Wikipedia:Votacións para borrar/Arquivo/2018
Esta páxina contén un arquivo de conversas vellas ou contidos anteriores e mantense só para a súa consulta. Non edite esta páxina. Para retomar un fío vello diríxase á páxina de conversa actual. |
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Manter
Período de votación: 18/12/2018 - 28/12/2018
SI: 1 — NON: 2 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
Despois de cavilar un pouco, quero propor para borrar esta categoría. A categoría de "Adestradores de Galicia" non ten equivalencia. Non ten equivalencia noutras linguas (o que non é tan importante), pero tampouco ten equivalencia no sistema. Os adestradores divídense en deportes, e despois aí cada "adestrador-de-deporte-concreto" ten os seus criterios de subcategorización, que adoita incluír país. Pero no caso de Galicia temos unha supracategoría que abranxe adestradores de fútbol, de baloncesto e de atletismo, que se poderían meter en cadansúa categoría "Adestradores de baloncesto de Galicia" e etc.
O autor desta categoría fun eu, co cal xa me dou por notificado.
A alternativa sería crear unha categoría "Adestradores de Croacia", que agrupase a "adestradores de esquí de Croacia", "adestradores de tenis de Croacia", etc. Pero realmente non sei que interese tería agrupar, no fondo, profesións distintas, só porque teñen en común que se moven no ámbito deportivo. E aínda que non é un traballo ímprobo, aínda hai algunhas ducias de países e categorías que habería que crear.
Contexto:
- Na es.wiki teñen unha categoría para Adestradores de España, Acerbaixán, Israel, Indonesia, Eslovenia e o Reino Unido, case todas elas cunha única subcategoría no interior.
- Na en.wiki si, téñenas todas. Ao igual ca en fr.wiki ou en nl.wiki.
- Na pt.wiki tenden a telas, pero só teñen unha ducia de países.
--Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de decembro de 2018 ás 14:57 (UTC)[responder]
- Borrar
- Manter
(e crear as categorías equivalentes noutros países)
- Manter ☣Banjo tell me 18 de decembro de 2018 ás 14:59 (UTC)[responder]
- Manter --. HombreDHojalata.conversa 19 de decembro de 2018 ás 08:13 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Manter
Período de votación: 8/11/2018 - 9/12/2018
SI: 2 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
- Proposto por: Xabier Cid (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 17:00 (BTC)
Información: Razóns para o borrado: a razón principal para o borrado é que o título do artigo non se corresponde co contido. Ou sexa, un artigo sobre "navegante" debería ser sobre outra cousa. Detallo agora as causas e problemas.
- O título da páxina, e a súa existencia, vén da tradución dun artigo da Wikipedia en inglés, en:Navigator, que fai referencia ao piloto de navegación de embarcacións mariñas e aéreas. A tradución máis correcta sería piloto, se ben hai distintos tipos de pilotos (de altura, de baixura, prácticos, etc., ademais de todos os distintos tipos de pilotos aéreos, de automóbiles, etc). A equivalencia en wikidata é a que intúo que leva a este erro. Pódese ver que o artigo en galego non se corresponde no contido, por exemplo, co español ou co portugués, mais tampouco exactamente co inglés.
- As referencias achegadas para a definición de navegante non falan da persoa que se ocupa da dirección dun barco ou dunha aeronave, senón de calquera persoa que vai nun barco.
Alternativas ao borrado: a única alternativa que vexo neste momento é mover este contido a un novo artigo "piloto de embarcación", romper todos os vínculos de wikidata, borrar "navegante" e despois re-redactar o artigo por enteiro. Creo que, tendo en conta o tamaño do artigo, paga máis a pena o borrado.
Aviso ao autor orixinal: aviso a User:Chairego_apc, creador orixinal, e User:Alfonso_Márquez, a que dean a súa opinión.
- Borrar
- Borrar --Xabier Cid Talk 2 me, please 8 de novembro de 2018 ás 17:04 (UTC)[responder]
- Borrar Maria zaos (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 17:16 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter Son partidario de manter este artigo, sempre que se cambie o seu nome e reoriente de acordo á alternativa proposta por Xabier Cid. Ten interese enciclopédico e acho un desperdicio de tempo borralo e refacelo. Eu proporía un nome como "Piloto (navegación)".--Castelao (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 19:30 (UTC)[responder]
- Manter e renomear como suxire Castelao. --AMPERIO (conversa) 17 de novembro de 2018 ás 18:12 (UTC)[responder]
- Manter opino o mesmo. --Chairego apc (conversa) 25 de novembro de 2018 ás 17:51 (UTC)[responder]
- Neutros
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Manter
Período de votación: 6/11/2018 - 13/11/2018
SI: 1 — NON: 5 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 16:00 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:O artigo foi borrado na wikipedia en portugués indicando Sem indicação de importância (pessoas, animais, organizações, conteúdo web, eventos), que entendo que ven sendo o mesmo de que non é un cantante importante en Portugal e non ten relevancia enciclopédica. Artigo sen interwiki e sen referencias desde 2016. --AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 16:00 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 16:00 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter Eu penso que pode quedar, ten dous discos, actuou en varios festivais nos últimos anos e incluso ten ficha en IMDb]. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 6 de novembro de 2018 ás 20:02 (UTC)[responder]
- Manter Que o artigo non teña referencias que validen a súa relevancia non significa que non existan, só que está moi pouco (ou nada) desenvolvido. [1][2][3][4][5][6][7][8][9] ☣Banjo tell me 8 de novembro de 2018 ás 18:09 (UTC)[responder]
- Manter --Xabier Cid Talk 2 me, please 8 de novembro de 2018 ás 17:07 (UTC)[responder]
- Manter--Maria zaos (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 18:25 (UTC)[responder]
- Manter Ten de ser desenvolvido, pero acho que a personaxe ten carácter enciclopédico.--Castelao (conversa) 8 de novembro de 2018 ás 19:25 (UTC)[responder]
- Neutros
-
- Comentarios
-
- Comentario Cando se abre unha VPB (ou antes) sería bo avisar ao usuario facedor do artigo na súa páxina de conversa (a non ser que estea inactivo dende hai anos, que sería inutil, non é o caso). Pode que ese mesmo facedor solucione as eivas do artigo. --. HombreDHojalata.conversa 7 de novembro de 2018 ás 08:19 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Período de votación: -
SI: — NON: — NEUTRO: — CONCLUSIÓN: WP:ER |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 19:21 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:Illado, tradución automática con aviso desde xaneiro de 2018, sen categorías... --AMPERIO (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 19:21 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 19:21 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- AMPERIO borreino porque era unha autotradución que non fora amañada durante máis tempo do debido, non fai falta votar isto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2018 ás 21:36 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Personaxes Supernatural
[editar a fonte]Votación PECHADA: Borrar
Período de votación: 20/06/2018 - 11/08/2018
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Borrar |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 20 de xullo de 2018 ás 23:23 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:
- Problemas de redacción e ortografía, traducións automáticas sen case revisión
- Investigacións orixinais semi-baseadas nunha única fonte non fiable
- Perspectiva ficticia
- Sen contexto enciclopédico
- Asignación subxectiva de maior relevancia a personaxes que a propia obra á que pertencen, sen que ningún deles teña unha transcendencia propia fóra da serie (outras series, obras de ficción, análises particulares...)
--☣Banjo tell me 20 de xullo de 2018 ás 23:23 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --☣Banjo tell me 20 de xullo de 2018 ás 23:23 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 20 de xullo de 2018 ás 23:59 (UTC)[responder]
- Borrar --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2018 ás 00:12 (UTC)[responder]
- Borrar --Cossue (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 21:56 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 11 de agosto de 2018 ás 09:38 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
-
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Fusionado
Período de votación: 10/08/2018 - 10/08/2018
SI: 1 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Fusionado |
- Proposto por: Cossue (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 10:48 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: Repite o contido da páxina da Dinastía de Borgoña --Cossue (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 10:48 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Cossue (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 10:48 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Comentario Síntoo, non teño coñecementos abondo sobre o tema como para votar. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de agosto de 2018 ás 11:48 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: manter
Período de votación: 27-05-2018 - 09-07-2018
SI: 3 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: manter |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:Copyvio --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 18:10 (UTC)[responder]
- Borrar.--Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 11:52 (UTC)[responder]
- Borrar A maiores, non lle vexo relevancia enciclopédica. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 15:02 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter Fixen uns arranxos na redacción e engadín ligazóns e referencias, así como aumentei os contidos, así que acho que pode ser suficiente para manter o artigo. Hai outros artigos de científicas menos relevantes que esta que se manteñen, polo que creo que se pode facer o mesmo con este. Saúdos--Castelao (conversa) 16 de xuño de 2018 ás 09:35 (UTC)[responder]
- Manter Cos arranxos de Castelao, queda un artigo moi digno. Eu creo que si que ten relevancia enciclopédica o artigo desta química galega exiliada. --Xas (conversa) 16 de xuño de 2018 ás 15:35 (UTC)[responder]
Manter. --Atobar (conversa comigo) 16 de xuño de 2018 ás 18:26 (UTC)[responder]
- Manter; artigo relevante. --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de xuño de 2018 ás 07:14 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
ComentarioCon todo o meu aprecio e recoñecemento para as achegas feitas por Castelao, parafrasear un texto que ten problemas de autoría en primeira instancia (sumadas a unha feble fundamentación dos datos na tese orixinal) non soluciona o problema. En canto a relevancia ou non, se saímos a comparar tomando en conta outras entradas nun par de meses non queda en Galipedia nada en pé, polo que eu centraría o debate unicamente no corpo desta entrada e non sairía de aí. Eu tamén incorporei referencias no seu día e sigo a considerar que non é suficiente para solventar este problema. Se se decide manter hai varias partes que eu persoalmente eliminaría, ben porque Galipedia non é fonte primaria, ben porque segue a manter partes literais do texto orixinal da tese. A maiores non houbo resposta da primeira editora, bastante relevante no wikimaraton, como xa lle comentara a @Estevoaei: no seu día. Un saúdo --Maria zaos (conversa) 17 de xuño de 2018 ás 11:41 (UTC)[responder]
ComentarioCastelao e Maria zaos, se hai outros artigos que non teñen relevancia enciclopédica o que hai que facer é marcalos para borrar, así aumentaremos a calidade do proxecto, aínda que se reduza o número de artigos á metade. Hai que ter en conta que a Galipedia non é un conxunto de biografías de X persoas, nin cousas polo estilo, a Galipedia é unha enciclopedia, e aínda que os seus parámetros non sexan os mesmos que os dunha enciclopedia clásica, debemos ter esta idea sempre presente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2018 ás 00:09 (UTC)[responder]
ComentarioNon é por malmeter, todo o contrario, é por entender e intentar establecer un criterio uniforme que estea integrado no ensaio Wikipedia:Relevancia enciclopédica. Cal é a relevancia que hai neste artigo? Foi a primeira farmacéutica galega? foi a primeira investigadora galega de farmacia? descubriu algún fármaco? Que feito ou feitos indican que sexa relevante? É que non os vexo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2018 ás 07:50 (UTC)[responder]
Comentario O motivo da proposta non é a relevancia do artigo, é que tiña un aviso de violación dos dereitos de autor. Por min estupendo se considerades que ten relevancia enciclopédica, pero mentón habería que agachar as edicións que foron un copia-pega da ponte orixinal. Penso que o mellor sería borralo e despois se Castelao ou quen sea quere facelo de novo adiante, pero respectando sempre eses dereitos de autoría. --AMPERIO (conversa) 18 de xuño de 2018 ás 09:43 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: borrar
Período de votación: 17-05-2018 - 9-07-2018
SI: 3 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: borrar |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 17:56 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:Artigo de dúas liñas (348 bytes) sobre unha asociación gai disolta en 2005. Orfo, sen referencias e sen interwikis. Sen editar desde 2010. Penso que incluso sería de borrado rápido.--AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 17:56 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 17:56 (UTC)[responder]
- Borrar. Coincido no borrado rápido. --Chairego apc (conversa) 22 de maio de 2018 ás 18:15 (UTC)[responder]
- Borrar rápidamente. --. HombreDHojalata.conversa 6 de xullo de 2018 ás 16:22 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Manter
Período de votación: 17/5/2018 - 12/6/2018
SI: 2 — NON: 3 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Manter |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 18:00 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:Artigo sobre un evento deportivo LGTB celebrado en Barcelona no 2008 (1.038 bytes). Sen editar desde 2011 por un usuario non bot. Sen referencias nin ligazóns cara outras wikipedias. Fala en futuro. Os datos deportivos que aporta poden consultarse na táboa de EuroGames. --AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 18:00 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 18:00 (UTC)[responder]
- Borrar. A non ser que @Xabier Cid: o faga viable. --. HombreDHojalata.conversa 17 de maio de 2018 ás 19:58 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter. Si, creo que é un artigo mellorable. Pero non vexo demasiados argumentos para borralo. Quero dicir, si, carece de moito contido, e non ten referencias, pero vaia, iso amáñase en 2 minutos (non ten referencias por preguiza de poñelas, non porque o que se di sexa conflitivo, que sería o motivo de borrado). As razóns de borrado creo que teñen que ser bastantes máis fortes, en xeral, para unha decisión dese tipo. Estes días teño moito traballo e non vou poder facer moito. Pero téñoo en conta para amañalo algo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de maio de 2018 ás 06:58 (UTC)[responder]
