Admiral Vladivostok
Admiral Vladivostok Адмирал Владивосток | |
---|---|
Fundación | 2013 |
Cidade | Vladivostok, Rusia |
Estadio | Fetissov Arena |
Capacidade | 5 915 espectadores |
Liga | KHL |
Conferencia | Leste |
División | Chernyshev |
Director | Alexey An |
Adestrador | Alexander Andrievsky |
Afiliado(s) | HC Tambov (VHL) Taifun Primorsky Krai (MHL) |
Cores | Negro, dourado |
Na rede | |
http://hcadmiral.ru | |
O Hockey Club Admiral Vladivostok (en ruso Хоккейный клуб Адмирал Владивосток) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Vladivostok, Rusia. Foi fundado en 2013 para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2013-14.[1] O Admiral será o equipo máis ao leste da liga, e un dos dous únicos equipos do Extremo Oriente Ruso. Xogará os seus partidos como local no Fetissov-Hall, un pavillón con capacidade para 5 500 espectadores que será inaugurado en 2013. O presidente do novo club será o ex xogador Aleksandr Mogilny.[1]
O nome e o logo do Admiral foron decididos polo público mediante unha enquisa realizada en Internet pola Autoridade Rexional. Nesta enquisa, o nome Admiral conseguiu o 72,2 % dos votos, fronte ao 24,7 % que obtivo Kassatki ("Baleas Asasinas") e o 3 % de Forpost.[2][3] Situado na Provincia Marítima, o seu logo representa unha áncora branca sostida por sticks de hóckey e un temón. Unhas liñas diagonais negras e laranxas cruzan de dereita a esquerda en sentido descendente o escudo. O escudo está coroado por unha estrela vermella.[4]
Como parte do KHL Junior Draft 2013, o club adquiriu os dereitos dalgúns xogadores, algúns deles procedentes dos veciños Xapón e Corea do Sur. Para que o equipo poida competir cun conxunto completo na liga, o 17 de xuño terá lugar un Extension Draft.[5]
Xogadores
[editar | editar a fonte]Equipo na primeira tempada
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 khl.ru, ed. (2013-04-27). "Vladivostok club ready for KHL".
- ↑ hockeyfans.ch, ed. (30 de Maio de 2013). "Admiral Wladiwostok in der KHL". Consultado o 4 de xuño de 2013.
- ↑ Ria Novosti, ed. (2013-05-30). "Voters Choose Name for New Vladivostok Hockey Team". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2013. Consultado o 04 de xuño de 2013.
- ↑ iSport.ua, ed. (30 de maio 2013). "КХЛ. Болельщики Владивостока решили назвать новый клуб Адмиралом" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2013. Consultado o 4 de xuño de 2013.
- ↑ khl.ru, ed. (14 de Maio de 2013). "June Extension Draft for Vladivostok". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 4 de xuño de 2013.
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |