Saltar ao contido

Xogos Olímpicos de 2000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Xogos Olímpicos de Sidney 2000»)
Modelo:Competición deportivaXogos Olímpicos de 2000
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Nome oficialSpiller vun der XXVII. Olympiad Editar o valor en Wikidata
TipoXogos Olímpicos de Verán Editar o valor en Wikidata
LemaShare the Spirit Editar o valor en Wikidata
MascotaOlly, Syd e Millie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Composto porBadminton nos Jogos Olímpicos de Verão de 2000
Remo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2000
Tiro com arco nos Jogos Olímpicos de Verão de 2000 +
../... 36 Editar o valor en Wikidata
Número de participantes199
10.651 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Eventos olímpicos300 Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSydney (Nova Gales do Sur) 33°52′04″S 151°12′36″L / -33.8678, 151.21 Editar o valor en Wikidata
PaísAustralia Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo15 de setembro de 2000 – 1 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Número de edición27  (2000) Editar o valor en Wikidata
Aberto oficialmente porWilliam Deane (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xuramento feito porRechelle Hawkes (pt) Traducir
Peter Kerr (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Facho acendido porCathy Freeman Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialolympics.com… Editar o valor en Wikidata

1996 Editar o valor en Wikidata
2004 Editar o valor en Wikidata

Os XXIV Xogos Olímpicos de Sidney, Australia, realizados entre o 15 de setembro e o 1 de outubro do ano 2000 e tamén coñecidos como Xogos do Milenio, foron os maiores organizados até o de entón, con 10.651 atletas de 199 países competindo en 300 eventos deportivos. Sucedéronse nunha atmosfera pacífica e estiveron ben organizados.

Australia, país anfitrión, preparouse para os seus Xogos coa intención de tornarse unha potencia olímpica e conquistou a espectacular marca de 58 medallas, sendo 16 de ouro, ficando na cuarta posición no cadro de medallas final dos Xogos, a mellor participación da súa historia.

Proceso de candidatura

[editar | editar a fonte]

Ademais de Sidney, catro cidades máis tentaron realizar os Xogos da XXVII Olimpíada: Pequín (China), Berlín (Alemaña), Istambul (Turquía) e Manchester (Inglaterra). A escolla de Sidney como sede foi en certo modo unha sorpresa, pois a favorita era Pequín.

Xogos Olímpicos de 2000
101º Sesión do Comité Olímpico Internacional
23 de setembro de 1993, Monte Carlo, Mónaco
Cidade País Votación
Australia Sidney Australia 30 30 37 45
República Popular da China Pequín China 32 37 40 43
Manchester Reino Unido 11 13 11 -
Alemaña Berlín Alemaña 9 9 - -
Istambul Turquía 7 - - -
Estadio Olímpico de Sidney cheo durante a competición de atletismo.

Cerimonia de Apertura

[editar | editar a fonte]
Disputa do balonmán durante os Xogos de Sidney 2000.

O facho olímpico foi acendido pola descendente de aborixes Kathy Freeman, nun simbólico mea culpa dos australianos pola dominación e case extinción da raza indíxena que habitaba Australia antes da chegada dos brancos. Esta mesma atleta gañaría despois a medalla de ouro nos 400 metros lisos.

As dúas Coreas entraron no estadio unidas baixo a mesma bandeira por primeira vez nos Xogos, mais competiron separadas.

Catro atletas de Timor Leste, recentemente independente e aínda loitando pola autonomía, desfilan na apertura dos Xogos, baixo o manto da bandeira olímpica (participan como participantes olímpicos independentes).

Atletas destacados

[editar | editar a fonte]

Ian Thorpe, australiano de 17 anos, tórnase no maior nome da natación dos Xogos, ao gañar tres medallas de ouro, quebrando a súa propia marca mundial nos 400m libres. No caso feminino é a neerlandesa Inge de Bruijn, con tres ouros e unha marca mundial.

Steve Redgrave, de Gran Bretaña, conquista a súa quinta medalla de ouro consecutiva en cinco Xogos consecutivos no remo.

O loitador de taekwondo Hieu Ngan Tran, gañou a primeira medalla, de prata, de Vietnam, dende a primeira participación do país en 1952.

O sistema de selección de deportistas olímpicos en cada país tamén deu lugar a situacións rechamantes, como a de Eric Moussambani, nadador de Guinea Ecuatorial. Tiña aprendido a nadar apenas seis meses antes do inicio dos Xogos e durante as competicións de Sidney foi a primeira vez que nadaba en piscinas con distancia oficial (en Guinea Ecuatorial non existían piscinas olímpicas). O nadador competiu nos 100 m libres só, xa que os dous competidores da súa serie foran desclasificados. Case afoga, chegando cun tempo de máis do dobre que os demais clasificados, mais pola súa simpatía e polo espírito olímpico converteuse nun dos deportistas destacados da competición.

Modalidades disputadas

[editar | editar a fonte]

Nestes Xogos, o tríatlon e o taekwondo fixeron a súa estrea olímpica.

Participantes.

Cadro de medallas

[editar | editar a fonte]
Cadro de Medallas
Posición País   Gold     Silver     Bronze   Total
1 Estados Unidos de América Estados Unidos 40 24 33 97
2 Rusia Rusia 32 28 28 88
3 China 28 16 15 59
4 Australia Australia 16 25 17 58
5 Alemaña Alemaña 13 17 26 56
6 Francia 13 14 11 38
7 Italia Italia 13 8 13 34
8 Países Baixos Países Baixos 12 9 4 25
9 Cuba 11 11 7 29
10 Reino Unido Reino Unido 11 10 7 28
11 Romanía Romanía 11 6 9 26
12 Corea do Sur 8 10 10 28

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]