Saltar ao contido

Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios/Arquivo 4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo do Taboleiro dos administradores/Problemas varios

Nesta páxina atópanse os fíos de conversa tratados no Taboleiro dos administradores/Problemas varios que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema no Taboleiro.

< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9

O historial do artigo parece ser que -iso penso- demostra que o seu creador é o mesmo que subiu esta imaxe dos Carunchos: Ficheiro:FarraCaruncha.jpg. Nesa foto indica literalmente: Foto tomada por nos e retocada a base de photoshop por min

Pregúntome pola fiabilidade do artigo e por se se lle permite crear a un integrante dun grupo un artigo sobre o seu propio grupo, pois iso me parece-- Lmbuga / Conversa comigo  19:41, 8 xaneiro 2010 (UTC)

  • Aínda que "legalmente" se debera borrar o artigo, tampouco existe vangloria ningunha escrita a día de hoxe nel. Eu, pola miña parte, só lle engadiría un {cómpre referencia} como moito... Quiteille o {GloriaVa}, fica máis estético, non?--83.165.37.80 23:29, 4 febreiro 2010 (UTC)--83.165.37.80 23:29, 4 febreiro 2010 (UTC)

Páxinas de conversa

[editar a fonte]

Isto é unha consulta sobre a páxina de conversa dun artigo que ven de ser eliminado. Non me queda claro por que esta páxina segue en funcionamento cando o artigo ao que está vinculada xa non existe. Non sería máis coherente suprimila ao suprimir o artigo en cuestión? --Xoacas(Góstache o pemento?) 13:53, 9 febreiro 2010 (UTC)

A verdade é que adóitase elimina-las páxinas de conversa de artigos eliminados. Se non hai artigo non hai nada sobre o que discutir, así que este artigo non ten por que ser unha excepción. --Alberte Si, dígame? 15:35, 9 febreiro 2010 (UTC)

Netiqueta

[editar a fonte]

Hai uns minutos alguén deu en crear un artigo titulado Netiqueta que Lameiro marcou como lixo e Alberte borrou ao pouco tempo. Como descoñezo os motivos para este borrado, e boto en falta que este artigo exista na nosa Paedia como existe en tantas outras, dentro duns minutos (o que me leve cear) crearei de novo o artigo por tradución do seu homónimo en español, que me é máis doado que calquera outro. Dígoo aquí con antelación polas posibles obxeccións que poida haber e para que non haxa lugar a interpretar nada como unha ultraxe a X, sendo X calquera valor sacrosanto, principio espiritual ou cosa intanxible en xeral. --Xoacas(Góstache o pemento?) 19:52, 10 marzo 2010 (UTC)

Solicito a mediación dun moderador

[editar a fonte]

Solicito a actuación dun moderador aquí. Grazas. --HombreDHojalata conversa 20:27, 10 marzo 2010 (UTC).

Como a portada está protexida, algún administrador terá que corrixir isto na entradilla do artigo do mes Vigo: onde di "Alén da ría e xusto enfronte da cidade atópanse as vilas..." debe dicir "Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas...". En galego non vale "enfronte". Xa fixen o cambio no propio artigo. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 17:18, 19 marzo 2010 (UTC)

Votacións

[editar a fonte]

Supoño que seguides con atención a discusión que estamos tendo estes días sobre o cómputo de votos nas votacións. A discusión demostra que hai interpretacións diverxentes e que as políticas deixan aspectos pouco definidos (cómputo de votos neutros, o feito de restar ou non os votos negativos, se 5 son o mínimo de votos ou aplícase ó mínimo de votos favorables). Por iso suxírovos que botedes un vistazo ó texto das políticas para puntualizar estes aspectos, de forma que nos queden a todos máis claros para o futuro. Como o problema pode presentarse mañá á hora de votar artigos destacados, borrar, administradores, etc., a explicación debería abarcar todas esas posibles votacións. Suxiro igualmente, engadir nas páxinas de proposta a ligazón á aprobación desa política concreta (cando e en qué termos), para poder ser consultada sen perderse demasiado nos arquivos da Galipedia. Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 23:15, 27 marzo 2010 (UTC)

Movemento polos...

[editar a fonte]

Na Galipedia hai catro artigos diferentes "Movemento polos..."

  1. Movemento polos dereitos civís que non ten ningún problema.
  2. Movemento polos Dereitos Civís que está pendente de fusionar co 3º, e despois borrar.
  3. Movemento polos Dereitos Civís (MpDC)
  4. Movemento polos Dereitos Cívís marcado para borrar, que ten un nome incorrecto, fixádevos nos acentos.

Vin que facedes limpeza na categoría:Limpar mais deixades o dos artigos dos que citei arriba, e non entendo porqué! parece un caso claro de borrado rápido.

Saúdos administradores. --. HombreDHojalata.conversa 21:01, 9 de abril de 2010 (UTC)

Certo. Feito! Feito! quedou. Grazas por indicárnolo. --Alberte Si, dígame? 21:18, 9 de abril de 2010 (UTC)

Unificar historiais

[editar a fonte]

(desculpem, não falo galego) O artigo Afonso III de Asturias foi posto para eliminação por Xoacas (conversa · contribucións) e eliminado, mas isto não podia ser feito pois ele contém todo o historial do atual artigo Afonso III o Magno. Peço a um administrador que recupere o artigo e faça a junção dos historiais. Capmo 18:21, 27 de abril de 2010 (UTC)

Graças, Toliño! Mas, neste caso, não teria havido uma falha de procedimento ao eliminar-se um artigo com um historial relevante? Em Eliminación rápida recomenda-se que não se deve eliminar uma página nesta situação ("Por historial relevante enténdese calquera contribución ao artigo que non se limite a redireccionamentos, interwikis, categorías e wikificación."). Se não fosse a coincidéncia de eu estar a ver o historial daquele artigo, este se teria perdido irremediavelmente. Proponho aos administradores que fazem as eliminações que atentem a estas regras. Graças novamente. Capmo 19:12, 27 de abril de 2010 (UTC)

Solicito dos administradores unha chamada de atención ó usuario 188.83.83.90. Por tres veces engadiu no artigo Historia da lingua galega contidos que corresponden ó portugués. E non son estas as súas únicas edicións nesta mesma liña. Pedro --Lameiro (conversa) 19:22, 13 de maio de 2010 (UTC)

Vilasobroso

[editar a fonte]

Hai un editor anónimo que se dedica unha e outra vez a engadir loubanzas no artigo Vilasobroso, Mondariz. Ademais de repetir unha e outra vez (e con maiúscula, para darlle maior énfase) que se vilasobroseña e que é entidade menor, o cal quedou claro xa desde a introdución, insiste en que posúe características que o fan peculiar. Ata o seu cemiterio é Monumento. Velaí o último: "Esta Vila sobroseña, dada a sua ubicación natural e a facilidade en tódolos seus accesos, considerase un importante Centro de Senderismo, contando ademais coa proximidade a cidade de Vigo e a sua área metropolitana, fai que esta Vila do Sobroso sexa sempre moi demandada para a pràctica de este deporte". Borrei esta frase pero estou seguro de que volverá recuncar con isto ou algo similar. Estas reversións son xa habituais neste artigo e débense sempre á mesma man. Dádelle un novo toque, por favor. Pedro --Lameiro (conversa) 22:29, 27 de maio de 2010 (UTC)

COMO CREAR UN WIKIPROXECTO

[editar a fonte]

Ola a todos!! Despois de case un ano aquí estamos outra vez os de Toxicoloxia de Farmacia, da USC, facendo os nosos pinitos. Este curso estamos rematando xa alguns temas, que iremos colgando cando os teñamos listos. De feito un xa o publicaron onte (Submisión química). O caso é que a min, que son a profesora, pareceme voa idea poder crear un Vikiproxecto chamado TOXICOLOXIA, no que se poderían incluir os temas elaborados o curso pasado e os de este. Deste xeito seríanos mais facil irnos organizando de cara o futuro. O problema é que non sei facelo, e solicito a axuda de quen mo poida crear, si o considerades oportuno. Os temas que estamos elaborando son, entre outros: Cardiotoxicidade, hepatotoxicidade, analise de drogas en pelo, dose letal 50, test de Ames, metodos alternativos de evaluacion da toxicidade e métodos in vitro, paraquat, nefrotoxicidade, etc. Espero as vosas novas. Saúdos --Arquimedes 20:21, 28 de maio de 2010 (UTC)

MediaWiki:Sidebar

[editar a fonte]

Boas, botádelle un ollo á Conversa MediaWiki:Sidebar, fixen o cambio antes pero no ordenador no que estaba non se me vía ben. En canto poida mirarei de cambialo desde casa a ver si queda ben, pero creo que o poñelo como se indica ahí se tabulan de máis os elementos do menú e creo que non queda ben :S ----Banjo tell me 14:12, 3 de xuño de 2010 (UTC)

[editar a fonte]

Reino de Galicia e a historiografía tradicional española vs. skyscrapercity. Coido que pode tratarse dun corta e pega.--Goresquiunha fechiña? 22:11, 28 de xuño de 2010 (UTC)

A páxina mencionada non é mais ca un extracto do artigo Reino de Galicia da Galipedia daquela época (agosto de 2009)--. HombreDHojalata.conversa 22:26, 28 de xuño de 2010 (UTC)

Parece que os números entre parénteses poden provir dos números das notas ao pé no artigo orixinal. Concordo co Home de Lata. E repitamos todos cen veces: debo lembrar facer un resumo de cada edición. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:25, 28 de xuño de 2010 (UTC)

  • Si, semella que foi no foro onde citaron a wikipedia e non ó revés. --Alberte Si, dígame? 23:58, 28 de xuño de 2010 (UTC)

Ah! Así se explica!--Goresquiunha fechiña? 05:30, 29 de xuño de 2010 (UTC)

Sobre unha entrada da Wikilingue

[editar a fonte]

Hoxe atopei na Wikilingue en galego a entrada Etopeya, pero o caso é que en galego é etopea a forma correcta, alí non tiven maneira de corrixir nada e aquí tampouco dei con este proxecto. Coméntoo aquí por se alguén o pode corrixir. Grazas.--Aprofa (Dime algo aquí) 09:34, 23 de xullo de 2010 (UTC)

Bo día, Aprofa. O wikilingue é un engano para quen adaptamos, corriximo, ampliamos e revisamos os contidos de cada artigo, máis nada. Trátase dun tradutor automático wiki entre galego, portugués e español. Ese artigo é simplemente unha tradución ao pé da letra do artigo da wikipedia española, por iso é idéntico e está cargado de erros. O wikilingue é xustamente o que aquí non se acepta (nin similares; destas cousas xa se falou máis dunha vez e sempre primou a elaboración propia de contidos, non o copia/cola), porque implicaría que a Galipedia fose a copista en serie de portugués e castelán. Moitas wikis si fan estas cousas (waray-waray ou esperanto), pero nós non. Somos, por así dicilo, artesáns; de aí que os nosos niveis de calidade estean moi por riba das máis das wikipedias (e os de cantidade coitados) e que podamos lucir con orgullo un formato lixeiramente máis estruturado ca esa maioría de linguas do proxecto. Non sei se me expliquei. Se non, que alguén que saiba máis cho amplíe. Un saúdo e a ver se volves editar decote, que as túas acheas son moi valiosas. --Atobar (conversa comigo) 11:21, 23 de xullo de 2010 (UTC)
Grazas Atobar, si, máis ou menos fun entendendo, a ver se agora en agosto subo algunhas fotos, teño que buscar no meu ordenador a chuleta de subir as imaxes que xa hai tanto que non sei onde a metín, moitas grazas polos ánimos e saúdos. --Aprofa (Dime algo aquí) 22:54, 31 de xullo de 2010 (UTC)

