Saltar ao contido

Pau Casals

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPau Casals

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ca) Pau Casals i Defilló Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de decembro de 1876 Editar o valor en Wikidata
El Vendrell, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de outubro de 1973 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
San Xoán, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCementiri del Vendrell (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMunicipal Conservatory of Music of Barcelona (en) Traducir
Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvioloncellista, autobiógrafo, profesor de música, compositor, director de orquestra, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1891 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorConservatorio Superior de Música do Liceo Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica e Sardana Editar o valor en Wikidata
ProfesoresVictor de Mirecki (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJuliette Alvin (pt) Traducir, Gaspar Cassadó i Moreu, Bernard Greenhouse (pt) Traducir, Jacqueline du Pré, Alexander Schneider (en) Traducir e Q29358672 Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVioloncello Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
Philips
HMV (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeMarta Casals Istomin (1957–1973)
Susan Metcalfe Casals (1914–1928) Editar o valor en Wikidata
ParellaFrancesca Vidal i Puig (–1955)
Guilhermina Suggia (1906–1912) Editar o valor en Wikidata
PaisCarles Casals Ribes Editar o valor en Wikidata  e Pilar Defilló Amiguet Editar o valor en Wikidata
IrmánsEnric Casals Defilló Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Armenian Soviet Encyclopedia, vol. 5 (en) Traducir, (p.274)
Brief Biographical Dictionary of Foreign Composers (en) Traducir, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0142829 Allocine: 222867 Allmovie: p295822
BNE: XX885829 Spotify: 42ZCvzken6DllCB1xghinZ iTunes: 499489 Musicbrainz: 2fcffd9a-f02a-4a2c-8085-6257f918949d Discogs: 1005954 IMSLP: Category:Casals,_Pablo WikiTree: Casals_i_Defilló-1 Find a Grave: 2626 Editar o valor en Wikidata

Pau Casals i Defilló, nado en El Vendrell (Tarragona) o 29 de decembro de 1876 e finado en San Xoán de Porto Rico o 22 de outubro de 1973, foi un compositor e músico catalán. Durante a súa carreira foi coñecido como Pablo Casals[1][2][3], o seu nome legal e co que asinaba.[4]

Pola súa recoñecida actividade como director e compositor, Casals é considerado un dos mellores violonchelistas de todos os tempos. O columnista sociopolítico e economista David P. Goldman designou a Casals como o mellor músico clásico do século XX.[5]

Unha das súas composicións máis soadas é o "Himno das Nacións Unidas", coñecido como o "Himno da Paz", composto mentres residía na súa segunda patria, Porto Rico (onde nacera e se criara a súa nai), e onde tamén residían outros españois de sona internacional, tales como Juan Ramón Jiménez e Francisco Ayala.

Alén da súa obra musical, Pau Casals destacou en todo o mundo polo seu activismo na defensa da paz, a democracia, a liberdade e os dereitos humanos, que lle valeron prestixiosas condecoracións; e mesmo ser nomeado ao Premio Nobel da Paz. Casals tamén manifestou publicamente a súa oposición ao réxime franquista e o seu desexo de ver unha Cataluña independente ou cun alto grao de autonomía[6].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Os seus inicios

[editar | editar a fonte]

Pau Casals naceu o 29 de decembro de 1876 no número 2 da rúa Santa Ana, na localidade de El Vendrell (Cataluña), fillo do músico catalán Carles Casals, que daquela era organista e director do coro da localidade do Baix Penedès, e de Pilar Defilló, nada en Mayagüez (Porto Rico), país ao que marcharan seus pais a traballar. Aos cinco anos xa estudaba piano, frauta e violín grazas a seu pai, que era músico. En 1882 realizou a súa primeira actuación musical, no coro da igraxa de El Vendrell e realizou a súa primeira composición: un agasallo para o seu padriño o día do seu santo. En 1883, coa axuda de seu pai, compuxo unha partitura para unha representación de Els Pastorets.

En 1885 queda impactado pola actuación dos pallasos Los Tres Bemoles, un dos cales tocaba comicamente unha pipa enorme en forma de violonchelo. Casals nunca vira un instrumento de corda que se tocara nesa posición e, xunto co recital de violonchelo que o profesor Garcia de Barcelona ofreceu no Centre Catòlic del Vendrell, fixeron que Pau Casals tomara unha decisión sobre a súa vocación: sería violonchelista. Tralo recital do profesor Garcia, pediulle a seus pais un violonchelo, aínda que non llo compraron porque tiña moitos instrumentos. Porén, ao ver a ilusión que lle facía, un veciño construíulle un cunha cabaza, logo púxolle unhas cordas e finalmente unha capa de pintura.

