Saltar ao contido

Wikipedia:Eliminación rápida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wikipedia:X4»)

A eliminación rápida é unha política da Wikipedia que se aplica nunha serie de casos onde os administradores poden borrar páxinas inmediatamente sen pasar polo sistema de votacións de páxinas para borrar. Todas as páxinas que cumpran algunha das condicións detalladas nesta política poden catalogarse como de eliminación rápida, e ser eliminadas sen demora.

Os administradores deben ter coidado de non borrar páxinas ou ficheiros que non sexan casos obvios. Se unha páxina se mantivo tras unha votación de borrado, non debería eliminarse pola vía rápida desta política, agás que conteña algunha nova violación de dereitos de autoría descuberta logo da votación, ou que pase a cumprir algún dos outros criterios de forma incontrovertida. Os editores adoitan crear páxinas mediante varias edicións, polo que os administradores non deberían eliminar sen máis unha páxina que semelle incompleta pero que se acabe aínda de crear.

Calquera pode pedir a eliminación rápida dunha páxina ou ficheiro engadindo o marcador {{lixo}}. Antes de nomear unha páxina para eliminación rápida, considera outras opcións: se pode ser mellorada, reducida a un bosquexo, fusionada con outra, convertida nunha redirección, revertida a unha revisión previa ou manexada doutra forma. Unha páxina pode considerarse de eliminación rápida só se tódalas súas revisións se axeitan aos criterios de eliminación.

Os usuarios que nomeen unha páxina para a súa eliminación rápida deben especificar qué criterio ou criterios cumpre a páxina, e notificar o creador da páxina ou calquera outro editor que contribuíse nela de forma notable.

As abreviaturas (X1, A3...) empréganse para facer referencia a estes criterios de eliminación, e indícanse en cada unha das seccións correspondentes. Estas abreviaturas poden resultar confusas para os novos editores ou outros non familiarizados con esta páxina, polo que en moitas situacións pode ser preferible unha simple explicación dos motivos do borrado.

Criterios

[editar a fonte]

X1. Lixo

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X1

Este criterio refírese ás páxinas que consisten só de texto incoherente ou galimatías, sen contido ou historial significativo. Pero non se refire a textos con pobre ortografía, non neutrais, teorías pouco probables, vandalismo ou rumores, textos ficticios, texto coherente noutras linguas ou malas traducións, xa que para esas situacións existe un criterio particular na lista. Non se refire tampouco a páxinas e subpáxinas de usuario.

X2. Páxina de probas

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X2

Refírese a páxinas creadas para facer probas de edición ou calquera outro tipo de probas das funcións da Wikipedia. Refírese a subpáxinas de probas creadas para tal fin nos espazos de nomes principais, pero non se refire á zona de probas, que é o espazo onde se deben facer estas probas. Tampouco se refire ás páxinas e subpáxinas de usuario, nin a modelos válidos pero sen uso.

X3. Vandalismo

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X3
Véxase tamén: Wikipedia:Vandalismo.

Refírese este criterio ás páxinas que se crearon co único propósito de vandalizar, para comprometer de forma deliberada a integridade da Wikipedia.

X4. Recreación dunha páxina borrada tras votación

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X4

Refírese ás copias idénticas ou case idénticas, con calquera título, doutras páxinas que fosen borradas logo dunha votación. Non se inclúen neste criterio as páxinas que non sexan substancialmente idénticas á versión borrada, as páxinas nas que o motivo do borrado argumentado na votación xa non poida considerarse, e contido trasladado ó espazo dun usuario ou á súa páxina de probas para a súa mellora explícita (pero non coa intención de eludir a política de borrado).

X5. Eliminación por motivos técnicos

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X5

Este criterio pode seguirse para tarefas de mantemento non controvertidas, incluíndo:

  • Borrar categorías de mantemento vellas e xa sen uso.
  • Borrar unha redirección ou outro tipo de páxinas que bloqueen un movemento dunha páxina, para unha fusión ou un procedemento semellante. Neste tipo de casos cómpre ter precaución e revisar os historiais para asegurar que se manteñan na páxina correcta cando sexa preciso.
  • Borrar páxinas claramente creadas por erro ou co seu título (lugar no espazo de nomes) incorrecto.
  • Calquera outro tipo de mantemento ou tarefa administrativa trivial que requira o borrado temporal ou puntual dunha páxina concreta.