Artigo destacado agosto

[editar a fonte]

Lembrade que estamos sen artigo destacado na Portada, pero o artigo Historia urbana de Barcelona, ou mellor Historia de Barcelona, ten votos de abondo para selo. Pedro --Lameiro (conversa) 11:30, 1 de agosto de 2010 (UTC)

Xa cho fixo Alberte. --Toliño Fala aquí comigo 19:27, 1 de agosto de 2010 (UTC)

Manu Chao

[editar a fonte]

Solicito a intervención dun administrador no artigo Manu Chao. Está habendo certo conflito con Euskalduna, o cal non asombra a ninguén. Para evitar entrar en guerras de edicións, abstéñome de seguir editando. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 23:10, 5 de agosto de 2010 (UTC)

Á marxe do que decidan os administradores respecto ó contido do artigo de Manu Chao, pídolles unha chamada á orde no relativo ás opinións e descalificacións que está vertendo Euskalduna sobre Xoacas. Euskalduna está a discrepar dunha edición de Xoacas recorrendo ó insulto e á descalificación. Ten todo o dereito a discrepar, naturalmente, pero non se lle pode permitir ese tono e eses calificativos. Insisto na cuestioón do fondo e das formas: débeselle esixir que calquera debate o faga desde o respecto ós demais usuarios. Máis, a frase <"No me gusta el modo dictatorial que tienen de esconder o borrar hechos y datos reales en la Wikipedia en Gallego" tamén merece unha reflexión e unha actuación. ¿Váiselle permitir que nos califique de "modo ditatorial"? Pedro --Lameiro (conversa) 11:29, 6 de agosto de 2010 (UTC)
Fixen unha edición na conversa de Manu Chao rexeitando as descalificacións e o ton de superioridade e soberbia de Euskalduna. Se persiste en desface-lo noso traballo e/ou insultarnos procederei co bloqueo. --Alberte Si, dígame? 13:46, 6 de agosto de 2010 (UTC)

Manu Chaoren artikuluari buruzko eztabaida hemen eta hemen burutzen ari da. Gero arte.
El debate sobre el artículo de Manu Chao se esta realizando aquí y aquí. Gero arte.
--Euskalduna 11:29, 7 de agosto de 2010 (UTC)

modificar páxina protexida

[editar a fonte]

A entradilla na portada á páxina Templo de Santalla de Bóveda está protexida, polo que algún adminidtrador terá que cambia-la posible datación do templo: onde antes dicía que era do século IV hai que amplia-a marxe temporal a "entre os séculos II e IV". Cambieno eu na páxina (con outro erro de *deusa Mitra cando este era un deus, pero este cambio non afecta a esa entradilla). Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 21:28, 1 de setembro de 2010 (UTC)

Creo que falta engadir na portada os correspondentes artigos destacados. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:26, 1 de outubro de 2010 (UTC)

  • Feito! Feito!, pero que o revise outro, porque cando son eu quen se encarga destas cousas sempre queda algunha cousa sen categorizar, purgar ou o que for. Pero na portada xa están, que é o importante. Graciñas, Xoacas. --Atobar (conversa comigo) 10:51, 1 de outubro de 2010 (UTC)
Feito! Revisado tamén. Quiteille un espazo ao do hórreo para que na Portada non houbese un salto tan grande ata o cadro do mes na cultura popular. --Toliño Fala aquí comigo 16:56, 1 de outubro de 2010 (UTC)

Mover categoría.

[editar a fonte]

Ola! En Conversa categoría:Tipos de nubes expoño os motivos polos que considero preciso movela a Categoría:Xéneros de nubes. O usuario Cheluco amosou a súa conformidade. O que pasa é que creo, correxídeme se erro, que unha categoría só a poden mover admnistradores. Por iso solicito a axuda dalgún de vós. Graciñas!--Paradanta (Cóntame) 14:35, 15 de outubro de 2010 (UTC)

Para mover unha categoría precísase un bot. Eu téñoo escarallado e non podo facelo. Se ninguén o fai con bot habería que pór a man tódolos artigos á nova categoría e marcar para borrar a categoría vella. --Alberte Si, dígame? 15:14, 15 de outubro de 2010 (UTC)
Vale, daquela esperarei a fin de semana, que marcho de viaxe, e se ninguén o fai fareino eu o luns. Graciñas, Alberte.--Paradanta (Cóntame) 16:02, 15 de outubro de 2010 (UTC)
  • Feito! Feito!. --Xas (conversa) 17:46, 15 de outubro de 2010 (UTC)

Cómpre mover o historial de traducción automática para tradución automática para recuperar correctamente o texto dese artigo.--Cheluco 14:21, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 15:41, 31 de outubro de 2010 (UTC)

Erro na portada

[editar a fonte]

Unha encarga para o administrador máis próximo: corrixide nas efemérides de hoxe na portada o do *freso O Xuízo Final, por fresco. Grazas. Pedro --Lameiro (conversa) 13:23, 18 de novembro de 2010 (UTC)

Usuario Gelote

[editar a fonte]

Este usuario está subindo imaxes suxeitas a dereitos de autor, aínda cando di que son de autoría propia. A maiores das que xa se borraron, tamén hai que borrar o campus de Elviña, a biblioteca do Patín e a foto de Massiel. Creo que a sospeita que recae sobre calquera outra contribución de Gelote xustifica que, por precaución, se borren tódalas imaxes que subiu. Pedro --Lameiro (conversa) 15:24, 5 de decembro de 2010 (UTC)

  • Feito! Borradas todas as imaxes cargadas polo usuario e feitos os trocos necesarios nos artigos. Graciñas, Lameiro. --Atobar (conversa comigo) 15:47, 5 de decembro de 2010 (UTC)

Artigo destacado de Galicia en Nadal

[editar a fonte]

Eu non sei cándo se pasan as propostas aprobadas á portada pero en Wikipedia:Sobre_Galicia/Propostas#O_Nadal_na_cultura_popular_galega está aceptado por ampla maioría poñer ese artigo. Si non queremos que pase o mesmo que pasou co artigo Magosto que saleu ó mes seguinte da súa celebración, e sa que este artigo está especialmente adicado a Galicia, ás datas actuais, con calidade máis que suficiente e ten votos abondo na proposta..., ¿non se podería poñer hoxe na portada por trámite de urxencia? ;). Saúdos e boas festas!, --Elisardojm (conversa) 09:22, 23 de decembro de 2010 (UTC)

  • O procedemento é ben sinxelo. O primeiro en acumular os votos suficientes para saír destacado (o memso pasa coas fotos) é o que vai para o primeiro mes que haxa baleiro. Así, por exemplo, toca Lugo para xaneiro e o do Nadal para febreiro. Non obstante, xa se ten feito algunha excepción (sobre todo con fotos) para que cadre cun moomento determinado. Coido que esta é unha situación que o permite, e que cumpría intercambiar as datas e pasa o do Nadal para xaneiro. Iso si, o primeiro de mes, non antes. --Atobar (conversa comigo) 13:00, 23 de decembro de 2010 (UTC)
    • ¿E non se pode facer unha exepción excepcional?. O artigo é que nin pintado para estas datas, trata as tradicións de Galicia, está ben redactado e foi votado por unha ampla maioría de usuarios. Por uns días que lle roube ó magosto, que xa está máis que pasado, non había pasar mal..., ¿non?. Digo eu..., pero como vexades. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:04, 23 de decembro de 2010 (UTC)

Eu concordo con Elisardo. Pódese aplicar o principio fundamental da Wikipedia (Wikipedia:Ignore todas as regras) e metelo polo procedemento de urxencia. Vamos, de feito soaríame un pouco ridículo ter ese artigo na portada cando xa todo o mundo está pensando no Entroido. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 16:35, 23 de decembro de 2010 (UTC)

  • Eu opto por metelo o primeiro de xaneiro e non o primeiro de febreiro como debería corresponder coa lei na man. Comer de máis a máis estes días de decembro tanto me ten, pero en principio non. Se vos parece, esperamos a que alguén máis fale, e a partir de aí xa decidimos até onde movemos a urxencia.--Atobar (conversa comigo) 16:47, 23 de decembro de 2010 (UTC)
A min paréceme razoable metelo polo procedemento de urxencia, aínda que nada máis fora o 24 e 25 e logo en xaneiro se parece moito tela todo o que queda de mes.--Cheluco 16:58, 23 de decembro de 2010 (UTC)
  • Por principio de oportunidade creo que debería estar como destacado nas datas de Nadal, que é o que lle toca. Mesmo telo aí na portada todo xaneiro ten pouco sentido. Unha solución -excepcional- sería poñelo agora ata o día 7 de xaneiro, e a partir de aí recupera-la normalidade mensual co artigo de Lugo. Pedro --Lameiro (conversa) 17:06, 23 de decembro de 2010 (UTC)

A proposta de Lameiro paréceme boa. Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 17:26, 23 de decembro de 2010 (UTC)

Propuxen o artigo precisamente para que, no caso de ter votos suficientes, fose destacado nestas datas, de aí o de "máxima actualidade" que escribín nos méritos. Se hai unha saída respectuosa coas políticas da Galipedia que permita aplicar a proposta de Lameiro, estou de acordo. Non tería sentido destacar un artigo na portada sobre o Nadal no mes de febreiro. Que sexa, logo, o artigo destacado sobre Galicia do 24 de decembro ao 7 de xaneiro. --Paradanta (Cóntame) 17:41, 23 de decembro de 2010 (UTC)

Concordo coa proposta de Lameiro, e tamén co que di Xoacas, esta paréceme unha boa ocasión para usar o principio fundamental da Wikipedia (Wikipedia:Ignore todas as regras). --Xas (conversa) 18:20, 23 de decembro de 2010 (UTC)

Estou coa proposta de Pedro, ter o artigo en portada entre o 24 de decembro e o 7 de xaneiro. --Beninho 19:23, 23 de decembro de 2010 (UTC)

Pois veña lo, que estamos a 23 e o tempo corre que voa. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19:59, 23 de decembro de 2010 (UTC)

Digo eu, Xoacas, digo eu. Quen saiba ou poida facelo, que se poña ao choio :-)--Paradanta (Cóntame) 20:03, 23 de decembro de 2010 (UTC)

  • Íame poñer eu agora co tema, pero decátome de que non o sei facer sen escandallar o que xa hai para este mes. Voulle dar o toque a Toliño, o experto. --Atobar (conversa comigo) 00:01, 24 de decembro de 2010 (UTC)
Falei antes de revisar. Xa está feito por Xas á maneira tradicional. --Atobar (conversa comigo) 00:05, 24 de decembro de 2010 (UTC)

Graciñas a todos polos vosos comentarios, saúdos e Boas Festas!, --Elisardojm (conversa) 01:36, 24 de decembro de 2010 (UTC)

    • Administradores: lembrade que se debe sacar este artigo do Nadal como destacado sobre Galicia para dar paso ó de Lugo. Aquel tiña como prazo de validez ata onte. Pedro --Lameiro (conversa) 20:47, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)
      • Feito! Feito!--Xas (conversa) 22:43, 8 de xaneiro de 2011 (UTC)

Dúbida xeográfica

[editar a fonte]

