Xoana de Valois, raíña de Navarra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de xuño de 1343 Châteauneuf-sur-Loire, Francia |
Morte | 3 de novembro de 1373 (30 anos) Évreux, Francia |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Consorte real de Navarra | |
1352 – | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Outro | |
Título | Consorte real de Navarra Raíña consorte |
Familia | Dinastía Valois |
Cónxuxe | Carlos II de Navarra (1352–) |
Fillos | María de Navarra, Carlos III de Navarra, Pierre de Navarre, Xoana de Navarra |
Pais | Xoán II de Francia e Bona de Luxemburgo |
Irmáns | Maria de França, Duquesa de Bar Isabel de França, Condessa de Vertus Carlos V de Francia Filipe II, Duque da Borgonha João, Duque de Berry Lois I da Provenza |
Xoana de Valois, tamén coñecida como Xoana de Francia, nada e Châteauneuf-sur-Loire, preto de Orleáns, Francia, o 24 de xuño de 1343 e finada en Évreux, Condado de Évreux, Normandía, Francia, o 3 de novembro de 1373, foi filla de Xoán II, rei de Francia e da súa primeira esposa, Bona de Luxemburgo.
Foi raíña consorte de Navarra polo seu casamento con Carlos II o Malo.
Acción política
[editar | editar a fonte]Xoana de Francia desempeñou un importante papel na política do Reino de Francia no terceiro cuarto do século XIV, tanto nas relacións diplomáticas deste reino na época, como no goberno das súas posesiónes.
Matrimonio e fillos
[editar | editar a fonte]Xoana estivo comprometida con Xoán de Brabante, fillo de Xoán III, duque de Brabante, e de María de Évreux, pero a morte do noivo en 1349, puxo fin a este proxecto matrimonial.[1] [2]
En cambio, casou, o 12 de febreiro de 1352, co seu parente Carlos, que foi rei de Navarra (Carlos II),[2] cando ela tiña tan só 9 anos de idade.
Desta unión naceron:
- María de Evreux (1360 - 1400), que casou en 1393 con Afonso de Aragón e Jiménez, conde de Ribagorza.
- Carlos de Évreux (1361 - 1425), que foi rei de Navarra (Carlos III).
- Bona de Évreux (1364 - 1389).
- Pedro de Évreux (1366 - 1412), que foi conde de Mortain.
- Filipe de Évreux (1368).
- Xoana de Évreux (1370 - 1437), que casou en primeiras nupcias co seu primo Xoán IV da Bretaña e, despois (1403), con Henrique IV de Inglaterra
- Branca de Évreux (1372 - 1385).
Morte
[editar | editar a fonte]Xoana de Francia morreu en Évreux, capital do Condado de Évreux, feudo do seu esposo, cando contaba tan só con 30 anos de idade. Está enterrada na Basílica de Saint-Denis, Saint-Denis, Illa de Francia.
Antepasados de Xoana de Valois
[editar | editar a fonte]Predecesor: Filipe de Évreux |
Raíña consorte de Navarra 1352 - 1373 |
Sucesor: Leonor de Trastámara |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Charon 2009, p. 9.
- ↑ 2,0 2,1 Jeanne de France, en Jean de Valois, en COMTES de VALOIS, KINGS of FRANCE 1328-1498] en Medieval Lands (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoana de Valois, raíña de Navarra |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Charon, Philippe (2009): "Jeanne de Valois, reine de Navarre et comtesse d’Évreux (1343-1373)" en En la España Medieval 32: 7-50.
- Ramirez de Palacios, Bruno (2015): Charles dit le Mauvais: Roi de Navarre, comte d'Évreux, prétendant au trône de France. Le Chesnay: Éditions la Hallebarde. ISBN 978-2-9540-5852-8.
- Surget, Marie-Laure (2008): "Mariage et pouvoir: réflexion sur le rôle de l'alliance dans les relations entre les Evreux-Navarre et les Valois au XIVe siècle (1325-1376)" en Annales de Normandie 58 (1-2): 25-56.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xoana de Valois En la España Medieval (en castelán).
- Jeanne de France (1343-1373) en WikiTree (en francés).