X6. Petición do autor

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X6

Emprégase este criterio cando un editor fai unha petición de borrado dunha páxina, de boa fe, e cando el ou ela é ademais o único/a que contribuíu nesa páxina. Este tipo de peticións adoitan ter lugar cando hai un erro no título ou o autor creou a páxina por erro. Poñer en branco (eiminar todos os contidos) unha páxina que estea fóra do espazo de nomes de usuario, categoría ou conversa pode considerarse unha petición de borrado por parte do autor do borrado.

X7. Páxina dependente doutra borrada ou inexistente

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X7

Exemplos de borrados que poden ser respaldados con este criterio son as páxinas de conversa orfas, subpáxinas sen páxina nai, páxinas de ficheiros sen unha imaxe correspondente, redireccións a páxinas non válidas (páxinas que non existen, bucles de redireccións, redireccións a títulos incorrectos e categorías poboadas por modelos borrados). Non se pode aplicar este criterio a outras páxinas que poidan ser útiles para a Wikipedia, como conversas de borrado non rexistradas noutro lugar, páxinas de usuario, páxinas de conversa de usuario, arquivos de conversas, conversas de ficheiros existentes en Commons e páxinas que deban moverse a outros lugares. As páxinas de conversa orfas ou subpáxinas sen páxina nai poden marcarse con {{páxina orfa}} para a súa conservación se son relevantes.

X8. Páxina de ataque ou acoso

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X8

As páxinas de ataque ou acoso son aquelas que só teñen o propósito de difamar, conteñen ameazas legais ou de calquera outro tipo, teñen a intención de acosar ou intimidar a unha persoa ou conteñen información biográfica sobre unha persoa viva nun ton totalmente negativo e sen fontes que apoien o texto. Estas páxinas deben eliminarse cando non hai unha versión neutral no historial á que se poida reverter. Tanto o título da páxina como o contido poden terse en conta á hora de avaliar o ataque ou acoso. Os artigos sobre persoas vivas borrados baixo este criterio non deben restaurarse ou crearse de novo ata que se cumpran os estándares dos artigos biográficos. As redireccións dende termos de procura plausibles non entran dentro deste criterio (ver WP:RNEUTRAL).

X9. Promoción ou spam

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X9

Pode usarse este criterio para páxinas que son exclusivamente promocionais e que precisarían ser reescritas dende o comezo para cumprir as políticas fundamentais. Se un tema particular é notable e o contido pode ser substituído por texto que cumpra o punto de vista neutral, é preferible facer isto antes que recorrer á eliminación. Os artigos que describa o tema tratado dende un punto de vista neutral non poden eliminarse baixo este criterio. Tamén hai que ter en conta que "promoción" non significa necesariamente unha propaganda comercial, pódese facer propaganda de calquera cousa, incluíndo persoas, organizacións, puntos de vista etc.

X10. Violación dos dereitos de autoría

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X10

Refírese a páxinas de texto que conteñan material con dereitos de autoría, sobre os que non hai unha evidencia de que estean no dominio público ou baixo unha licenza compatible, e cando non quede texto válido nesa páxina que se poida salvar. Só se debe borrar a páxina se o seu historial está corrupto, e non é posible amañala. Se existen versións anteriores onde non se produza violación de dereitos debe reverterse a páxina a esa versión. Para casos non obvios que non cumpran este criterio (como por exemplo se hai unha licenza dubidosa na fonte, cando se mesturan edicións de texto libre con texto con dereitos ou cando só hai unha violación parcial ou cambios mínimos no texto con dereitos), o artigo ou sección particular debe marcarse con {{Copyvio|fonte do texto con dereitos de autoría}}. O contido no dominio público e outros contidos libres, como espellos da Wikipedia, non poden borrarse seguindo este criterio. Tampouco entra baixo este criterio a falta de atribución do texto. Para imaxes e ficheiros multimedia, consulta o criterio equivalente.

X11. Mensaxe de sistema definida en TranslateWiki

[editar a fonte]
Atallo:
WP:X11

Este criterio só se refire ás mensaxes de sistema do espazo de nomes MediaWiki, e para aquelas que non están personalizadas de forma local na Galipedia. Estas páxinas deben borrarse localmente cando se desexa dar preferencia no seu lugar á mensaxe por defecto definida en TranslateWiki.

A1. Sen contexto ou relevancia enciclopédica

[editar a fonte]
Atallo:
WP:A1

Este criterio refírese aos artigos moi curtos que non conteñan un contexto suficiente para identificar o suxeito do artigo. Non se refire a contido coherente noutras linguas ou traducións con múltiples erros e incompletas. Se a información do título ou o contido, incluíndo ligazóns, lle permite a un editor engadir máis información sobre o tema para ampliar o artigo, non é axeitado empregar este criterio. Tamén se aplica este criterio cando hai artigos curtos sobre persoas, animais individuais, organizacións, obras, eventos ou contido web que non sexan significativos e non estean apoiados por fontes fiables que permitan a súa verificabilidade.

A2. Texto noutra lingua ou tradución automática con numerosos erros

[editar a fonte]
Atallo:
WP:A2

Refírese este criterio a artigos que non estean en galego ou que sexan traducións (manuais ou automáticas) con múltiplos erros, e que requiran un traballo de tradución e corrección exhaustivo. Polo xeral este tipo de artigos márcase primeiro con algún dos marcadores {{non galego}} ou {{autotrad}}, deixando un tempo razoable para permitirlles a outros editores arranxar os problemas indicados. De continuaren os problemas pasado o período indicado débese eliminar o artigo conforme este criterio.

A3. Sen contido relevante

[editar a fonte]
Atallo:
WP:A3

Refírese a artigos (que non sexan de páxinas de homónimos, redireccións ou redireccións suaves a proxectos irmáns) sen un contido significativo, que estean formados só por ligazóns externas, categorías, seccións de "véxase tamén", unha frase mínima semellante ó título, unha pregunta que debería ir na taberna ou nunha páxina de conversa, comentarios tipo chat, marcadores e/ou imaxes.

A4. Exportado a un proxecto irmán

[editar a fonte]
Atallo:
WP:A4

Artigos que só conteñen unha definición de dicionario, que xa foron exportados no Galicionario, unha fonte primaria que xa foi exportada ó Galifontes, unha páxina de citas exportada ó Galicitas ou calquera artigo de calquera temática que tras unha votación para borrar se acordase mover a outra páxina ou proxecto, ao que o movemento ou proceso de importación se completase.

A5. Duplicado

[editar a fonte]
Atallo:
WP:A5

Este criterio fai referencia a artigos de creación recente que non teñen un historial relevante, e que duplican un tema xa existente noutro artigo da Wikipedia, sen amplialo e sen achegar máis información ou detalles sobre ese tema, e cando o título non é unha posible redirección. Se o título é un termo razoable para o tema, converter o novo artigo nunha redirección pode ser preferible ó seu borrado.

A6. Falsidades, contido inventado, rumores

[editar a fonte]
Atallo:
WP:A6

Este criterio fai referencia a artigos claramente falsos ou inventados, ou ben sobre temas ou individuos inventados, teorizados ou descubertos polo creador do artigo ou outra fonte primaria, así como a claros rumores e falsidades sobre calquera tema, que non fornecen probas da súa credibilidade e verificabilidade.

Redireccións

[editar a fonte]
Atallo:
WP:R1
Véxase tamén: Wikipedia:Redireccións.

R1. Redirección entre espazo de nomes

[editar a fonte]

Pódese seguir este criterio de eliminación rápida no caso de redireccións, sen contar os atallos, dende o espazo de nomes principal cara a outro espazo de nomes.

Atallo:
WP:R2

R2. Redirección innecesaria

[editar a fonte]

Refírese ese criterio a redireccións de recente creación dende títulos con erros, pouco comúns ou improbables, ou con títulos completamente errados que non fornecen unha axuda á navegación e procura do artigo ou páxina a que apuntan.