Temos dúas fotos dun cruceiro de capela localizadas en Moldes, Lesón, A Pobra do Caramiñal, tanto na Categoría:Imaxes de Lesón, A Pobra do Caramiñal como na Categoría:Imaxes de cruceiros da Pobra do Caramiñal, así como ilustrando o propio artigo Lesón, A Pobra do Caramiñal. O caso é que Moldes está na parroquia de Oleiros, Ribeira, estremeira con Lesón, A Pobra. Non atopo na rede nada que me confirme esta dobre situación e ó mellor é un deses lugares que están a cabalo de dúas parroquias ou mesmo concellos. ¿Non había na Galipedia alguén do instituto da Pobra? ¿Alguén pode achegarse e enterarse? Mentres o confirmamos ¿deixámolo estar ou recategorizamos en Oleiros, Ribeira? Pedro --Lameiro (conversa) 21:36, 23 de decembro de 2010 (UTC)

Existen as Categoría:Parroquias divididas entre dous concellos e Categoría:Lugares divididos entre dous concellos, aínda que non son exhaustivas serviranche para comprobar máis ou menos a posibilidade que apuntas de estar dacabalo entre dous entidades. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:00, 23 de decembro de 2010 (UTC)
Pode tratarse dun erro á hora de nomear a imaxe en Commons. Porque parece que efectivamente, Moldes está na parroquia de Oleiros, Ribeira. Pero a romaría da Virxe de Moldes, que se celebra ao pe do cruceiro, figura en todas as referencias como festa da Pobra do Caramiñal e non de Ribeira. De todos xeitos aquí [1] figuran as Coordenadas GPS: N42.36.253 - W08.58.960. do cruceiro, para o que saiba manexarse con elas... --Xas (conversa) 22:08, 23 de decembro de 2010 (UTC)

Artigos do mes

[editar a fonte]

Os artigos do mes, destacado e sobre Galicia, están sen colocar na portada. Coido que xa hai propostas co número de votos abondos como para figuraren na mesma. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 12:14, 1 de marzo de 2011 (UTC)

Fusionar

[editar a fonte]

Fixen a fusión de Historia urbana de Alexandría con Alexandría - الإسكندرية. Aínda que o segundo artigo era máis pequeno, como o título é máis xeral, ten máis recorrido e máis posibilidades de ampliación.

Necesito que fusionedes os historiais. Gracias. --Angeldomcer 19:24, 4 de marzo de 2011 (UTC)

Non feito. Queda sen fusionar. Coido que neste caso non é necesario, pois os artigos non trataban do mesmo. Queda como redirección e conserva o historial por se alguén fai algún día un artigo máis extenso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:00, 5 de marzo de 2011 (UTC)

Borrado ilegal.

[editar a fonte]

Administradores, por favor, opinen. --Paradanta (Cóntame) 11:19, 5 de marzo de 2011 (UTC)

Mover a páxina Nicer Clutoso

[editar a fonte]

Gustaríame que observásedes esta conversa [2] e que movésedes a páxina dado o que expliquei aí. Creo que sería ben seguir o criterio que dá Xoacas.--Servando2 (Dime) 00:52, 11 de marzo de 2011 (UTC)

fusionar historiais

[editar a fonte]

Ola: Veño de fusionar Historia urbana de Mumbai con Mumbai - मुम़बई. Así que, se todo está correcto, necesito que fusionedes os historiais dos dous artigos. Un saúdo, --Angeldomcer 15:05, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Non feito. Queda sen fusionar. Coido que neste caso non é necesario, pois os artigos non trataban do mesmo. Queda como redirección e conserva o historial por se alguén fai algún día un artigo máis extenso. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18:48, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Fusionar historiais. Fredric/Fredrich Brown

[editar a fonte]

Ola: Fusionei estes artigos: metín Fredrich Brown que tiña mal o título, en Fredric Brown, apesares de que este era máis pequeno.

Se todo está correcto, necesito que fusionedes os historiais. Un saúdo. --Angeldomcer 17:10, 11 de marzo de 2011 (UTC)

Feito! Feito! Xa están fusionados os historiais. Dado que o primeiro nome era incorrecto, borrei a redirección. --Toliño Fala aquí comigo 18:57, 11 de marzo de 2011 (UTC)

encabezado

[editar a fonte]

Vai sendo hora de eliminar da cabeza das páxinas a mensaxe "Temos organizada unha maratón galipédica e un concurso para este sábado. Anímate e participa!" :) Pedro --Lameiro (conversa) 19:16, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Feito! Feito! Ausenteime un chisco a fin de semana e ninguén o fixo. Cambieino pola conta atrás ata os 70.000 artigos, que axiña chegamos a eles. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:48, 14 de marzo de 2011 (UTC)

Os dous Michael Collins

[editar a fonte]

Hai un pequeno problema con dous persoeiros importantes que se chaman Michael Collins: un é o político irlandés e outro astronauta da Apolo XI (o piloto). A do astronauta aínda non está creada, e nas referencias que hai a el puxen "Michael Collins (astronauta)". A do político si está creada, pero co nome de "Michael Collins" a secas. Pretendía facer unha páxina de homónimos, pero antes habería que cambiarlle o nome á do político... ¿Que facemos?

--Angeldomcer 19:21, 17 de marzo de 2011 (UTC)

borrar e mover artigo

[editar a fonte]

Boas. Tendes que borrar, mover e o que proceda para que o artigo principal sexa cianobacterias (en plural) e que o título Cyanobacteria redirixa a aquel. A norma é que a entrada principal sexa co nome común e que o que redirixa sexa o científico. Pedro --Lameiro (conversa) 13:11, 19 de marzo de 2011 (UTC)

Ou non estou hoxe no meu mellor día ou non entendo ben o que pides. --Toliño Fala aquí comigo 15:05, 19 de marzo de 2011 (UTC)

Posible monicreque

[editar a fonte]

Abrín un caso contra un monicreque [3] a raíz de que o artigo sobre Manuel Rivera-Ortiz se creou na nosa wikipedia, artigo que marquei como lixo. Unha hora despois, rexistrouse o usuario User:RaulIII e criticou a proposta de borrado do artigo en cuestión. É difícil dicir nada cunha soa edición, pero pregaríalles aos administradores que vixiasen este tema. --Xabier Cid Talk, please 21:14, 3 de abril de 2011 (UTC)

  • Artigo borrado. Veremos como evoluciona o caso. Grazas, Xabier. --Atobar (conversa comigo) 21:49, 3 de abril de 2011 (UTC)

Novos Artigos Toxicoloxía

[editar a fonte]

Ola a tod@s, Aquí estamos outra vez os de Toxicoloxia da Facultade de Farmacia, que imos empezar a subir os traballos que estivemos preparando este curso, e que paso a enumerar:

Ainda estamos a facer moitas correccions, é posible que algúns non rematen o proceso.... Se os títulos que se suxiren non se consideran axeitados para a galipedeia, agradecería se me comunicara antes de que os alumnos empecen a editalos.

Saúdos cordiais --Arquimedes 15:41, 5 de maio de 2011 (UTC)

Boas! Alédome que volvades outro ano máis coa tradición de realiza-los artigos ligados coa toxicoloxía. Sobre os títulos teño un par de correccións: un sería que tabaco fora en minúscula (Toxicidade do tabaco) e outra o cambio dunha palabra incorrecta (Intoxicación por cogomelos, en vez de *setas). Cando se vaian creando os artigos haberá que engadilos en Wikipedia:Wikiproxecto Toxicoloxía, para levar un control máis centralizado. Un saúdo! --Alberte Si, dígame? 16:43, 5 de maio de 2011 (UTC)
E mellor aínda ¿non podía ser tabaquismo? Grazas, Pedro --Lameiro (conversa) 17:42, 5 de maio de 2011 (UTC)
Dependería do contido exacto do artigo. Se se refire única e exclusivamente aos efectos tóxicos do tabaco no organismo, sería máis acaído o título que propón Arquímedes. Se se pretende dar un visión máis xeral (o tabaco coma adición psíquica, implicacións sociais, legais, etc) sería máis acaído o que propón Lameiro. Polo demais, parécenme correctos os títulos propostos. Bo traballo, compañeiros! --Paradanta (Cóntame) 17:55, 5 de maio de 2011 (UTC)
Bos días; o artigo (non é moi extenso) fala das compoñentes do fume do tabaco, e tamen da súa toxicidade. Saúdos --Arquimedes 07:38, 6 de maio de 2011 (UTC)

Mover categoría

[editar a fonte]

Metín a pata e creei a Categoría:Eleccións ao Parlamento Escocés coa palabra Escocés en maiúscula, cando obviamente debe ir en minúscula, e agora non sei como mover a categoría ao nome correcto. Alguén me pode axudar? --Paradanta (Cóntame) 13:48, 8 de maio de 2011 (UTC)

  • Feito! Feito! Para outra vez, o máis normal é crea-la categoría correcta e cambia-la categoría nos artigos, e despois marcar na categoría incorrecta co marcador de lixo. --Alberte Si, dígame? 14:38, 8 de maio de 2011 (UTC)
Agora eu tamén sei como proceder na Galipedia (cada wiki ten o seu funcionamento). Grazas e saùdos coma sempre AlberteElvira (conversa comigo) 16:43, 8 de maio de 2011 (UTC)


Cometín un erro

[editar a fonte]

Perdón, penso que interpretei mal a páxina Modelo:Contribucións usuario e movina indebidamente cara a Usuario:Vivaelcelta/Modelo:Contribucións usuario.

Podedes desfacer as miñas accións e deixalo coma estaba?

Graciñas--. HombreDHojalata.conversa 19:52, 25 de maio de 2011 (UTC)

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 14:36, 26 de maio de 2011 (UTC)

Wikipedia:Imaxe da semana/Votacións

[editar a fonte]

Na páxina Wikipedia:Imaxe da semana/Votacións, o índice de propostas está contido no primeiro aviso de votación pechada. Non sei como se arregla iso pero seguro que vós si. Pedro --Lameiro (conversa) 20:00, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Feito. Podes forzar que o índice apareza onde ti queiras metendo un "__TOC__" nese sitio--. HombreDHojalata.conversa 20:36, 26 de setembro de 2011 (UTC)

Non sae unha imaxe na portada

[editar a fonte]

Boas, na portada non sae a imaxe de Janis Joplin, deberon borrala de Commons. No artigo tamén fallaba e puxen esta: Janis Joplin.jpg. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:25, 4 de outubro de 2011 (UTC)

Feito! Solucionado! --Estevo(aei)pa o que queiras... 12:13, 4 de outubro de 2011 (UTC)

Non sae a imaxe da semana

[editar a fonte]

Boas, non sae a imaxe da semana na portada... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10:31, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Feito! Feito por Estevo. --Toliño Fala aquí comigo 12:42, 21 de novembro de 2011 (UTC)

Fusionar dous artigos

[editar a fonte]

Ola, chicos. Fusionei os contidos de dous artigos, Xosé López Calo (antigo) e José López Calo, creado hoxe. Agora quedaría que fusionásedes os historiais e que deixásedes José López Calo como redirección. Grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 10:34, 1 de decembro de 2011 (UTC)

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 13:52, 1 de decembro de 2011 (UTC)

investigación persoal

[editar a fonte]

Teño un pequeno problema co artigo Jaime González Chas. Gustaríame saber a vosa opinión. Grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 12:03, 1 de decembro de 2011 (UTC)

Quería o voso consello neste tema. Tamén quería lembrarvos o favor que vos pido na Conversa:San_Paulo_-_São_Paulo. Apertas e moitas grazas.--Xabier Cid Talk 2 me, please 21:18, 5 de decembro de 2011 (UTC)

Usuario:Titvs

[editar a fonte]

