Saltar ao contido

Xardíns colgantes da Babilonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaXardíns colgantes da Babilonia
Imaxe
Tipojardim suspenso (pt) Traducir
Marabilla do Mundo Antigo
estrutura desaparecida Editar o valor en Wikidata
Parte deSete marabillas do mundo Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaIraq Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónBabilonia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 32°32′08″N 44°25′39″L / 32.5355, 44.4275
Os xardíns colgantes da Babilonia, imaxinados por Martin Heemskerck.

Os Xardíns colgantes da Babilonia, Xardíns pénsiles da Babilonia[1] (tamén coñecidos como os Xardíns colgantes de Semíramis) constitúen unha das sete marabillas do mundo antigo. É talvez unha das marabillas relatadas sobre a cal menos se sabe. Moito se especula sobre as súas posíbeis formas e dimensións, mais ningunha descrición detallada ou vestixio arqueolóxico foron encontrados.

Segundo a historia, o rei de Babilonia por aqueles tempos, Nabucodonosor II, sentíase inmensamente triste ao ver que a súa esposa preferida Amitis, unha princesa meda, criada entre montes e bosques, sentíase mal ao vivir nunha cidade tan chá como Babilonia. Entón, Nabucodonosor ordenou construír os maiores xardíns xamais edificados polo ser humano, para que imitaran a forma e aspecto dun monte. Erguéronse seis montes de terra artificiais, con terreos plantados de árbores, apoiados en columnas de 25 a 100 metros de altura. Chegábase a eles por unha escada de mármore. Tamén chamados como Xardíns colgantes de Semiramis, foron construídos no século VI a. C., no sur do Iraq, na Babilonia. Os terreos foron construídos encima doutro e eran irrigados pola auga bombeada do río Éufatres. Neses terreos estaban plantadas árbores e flores tropicais e paseos de altas palmeiras. Dos xardíns podíanse ver as belezas da cidade abaixo.

Pero cando a cidade entrou en decadencia e guerras, foi incendiada. Arderon tamén os xardíns, e para cando Alexandre Magno chegou a Babilonia, só quedaban cinzas da fermosa cidade. Hoxe en día, só quedan os restos e ruínas nas beiras do Éufrates.

Nabucodonosor foi rei da Babilonia (c. 630 a. C.- 562 a. C.), e durante o seu goberno a Babilonia atinxe o auxe da súa prosperidade e hexemonía, sendo coñecida como "Raíña da Asia". Nebuchadrezar II, fillo do xeneral Nabopolasar, fundador da dinastía caldea, sobe ao trono en 605 a. C., despois da morte do pai. Transforma a cidade babilónica en centro cultural e financeiro do mundo antigo. A maior realización do seu reinado é un conxunto arquitectónico para protexer a cidade de invasións. Comprende a Torre de Babel, con 250 m de altura, os Xardíns colgantes e un canal de defensa ligando os ríos Tigris e Éufrates, a 40 km da Babilonia, cercado por un muro en toda a súa extensión (o Muro dos Medas). Líder militar de grande enerxía e crueldade, aniquilou os fenicios, derrotou os exipcios e obtivo a hexemonía no Oriente Medio. Estende o Imperio Babilónico até o mar Mediterráneo. En 598 a. C., conquista Xerusalén e realiza a primeira deportación de xudeus para a Mesopotamia, episodio coñecido como "O Cativeiro da Babilonia". Coa súa morte e sen un sucesor coa mesma forza, os babilonios caen diante dos exércitos persas, na noite de 5/6 de outubro de 539 a. C. polo Rei Ciro da Persia, que desviou o curso do río Éufrates para poder penetrar na cidade. Nesa noite, unha festa estaba sendo dada en honra de Belsazar, Rei de Babilonia en exercicio. Esta caída de Babilonia, en todos os pormenores relatados na Historia, cumpriu a profecía bíblica por medio do profeta Isaías, que predixera este acontecemento, mencionando até mesmo o nome do Rei Ciro como conquistador de Babilonia, 200 anos antes do seu nacemento.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]