R3. Redirección crebada

[editar a fonte]
Atallo:
WP:R3

Este criterio pode aplicárselles a redireccións que apuntan cara artigos borrados ou non existentes, cando non hai un título alternativo a que deban reirixirse.

Ficheiros

[editar a fonte]

Atallo:
WP:F1

F1. Redundante

[editar a fonte]

Este criterio fai mención ós ficheiros duplicados doutros, que non teñen uso e/ou son copias de menor calidade ou resolución doutro ficheiro da Wikipedia, co mesmo formato de ficheiro. Este criterio non se refire aos ficheiros que estean presentes en Commons.

Atallo:
WP:F2

F2. Corrupto, baleiro ou faltante

[editar a fonte]

Refírese a ficheiros que estean corruptos, páxinas de ficheiros sen o propio ficheiro, ficheiros baleiros, ou páxinas de descrición de ficheiros cargados en Commons que tan só conteñen información local innecesaria (agás os metadatos).

F3. Licenza non válida

[editar a fonte]
Atallo:
WP:F3

Este criterio refírese aos ficheiros onde se indiquen licenzas ou permisos non compatibles coa licenza CC-BY-SA da Wikipedia, como por exemplo "sen uso comercial" (incluíndo licenzas Creative Commons NC), "sen derivados", "usado co permiso de" ou "uso exclusivo na Wikipedia".

F4. Sen información de licenza

[editar a fonte]
Atallo:
WP:F4

Refírese aos ficheiros que non teñen a información de licenza necesaria para verificar cales son os dereitos de autoría. Estes ficheiros poden borrarse tras un período de tempo após a súa identificación, se ninguén engadiu a información requirida. Os administradores deben revisar o resumo da carga, información e metadatos do ficheiro, e a propia imaxe, na procura dunha licenza antes de proceder a eliminar o ficheiro baixo este criterio.

F5. Sen información de orixe

[editar a fonte]
Atallo:
WP:F5

Refírese a aqueles ficheiros que non teñen a información de orixe necesaria para verificar cales son os dereitos de autoría. Estes ficheiros poden borrarse tras un período de tempo após a súa identificación, se ninguén engadiu a información requirida. Os administradores deben revisar o resumo da carga, información e metadatos do ficheiro, e a propia imaxe, na procura dunha licenza antes de proceder a eliminar o ficheiro baixo este criterio.

F6. Sen orixe nin licenza

[editar a fonte]
Atallo:
WP:F6

Este criterio respalda a eliminación de ficheiros que non teñen nin a información de orixe nin de licenza necesarias para verificar cales son os dereitos de autoría. Estes ficheiros poden borrarse tras un período de tempo após a súa identificación, se ninguén engadiu a información requirida. Os administradores deben revisar o resumo da carga, información e metadatos do ficheiro, e a propia imaxe, na procura dunha licenza antes de proceder a eliminar o ficheiro baixo este criterio.

F7. Dispoñible en Commons

[editar a fonte]
Atallo:
WP:F7

Explícase con este criterio o borrado de imaxes que están dispoñibles en Commons, sempre e cando cumpran as seguintes condicións:

  • A versión de Commons ten o mesmo formato de ficheiro e é de igual ou maior calidade/resolución.
  • A licenza e fonte da versión de Commons está fóra de toda dúbida, e a licenza é válida para Commons. Para asegurar que o ficheiro non se elimine en Commons, o ficheiro alí debe ter:
    • Nome e data da morte do creador da obra artística representada polo ficheiro, ou proba evidente dunha licenza libre. De ser autor anónimo cómpre asegurarse que a páxina da descrición probe que isto sexa así.
    • País onde se localiza a obra representada, ou onde se publicou por primeira vez.
    • Data de creación ou primeira publicación da obra artística representada, dependendo da lei de dereitos de autoría do país de orixe.
  • Toda a información da descrición do ficheiro está presente na páxina de descrición de Commons, incluíndo historial de carga con ligazón á páxina de usuario do que cargou a imaxe orixinal localmente.
    • Se hai información non relevante para outros proxectos pero sí para a propia Galipedia, como categorías específicas ou marcas de destaque, a páxina de descrición do ficheiro e o seu historial deben recuperarse localmente tralo borrado, borrando toda a descrición mais mantendo esas categorías ou marcas.
  • Se a imaxe está dispoñible en Commons baixo un nome distinto do local, as referencias locais á imaxe deben actualizarse para apuntar ó nome do ficheiro en Commons.
  • Se a imaxe local non está protexida. As imaxes protexidas non deben eliminarse, aínda que exista unha copia idéntica en Commons. Este tipo de imaxes manteñense localmente por motivos de uso na interface ou en marcadores de alto risco.