Bos días a todos. O Usuario Titvs estivo subindo fotografías esta mañá que me resultan máis que sospeitosas (por calidade, por peso, pola hora que se supón que foron feitas). Nunha delas puiden atopa-la orixe http://www.flickr.com/photos/42410144@N02/5964200981/) e borreina. Supoño que as outras 13 fotografías de hoxe serán tamén pirateadas da web ou escaneadas, pero aínda non o puiden comprobar. Púxenlle unha mensaxe na súa conversa pero este usuario nunca dá explicacións. Pídovos que esteades atentos ás edicións e imaxes deste usuario, porque tamén as de texto son realmente unha fonte de problemas e acarrean continuamenmte traballo de revisión ós demais usuarios. Pedro --Lameiro (conversa) 13:34, 22 de decembro de 2011 (UTC)

Na miña opinión, visto que non se manifesta, o acaído é borrar todos as imaxes subidas por este usuario. --Atobar (conversa comigo) 16:24, 22 de decembro de 2011 (UTC)
Eu sería prudente e non borraría; HombreDHojalata di que o Usuario:Titvs ten un blog co nome de Rafaeliux, que é o mesmo alcume co que foron subidas as fotos a Flickr, así que poderían ser da mesma autoría. Habería que explicarlle á persoa como modificar a licenza, explicar a orixe e dar os datos das imaxes. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20:11, 22 de decembro de 2011 (UTC)
En tal caso, si. Tes razón, Estevo. --Atobar (conversa comigo) 20:46, 22 de decembro de 2011 (UTC)
Polo que vin, aínda falta por atopar a orixe de 12 fotografías, que non están na galería de Rafael en Flikr, así que non avanzamos moito. A prudencia foi o que me levou a facer esta advertencia e non borrar directamente, sobre todo ante a repetición de fotos pirateadas (non podo acreditar o que sospeito) pero a prudencia, Estevo, ten un límite, e o usuario Titvs segue sen dar explicacións. Haberá que crer que non sabe como se contesta, pero hai tempo que todos sabemos que os meniños non veñen de París. Insisto na necesidade de atención e seguemento. Pedro --Lameiro (conversa) 23:43, 22 de decembro de 2011 (UTC)
Quizais esas 12 fotos sexan de autoría propia, pero quizais o usuario non sabe como indicalo. Eu non creo en Papá Nöel, pero asumo boa fe; tamén fun novato, e quero dar unha oportunidade. Ata cando? Fffff.... Sen dúbida, haberá atención e seguemento, perde coidado. E graciñas pola adicación nestes casos peliagudos, Pedro. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:55, 22 de decembro de 2011 (UTC)
  • Outra foto, tamén de Rafael, tamén en Flickr e tamén con tódolos dereitos reservados: Ficheiro:Ara romana.JPG ‎ [4]. Pedro --Lameiro (conversa) 15:42, 23 de decembro de 2011 (UTC)
    • Titvs confirma (na miña conversa: "Si,a foto é das miñas") que unha das fotos que borrei é súa, así que procedín a restaurala. Pedro --Lameiro (conversa) 17:39, 23 de decembro de 2011 (UTC)

Que se fai cando se edita un cambio

[editar a fonte]

Boas, entrei na entrada de Lluis Llach e atopei un erro, editeina e cambieino. Fun ver se quedaba ese cambio rexistrado automaticamente nos cambios recentes e non o atopei. Que teño que facer? —o anterior comentario sen asinar foi feito por Imolavirando (conversacontribucións)

  • Eu véxoo perfectamente nos cambios recentes. Pedro --Lameiro (conversa) 11:11, 29 de decembro de 2011 (UTC)
    • (dif | hist) . . Lluís Llach‎; 00:20 . . (+1) . . Imolavirando (Conversa | contribucións | bloquear)‎ [reverter]
(conflito de edición) Acouga, como dixo Lameiro, o cambio quedou rexistrado. Podes velo aquí. Poida que non o atopases entre os cambios recentes, pero de seguro que apareceu cando fixeches a edición. Ah, por certo, lembra asinar as túas mensaxes mediante o botón da barra de edición. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 11:15, 29 de decembro de 2011 (UTC)

Mover categorías

[editar a fonte]

Ola! Creei dúas categorías que non son concretas. Logo de falalo con outros usuarios de galipedia, habería que cambiar:

Categoría:Festas de interese turístico nacional ---> Categoría:Festas de interese turístico nacional de España

Categoría:Festas de interese turístico internacional ---> Categoría:Festas de interese turístico internacional de España

Moitas grazas. --Imxavitooh 13:11, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

  • As categorías, Imxavitooh, non se poden mover. Hai que crear a nova categoría (correcta) e recategorizar aquí os artigos -un a un- desde a categoría vella (incorrecta). Unha vez baleirada esta, márcase para borrar. Pedro --Lameiro (conversa) 14:36, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)
Como di Pedro, non se poden mover. O que si se pode facer entrementres é marcar a categoría incorrecta con {{Redirección de categoría}} para avisar de que se vai borrar. Unha vez recategorizados todos os artigos márcase con {{Lixo}}, como comentou Lameiro. --Toliño Fala aquí comigo 15:22, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

Gustaeríame pedirvos por favor que movades Historia dos escravos do sur a Historia dos eslavos do sur e a súa conversa. Eu non o podo facer, fan falta superpoderes. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 22:34, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Feito! Feito! I've got the power! :) --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:38, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

Gustaríame pedirvos por favor que movades minuto (unidade de tempo) a minuto. O contido desta, á súa vez, xa foi trasladado a minuto (homónimos). Moitas grazas.--Xabier Cid Talk 2 me, please 08:59, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 09:21, 21 de xaneiro de 2012 (UTC)

Efemérides de hoxe

[editar a fonte]

Ola, nas efemérides de hoxe inclúese como data destacada o nacemento dun lingüista Fernando González Ollé (en realidade pon Olle), que é moi pouco relevante. Este é o seu artigo na wiki hispánica onde se ve a súa escasa relevancia. --Xabier Cid Talk 2 me, please 09:04, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

Amañado o resumo e ampliadas as efemérides. --. HombreDHojalata.conversa 11:22, 4 de febreiro de 2012 (UTC)

Na taberna no fío Sobre activismo pedófilo solicitei que se marcaran todos os artigos creados a partir da creación de Activismo pedófilo co marcador Atención. Volvo solicitalo aquí. Alí están expostos os motivos da petición. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:24, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

O artigo Activismo pedófilo é un artigo ben escrito, ben argumentado, completo e ben referenciado. É lexítimo, respeta todas as regras de Wikipedia e non ten nada que ver con propaganda das propias ideas nin de tipo ningún, proselitismo, lexitimación, procura de marco teórico ningún "para xustificar as propias crenzas" nin campaña ningunha. Todo isto son apreciacións puramente persoais e subxectivas que poderían ser aplicadas sobre outros artigos, por exemplo os de partidos políticos ou asociacións de calquera tipo: ¿Hai que pensar que aquel que escribe o artigo sobre un partido político está a facer proselitismo das ideas do partido ou das súas propias? ¿E quen escribe sobre un filósofo? ¿E un artigo sobre o galego na Galipedia? Non, iso se verá na redacción mesma do artigo e non vai implícito na temática do mesmo, como todo o mundo sabe. O tema do artigo é fundamentalmente científico, sociolóxico e histórico, e está tratado coa máxima obxetividade e o máximo rigor. As ligazóns e referencias, e calquera outro contido do mesmo, son completamente lexítimos en todos os casos e en todos os aspectos. As únicas ideas que se expoñen son as dos investigadores e persoas citadas e as do movemento mesmo do cal é suxeito o artigo, e en caso ningún as do seu autor, que non ten nada que ver co movemento. Non compromete en absoluto a credibilidade do proxecto Wikipédia nin da Galipedia, nin afecta en nada á comunidade, mais pola contra pode ser un exemplo de calidade e rigor dentro do proxecto. É un artigo de calidade evidente, completamente lexítimo dentro do magnífico proxecto Wikipédia, profusamente referenciado e que contén información ampla, completa, contrastada, neutral, creíbel e fiábel. Non hai intención de agochar nada, nin máis problemas cós que se queiran ver. A lexitimidade do artigo, volvo dicilo, é TOTAL e non fai falta situar ningún "foco" sobre nada nin hai máis eivas que debullar. Só queda por ver ata onde chega a liberdade de expresión na Wikipedia, e iso si que non depende dos autores dos artigos.--Néboa 12:52, 6 de febreiro de 2012 (UTC)


Revisarei este tema nas próximas horas. Grazas Prevert e Néboa polas vosas exposicións. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13:54, 6 de febreiro de 2012 (UTC)
Engadín algunha información máis no fío de debate. Un cordial saúdo. --Prevertgl 15:00, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Eu tamén engadín outras informacións. Saúdos. --Néboa 16:15, 6 de febreiro de 2012 (UTC)

Cancelación de conta

[editar a fonte]

Solicito a cancelación inmediata da miña conta na Galipedia, esta coa que escribo, e de todas as contas coas que colaborei na Galipedia durante os últimos anos. Solicito tamén a eliminación de todos os artigos escritos por calquera destas contas. Non quero ter contas nin artigos nunha Wikipedia onde se censuran series enteiras de artigos e onde a liberdade de expresión está baixo mínimos, como quedou demostrado co proceso inquisitorial ao que foran sometidos os artigos da serie Activismo pedófilo escritos por min, e eu mesmo.--Néboa 22:48, 7 de febreiro de 2012 (UTC)

Aclaración: A eliminación de artigos, mesmo os que puidera ter escrito un usuario en exclusiva, é algo que non é decisión dese usuario, senón da comunidade e/ou dos administradores, segundo os casos contemplados nas políticas. Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 07:47, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

Esta é a outra conta, que tamén podedes borrar, na que teño escrito na Galipedia xunto coa de Néboa, sen intención ilexítima ningunha (algo que tamén está contemplado nas regras da Galipedia) nin de infrinxir de modo ningún as regras de Wikipedia (que teño respectado escrupulosamente en todo momento durante os anos que levo a colaborar nela), sendo este (o uso lexítimo de máis dunha conta), no entanto, o absurdo e único motivo que serviu como excusa para iniciar un proceso de eliminación non dun, senón dunha serie de 12 (!) artigos totalmente lexítimos, de calidade e ben referenciados sobre o activismo pedófilo, respectando todas as regras e leis da Wikipédia e do mundo. Un proceso de tinte inquisitorial e cheo de demagoxia e argumentos falaces. Así é como paga a Galipedia o esforzo dos seus colaboradores. Seguide así, que quizais coa Galipedia pase como coa Wikipedia en castelán, que de tanto censurar artigos e contas é unha das que peor proporción ten entre número de artigos e número de falantes.--PeioR 16:43, 8 de febreiro de 2012 (UTC)

Gustaríame aclarar que o uso de varias contas de usuario non está permitido en ningunha Wikipedia, salvo en contadas ocasións. E para "cancelar" a conta basta con que deixes de editar, coido que non é necesario bloqueala; quizais queiras volver máis adiante. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 14:14, 9 de febreiro de 2012 (UTC)

Neste caso, o uso de dúas contas foi completamente lexítimo, como lexítimos son os doce artigos que se queren borrar, que son á súa vez a proba evidente deste fin lexítimo, e calquer argumento empregado para suprimilos é e será unha simple excusa. Non hai razón de peso ningunha para suprimir ningún dos doce artigos, porque cumpren con todas as regras da Wikipedia, incluíndo o uso de dúas contas, práctica que é permitida nalgúns casos, e este é un, xa que non foron usadas para ningún dos fins non permitidos. Teño eu cara de troll? Quizais despois de seis anos escribindo na Wikipedia púxoseme. É evidente que a única e verdadeira razón para borrar os artigos é o tema que tratan, e iso apréciase moi claramente no discurso do xuízo sumarísimo inquisitorial da proposta de borrado. Trátase, xa que logo, dun caso claro de censura interna da Galipedia, e estou seguro de que se non fose polas contas teríase atopado calquera outra excusa.--PeioR 20:12, 9 de febreiro de 2012 (UTC)

Marquei o artigo con atención pero semella un caso de eliminación rápida. Publico esta mensaxe aquí porque o usuario que o creou comezou a retirar a mensaxe de aviso. Un cordial saúdo. --Prevertgl 13:26, 21 de febreiro de 2012 (UTC)

Artigo sobre Galicia na portada

[editar a fonte]

Non sae o artigo sobre Galicia na portada, creo que se pode pechar a votación de A Pobra de Brollón... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 09:27, 1 de marzo de 2012 (UTC).