Estudos en Barcelona

[editar | editar a fonte]
Edificio da Escola Municipal de Música de Barcelona, onde Casals realizou os seus primeiros estudos.

Matriculado na Escola Municipal de Música de Barcelona, alóxase na casa duns parentes para poder asistir con regularidade á escola. Estudou violonchelo baixo a dirección de Josep Garcia e con Josep Rodoreda como profesor de composición.

Grazas aos seus coñecementos musicais previos, Casals aprende con poita rapidez, mais sen adaptarse ao xeito convencional de tocar o violonchelo, cousa que fixo que desenvolvera un estilo propio.

En 1889 comezou a tocar no Cafè Tost de Barcelona sete días á semana, tres horas cada noite, por 4 pesetas. Ao ano seguinte, o propietario do Cafè Tost introduciu a Casals no mundo musical e cultural barcelonés. Aos 14 anos descubriu unha edición das "Seis Suites para Violonchelo" de Johann Sebastian Bach nunha librería de Barcelona, converténdose o compositor alemán no seu ídolo e as sinterpretacións das súas suites por parte do violonchelista catalán concedéronlle recoñecemento mundial.

O 23 de febreiro de 1891 participu nun concerto benéfico no Teatre Novedades de Barcelona, e ese mesmo ano coñeceu ao compositor Enrique Granados, co que comezou unha longa amizade. Tamén comezou a traballar en La Pajarera, un café situado na praza de Cataluña, con actuacións cada noite cun trío e que pasaría a formar parte do chamado Sexteto de la Pajarera.

En 1893 graduouse con honras na Escola Municipal de Música de Barcelona.

Traslado a Madrid

[editar | editar a fonte]

En 1893 trasladouse coa súa nai e os seus irmáns a vivir a Madrid, onde inicia a súa segunda etapa de formación no Conservatorio de Música e Declamación con Jesús de Monasterio como profesor de música de cámara. Ese mesmo ano recibiu por parte da raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena unha bolsa mensual de 250 pesetas, que foi retirada pola mesma María Cristina en 1895.

Bruxelas e París

[editar | editar a fonte]

O 14 de febreiro de 1895 foi nomeado Caballero de la Real Orden de Isabel la Católica, e ese mesmo ano presentouse ás probas de acceso ao Conservatorio de Música de Bruxelas cunha carta de recomendación para François Gavaërt, director do Conservatorio. Unha vez pasadas as probas, Casals viaxou a Bruxelas para estudar con Edouard Jacobs no Conservatorio, mais tras un incidente co profesor, decide irse a París. A raíña María Cristina retiroulle a pensión e, tras días difíciles na capital francesa, decide regresar a Barcelona.

O regreso a Barcelona, o Casals profesor e concertista

[editar | editar a fonte]

En maio de 1896 entra como profesor na Escola Municipal de Música de Barcelona e uns meses máis tarde, en novembro é nomeado profesor de violonchelo do Convervatori del Liceu, entrando a formar parte tamén da Grande orquestra do Teatre del Liceu. Nesa época comezou a realizar concertos en pequenas sociedades en Barcelona.

En 1897 Camille Saint-Saëns coincidiu con el en Barcelona. Ese mesmo ano forma o "Cuarteto Crickboom" cos violinistas Mathieu Crickboom e Josep Rocabruna, e o viola Rafael Gálvez. Realiza unha xira por España con Enrique Granados e Mathieu Crickboom, obtendo posteriormente un agasallo da raíña María Cristina: un zafiro azul e un violonchelo novo.

En 1899 trasladouse a París, instalándose en casa da cantante estadounidense Emma Nevada e Raymond Palmer, viaxando posteriormente a Londres con Nevada e o pianista Léon Moreau. En 1899 debutou en Londres no Crystal Palace e en agosto actuou nun concerto privado ante a raíña Vitoria do Reino Unido.

Pau Casals, Ramon Casas (MNAC)

Xiras americanas e europeas

[editar | editar a fonte]

En 1900 instálase na cidade de París, onde comeza a tocar co pianista Harold Bauer. En 1901 realizou unha viaxe aos Estados Unidos coa cantante Emma Nevada, o pianista Léon Moreau e o frautista Daniel Marquesi. O mesmo ano iniciou a súa primeira xira polos Estados Unidos na localidade de Worcester, situada no estat de Massachusetts, que durou ata o verán de 1902. Nun concerto realizado en San Francisco sufriu un accidente que lle obrigou a retirarse da xira e a aloxarse na casa de Michail Stein. En 1902 foille concedida a Gran Cruz de Caballero de la Real Orden de Carlos III pola raíña rexente María Cristina.

En 1903 iniciou a súa primeira xira por Suramérica, e en 1904 realizou a súa segunda viaxe aos Estados Unidos, desta vez para actuar de solista, sendo o máis importante o 15 de xaneiro, cando o violonchelista catalán actuou por primeira vez na Casa Branca convidado para a realización dun concerto privado polo presidente dos Estados Unidos Theodore Roosevelt.

En 1905 iniciou unha relación sentimental coa violonchelista portuguesa Guilhermina Suggia, relación que finalizaría sete anos despois. Ese mesmo ano realizou a súa primeira viaxe a Rusia, actuando no Salón da Nobreza de San Petersburgo. En 1906 fundou o Trío Cortot-Thibaud-Casals que debutou na localidade de Lille (Francia), xunto ao violinista Jacques Thibaud e o pianista Alfred Cortot, trío que chegaría a ser un dos máis prestixiosos do mundo. En 1908 falece seu pai e o 20 de outubro do ano seguinte foi convidado para tocar na Classical Concert Society de Londres, feito que lle permitiu viaxar posteriormente a Inglaterra cada ano para realizar diversos concertos.

En marzo de 1914 embarcouse novamente a Nova York, e o 4 de abril casou coa soprano estadounidense Susan Metcalfe en New Rochelle (Nova York) e inician xuntos unha xira polos Estados Unidos. Ese mesmo ano realizou o seu primeiro concerto no Metropolitan Opera House de Nova York o 13 de decembro, interpretando o Concerto para violonchelo de Camille Saint-Saëns e o Kol Nidrei de Max Bruch coa Orquestra da Ópera dirixida por Richard Hageman. Ao ano seguinte realiza as súas primeiras gravacións para a Columbia Gramophone Company. En maio de 1916 organizou un concerto benéfico, novamente no Metropolitan, adicado aos fillos de Enrique Granados, que falecera o mes anterior no naufraxio do Sussex na Canle da Mancha torpedeado pola armada alemá no transcurso da primeira guerra mundial, no concerto estivo acompañado por Paderewski e Fritz Kreisler.

O 10 de xaneiro de 1919 actuou na Cidade de México coa Orquestra Sinfónica da Cidade baixo a dirección de Josep Rocabruna, iniciando unha xira de tres semanas por México. Ese mesmo ano trasladouse novamente a Barcelona.

Regreso a Barcelona e Orquestra Pau Casals

[editar | editar a fonte]
Estatua en conmemoración do centenario do nacemento de Pau Casals en Montserrat
Artigo principal: Orquestra Pau Casals.

En 1919 instalouse no número 440 da Avenida Diagonal, xunto ao Paseo de Gràcia (Barcelona), coa idea de crear a Orquestra Pau Casals, coa axuda do seu irmán amb Enric Casals como primeiro violín, Enric Ainaud Sánchez como primeiro violín adxunto e Bonaventura Dini como primeiro violonchelo. En 1920, con outros prestixiosos músicos como Alfred Cortot e Jacques Thibaud, crea a École Normale de Musique de París, onde cada verán imparte cursos de interpretación. O 13 de outubro do mesmo ano tivo lugar o primeiro concerto da Orquestra Pau Casals no Palau de la Música Catalana, e en 1922 fixo a súa primeira aparición como director no Carnegie Hall de Nova York.

En 1926 creou a Associació Obrera de Concerts co obxectivo de permitir á clase obreira gozar da música. Con motivo do centenario da morte de Ludwig van Beethoven, en 1927 efectuou diversos concertos en Viena, así como interpretou en Barcelona o Triplo Concerto de Beethoven xunto con Thibaud e Cortot e a batuta de Eugene Ysaÿe. Ese mesmo ano foi nomeado "fillo predilecto" da súa vila natal, El Vendrell.