F8. Violación dos dereitos de autoría

[editar a fonte]
Atallo:
WP:F8

Este criterio refírese ós casos obvios onde o ficheiro ou imaxe non é libre ou non existe unha afirmación ou indicación crible de posuír unha licenza compatible coa Wikipedia. A URL ou orixe do ficheiro debe mencionarse no momento da eliminación. As infraccións claras poden etiquetarse co marcador {{copyvio}}, mentres que as que presenten dúbidas deben revisarse nunha votación para o seu borrado.

Categorías

[editar a fonte]
Véxase tamén: Wikipedia:Categorías.

C1. Categoría baleira ou sen uso

[editar a fonte]
Atallo:
WP:C1

Deben eliminarse pola vía rápida as categorías que levan sen uso ou baleiras un período de tempo determinado. Este criterio non ampara a eliminación de categorías sobre elementos destacados, categorías internas da Wikipedia ou categorías de mantemento, que poden estar ocasionalmente baleiras. Estoutro tipo de categorías deben manterse, e indicarse co marcador {{categoría baleira}}.

C2. Categoría movida ou renomeada

[editar a fonte]
Atallo:
WP:C2

Este criterio fai referencia a categorías ás que se lle mudou o nome ou cando se moveron os artigos dunha categoría cara outra, habitualmente por motivos de corrección de erros no título da categoría, conversións de caracteres no título, axeitar a categoría ós estándares habituais para os títulos de categorías, renomear unha categoría para que coincida co artigo homónimo que representa, ou por petición do autor cando se realiza de boa fe e non afecta a ningún artigo.

Páxinas de usuario

[editar a fonte]
Atallo:
WP:U1

U1. Petición do usuario

[editar a fonte]

Este criterio fai referencia a páxinas de usuario persoais e subpáxinas de probas, logo da petición do propio usuario. Non se pode aplicar cando se trata de páxinas de conversa ou de arquivos de conversas vellas do usuario.

U2. Usuario non existente

[editar a fonte]
Atallo:
WP:U2

Refírese este criterio a páxinas de usuarios que non existen (compróbase en Especial:Lista de usuarios), agás páxinas de usuarios anónimos con algunha edición ou as páxinas de usuarios que mudaron de nome, para as que o nome previo normalmente se mantén como unha redirección ó novo nome durante un período de tempo razoable.

U3. Uso incorrecto da páxina de usuario

[editar a fonte]
Atallo:
WP:U3

Este criterio correspóndese con páxinas no espazo de nomes de usuario que só conteñen escritos, información, conversas e/ou actividades non relacionadas co propósito da Wikipedia, cando o propietario ten moi poucas ou ningunha edición fóra do espazo de nomes do seu usuario, coa excepción de bosquexos de futuros artigos e páxinas que cumpran coa política sobre páxinas de usuario.

Modelos e módulos

[editar a fonte]
Atallo:
WP:M1

M1. Modelo ou módulo sen uso aparente

[editar a fonte]

Fai referencia a modelos non usados en ningunha páxina, que non teñan un posible uso futuro, ou que non pareza que o vaian ter.

M2. Modelo ou módulo duplicado

[editar a fonte]
Atallo:
WP:M2

Criterio que se corresponde cos duplicados doutros modelos en uso, ou instancias codificadas doutro modelo que se poden substituír por unha chamada a ese modelo.