Feito! Feito! --Xas (conversa) 10:28, 1 de marzo de 2012 (UTC)

Atención ao artigo Alberto Núñez Feijóo. Houbo edicións nos últimos días que non cumpren as regras da Wikipedia. Desfixen dúas veces edicións non neutrais da mesma persoa. Aínda que cumprín coa regra das tres reversións prefiro non ter que reverter en máis ocasións. Solicito que se vixile ese artigo. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:10, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Solicito a reversión desta edición ata que se aclarese se hai algún conflito de intereses. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:58, 5 de marzo de 2012 (UTC)

Habería que poñer unha mensaxe do aniversario dos 9 anos no Sitenotice, polo menos para que quen visite a Galipedia saiba da celebración se vos parece ben. Un cordial saúdo.--Prevertgl 19:19, 8 de marzo de 2012 (UTC).

Feito! Feito! Se se vos ocorre unha redacción mellor, decídeo-.-. HombreDHojalata.conversa 10:51, 9 de marzo de 2012 (UTC)
Moitas grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 10:54, 9 de marzo de 2012 (UTC)

Arranxiño artigo destacado portada

[editar a fonte]

Creo que habería que cambiar no resumo do artigo destacado da portada sobre os Boston Celtics *ocasiones por ocasións. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11:03, 3 de abril de 2012 (UTC)

Feito! Feito! Grazas Elisardo. --Xas (conversa) 11:10, 3 de abril de 2012 (UTC)

Mover con/sen redirección detrás

[editar a fonte]

Parece ser que a opción de deixar ou non unha redirección detrás cando se move unha páxina é un "privilexio" dos administradores. ¿Éche así? E se é así ¿cal é a razón de que o usuario de a pé non poida optar a esa decisión? Xa me contaredes, Pedro --Lameiro (conversa) 19:32, 5 de abril de 2012 (UTC)

Chámase "Non crear unha redirección dende o nome vello ao mover unha páxina (suppressredirect)".
Interpreto eu que mover sen deixar redirección detrás implica borrar a páxina orixinal, e borrar páxinas está reservado so aos administradores.
O curioso é que os bots autorizados tamén poden facelo. --. HombreDHojalata.conversa 19:51, 5 de abril de 2012 (UTC)

Suriname

[editar a fonte]

Movín a páxina Surinam - Suriname a Suriname que é o nome correcto, corrixín todas as páxinas que apuntaban cara a esa entrada pero quedan páxinas doutros temas relacionados con Suriname por corrixir. Esta mensaxe é para avisar da necesidade de facer máis cambios. Un cordial saúdo. --Prevertgl 20:10, 5 de abril de 2012 (UTC)

Caixas azuis

[editar a fonte]

Ola, recentemente (haberá menos dun mes) atopei un problema recorrente de deseño. Non sei por que razón na gl.wp, e só nesta, aparece unha especie de fondo azul en todas as páxinas. A maior parte das veces, ese fondo azul non ocupa toda a páxina, quedando realmente mal, como se se debese a un erro de carga. Achego unha imaxe nun segundo. Alguén sabe por que é? Alguén pode amañalo? --Xabier Cid Talk 2 me, please 13:48, 14 de abril de 2012 (UTC)

Ola, Xabier! non teño nin idea de a que se pode deber; podes achegar máis datos, como o sistema operativo e navegador que usas? Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 14:03, 14 de abril de 2012 (UTC)

  • Acaba de me suceder o mesmo que a Xabier. Estaba mirando os cambios recentes, vin unha edición en Cataluña, quería premer na lapela de ver o historial e de súpeto púxose ese fondo azul celeste que ocupa só unha parte (a maior) da pantalla, coma se fose un frame (marco) no que se subdivide a páxina. Uso o Chrome. Pechei e reabrín e agora non o dou quitado. SOS. --Atobar (conversa comigo) 20:13, 16 de abril de 2012 (UTC)
Pois eu estou usando o Firefox e o Exploter e non vin nada diso. Tenta probar con outro navegador a ver se marcha... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20:51, 16 de abril de 2012 (UTC)
  • Con outro navegador si vai, xa probei, pero é que eu uso o Chrome sempre e non me apetevce cambiar. Estou con Xabier, parecía unha especie de erro de carga, ou sobrecarga. Bastante raro. Púxose de socate e non hai maneira de retiralo. Resulta, efectivamente, bastante molesto. --Atobar (conversa comigo) 21:07, 16 de abril de 2012 (UTC)
Así é como se ve: [5]. Con todo, as proporcións de azul varian segundo a páxina. É distina se un miro en cambios recentes, que se en portada, que se nesta entrada ou noutra. Sempre segundo marcos, iso si. --Atobar (conversa comigo) 21:14, 16 de abril de 2012 (UTC)
Polo que se ve, en febreiro xa houbo este problema na wikipedia inglesa co Google Chrome. Hai varias conversas ó respecto na web, como esta. -- JonnyJonny (conversa) 22:36, 16 de abril de 2012 (UTC)
Despois de botar unha ollada rápida á páxina que facilitou JonnyJonny lin que semella producirse ao aplicar zoom sobre a páxina co Google Chrome. Se poñedes o zoom ao 100% vense as páxinas correctamente. O problema vén ao ter un zoom menor ou igual ao 90%. Supoño que xa estarán fedellando neste erro os desenvolvedores tanto de Google como de MediaWiki. --Toliño Fala aquí comigo 13:37, 17 de abril de 2012 (UTC)
  • Toliño, es unha máquina. Resolto. Foi aumentar o zoom e desaparecer, e se o volvo baixar volve traer o azul. Graciñas. --Atobar (conversa comigo) 13:48, 17 de abril de 2012 (UTC)

Páxina de conversa rara

[editar a fonte]

Boas, que se fai con esta páxina de conversa?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21:09, 16 de abril de 2012 (UTC)

Substituín todo o texto coa mensaxe de benvida. --Toliño Fala aquí comigo 13:40, 17 de abril de 2012 (UTC)

homónimos de escudo

[editar a fonte]

A páxina escudo ten o record galipédico de enlaces a unha páxina de homónimos, en moi boa parte por dous problemas para o que necesito algo de axuda: 1. Hai un modelo, Modelo:Estado desaparecido, que ten o apartado para poñer o escudo, pero que liga a escudo, a páxna de homónimos. Por máis voltas que lle dei ao modelo non fun quen de dalo arranxado. Alguén sabería?

2. Hai moitos territorios que teñen na súa caixa de datos un apartado para o escudo, non son estados nin unidades administrativas definidas (por exemplo hai un feixe de illas), e dá a impresión que moitos deles non teñen nin bandeira nin escudo de seu, creo que teriamos que repasalo. Un saúdo, --Angeldomcer (conversa) 13:00, 31 de maio de 2012 (UTC)

OK Movín o artigo relativo á heráldica cara a escudo, e a páxina de homónimos cara a escudo (homónimos). --. HombreDHojalata.conversa 16:45, 31 de maio de 2012 (UTC)

Escolas/escola

[editar a fonte]

Hai varios artigos que o seu título é "escolas ...." por exemplo "escolas de ferrado", "escolas de dama", etc. entendo que o tíulo da entrada debería ser en singular "escola de ferrado", "escola de dama" etc. Non sei como cambiar o título, nin sei se compartides o criterio. Un saúdo.--Arturo Iglesias (conversa) 19:42, 29 de setembro de 2012 (UTC)

Feito! Feito!, grazas. --Xas (conversa) 21:51, 29 de setembro de 2012 (UTC)

Portada luns 1-10

[editar a fonte]

Fallan as ligazóns ó artigo destacado e de Galicia da portada, creo que o artigo destacado toca Cataluña - Catalunya e o de Galicia Ricardo Mella. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 08:11, 1 de outubro de 2012 (UTC)

EQUO Galicia

[editar a fonte]

Boas. Teño un problemiña. Aínda que creei a páxina de EQUO Galicia e podo vela sen problema clicando nos links de, por exemplo, a páxina de Alternativa Galega de Esquerda ou facendo unha procura directa, os links que levan á paxina de Equo Galicia desde outras páxinas seguen a saír en vermello (aínda que logo clicas no link e lévache á paxina en cuestión). Un saúdo. (Este comentario foi realizado polo usuario Robertovinki, ás 20:16 do 1 de outubro de 2012‎, pero esqueceu asinar.)

  • Polo que vexo, o problema está en que o título para o partido nacional é Equo, con minúsculas, e para o partido galego é EQUO Galicia, con maiúsculas, e as ligazóns se están a facer de forma non coherente, ben a EQUO, ben a Equo Galicia, e o sistema non recoñece estes títulos. Outro problema é saber cando se quere ligar a un ou ó outro (polo que vin nun par de casos, quero crer que se quería ligar co partido galego pero se escribía o título do nacional. Pedro --Lameiro (conversa) 19:37, 1 de outubro de 2012 (UTC)

Décimo aniversario

[editar a fonte]

Boas, poño esta mensaxe aquí porque quería coñecer a vosa opinión sobre esta proposta para poder saber que facer con ela. Non estou pedindo que colaboredes directamente na súa organización, se non queredes claro, tan só quero coñecer a vosa postura, as vosas impresións e ideas sobre a mesma.