En 1928 realizou unha pequena viaxe aos Estados Unidos para interpretar o seu derradeiro concerto como solista nese país que tivo lugar no Town Hall de Nova York xunto co pianista Nicolai Mednikoff. Ese mesmo ano finalizou a relación coa súa dona e separáronse definitívamente.

Segunda República, guerra civil e exilio

[editar | editar a fonte]

Ao proclamarse a Segunda República Española o 15 de abril de 1931, realizou un concerto en Montjuïc para celebrar este feito, no concerto Casals dirixiu a Novena Sinfonía de Beethoven interpretada pola Orquestra Pau Casals e o Orfeó Gracienc. En 1933 rexeitou unha invitación para ir tocar coa Berliner Philharmoniker pola chegada ao poder de Adolf Hitler e as persecucións dos nazis.

O 18 de xullo de 1936, durante un ensaio, coñeceu a nova do alzamento militar de Francisco Franco. Cando as tropas de Franco ocuparon Barcelona a finais de xaneiro de 1939, viuse obrigado a exiliarse, volvendo a París, onde residiu na casa de Maurice Eisenberg. Logo da súa breve estadía en París, marchou a Prades, onde se instalou nunha habitación do Grand Hotel, dende onde comezou a súa campaña de axuda aos refuxiados españois xunto co seu amigo Joan Alavedra. Porén, o 13 de xuño de 1940 as tropas alemás invadiron París, polo que Francesca Capdevila, Pilar Casals, a familia Alavedra e o propio Pau Casals deciden abandonar Francia dende Bordeos a bordo do "Champlain" con destino a Norteamérica. Con todo, cando estaban a piques de embarcar, o "Champlain" foi bombardeado polos alemáns, polo que decidiron regresar a Prades, onde se instalaron na Vila Colette.

Dende 1946, cando foi nomeado Grande Oficial da Lexión de Honra Francesa, Casals permaneceu inactivo como concertista en sinal de protesta polo inmovilismo das democracias occidentais cara ao réxime franquista. Porén o seu silencio remataría en 1950, cando tras impulsar e presidir os Xogos Florais da lingua catalá, nace o 6 de xuño dese mesmo ano o Festival Internacional de Música Pau Casals, o Festival Bach (en conmemoración do bicentenario da morte do compositor alemán) en Prades por iniciativa de Alexander Schneider, sendo o propio Schneider quen convenceu a Casals para que volvera tocar con motivo do Festival adicado ao seu compositor favorito.

Na segunda edición do Festival de Prades celebrado no Pazo dos Reis de Mallorca (Perpiñán, 1951), Casals coñece a Marta Montáñez, quen en 1954 marcharía a Prades para comezar as súas clases de interpretación co mestre catalán e con quen finalmente casaría o 3 de agosto de 1957 na cidade de San Xoán (Porto Rico), e dirixiu en Zürich (Suíza) as súas obras Sardana para violonchelos e Os tres reis. En 1952 participou por primeira vez na Academia Musical de Verano de Zermatt, impartindo dende aquela e ata 1966 clases maxistrais de interpretación na Academia.

O 11 de decembro de 1955, Pau Casals realiza a súa primeira viaxe á terra natal de súa nai, Porto Rico, sendo acompañado por Marta Montáñez. Ao ano seguinte, e por iniciativa de Abe Fortas e o gobernador, Luis Muñoz Marín, xestouse a creación dos Festivais Casals Inc., con Pau Casals como director musical e Alexander Schneider como asistente musical. Finalmente, a finais de novembro dese mesmo ano, Casals fixa a súa residencia en Santurce (Porto Rico), nunha casa situada na rúa Bucaré.

O 16 de abril de 1957, Pau Casals sufriu un ataque ao corazón durante un ensaio coa Orquestra del Festival, no Teatro da Universidade de Porto Rico, a dirección do Festival Casals decidiu realizar o primeiro Festival Casals de Porto Rico en homenaxe a Pau Casals baixo a dirección de Alexander Schneider. Ese mesmo ano, paralelamente ao Festival Casals, creouse a Orquesta Sinfónica de Puerto Rico e o Conservatorio de Música, do cal Pau Casals foi nomeado presidente.

En decembro de 1966, con motivo do seu 90 aniversario, recibiu diversas homenaxes, destacando as realizadas polos cataláns en Molitg-les-Bains (Languedoc-Rosellón, Francia) coa actuación dos Nens del Vendrell, así como a recepción no patio da "Fortaleza" de San Juan (Porto Rico) á que asistiu o vicepresidente dos Estados Unidos Hubert Humphrey. Ao ano seguinte foi invitado polas Nacións Unidas para dirixir El Pessebre no Constitution Hall de Washington DC para conmemorar o día das Nacións Unidas; tralo concerto Casals entrevistouse co presidente Lyndon B. Jhonson na Casa Branca.

O 3 de xullo de 1972, Pau Casals e a súa dona Marta crearon a Fundación Pau Casals co obxectivo de ceder a Cataluña todo o legado que o violonchelista conservaba na casa de Sant Salvador, en El Vendrell.

En xuño de 1973 asistiu ao Festival Casals celebrado no Carnegie Hall e en Central Park de Nova York, e do 16 de xullo ao 26 de agosto dese mesmo ano participou no XIII Festival de Música de Israel, onde dirixiu o seu último concerto.

A finais de setembro de 1973 Pau Casals sufriu un ataque ao corazón irreversible. Morreu o 22 de outubro de 1973, á idade de 96 anos, no Hospital del Auxilio Mutuo de San Xoán de Porto Rico, a consecuencia do ataque ao corazón. Posteriormente foi enterrado no Cemiterio Conmemorativo de San Xoán de Porto Rico.

O 9 de novembro de 1979, restablecida a democracia en España, os seus restos foron trasladados ao cemiterio de El Vendrell, a súa poboación natal, onde actualmente descansan.

Aínda que non chegou a ver o final do réxime franquista, foi homenaxeado postumamente polo goberno español co rei Juan Carlos I, adicando en 1976 un selo de correos á súa figura con motivo do centenario do seu nacemento.[7]

Segundo as súas memorias, así como o manifestou Albert E. Kahn en 1970, Casals sufriu circunstancias difíciles durante os seus anos de exilio en Prades, en parte a causa da súa vontade de non abandonar os seus compatriotas internados nos campos de concentración do sueste de Francia durante a segunda guerra mundial e baixo a ocupación nazi. Mediante a celebración de concertos tratou de darlles apoio durante e despois da guerra.

Casals e as Suites para violonchelo só de Bach

[editar | editar a fonte]
Primeira páxina da Suite Nº 1 de Bach.

Casals rescatou do esquecemento as Seis Suites para violonchelo só de J.S. Bach. As suites para violonchelo só de Bach non eran moi coñecidas ata a década de 1900, e durante moito tempo pensouse que estaban destinadas a ser estudos. Porén en 1890, cando tiña 14 anos, Casals descubriu nunha tenda de partituras de segunda man de Barcelona unha copia en mal estado dunha edición de Grützmacher das Seis Suites para violonchelo só de Bach. Durante 13 anos estudou as suites cada día antes de tocalas en público por primeira vez.[8] Casals fixo máis tarde a súa versión persoal das seis suites.[9] Contra o ano 1925, á idade de 48 anos, decidiu facer rexistralas nunha gravación, converténdose no primeiro violonchelista en gravalas entre os anos 1936 e 1939.

As súas versións das suites de Bach foron especialmente destacadas, e estas interpretacións que insistían nos matices, e que tamén quixera destacar o tamén catalán Gaspar Cassadó, contribuíu ao redescubrimento destas obras polo gran público.[10]

Obra musical como violoncellista, compositor e director

[editar | editar a fonte]

Entre as contribucións máis importantes de Pau Casals destaca cambiar a técnica da interpretación de violoncello, buscando movementos máis naturais afastados da técnica ríxida do século XIX. Rescatou do esquecemento as suits para violoncello só de Johann Sebastian Bach, son famosas as gravacións que delas fixo entre 1936 e 1939. En calidade de intérprete achegou cambios innovadores á execución do violoncello e introduciu novas posibilidades técnicas e expresivas na devandita especialidade. Como director, buscaba igualmente a profundidade expresiva, a esencia musical que sabía alcanzar co violoncello.

Casals mostrou xa desde a súa infancia unha gran sensibilidade pola música. O seu pai, tamén músico, transmitiulle os primeiros coñecementos musicais, que Pau Casals ampliou con estudos en Barcelona e Madrid. Nesta cidade compartiu estudos co outro grande do violoncello español do século XX, Juan Ruiz Casaux, sendo ambos os dous discípulos do catedrático da Escuela Nacional de Música, Víctor Mirecki, iniciador da escola violoncelística española moderna, e de Jesús de Monasterio na cátedra de perfeccionamento de música de cámara. Con tan só 23 anos iniciou a súa traxectoria profesional e actuou como intérprete nos mellores auditorios do mundo.

Pau Casals exerceu tamén como profesor e compositor, con obras como o oratorio "El pessebre", estreado o 17 de decembro de 1960 no Fuerte de San Diego (Acapulco) e que dirixiría arredor de todo o mundo ata 1972, converténdose esta, na súa actividade musical máis importante dos seus últimos anos de vida. Tamén compuxo o Himno das Nacións Unidas (1971) e outras obras corais. Popularizou a canción catalá "El cant dels ocells" que se erixiu nun verdadeiro canto á paz.

Como profesor, impartiu numerosas clases maxistrais en institucións como a división de música da Universidade de Berkeley (Estados Unidos, 1960), os cursos de verán da Escola de Música de Marlboro (Estados Unidos), ou cursos de interpretación de verán na École Normale de Musique de París (Francia).

Discografía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Discografía de Pau Casals.

Ao longo da súa carreira musical, Pau Casals realizou numerosos rexistros discográficos, tanto con agrupacións de música de cámara, como solista ou como solista. Entre as súas gravacións como solista cómpre salientar a das Seis Suites para violonchelo só de Bach realizada entre 1936 e 1939, sendo o primeiro rexistro discográfico das que xa son parte do repertorio fundamental de todo violonchelista.

Compromiso político e social

[editar | editar a fonte]
Monumento a Pau Casals en Barcelona.

Xunto á súa extraordinaria carreira como músico, Pau Casals mantivo sempre unha incansable dedicación á defensa da paz, a democracia e a liberdade, e ao longo da súa vida deixou constancia do seu compromiso en favor da clase traballadora.

A pesar de que, durante os anos do réxime franquista, nos estamentos oficiais e medios de comunicación españois o chamaban Pablo Casals, sempre reclamou que lle chamasen Pau, non só por que ese era o seu nome en catalán, lingua que sempre defendeu, senón tamén porque en catalán a palabra "pau" significa "paz".

En 1917 anunciou a súa decisión de non volver actuar en Rusia, tras os sucesos da Revolución Rusa e a implantación do réxime comunista. Nos anos posteriores estendería esa decisión a todos os países comunistas onde non houbese democracia.

En 1926 creou en Barcelona a Associació Obreira de Concerts (Asociación Obreira de Concertos): unha entidade independente cuxo obxectivo era permitir o acceso da clase traballadora ao ensino da música e a audición de concertos.

Coñecido polos seus ideais republicanos, en 1931 mostrou publicamente o seu contento pola proclamación da Segunda República en España, e foi convidado a participar nos actos conmemorativos do suceso. Participou nos actos dirixindo a Orquestra Pau Casals e o Orfeó Gracienc, que interpretaron a Novena Sinfonía de Beethoven nunha actuación no Palacio de Montjuïc de Barcelona.

En 1933 rexeitou un convite para actuar en Alemaña por mor da chegada ao poder de Adolf Hitler, cuxa doutrina detestaba. Manifestou a súa intención de non tocar nese país ata que non houbese un cambio de réxime político.

En 1936, co estalido da guerra civil española situouse publicamente a prol do bando republicano.

O 27 de xuño de 1945, finalizada a segunda guerra mundial, ofreceu un concerto no Royal Albert Hall de Londres coa Orquestra Sinfónica da BBC dirixida por Adrian Boult e, ao finalizar o concerto, transmitiu unha mensaxe a Cataluña dende os estudos da BBC. Ese mesmo ano, logo dunha semana de concertos por Inglaterra, decidiu non volver tocar nese país en protesta pola inmovilidade dos países aliados ante o réxime do xeneral Franco. Rexeitou tamén os Doutorados Honoris Causa das universidades de Oxford e Cambridge.

Coa consolidación do réxime franquista decidiu trasladarse a vivir a San Xoán de Porto Rico (a súa nai nacera en Porto Rico, onde os seus avós maternos, cataláns, foran a traballar).

En 1946 decidiu non volver tocar en público mentres que as democrácias non cambiaran a súa actitude cara ao goberno de Franco, comezando o seu segundo exilio en Prades. Dende ese ano e ata 1950 adicouse á composición, ao estudo e ao ensino, mentres seguía axudando aos refuxiados españois no estranxeiro. Tamén en 1950 impulsou a celebración dos primeiros Xogos Florais da lingua catalá no exilio que tiveron lugar en Perpiñán (Francia).

