Xúlio Abonjo
Nome orixinal | (gl) Xúlio Abonjo Escudero |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 4 de xuño de 1974 (50 anos) Pontevedra, España |
Actividade | |
Ocupación | actor |
|
Xúlio Abonjo Escudero, nado en Pontevedra o 4 de xuño de 1974, é un actor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou actuando en 1994 con Bacharel Teatro, actuou co Centro Dramático Galego no ano 2000 e é membro da compañía Bacana Teatro. Tamén representou montaxes teatrais coas compañías BaCaNa (2002,2008), Os Contracontos (2001,2005), Espello Cóncavo (1998) e coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela (1997-1999).
Ten participado en diversas series que se emitiron na TVG (Galicia Express, Terra de Miranda ou A vida por diante, entre outras). En cine cabe salientar o seu traballo en películas coma O lapis do carpinteiro (2003), O ano da carracha (2004) ou A biblioteca da iguana (2006).
A partir de 2007 forma parte do elenco de Cuestión de sexo, serie emitida por Cuatro, supoñendo este o seu primeiro papel principal nunha serie de ámbito estatal.
Teatro
[editar | editar a fonte]- Paco Pixiñas, historia dun desleigado (1994)
- Doce homes sen piedade (1994)
- Cemiterio de automóbiles (1995)
- Wonderball circus, o circo da bola marabillosa (1996)
- O porqué das cousas (1997)
- Ubú rei (1997)
- Peter Pan (1998)
- Comedia noxenta para mamá (1998)
- Os vellos non deben de namorarse (1999)
- La cabeza del dragón (1999)
- Caperucitoloxía (2000)
- A burla do galo (2000)
- Ratman & Bobyn, un musical de cloaca (2002)
- Os fillos de Eva, the show (2004)
- Hendaya, mon amour (2006)
Televisión
[editar | editar a fonte]- Pratos combinados, 2000. TVG.
- Galicia exprés, 2000. TVG.
- Pequeno Hotel, 2001. TVG.
- El Comisario, 2001. Telecinco.
- Terra de Miranda, 2003. TVG.
- 4º sen ascensor, 2005. TVG.
- Zapping comando, 2006. TVG.
- Cuestión de sexo, 2007-2009. Cuatro.
- O Nordés, 2009. TVG.
- Padre Casares, 2014. TVG.
- Códice, 2014. Como Salgado. TVG.
- Hospital Real, 2015. TVG.
- Fariña, 2018, Antena 3.
- As do hóckey, 2019, TV3.
Cinema
[editar | editar a fonte]- O lapis do carpinteiro, 2001
- Entre bateas, 2002
- O ano da carracha, 2004
- Hai que botalos, 2005
- Bechos raros, 2006
- Chapapote... o no, 2006
- A biblioteca da iguana, 2006
- Xan, a despedida, 2007
- A mariñeira, 2007
- Mar libre, 2009.
- Os fenómenos, 2014
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- A escapada, 1998
- Casi perfecto, 2003
- Colores, 2004
- Din que chove, 2005
- Viaxe a Finlandia, 2005
- Sin Plomo, 2006
- Xan, a despedida, 2007
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2007 | Premio do xurado ao mellor actor | Sen chumbo | Gañador |
2017 | Premio do xurado ao mellor actor (ex aequo Ricardo de Barreiro) | Einstein-Rosen | Gañador |
Ano | Categoría | Filme | Resultado |
---|---|---|---|
2005 | Mellor actor | 4º sen ascensor | Nomeado |
2007 | Mellor actor secundario | Charly Gutbai | Nomeado |
2013 | Mellor actor | Encallados | Nomeado |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, Feliciano, ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego / O Correo Galego. p. 12. ISBN 84-8064-113-4.