A idea é que esta celebración sexa de todos e para todos e para a Galipedia, e polo momento isto é imposible de conseguir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:43, 14 de outubro de 2012 (UTC)

Modificar unha páxina protexida

[editar a fonte]

Mirade esta petición Conversa_Wikipedia:Taboleiro_dos_administradores#Engadir interwikis.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21:13, 22 de outubro de 2012 (UTC)

Xa está feito. Non é necesario que deixes tantas mensaxes. --Toliño Fala aquí comigo 10:16, 23 de outubro de 2012 (UTC)
Ah vale, é que na Wikipedia en español se o deixo só nunha páxina de conversa, non o miran. Pero na Galipedia como hai poucas edicións mirades que todos os cambios recentes.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 18:21, 23 de outubro de 2012 (UTC)

Portada 1 novembro

[editar a fonte]

Boas, a portada do 1 de novembro non ten o artigo sobre Galicia nin o artigo destacado, a ver se alguén pode poñelos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:07, 1 de novembro de 2012 (UTC)

Feito! Feito por Xas. --Toliño Fala aquí comigo 14:19, 1 de novembro de 2012 (UTC)

Votación

[editar a fonte]

Boas, vin que se lle colocou a estrela de calidade ao artigo Praga - Praha, mais a votación non me aparece como pechada... é un erro? Xa pasou un mes (coido que é o tempo establecido), pero coido que habería que pechar a votación antes de outorgarlle a estrela. Graciñas, Piquito (conversa) 18:54, 2 de novembro de 2012 (UTC)

  • Acaso non pasou xa o mes de votación e non ten os votos necesarios? Que máis dá que fose antes o ovo ou a galiña? --Paradanta (Cóntame) 11:23, 3 de novembro de 2012 (UTC)

Aviso de votación das propostas para o décimo aniversario

[editar a fonte]

Boas, xa se acadou acordo para facer a votación das propostas do décimo aniversario. Habería que cambiar o MediaWiki:Sitenotice da cabeceira das páxinas a última hora de hoxe para anunciar este novo paso, a votación ten que durar unha semana, dende mañá (ás 00:00) ata o martes 27 incluído. Como texto a mostrar propoño algo como: "Está aberta a votación Propostas para o décimo aniversario, que rematará o día 27 de novembro.
Convidámoste a participar no debate e, si levas máis de 150 contribucións e máis de 60 días rexistrado, tamén a votar as actividades de máis interese para celebrar este día especial.". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13:32, 20 de novembro de 2012 (UTC)

Xa comezou o período de votación, habería que modificar a mensaxe das páxinas. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 00:11, 21 de novembro de 2012 (UTC)

Posible conflicto de intereses

[editar a fonte]

Posible conflicto de intereses nas edicións do usiario Marmotitaphil. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 27 de decembro de 2012 ás 11:22 (UTC)[responder]

Deixei un aviso na conversa do usuario. --Xas (conversa) 27 de decembro de 2012 ás 17:29 (UTC)[responder]

Este usuario creou varios artigos que carecen de estructura algunha. Xa lle deixei unha mensaxe na súa páxina de usuario para que o arranxe. Tommihilfiger e máis eu marcamos os devanditos artigos para lixo, non sei se será para tanto o asunto, pero creo que sería bo que algún de vos que tedes máis autoridade ca min na Galipedia lle derades un toque. Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 7 de xaneiro de 2013 ás 15:48 (UTC)[responder]

Este usuario segue facendo o mesmo tipo de artigos sen formato, sen estilo enciclopédico, con palabras en castelán e con títulos incorrectos, penso que é necesario que algún bibliotecario lle deixe unha mensaxe de aviso na súa conversa para que cambie a súa forma de editar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 11:45 (UTC)[responder]
O máis probable é que estemos ante un caso de conflito de intereses tal e como indicou Elisardojm na páxina de usuario de AIAEspana ao ser AIA as siglas de Arata Isozaki & Asociados --AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 12:46 (UTC)[responder]

Atención

[editar a fonte]

Ollo! é probable que o usuario Wikiadicto9 (conversa · contribucións) sexa o mesmo elemento. Botádelle unha ollada as contribucións--AMPERIO (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 15:26 (UTC)[responder]

Votacións

[editar a fonte]

Boas, deixei unha mensaxe en "Propostas" da Taberna que fai referencia ao período de votacións. O caso é que as votacións dos artigos de Pol Pot e Pau Casals continúan abertas cando xa pasou moito máis tempo do que debera (finais de setembro e principios de outubro respectívamente). Pido por favor que se pechen as dúas votacións, cando rematou o prazo de votación non había votos suficientes para que foran aprovadas, así que penso que non deberían saír destacados ningún dos dous e deberían propoñerse nóvamente. Pediríavos que estiverades máis atentos a estes prazos, entendo que non ten por que ser un mes estríctamente e se podan ocasionalmente dar un par de días máis ou algo así, mais estes dous artigos levan meses para ser elixidos, non creo que os artigos teñan que sair por aburrimento, deste xeito creo que o que facemos é que a xente non saiba se poden votar ou non, non se dean presa por votar e finalmente non haxa votos para que as propostas saian elixidas. Repito, por favor, pechade as votacións. Un saúdo!! Piquito (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 11:40 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. Grazas polo aviso. --Xas (conversa) 9 de xaneiro de 2013 ás 12:42 (UTC)[responder]

Páxina de Al 'Aziziyah movida

[editar a fonte]

Moveron o artigo Al 'Aziziyah a El Azizia, eu non teño nin idea deste tema pero dame a pinta que non é moi correcto xa que na maioría das outras wikis ten o nome Al 'Aziziyah e supoño que será o nome no idioma local. Alguén pode revisalo? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2013 ás 23:35 (UTC)[responder]

Votacións

[editar a fonte]

Boas, non sei ónde podo expoñer esto, non sei se se debería abrir unha votación sobre esto e se a hai que abrir non sei cómo facelo. O caso é que penso que habería que modificar algo no que respecta aos criterios de elección dun artigo de calidade. O que eu non entendo é por qué un usuario pode opoñerse a que saia un artigo de calidade por algo tan superfluo como que haxa moitas ligazóns internas en vermello, entendo que sempre queda mellor que todas estas ligazóns estean en azul e que ademais nos sirve para medrar, mais a realidade é que NON É UN IMPRESCINDIBLE, polo que penso que non debe ser un factor desestabilizante á hora da escolla. Poño un exemplo: propuxen o artigo The Beatles para calidade (un artigo moi grande e completo), dos seis votos que hai agora mesmo dous son negativos, a única causa... moitas ligazóns en vermello!! O sorprendente é que cando estes usuarios votaron, o artigo carecía de bibliografía, mais ningún facía referencia a este feito (que dende logo para min si é determinante), algo para min surrealista (pode ser de calidade con todo azul e sen bibliografía, mais non con moito vermello... non o entendo). Un artigo de calidade debe cumplir cos criterios expostos en Wikipedia:O que é un artigo de calidade, se os cumple é de calidade, e se non os cumple, non... así de simple, todo o que sexa que as referencias teñan o mesmo formato, ou que todas as ligazóns internas estean en azul deberían ser considerados extras, mais non desequilibrar a balanza e evitar que artigos moi bos ou brillantes non cheguen a ser de calidade... refírome a que miremos a calidade do contido e votemos en función deso. Tamén propoño que os usuarios que voten en contra dos artigos de calidade ou destacados ou o que sexa expoñan os motivos polos que consideran non merece ser elixido, xa que é o único xeito de mellorar os artigos e mellorar esto como enciclopedia, e que estes motivos óbviamente sexan razonables (o das ligazóns en azul a min non me parece razoable). Saúdos, Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 16:40 (UTC)[responder]

Primeiro: Si que fixen referencia á bibliografía no meu voto na proposta de artigo de calidade dos Beatles.
E segundo: aínda que as ligazóns en vermello non son un criterio en sí, indican que falta información relacionada co artigo.
Por exemplo se alguén ao ver o artigo quixera saber algo máis sobre a morte de John Lennon ou sobre o Cavern Club, onde tocaban os Betles ou sobre Tommy Roe, Chris Montez e Roy Orbison, artistas estadounidenses que participaron nunha xira co grupo británico, ademáis da maioría de sinxelos dos ingleses non podería, poeque ten esas ligazóns en vermello. Espero que isto responda á túa pregunta de que porqué non lle din o voto positivo á proposta a artigo de calidade. Saúdos. --JaviP96 16 de xaneiro de 2013 ás 17:53 (UTC)[responder]
JaviP96, non te tomes a mal o comentario, pídoche desculpas por poñer o da bibliografía (cértamente si que estaba e recoñezo o meu erro), o tema non vén pola votación de The Beatles nin polo teu voto na mesma (non pido respostas, quede claro), vén de máis atrás, sempre se poñen inconvintes para sacar adiante propostas de artigos de calidade alegando as ligazóns en vermello e como podes ver, non é algo necesario, o que pido é que se non é un requisito non se vote segundo eso (pódese votar neutro, recoñecendo a calidade dos contidos e explicando a causa, salientando que os votos neutros non restan), e se se quere que o factor conte, que se especifique nos requisitos que os artigos de calidade deben ter. Se nos poñemos a falar da información omitida, podes votarlle un ollo ao artigo de Valentín Paz-Andrade, no que os seus primeiros anos son unha total incógnita (teóricamente cando votei neutro se dixo que se ampliaría unha vez saíra máis bibliografía co gallo do Día das Letras) e non se di nada do atentado de Verín (o único que hai é a referencia a un libro, nin motivos nin nada - mentres que no de Vigo si se pode ler unha referencia na rede), por exemplo. Se alguén ten interese en que todas as ligazóns estean en azul, que axude tamén a crealas, porque ao final sempre me encontro facendoas eu todas (ou as facemos entre dous ou tres, e entre eles ningún dos que votou en contra por mor das ligazóns), e como comprenderás, non me parece xusto (xa tiven moitas que facer co Alzamento de Pascua, ou Praga, polo que agora xa non estou disposto, porque entre outras cousas, non teño tempo para facelas). Non sei se para a comunidade son importantes os artigos de calidade, para min si, e cantos máis haxa mellor (sempre que o merezan, claro, e hai moitos que poderían ser). Saúdos! Piquito (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 18:43 (UTC)[responder]
Non pasa nada polo da bibliografía e ademais fágoche caso e cambio o meu voto dos Beatles a neutro. Saúdos --JaviP96 16 de xaneiro de 2013 ás 18:55 (UTC)[responder]
Concordo con Piquito en que non me parece un motivo válido para rexeitar un artigo de calidade a cantidade de ligazóns en vermello. Os criterios de calidade dun artigo están claros e entre eles non hai referencia ningunha a este tema, e penso que non a debe haber, co cal penso que os votos con ese motivo non deberían ser aceptados. Pero antes de tomar medidas penso que estaría ben debatir un pouco este tema para ver as distintas opinións dos editores e buscar un consenso que sirva mellorar o proceso de escolla deste tipo de artigos, quizais estaría ben ter esta conversa no apartado de propostas da taberna, ¿non?. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xaneiro de 2013 ás 17:24 (UTC)[responder]

Para borrar

[editar a fonte]

Creei o Modelo:Clima máis non conseguín que apareceran ben os datos na táboa. Solicito que sexa borrada xunto coas súas páxinas secundarias Modelo:Clima/uso, Modelo:Clima/line, Modelo:Clima/colt e Modelo:Clima/colp para que non ocupen un espazo innecesario. Antes botádelle unha ollada a ver se alguén consigue arranxalo (o código está copiado da es:Plantilla:Clima). Un saúdo. --AMPERIO (conversa) 16 de xaneiro de 2013 ás 18:38 (UTC)[responder]

Por favor revisade esta petición Conversa modelo:Wikipediairmáns#Actualizar modelo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 17 de xaneiro de 2013 ás 09:32 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Grazas novamente por deixar o traballo feito. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 18 de xaneiro de 2013 ás 18:40 (UTC)[responder]

Comentario pouco apropiado na conversa de A Pobra do Caramiñal

[editar a fonte]

Creo que este comentario no artigo A Pobra do Caramiñal non é axeitado na Galipedia e penso que debería ser eliminado. Botádelle un ollo vós. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2013 ás 23:27 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Borrado o comentario. --Xas (conversa) 23 de xaneiro de 2013 ás 23:53 (UTC)[responder]
Moitas grazas! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2013 ás 10:13 (UTC)[responder]

Peche de votacións

[editar a fonte]

Hai máis dun mes que finalizou o prazo de votación para artigo de calidade de The Beatles e a votación segue aberta, o mesmo pasa co artigo sobre Galicia de Lois Tobío (o meu voto non debería valer, xa que votei tres días despois do mes), tamén o artigo destacado de Historia dos eslavos do sur (o prazo rematou hai 11 días), e hoxe rematan as votacións para calidade de RMS Titanic (con escasísima participación, por certo) e Historia da Unión Europea para destacado. Pediría que os administradores estiveran máis atentos aos prazos e pecharan as votacións, deste xeito a xente sabería cándo pode ou non votar e non "remolonearía". Un saúdo!! Piquito (conversa) 29 de xaneiro de 2013 ás 12:42 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. Grazas polo aviso. Tes toda a razón e pido desculpas pola parte que me toca. É moi acertado o comentario que fas sobre a pouca participación nas votacións, o mesmo ocorre coa da imaxe da semana. Case sempre estamos pechando as votacións no límite do prazo (ás veces antes, porque non hai) e co mínimo de votos. Non sei como poderiamos solucionar iso... --Xas (conversa) 29 de xaneiro de 2013 ás 18:38 (UTC)[responder]

Categorías ocultas nas parroquias

[editar a fonte]

Como ando arranxando os campos da caixa de información nos artigos de parroquias de Galicia para que as categorías ocultas se insiran automaticamente e iso inclúe eliminar as categorías ocultas que están no propio artigo, mentres non remate (neste intre faltan os concellos que comezan por: P, R, S, T, V e revisar o A) durante uns días as categorías poden estar baleiras. Esta mensaxe é para solicitar que non se borren (as categorías de Concello_poboación_ano e Concello_sen_imaxes) mentres non se rematen os cambios porque senón haberá que volver a crealas ao final do proceso. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevertgl 27 de febreiro de 2013 ás 16:17 (UTC)[responder]

Ben, non hai problema. Estou pendente disto. Grazas polo teu enorme labor. Un saúdo! --Toliño Fala aquí comigo 27 de febreiro de 2013 ás 19:41 (UTC)[responder]
Grazas. --Prevertgl 27 de febreiro de 2013 ás 20:01 (UTC)[responder]
Para pechar o fío: rematada a revisión, a clasificación e borradas as categorías innecesarias polos administradores. --Prevertgl 10 de marzo de 2013 ás 17:32 (UTC)[responder]

Votacións artigos de calidade

[editar a fonte]

Bós días, administradores! As votacións a artigos de calidade de España e Historia dos eslavos do sur (aquí e aquí, respectivamente), ambas as dúas rexeitadas, xa deberían estar pechadas dende hai unha semana. Pecharíaas eu mesmo, pero coido que é un traballo reservado a administradores, non si? Un saúdo! --Paradanta (Cóntame) 10 de marzo de 2013 ás 10:05 (UTC)[responder]

Ademais, o artigo RMS Titanic foi rexeitado nunha votación coma artigo de calidade. Non debería levar unha mensaxe na conversa que o indicase? Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 10 de marzo de 2013 ás 10:09 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. Grazas polo aviso. --Xas (conversa) 10 de marzo de 2013 ás 10:50 (UTC)[responder]

Consulta sobre conflito de intereses notificado por un usuario.

[editar a fonte]

Bos dias, son o usuario "Concellodelalin",poñome en contacto con vós xa que o usuario "Elisardojm" me indiciou nunha conversa que podo estar nun conflito de interese. O pasado venres 8 de marzo dinme de alta na Galipedia, en nome do Concello de Lalín, debido a que unha das entradas da Galipedia contiña datos que nos estaban actualizados, concretamente a entrada referente ao "Pazo de Liñares" que indicaba que na actualidade se atopaba en estado ruinoso, dato que a día de hoxe xa non é correcto xa que o pasado 1 de marzo de 2013 se asinou no propio Pazo de Liñares a acta de recepción das obras de Rehabilitación Integral do Pazo de Liñares, proxecto que se puido levar a cabo gracias a fondos do 1% Cultural do Ministerio de Fomento e tamén as aportación da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia. Foi por eso que procedimos a tentar de subsanar a información sen ningún afán de incumplir as normas da Galipedia, nin de moloestar aos seus usuarios. E por isto que lles remito esta mensaxe para que me indiquen como proceder do xeito máis correcto. Moitas gracias pola súa atención, e perdoen por se de xeito involuntario e por descoñecemento incumplín algunha norma do foro. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Concellodelalin (conversacontribucións)

  • O concepto do conflito de intereses está pensado para evitar edicións laudatorias, parciais, interesadas na defensa de algo ou alguén, baseada en afectos que prexudican ou comprometen a obxectividade. Neste caso, as edicións de Concellodelalin non entran neste terreo, son datos obxectivos e non pretende con elas ensalzar a ninguén. Ademais, explica claramente os motivos e os feitos. Por todo o anterior, eu non vexo problema ningún nesta edición. Iso si, cómpre que actúe con tento para non esvarar nunca no fácil camiño de defender as actividades do concello. Espero haberme explicado ben. Pedro --Lameiro (conversa) 11 de marzo de 2013 ás 21:43 (UTC)[responder]

Fao, Touro

[editar a fonte]

No artigo Fao, Touro temos un problema de posible violación de dereitos de autor e de uso de imaxes non libres que foron borradas, cun usuario, Castro Vilas, que non responde ás advertencias que se lle fan nin aclara a situación. Non engadiu ningunha referencia e este é o único artigo no que edita. Por todo isto creo que compriría o borrado do artigo, pero antes de proceder, quizais sexa preferible un prazo e unha vixilancia dos administradores sobre o editor e as súas contribucións. Pedro --Lameiro (conversa) 22 de marzo de 2013 ás 21:05 (UTC)[responder]

Non fai falta borrar o artigo, hai versións anteriores que non foron editadas por ese usuario, se non se aclara a cousa restáurase a última version de Prevert e listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de marzo de 2013 ás 00:55 (UTC)[responder]

Boas. Ata agora o artigo Valboa é unha redirección ao concello leonés homónimo. Ademais existe unha páxina Valboa (homónimos). Movín Valboa a Valboa, León para facer sitio e converter o primeiro en páxina de homónimos. Gustaríame que alguén movese Valboa (homónimos) a Valboa. Non me atrevo a facelo eu por se hai que borrar algunha das páxinas. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 31 de marzo de 2013 ás 11:31 (UTC)[responder]

Feito! Feito!; Graciñas, Servando! --Estevo(aei)pa o que queiras... 31 de marzo de 2013 ás 11:51 (UTC)[responder]

Fusión de artigos

[editar a fonte]

Fusionei os artigos HRT F1 Team-Hispania Racing F1 Team e Cabezo I-Cabezo se ben neste último non houbo modificacións do contido xa que era todo contido repetido ou non contrastabel. --Anton45 (conversa) 31 de marzo de 2013 ás 16:08 (UTC)[responder]

Feito! Feito!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de maio de 2013 ás 23:32 (UTC)[responder]

Máis peche de votacións

[editar a fonte]

Boas!! A votación para artigo de calidade do Celta de Vigo debería estar xa pechada e o último voto (de Hugo22) non debería contar ao estar emitido dous días despois de cando se tiña que ter pechado a votación. O mesmo pasa nos artigos destacados co artigo Lenin. Un saúdo!! Piquito (conversa) 1 de abril de 2013 ás 08:02 (UTC)[responder]

Volvo pedir que en todos os procesos de votación se indique na cabeceira os períodos de votación para que todos os que accedan a eles podan ver de forma rápida se están vixentes ou non..., creo que é básico. Con esta información visible todos os que accedan á votación saberán de forma rápida o tempo que teñen para votalas e penso que tamén se facilitará a xestión do peche. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2013 ás 10:51 (UTC)[responder]
Pode un usuario que non sexa administrador pechar estas votacións? Piquito (conversa) 3 de abril de 2013 ás 18:57 (UTC)[responder]

Fusión de historiais

[editar a fonte]

Fusionar os seguintes historiais, e xa deixei as dúas páxinas preparadas.

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 3 de abril de 2013 ás 18:19 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 3 de abril de 2013 ás 18:26 (UTC)[responder]

Fusionade tamén o historial de María Jesús Sansegundo co de María Jesús San Segundo, e trasladade A Proba (homónimos) a A Proba.--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 3 de abril de 2013 ás 22:00 (UTC)[responder]

A Proba (homónimos) Feito! Feito! --Xas (conversa) 3 de abril de 2013 ás 22:18 (UTC)[responder]
Fusionade o historial de Canón (orografía) co de Canón (xeoloxía), e non vos olvidedes de fusionar o historial de María Jesús Sansegundo co de María Jesús San Segundo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 4 de abril de 2013 ás 11:57 (UTC)[responder]

Feito! Feitos todos. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 5 de abril de 2013 ás 13:23 (UTC)[responder]

Modificación

[editar a fonte]

Borrade os interwikis de Wikipedia:Taboleiro dos administradores e cambiade {{atallo|WP:TADMIN}} por {{atallo|WP:TAB|WP:TADMIN}} --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 4 de abril de 2013 ás 08:38 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 5 de abril de 2013 ás 12:57 (UTC)[responder]

Fusión de historiais

[editar a fonte]

Fusionade o historial de Carriza (homónimos) (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) co de Carriza (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar), e xa deixei as dúas páxinas preparadas. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 5 de abril de 2013 ás 21:19 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Xas (conversa) 7 de abril de 2013 ás 17:03 (UTC)[responder]

Fusións, traslados e restauracións

[editar a fonte]

Trasladar os seguintes artigos para quitar o retrouso "(homónimos)"

Fusionar os seguintes historiais

Restaurar Mezquita (homónimos) (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) e trasladalo a A Mezquita (homónimos) (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar). --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 7 de abril de 2013 ás 19:56 (UTC)[responder]

Encárgome de revisar todo isto pola noite, que agora non teño tempo. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 8 de abril de 2013 ás 13:45 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── Feito! Feito! Vale, xa está arranxado. Tomei as capturas de pantalla para mellorar a páxina de axuda. --Toliño Fala aquí comigo 9 de abril de 2013 ás 09:54 (UTC)[responder]

Máis traslados

[editar a fonte]

Trasladar os seguintes artigos para quitar o retrouso "(homónimos)"

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 8 de abril de 2013 ás 22:31 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 9 de abril de 2013 ás 09:58 (UTC)[responder]

Traslados2

[editar a fonte]

Trasladar a seguinte páxina Malus (homónimos) (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) a Malus (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar).

A páxina Estigma (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) trasladala a Estigma (proxecto) (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) ou Estigma (dramaturxia) (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar).

E despois trasladar Estigma (homónimos) (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) a Estigma (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar).