O 13 de xullo de 1954 o Parlamento de Cataluña no exilio, reunido na embaixada da República Española en México, propúxolle como Presidente da Generalitat de Cataluña. O violoncellista rexeitou o cargo, convencido de que "sirvo mellor a Cataluña nas circunstancias actuais como a sirvo" e porque dicía non estar á altura de tal dignidade.

O 24 de outubro de 1958 foi convidado a participar na Asemblea Xeral das Nacións Unidas, para conmemorar o Día das Nacións Unidas. O concerto, xunto coa mensaxe de paz que Casals gravara uns días antes en Xenebra, foi retransmitido por radio a máis de 40 países. Aquela intervención converteuno nun dos símbolos mundiais da loita pola paz e a liberdade no mundo, e valeulle o nomeamento ao Premio Nobel da Paz dese mesmo ano.

O 13 de novembro de 1961 realiza un concerto na Casa Branca xunto ao Gobernador de Porto Rico, Luís Muñoz Marín, convidado persoalmente polo presidente dos Estados Unidos John Fitzgerald Kennedy. Previamente, Casals apoiara publicamente a política demócrata do presidente Kennedy.

O 19 de abril de 1962 actúa no Memorial Opera House de San Francisco onde presenta "El Pessebre". Con motivo dese concerto, Pau Casals anuncia que dedicará o resto da súa vida a unha cruzada persoal pola dignidade humana, a fraternidade e a paz.

O 24 de outubro de 1963 volve á sede das Nacións Unidas en Nova York para interpretar "El Pessebre", coa Orquestra do Festival Casals e o Coro da Orquestra de Cleveland. O presidente dos Estados Unidos, John Fitzgerald Kennedy, concédelle a "Medalla da Liberdade" de Estados Unidos.

O 24 de outubro de 1971 recibe a Medalla da Paz nunha homenaxe na sede da Asemblea Xeral das Nacións Unidas en Nova York. No acto interpretouse, baixo a súa dirección, o Himno das Nacións Unidas composto por Casals con letra do poeta W.H. Auden por encarga da organización. A peza convértese no Himno á paz, como tamén é coñecida. Tras a interpretación do himno da ONU Casals pronunciou un discurso en inglés e catalán, nun momento en que a lingua catalá era perseguida en España, converténdose na primeira persoa que utilizaba a lingua catalá na Asemblea Xeral das Nacións Unidas. No discurso, no que fai un encomio á paz, declárase catalán, e afirma que "Cataluña foi a nación máis grande do mundo". Tras o discurso, interpretou "El cant dels ocells" (en galego, "O canto dos paxaros"), unha composición tradicional catalá que, desde entón, converteuse nun novo himno á liberdade.

Pau Casals estaba afiliado desde sempre á Lliga Regionalista catalá.

Recoñecementos persoais

[editar | editar a fonte]
Medalla da Liberdade dos Estados Unidos.

Eventos en homenaxe a Pau Casals

[editar | editar a fonte]

Actualmente, celébranse tres festivais internacionais de música que levan o nome de Pau Casals. Estes festivais celébranse en tres das localidades máis importantes na vida de Casals: El Vendrell, localidade onde naceu, creceu e descansan os seus restos; Prades (Francia), onde viviu exiliado tralo triunfo franquista na guerra civil española; e San Juan de Porto Rico, onde fixou a súa residencia en 1942 ata a súa morte en 1973.

Os festivais actuais son:

Existiron tamén:

Ademais cada catro anos dende o ano 2000 tiña lugar nas localidades alemás de Kronberg e Frankfurt am Main a International Pablo Casals Cello Competition, auspiciada pola Kronberg Academy, un concurso para descubrir e impulsar as carreiras dos futuros valores do violonchelo e que estaba apoiada pola Pau Casals Foundation, baixo o patronazgo de Marta Casals Istomin. Un dos premios era o uso dun dos violonchelos Gofriller de Casals. O primieiro premio principal entregado foi para Claudio Bohórquez no 2000. O concurso só contou con dúas edicións, a inaugural do 2000 e outra no 2004.[15]

Museos e outros edificios adicados a Pau Casals

[editar | editar a fonte]
Museo Pablo Casals en San Xoán, Porto Rico.