- Manter. Piquito (conversa) 20 de maio de 2018 ás 23:47 (UTC)[responder]
- Manter. Retoqueina un pouco e engadín dúas referencias. --Atobar (conversa comigo) 7 de xuño de 2018 ás 08:44 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- ComentarioParéceme ben que se mellore, pero se de verdade se fai e non queda esquecido. Por outra banda, sigo pensando que debería integrarse en EuroGames, ou ben facer os demais artigos sobre este evento...--AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 18:14 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Borrar
Período de votación: 17/5/2018 - 18/6/2018
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Borrar |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 11:24 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:En primeiro lugar o título da lugar á confusión, xa que semella que houbo unha guerra civil (específica) nese lugar. Por outra banda os contidos son unha listaxe sen ningunha referencia que inclúe frases coma O mestre Xusto como non tiña nada que temer viaxou a Tui para informar dos acontecementos que ían acontecendo en Tui. ou Manecho Noia e "O Paquiño" foron sacrificados.. Por un lado non di en ningures quen foi o tal Manecho Noia e por outro, o de que "foron sacrificados" soa coma se fose un ritual no que foron ofrecidos aos deuses pagáns. Tamén temos Aparecen mortos na tráxica "Curva da Moura". O caso é que pode que alguén lle puidera resultar interesante, pero sen referencia algunha o artigo da a sensación de ser fonte primaria, e ten a mesma credibilidade que se eu escribo un sobre os mortos que houbo en Periana durante a guerra baseándome no me que contou a miña avoa.--AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 11:24 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 11:24 (UTC)[responder]
- Borrar. --Breogan2008 (conversa) 17 de maio de 2018 ás 11:38 (UTC)[responder]
- Borrar, por WP:NON, WP:NFP, WP:CITE e WP:V. --. HombreDHojalata.conversa 17 de maio de 2018 ás 20:08 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 22 de maio de 2018 ás 18:14 (UTC)[responder]
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 17 de xuño de 2018 ás 12:02 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
- Comentario A única ligazón a este artigo é desde Tui, onde está metido "con calzador" na sección de idade contemporánea como un véxase tamén. --AMPERIO (conversa) 17 de maio de 2018 ás 18:08 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Fusión
Período de votación: 13/03/2018 - 01/04/2018
SI: — NON: — NEUTRO: — CONCLUSIÓN: Fusión |
- Proposto por: Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 11:59 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado: propoño este modelo para o borrado despois de debatelo internamente comigo moito tempo. Non é un modelo que estea mal, pois amosa os alcaldes das cidades máis importantes de California en número de habitantes. Estamos a falar dunha cincuentena de alcaldes (e unha cincuentena de cidades). Porén, practicamente non temos artigos sobre esas cidades, e non temos ningún sobre os seus alcaldes. O contido sobre quen é ou non alcalde é ademais un que queda desactualizado moi rapidamente e sobre o que, neste momento da Galipedia, non temos capacidade de seguir e actualizar. Ademais, o título do modelo é erróneo, pois refírese ás cidades, cando en realidade é un modelo combinado de alcaldes e, en segundo plano, cidades. Creo que é mellor substituír o seu uso por outro modelo das cidades máis importantes de California, que xa existe, e simplemente borrar estoutro modelo que mestura cidades con alcaldes. Cando teñamos máis forza estará wai, pero agora mesmo ten, creo, moi pouco sentido. Outra opción sería readaptalo a un que fose "Alcaldes das principais cidades de California", pero que estaría baleiro, e que non poderíamos vincular, polo de agora, desde ningunha páxina.--Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 11:59 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 11:59 (UTC)[responder]
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2018 ás 16:07 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter e fusionar os contidos do outro neste (eliminando os alcaldes), para que se manteña o historial de edicións.--AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 16:21 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- @AMPERIO: ti como creador do modelo, como ves o tema? --Estevo(aei)pa o que queiras... 13 de marzo de 2018 ás 16:12 (UTC)[responder]
- Penso que ben se podería ter modificado este para convertelo neste outro que foi de posterior creación. Evidentemente non ten sentido manter dous modelos que conteñen practicamente a mesma información, pero quizais o que habería que borrar é o outro ou fusionar os contidos neste. --AMPERIO (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 16:21 (UTC)[responder]
- Optei pola proposta de borrado deste porque o outro modelo está moito máis espallado entre os distintos estados. Creo que o que propós, @AMPERIO:, de fusionar os historiais ten moito sentido. Compro. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de marzo de 2018 ás 17:06 (UTC)[responder]
- Pois si. Compro eu tamén. --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2018 ás 17:23 (UTC)[responder]