Ver tamén a sección #Fusi.C3.B3n_de_artigos, xa que os artigos non están fusionados. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 13 de abril de 2013 ás 22:17 (UTC)[responder]

Feito! Feito! os traslados de homónimos. Pedro --Lameiro (conversa) 14 de abril de 2013 ás 14:20 (UTC)[responder]
Trasladade tamén Noz (homónimos) (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) a Noz (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar). --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 14 de abril de 2013 ás 15:39 (UTC)[responder]

Modificar nome de artigo

[editar a fonte]

O nome Restauración (arte) resulta inexacto baixo o criterio xeral adoptado pola comunidade de restauradores de bens culturais, polo que solicito a súa modificación por "Conservación-Restauración", como expuxen aquí --Frebas (conversa) 16 de abril de 2013 ás 08:23 (UTC)[responder]

Feito! Feito!, movido a conservación e restauración, pero non facía falta que o solicitaras aquí podes mover os artigos que teñan un nome incorrecto coa pestana "Mover". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 16 de abril de 2013 ás 09:38 (UTC)[responder]

Traslados3

[editar a fonte]

Trasladar os seguintes artigos sen deixar redirección para quitar o retrouso "(homónimos)"

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 16 de abril de 2013 ás 11:06 (UTC)[responder]

Feito! Feito!; --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de abril de 2013 ás 11:34 (UTC)[responder]

Artigo para borrar

[editar a fonte]

Ola. Poderiades borrar o artigo Banda Cultural e Recreativa de Bandeira? Deime conta do erro cando xa tiña creado o artigo e movino á súa denominación correcta, quedando este como unha redirección. Grazas Pontesiño (conversa) 16 de abril de 2013 ás 21:48 (UTC)[responder]

Feito! Feito por Lameiro. --Toliño Fala aquí comigo 22 de abril de 2013 ás 13:06 (UTC)[responder]

Estado de conservación

[editar a fonte]

Estado de conservación é un termo amplo que, ademais do estudo de poboacións, ten un uso xeralizado en moitas páxinas deste proxecto relacionadas co patrimonio. Gustaríame crear unha páxina de Estado de conservación referido ao patrimonio cultural. Suxiro abrir unha páxina de homónimos. --Frebas (conversa) 17 de abril de 2013 ás 13:05 (UTC)[responder]

Eu deixaría a cousa como está, pois o significado máis habitual do termo (se non estou errado) é o que se dá nese artigo. As outras páxinas poden ir en "Estado de conservación (homónimos)" e "Estado de conservación (patrimonio)". Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 22 de abril de 2013 ás 12:57 (UTC)[responder]

Traslados4

[editar a fonte]

Trasladar Chao Meng-Fu (crater) (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) a Chao Meng-Fu (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar), porque a aclaración "(cráter)" é innecesaria --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 22 de abril de 2013 ás 11:06 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 22 de abril de 2013 ás 13:05 (UTC)[responder]

Aínda máis peche de votacións

[editar a fonte]

Hai que pechar a votación para artigo de calidade de Lenin (permitinme poñerlle a estrela e poñer nas novas que é o 15 artigo de calidade). Pido nóvamente que se estea un pouco máis atento, co de Lenin o podo entender porque a votación rematou onte, mais hai unha votación para que o mesmo artigo vaia á portada que hai case un mes debería estar pechada, a de Santiago de Compostela para artigo destacado sobre Galiza rematou hai 13 días (o último voto emitido non debería valer), a de Celso Emilio Ferreiro para destacado sobre Galiza remata hoxe (xa de paso que se pechan as outras se podería pechar para non ter outra proposta eterna. Perdón por ser tan pesado, mais se as votacións non se pechan cando se debe a xente nunca vai saber cándo pode ou non votar. Vou facer unha proposta na taberna sobre as votacións. Un saúdo!!! Piquito (conversa) 23 de abril de 2013 ás 15:54 (UTC)[responder]

Por favor, en serio, que alguén mire as votacións que levan máis dun mes e as peche, a de Lenin para destacado leva aberta máis do dobre de tempo que debería. Por favor, non me parece serio. Piquito (conversa) 26 de abril de 2013 ás 09:20 (UTC)[responder]

Ola, ao mover a páxina bacteria a bacterias produciuse un erro, poderiades mover tamén a páxina de conversa? --JaviP96 29 de abril de 2013 ás 22:33 (UTC)[responder]

Feito! Feito! por Xas. Saudos, --Elisardojm (conversa) 1 de maio de 2013 ás 23:31 (UTC)[responder]

Fusionar historiais

[editar a fonte]

Fusionade o historial de Gran Wyoming co de El Gran Wyoming, quedando este último. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 25 de maio de 2013 ás 18:42 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 26 de maio de 2013 ás 18:57 (UTC)[responder]

Traslados

[editar a fonte]

Fusionar o historial de Mónaco - Monaco (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) co de Mónaco (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar).

Trasladar as seguintes páxinas, de forma que só quede a forma galega no título.

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 11 de xuño de 2013 ás 16:32 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Toliño Fala aquí comigo 11 de xuño de 2013 ás 17:22 (UTC)[responder]

Traslados 2

[editar a fonte]

Fusionar os seguintes historiais:

Trasladar deixando só a forma galega

--Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 12 de xuño de 2013 ás 11:47 (UTC)[responder]

Traslados 3

[editar a fonte]

Sería recomendable dende o meu punto de vista deixar a cidade de Florencia como nome do artigo Florencia, Italia, e crear unha páxina de Florencia (homónimos), xa que o 99% de xente que procure florencia buscará información da cidade da Toscana. Esto levouse a cabo noutros artigos de cidades como Praga. En tódolo resto de wikipedias seguiuse esta política.--Adorian (conversa) 7 de xullo de 2013 ás 20:30 (UTC)[responder]

Trasladar deixando só a forma galega

Máis traslados:

fusionar dragóns

[editar a fonte]

Boas: Deixei preparados para fusionar os artigos Dragonera e Illa Dragonera, entémdese que se conserva Illa Dragonera. Supoño que o fixen ben porque iso de deixar o mesmo texto nos dous artigos non sei se o collín ben, polo meu gusto arramblaba con todo o texto de Dragonera e o convertía en rediracción e santas pascuas... Se metín a zoca, avisar. --Angeldomcer (conversa) 30 de xullo de 2013 ás 06:48 (UTC)[responder]

Feito! Feito!; --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xullo de 2013 ás 08:21 (UTC)[responder]

Fusionar ríos

[editar a fonte]

Boas: Están preparados para fusionar:

--Angeldomcer (conversa) 30 de xullo de 2013 ás 08:37 (UTC)[responder]

Feito! Feito! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xullo de 2013 ás 22:11 (UTC)[responder]

Fusionar Kansas

[editar a fonte]

Boas: Están preparadas para fusionar Kansas City, Missouri, con Kansas City, Misuri, entendo que queda este último que ten correcto o topónimo do estado. --Angeldomcer (conversa) 30 de xullo de 2013 ás 08:51 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 20 de agosto de 2013 ás 16:06 (UTC)[responder]

Fusionar Bob Marley

[editar a fonte]

Boas: Están xa preparados para fusionar Bob Marley & The Wailers con Bob Marley. --Angeldomcer (conversa) 30 de xullo de 2013 ás 11:40 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 29 de agosto de 2013 ás 20:37 (UTC)[responder]

fusionar Bruxelas

[editar a fonte]

Boas: Está preparado para fusionar o artigo Historia de Bruxelas co artigo Bruxelas. --Angeldomcer (conversa) 30 de xullo de 2013 ás 12:07 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 29 de agosto de 2013 ás 21:01 (UTC)[responder]

Fusionar Suzhou

[editar a fonte]

Boas:

Quedan preparados para fusionar Historia urbana de Suzhou en Suzhou. --Angeldomcer (conversa) 1 de agosto de 2013 ás 07:29 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 29 de agosto de 2013 ás 21:11 (UTC)[responder]

Destacados na portada

[editar a fonte]

Boas!! Tentei poñer o artigo destacado sobre Galiza co contido do artigo destacado do portal do hóckey a patíns de maio, mais a páxina está protexida... Levamos medio día do 1 de agosto e aínda non temos ningún artigo destacado, sería posible que algún administrador nun momentiño o faga? Para o do HC Liceo non tendes nin que redactar, xa foi destacado no portal e creo que como base está ben. Vendo que os artigos os teñen que destacar na portada os administradores queríavos propoñer que nos 3-4 últimos días de cada mes se deixara xa preparada a portada do mes seguinte para evitar estes valeiros, desgraciadamente tan frecuentes. Un saúdo e grazas!! Piquito (conversa) 1 de agosto de 2013 ás 10:46 (UTC)[responder]

O día 1 pasan automáticamente a protexidos. 3 ou 4 ou 10 días antes non teñen protección ningunha, pódelos preparar calquera. Non é tarefa exclusiva dos administradores. As tarefas exclusivas dos administradores son as especificadas en dereitos dun usuario segundo o seu grupo. --. HombreDHojalata.conversa 1 de agosto de 2013 ás 15:33 (UTC)[responder]
Grazas HombreDHojalata! Non sabía que o podía facer eu mesmo antes do día 1, tereino en conta para outras ocasións, era máis que nada porque me encontrei coa portada valeira e non me deixaba facer nada. Un saúdo!! Piquito (conversa) 1 de agosto de 2013 ás 16:31 (UTC)[responder]

Alguén pode mirar esto?

[editar a fonte]

Non sei se este artigo debería ser borrado, non sei de quén se trata, nin sequera se a tal Gala existe, o artigo foi creado por unha IP que o único que aportou a esta wiki foi ese artigo (unha única edición). Non ten nin formato, nin categorías, nin moita información sobre a personaxe en si e dende o meu punto de vista non ten un ton moi enciclopédico. Non o marquei para borrar porque non sei se é realmente vandalismo ou se pode salvar algo. Un saúdo!! Piquito (conversa) 1 de agosto de 2013 ás 12:40 (UTC)[responder]

Borrado por non ter relevancia enciclopédica, grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de agosto de 2013 ás 12:54 (UTC)[responder]

Fusións

[editar a fonte]

Boas:

Sen ánimo de ser pesado, resulta que hai catro artigos (ver máis ariba) que leva case catro semanas esperando a que se fusionen os historiais. --Angeldomcer (conversa) 19 de agosto de 2013 ás 07:17 (UTC)[responder]

Feito! Feito!--. HombreDHojalata.conversa 29 de agosto de 2013 ás 21:11 (UTC)[responder]

Artigo destacado?

[editar a fonte]

Boas! Penso que debemos facer algo xa con Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Historia da ciencia, hai dous meses que finalizou o tempo de votación, mais nin tan sequera está pechada. Entendo que o caso é especial polo tema dos dereitos, mais penso que se debería tomar unha decisión (a que sexa) xa, non podemos prorrogar esto eternamente (creo eu). Un saúdo! Piquito (conversa) 29 de agosto de 2013 ás 20:13 (UTC)[responder]

Contesto en Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Historia da ciencia. --. HombreDHojalata.conversa 29 de agosto de 2013 ás 21:15 (UTC)[responder]

Fusionar Aeroporto de Alvedro (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar) con Aeroporto da Coruña (editar | conversa | historial | ligazóns | vixiar | rexistros | protexer | borrar), quedando este último artigo. --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 20 de setembro de 2013 ás 23:01 (UTC)[responder]

Feito! Feito! por Estevoaei (conversa · contribucións). --Vivaelcelta {conversa  · contribucións} 21 de setembro de 2013 ás 01:08 (UTC)[responder]

Peche de votación de políticas

[editar a fonte]

Alguén pode pechar a votación sobre os cambios nos artigos de calidade? Hai catro días que rematou e penso que haberá que mudar cousas que aprobaron, así que creo que mellor que o faga algún administrador. Un saúdo! Piquito (conversa) 29 de outubro de 2013 ás 20:08 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Da política de artigos de calidade só cambiei o de que se permiten autopropostas que foi a única proposta que foi aceptada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de outubro de 2013 ás 00:38 (UTC)[responder]

Podedes ver esto?

[editar a fonte]

Vendo os cambios recentes atopeime cunha páxina de usuario un tanto sospeitosa (Usuario:Desdesl), non sei se se pode facer algo ou se hai que vixiar ao usuario. Un saúdo! Piquito (conversa) 7 de novembro de 2013 ás 23:39 (UTC)[responder]

É publicidade e iso non está permitido, e supoño que o seu único obxectivo é ese e non o de colaborar (máis vendo que está todo escrito en castelán). Penso que se debería borrar a páxina de usuario por ir en contra das normas. Beninho (conversa) 8 de novembro de 2013 ás 08:19 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Borrada por publicidade, grazas polo aviso Piquito. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de novembro de 2013 ás 08:46 (UTC)[responder]