No centro de El Vendrell, no paseo marítimo de Sant Salvador, está a Casa-Museo de Pau Casals, centrado na vida e a obra do violonchelista catalán. No barrio de Sant Salvador da mesma poboación atópase a sede da Fundación Pau Casals, con outra casa-museo fronte a un auditorio bautizado co seu nome, e cun busto realizado polo escultor Josep Maria Subirachs.

No Vello San Xoán, en Porto Rico, existe outro museo adicado á figura de Pau Casals chamado Museo Pablo Casals. O 3 de outubro de 2009, a Sala Sinfónica Pablo Casals, unha sala sinfónica de San Xoán (Porto Rico) foi inaugurada e bautizada en honor a Pau Casals, o edificio custou 34 millóns de dólares e foi deseñado por Rodolfo Fernández, sendo o maior anexo do complexo do Centro de Bellas Artes e a sede da Orquesta Sinfónica de Puerto Rico.

En 1987 inaugurouse en Toquio (Xapón) o Casals Hall, sede de concertos de música de cámara.[16]

En Chicago, Illinois (Estados Unidos) existe unha escola que leva o nome do violonchelista catalán, a Pablo Casals Elementary School.[17]

  1. "Sinfinimusic - Deutsche Grammophon". www.deutschegrammophon.com. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-12. 
  2. Honors To Be Conferred On English Composers: Series of Concerts Devoted to modern Englishmen to be Given in London Arquivado 27 de decembro de 2013 en Wayback Machine., New York Times, 1911-04-09
  3. "Classical Notes - Pablo Casals - the Musician and the Man, By Peter Gutmann". www.classicalnotes.net. Consultado o 2019-12-12. 
  4. "Fritz Henle - Photographer - St. Croix, US Virgin Islands - Fritz Henle Prints". henlegallery.com. Consultado o 2019-12-12. 
  5. comments, David P. Goldman 2012-05-28T22:05:46 chat (2012-05-28). "Lessons from Europe's Winners and Losers". Spengler (en inglés). Consultado o 2019-12-12. 
  6. Capítulo V das súas memorias, ditadas orixinariamente en francés a Albert E. Kahn e traducidas ao catalán como Joia i Tristor.
  7. El País/Sociedad Estatal de Correos y Telegrafos 2003
  8. Eric Siblin,The Cello Suites: J.S. Bach, Pablo Casals, and the Search for a Baroque Masterpiece. Atlantic; 336 páxs, 2010
  9. Ovation Press Editors: Pablo Casals
  10. Pau Casals
  11. Grammy á carreira artística Arquivado 13 de maio de 2008 en Wayback Machine. na web oficial dos Premios Grammy.
  12. "L'Univers de la Musique de Chambre". Festival Pablo Casals (en francés). Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2019. Consultado o 2019-12-12. 
  13. "Festival Casals de Puerto Rico". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2004. Consultado o 27 de agosto de 2018. 
  14. "Festival Internacional de Música Pau Casals del Vendrell". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2010. Consultado o 02 de xullo de 2012. 
  15. Sitio da International Pablo Casals Cello Competition Arquivado 21 de abril de 2012 en Wayback Machine. na web da Kronberg Academy.
  16. "Casals Hall" (PDF). Nagata Acoustics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de novembro de 2007. Consultado o 16 de xullo de 2012. 
  17. "CPS : Schools : School". www.cps.edu. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2021. Consultado o 2019-12-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Alavedra, J. L'extraordinària vida de Pau Casals. Barcelona: Proa (1969)
  • Alavedra, J. Pau Casals. Barcelona: Ed. Aedos (1975)
  • Alavedra, J. Qui era Pau Casals. Barcelona: Servei de Publicacions de l'Ajuntament de Barcelona (1977)
  • Albet, M. Pau Casals i el seu museu. Barcelona: Fundació Pau Casals (1986)
  • Álvarez Acosta, M., A la luz de Casals: tres discursos. México (1959)
  • Baldock, R. Pablo Casals. Barcelona: Ed. Empúries (1992)
  • Blum, D. Casals y el arte de la interpretación. Barcelona: Idea Books (2000)
  • Carratalà, M. Llongueras, J., Ramon, J. Pau Casals. Barcelona: Edicions de "La Nova Revista" (1927)
  • Casals, E. Pau Casals. Dades biogràfiques inèdites, cartes íntimes i records viscuts. Barcelona: Ed. Pòrtic (1981)
  • Christen, E. Pablo Casals. L'homme. Genève: Plaisir de Lire (1956)

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]