- Voto por fusión. --Chairego apc (conversa) 13 de marzo de 2018 ás 17:49 (UTC)[responder]
- Pois si. Compro eu tamén. --Atobar (conversa comigo) 13 de marzo de 2018 ás 17:23 (UTC)[responder]
Xabier Cid, pecho a votación. Cando poidas fai a fusión dos modelos porfa. --AMPERIO (conversa) 1 de abril de 2018 ás 10:40 (UTC)[responder]
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Borrar
Período de votación: 28/02/2018 - 7/03/2018
SI: 7 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Borrar |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 19:24 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:O contido deste artigo é exactamente o mesmo que o contido na homónima sección do artigo sobre o Reino de Galicia. Tan só ten 2 ligazóns cara artigos dos cales unha é cara o reino. En Wikipedia:Taboleiro dos administradores/Problemas varios/Arquivo 4#Artigo sospeitoso copyright xa se falou de que foi un copia-pega dun artigo a outro. --AMPERIO (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 19:24 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 19:24 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 11:15 (UTC)[responder]
- Borrar --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2018 ás 21:50 (UTC)[responder]
- Borrar mais integrar toda a info en Reino de Galicia (comprobar exactitude). --Norrin (Fálame) 2 de marzo de 2018 ás 08:44 (UTC)[responder]
- Borrar. --Breogan2008 (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 09:06 (UTC)[responder]
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 2 de marzo de 2018 ás 09:30 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 09:42 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Borrar
Período de votación: 22-2-2018 - 1-3-2018
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Borrar |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 19:42 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:Artigo sen ligazóns interwiki que se limita a facer unha listaxe de elementos que poden compoñer a memoria dun ordenador, así como elementos de almacenamento externos. --AMPERIO (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 19:42 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 22 de febreiro de 2018 ás 19:42 (UTC)[responder]
- Borrar--. HombreDHojalata.conversa 22 de febreiro de 2018 ás 23:09 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 08:52 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 09:11 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 18:19 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Borrar
Período de votación: 6-2-2018 - 1-3-2018
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Borrar |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 12:51 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:Creado en marzo de 2016 e sen revisar desde entón. O artigo non fai unha análise clara desde o punto de vista xurídico e da Filosofía do Dereito do que é a rama da Teoría do Dereito. O seu contido é unha adaptación desta páxina como se pode deducir do historial da mesma, no que se inclúen algúns datos dos que tampouco se indica a súa orixe nin quen está detrás. --AMPERIO (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 12:51 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 6 de febreiro de 2018 ás 12:51 (UTC)[responder]
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 21 de febreiro de 2018 ás 16:55 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 09:10 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 09:15 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 18:20 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Borrar
Período de votación: 5-2-2018 - 1-3-2018
SI: 5 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Borrar |
- Proposto por: AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 18:31 (UTC)[responder]
- Información: Motivos para o borrado:É unha tradución feita por Judcosta, marcado con atención desde setembro de 2017. O artigo é unha tradución automática, que xa de por si leva un erro no título Plano no canto de Plan, co cal o resto do artigo non se chega a entender ben. --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 18:31 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2018 ás 18:31 (UTC)[responder]
- Borrar. --Atobar (conversa comigo) 21 de febreiro de 2018 ás 16:54 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 09:10 (UTC)[responder]
- Borrar. --Chairego apc (conversa) 23 de febreiro de 2018 ás 09:16 (UTC)[responder]
- Borrar. --Xas (conversa) 28 de febreiro de 2018 ás 18:21 (UTC)[responder]
- Manter
- Neutros
- Comentarios
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Biografías de persoas centenarias
[editar a fonte]Votación PECHADA: Votación para borrar as biografías de persoas centenarias
Período de votación: 13 de decembro 2017 - 9 de xaneiro 2018
SI: 5 — NON: 1 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: aprobado |
Esta é unha votación para borrar unha lista de artigos que comparten as mesmas características. Creo que se pode solucionar cunha votación conxunta, pero tamén se podería, se se ve axeitdo, salvar algún:
- Antonio Arenosa Rodríguez
- Antonio Docampo García
- Evaristo Fernández García
- Antonio García Espiño
- Gumersinda García Rodríguez
- Manuela Golán Juncal
- Jesús González González
- Francisco Lestegás
- Ramona Taboada López
Información: Motivos para o borrado: Nunha votación anterior, hai máis de tres anos, a comunidade decidiu que os artigos sobre as persoas centenarias debían ser borrados porque non tiñan entidade. Eu fora o autor dalgún deles, pareceume ben, e refixen o artigo en Supercentenarios galegos, incorporando as súas bios.
Porén, o tempo foi pasando. Eu mesmo creei Avelina Mouzo Leis de novo, porque a súa importancia histórica é cada vez máis notable: non só é a persoa máis vella de Galicia durante 5 anos, senón que é a segunda persoa máis vella da historia de Galicia e unha das poucas supercentenarias; ademais, as persoas máis antigas de cada país adoitan ter artigos en todas as úas wikipedias, e a figura de Avelina Mouzo está cada vez máis documentada e apoiada na bibliografía.
Mais despois diso ou en paralelo a iso, Krisko e non sei se outras usuarias foron creando as biografías doutras persoas centenarias, que non eran as máis vellas de Galicia, nin tiñan record ningún. De maneira que agora mesmo o resultado non é coherente. Pregunteino na Taberna e nunha primeira consulta indicáronme que deberían borrarse os artigos, e por iso abro a votación, para darlle formalidade e consenso á votación.
Os argumentos a prol de borrar estes artigos é que son persoas que habitualmente teñen pouca relevancia persoal e para os que é difícil artellar artigos con referencias abondas. Ademais, se baixamos o limiar a "centenarios", como está agora, teremos moitas persoas (supercentenarios >110, centenarios >100), coa tendencia de ir a máis. A favor de mantelos é que son persoas tamén importantes, que non escribiron libros, nin fixeron guerras, nin dirixiron sindicatos, pero viviron cifras importantes de anos en Galicia. E son labregas e señoras do común, que tamén completan a visión do ser humano que representa unha enciclopedia coma esta.
A miña proposta, que é a que someto a votación, é:
- Suprimir e fusionar todos os artigos individuais de persoas centenarias nun, sobre persoas supercentenarias e centenarias
- Manter unicamente como biografías individuais aqueles de supercentenarias que foron (ou son) as persoas máis lonxevas de Galicia ou mesmo España (as detentoras dos records), e que son unicamente estas tres Francisca Barracel, Carmela Figueiró e Avelina Mouzo Leis. Temos bastantes datos das tres, e bastante ben referenciados.--Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de decembro de 2017 ás 12:09 (UTC)[responder]
- Borrar
- Borrar. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de decembro de 2017 ás 12:09 (UTC)[responder]
- Borrar. --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2017 ás 13:45 (UTC)[responder]
- Borrar e fusionar os artigos dos centenarios, e manter os tres dos súper centenarios como artigos individuais. --AMPERIO (conversa) 23 de decembro de 2017 ás 12:38 (UTC)[responder]
- Borrar. Agás que algunha/algún conseguira algún fito persoal non teñen porqué ter artigos. Considero que que chegasen a esas idades non é de interese enciclopédico.Mgl.branco (conversa) 2 de xaneiro de 2018 ás 22:50 (UTC)[responder]
- Borrar. Se non fixeron nada enciclopedicamente relevante nin son famosos por algo non ten sentido unha páxina propia. Outra cousa é que algún ou algúns deles batesen récords de idade (por iso a dos supercentenarios está mellor, e pódese manter). Tal como está a demografía e o adianto da medicina e condicións de vida, dentro de pouco ser centenario non será nada fóra do común. E por que non facer páxinas dos que chegaron a 80, 90 etc? Non tería sentido. Non é cuestión do tamaño do artigo senón da súa relevancia enciclopédica. Para ter páxina hai que ser famoso ou relevante por algo (ás veces por unha chorrada, pero que che deu sona), pero a única xustificación da páxina non pode ser que cumpriron 100 anos.--Miguelferig (conversa) 3 de xaneiro de 2018 ás 12:53 (UTC)[responder]
- Manter
- Manter todos. ☣Banjo tell me 14 de decembro de 2017 ás 12:30 (UTC)[responder]
- Neutros
- Neutro. Por máis voltas que lle deu, non o teño claro. --Atobar (conversa comigo) 3 de xaneiro de 2018 ás 10:44 (UTC)[responder]
- Comentarios