Wikipedia:Votacións/Política de romanización
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Política para adoptar un estándar de romanización para as palabras en escritas non latinas na Galipedia.
Período de votación: 27-05-2014 - 26-06-2014
SI: 18 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Esta é unha votación para facer oficial na wiki unha política para determinar as transliteracións empregadas na Galipedia nos títulos dos artigos e categorías, e naquelas ocasións en que as políticas determinen a romanización de palabras escritas en alfabetos non latinos.
Anteriormente a esta proposta empregábanse en moitos casos transliteracións ad hoc sen referenciar, ou con máis ou menos licenzas, o que vai en contra de que a Galipedia non é fonte primaria. Tamén empregábanse a miúdo solucións incoherentes entre os diferentes artigos.
O texto final da proposta pódese atopar en "Wikipedia:Transliteracións". A continuación resumo os criterios da escolla dos sistemas propostos:
- No caso de haber sistema galego, escóllese este (árabe).
- No caso de haber sistema nacional e oficial, propio para a lingua, escóllese este (bielorruso, ucraíno, búlgaro, macedonio, mongol, ruso, xeorxiano, chinés, hindi, nepalés, tailandés).
- No caso de haber un estándar internacional, escóllese este (grego, xaponés, armenio e coreano).
- Finalmente, no resto dos casos, emprégase a transliteración anglófona ao non haber alternativa práctica (amhárico e kirguiz).
Esta política, pola súa propia natureza, sempre será susceptible de ser ampliada con outras linguas e escritas. A proposta actual abrangue á maior parte de linguas oficiais a nivel estatal do mundo. Por outra parte, a aprobación desta política non implica que os usuarios teñan que coñecer os sistemas empregados, simplemente no caso de haber algún título non conforme coa política haberá que mudalo para o correcto.
Moitas grazas pola vosa participación.
- A favor
- Concordo. --Norrin (Fálame) 27 de maio de 2014 ás 15:02 (UTC)[responder]
- Concordo --Sernostri (conversa) 27 de maio de 2014 ás 15:22 (UTC)[responder]
- Concordo--. HombreDHojalata.conversa 27 de maio de 2014 ás 19:15 (UTC)[responder]
- Concordo Xoacas(ti si que es lindo, ho) 27 de maio de 2014 ás 22:35 (UTC)[responder]
- Concordo. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 28 de maio de 2014 ás 09:40 (UTC)[responder]
- Concordo.--Adorian (conversa) 28 de maio de 2014 ás 09:42 (UTC)[responder]
- Concordo.Nachonion (conversa) 28 de maio de 2014 ás 09:52 (UTC)[responder]
- Concordo Apenas entendo o que se di na proposta -son de ciencias-, pero merecedes toda a miña confianza. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de maio de 2014 ás 19:39 (UTC)[responder]
- Concordo Aínda sen saber moito do caso, a proposta parece moi razoable. --Xas (conversa) 28 de maio de 2014 ás 19:51 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 30 de maio de 2014 ás 07:31 (UTC)[responder]
- Concordo, moito simples, fácil de empregar. Alex Pereira¡digame! 30 de maio de 2014 ás 12:07 (UTC)[responder]
- Concordo. Grazas a Norrin, Sernostri, Sobreira e o resto das persoas que nos achegan multitude de linguas aos que só nos manexamos no alfabeto latino. --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de maio de 2014 ás 12:23 (UTC)[responder]
- Concordo. Grazas a todos os que traballaron na realización desta política. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de maio de 2014 ás 12:51 (UTC)[responder]
- Concordo Impecable. --Alberte Si, dígame? 30 de maio de 2014 ás 13:58 (UTC)[responder]
- Concordo Excelentísimo traballo. Moitas grazas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de xuño de 2014 ás 22:19 (UTC)[responder]
- Concordo Moi bo traballo. Servando2 (Dime) 7 de xuño de 2014 ás 00:04 (UTC)[responder]
- Concordo. Grazas. Facía moita falta. --XoioÉche o que hai 7 de xuño de 2014 ás 14:24 (UTC)[responder]
- Concordo.--Jglamela (conversa) 8 de xuño de 2014 ás 10:21 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros