dou corrixido. O artigo é «Tomografía computadorizada» que aparece co título «Tomografía computarizada». Computarizada é a forma en castelán e en galego debe ser computadorizada. Un saúdo —o anterior comentario sen asinar foi feito por TradutorGalego (conversacontribucións) .

Boas TradutorGalego, xa procedín a facer o cambio. Grazas polas túas achegas. Saúdos.--Breogan2008 (conversa) 15 de abril de 2020 ás 09:04 (UTC)[responder]
Bo día TradutorGalego grazas pola túa achega, pero habería que indicar as referencias para toda a terminoloxía que se incorpora no texto en negriña. Polo que vín hai máis referencias para Tomografía computadorizada que para a que escolliches como título. Deixei unha mensaxe na conversa da páxina correspondente. Por favor, responde alí e/ou achega as referencias ó texto e máis tarde arranxaremos o título definitivo do artigo e as súas redireccións. Grazas.--Maria zaos (conversa) 15 de abril de 2020 ás 09:11 (UTC)[responder]

Ficheiro:User-info.svg

[editar a fonte]

Ola. É preciso eliminar o parámetro |link para cumprir a licenza Creative Commons CC BY-SA 3.0 nas seguintes páxinas:

Lamento que o meu galego non sexa moi bo. Véxase tamén m:Steward requests/Miscellaneous#Links to File:User-info.svg. Saúdos. Hasley (conversa) 18 de abril de 2020 ás 21:48 (UTC)[responder]

@Hasley: Feito! Feito! Grazas. Banjo tell me 18 de abril de 2020 ás 21:52 (UTC)[responder]

Replacer

[editar a fonte]

Deixei unha mensaxe da modificación con Replacer de formas menos recomendables en Wikipedia:A Taberna (técnica). Considero que esa utilización non é correcta.--HacheDous=0 (conversa) 5 de xuño de 2020 ás 19:03 (UTC)[responder]

Fusionar historiais de Casa Museo Pardo Bazán

[editar a fonte]

Saúdos. Acabo de fusionar os contidos dos artigos Casa Museo de Emilia Pardo Bazán e Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, que tratan sobre o mesmo tema. Podería alguén ocuparse de fusionar os historiais? --Mark Gasoline (conversa) 2 de agosto de 2020 ás 12:03 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de agosto de 2020 ás 12:13 (UTC)[responder]

Con independencia dos problemas que ten o artigo Anexo:Personaxes de Jessie, se non me engano na Wikipedia en galego optaramos no seu momento por non permitir os anexos. É así ou hai algún matiz que me escapa? Dígoo para borralo. Grazas. --Atobar (conversa comigo) 15 de agosto de 2020 ás 10:08 (UTC)[responder]

"Lémure de cola anelada"

[editar a fonte]

Solicito a retirada do marcador {lixo} e a protección da páxina "Lémure de cola anelada", a piques de entrar en guerra de edicións, ata que se resolva a correspodiente conversa. Graciñas. --. HombreDHojalata.conversa 13 de decembro de 2020 ás 18:28 (UTC)[responder]

A conversa orixinal foi movida aquí. Pódese consultar alí os acordos sobre a denominación orixinal. Maria zaos (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 21:05 (UTC)[responder]

Mover sarigüé común

[editar a fonte]

Boas é preciso mover o artigo sarigüé común a Didelphis marsupialis xa que non hai referencias para ese nome común en galego e ten que facelo un administrador xa que xa existe a páxina. Saúdos, Elisardojm (conversa) 17 de decembro de 2020 ás 11:36 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Chairego apc (conversa) 19 de decembro de 2020 ás 16:47 (UTC)[responder]

Borrado da páxina Residencia de Señoritas

[editar a fonte]

Bo día. Solicito o borrado da páxina Residencia de Señoritas creada por min xa que ten un problema de violación dos dereitos de autoría. Empezara a correxir a sección marcada pero me aconsellaron que é mellor eliminar a páxina e despois iniciala de novo sen o copyvio. Grazas.--CoroRP (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 09:43 (UTC)[responder]

Protección solicitada

[editar a fonte]

Solicito a protección de Xesús de Nazaret, a piques de entrar en guerra de edicións por eliminacións de contido por parte de Usuario:Woden, e a reversión á edición anterior máis estable (https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xes%C3%BAs_de_Nazaret&oldid=5640477 ) --Norrin (Fálame) 29 de decembro de 2020 ás 13:12 (UTC)[responder]

Non vexo necesaria a protección do artigo. Penso que o seu sería ir á cuestión de fondo e debater en Conversa:Xesús de Nazaret se «Textos históricos sobre Jesús de Nazareth» é unha fonte válida para a afirmación "aparece mencionado en fontes non cristiás". --Estevo(aei)fálame aquí 29 de decembro de 2020 ás 13:27 (UTC)[responder]
Precisamente a eliminación de información sen discusión, a miña reversión (por eliminación sen discusión), e a sucesiva reversión de Usuario:Woden é o que motiva a petición. Unha vez reverquida, podemos falar la conversa da eliminación de contidos. Entendo que desfacer o traballo de usuarios anteriores sen xustificalo ou discutilo, non é de recibo. --Norrin (Fálame) 29 de decembro de 2020 ás 13:33 (UTC)[responder]
No resumo da edición, Usuario:Woden indicou os seus motivos ("Fonte significativamente parcial que obvia o estado da cuestión na materia"), e na súa seguinte reversión tamén a explicou ("elimina sen ningunha xustifiación unha modificación que se axusta ao contido do resto do artigo, promovendo unha fonte claramente propagandística"). A min parécenme edicións válidas e xustificadas. --Estevo(aei)fálame aquí 29 de decembro de 2020 ás 13:53 (UTC)[responder]
No artigo indícase claramente: Este artigo é sobre a figura histórica de Xesús e os seus aspectos biográficos. Para informacións acerca das múltiples versións de Cristo, vexa ese artigo. Una referencia tirada dun medio sen revisión por pares, como cetiberia.net, que inclúe xuízos de valor e que ten coma única finalidade unha presunta aclaración que non aporta ningún contido ao artigo (véxase a nula diferencia de significado entre O que se coñece de Xesús depende case exclusivamente da tradición cristiá (aínda que aparece mencionado en fontes non cristiás) con e sen o comentario entre parénteses) non parece cualificar abondo para figurar na introducción dun artigo do top 1000. Salvo, claro está, que a súa finalidade teña máis que ver co proselitismo relixioso que coa información enciclopédica acorde ao estado da cuestión... Woden (eh ho?!) 30 de decembro de 2020 ás 06:30 (UTC)[responder]
Grazas polo comentario, Usuario:Woden; comecei un fío en Conversa:Xesús de Nazaret#Fiabilidade de referencias, explicando que fun eu o que mudou a referencia. A nivel persoal, creo que o interesante sería mudar a referencia xenérica raíz que deu pé ao debate, polas respectivas fontes primarias a que se refire, mais a vida de Cristo e a historiografía antiga son temas nos que ando moi peixe, e non podo axudar. Se vos animades a seguir mellorando o artigo, toda a comunidade gana. Un saúdo e grazas polas colaboracións. --Estevo(aei)fálame aquí 30 de decembro de 2020 ás 11:10 (UTC)[responder]
Grazas a ti, Estevo(aei). Desculpade a lea, non pensei que resumir un contido redundante puidese xerar controversia. Sendo así, desde logo o fío é máis que preceptivo. Grazas de novo. Un saúdo. Woden (eh ho?!) 31 de decembro de 2020 ás 01:46 (UTC)[responder]