Saltar ao contido

Galicia Exprés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Galicia exprés»)

Galicia exprés
FormatoDrama
IntérpretesAndrés Fraga
Manuela Varela
Maxo Barjas
Rodrigo Roel
Xulio Abonjo
Nekane Fernández
Xosé Manuel Esperante
Ledicia Sola
País de orixeGalicia Galicia
Episodios80
Produción
Duración30 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixeTVG
Formato de imaxe4:3
Primeiro episodio2001
Derradeiro episodio2001
Na rede
IMDB: tt0267180 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Galicia Exprés é unha serie xuvenil de ficción que emitiu a TVG en 2001, producida por Filmanova e CTV, e dirixida por Beatriz del Monte e Antón Reixa. Ambientada nunha empresa de mensaxería, que monta un estudante de dereito tras fracasar nos seus estudos, trata dos problemas dos mozos que alí traballaban e a contorna que os rodea.

Manuel, un estudante de 25 anos, fracasado como estudante de dereito, decide poñer en marcha unha mensaxería, "Galicia Exprés". Deste xeito convértese en empresario e pode dar emprego a outros mozos: un apaixonado da informática, unha motorista que lidera unha banda de rock e incluso a un desempregado de máis de 45 anos. Para levar a cabo esta iniciativa, Manuel vai ter o apoio da súa moza, Elisa, unha estudante brillante de boa familia, e a axuda económica de Sandra, irmá máis vella de Elisa. As relacións laborais, académicas e sentimentais destes personaxes vanse complicando e enleando coas relacións cos clientes habituais e veciños da mensaxería.

Os exteriores da serie están visiblemente rodados en Santiago de Compostela.

Na serie "Pequeno Hotel" era habitual contar con rostros coñecidos, incluíndo actores interpretando os seus doutras series da TVG. De "Galicia exprés" interveu Xulio Abonjo.

Elenco de actores

[editar | editar a fonte]

Outros intérpretes

[editar | editar a fonte]