HC Slovan Bratislava
Slovan Bratislava | |
---|---|
Fundación | 1921 |
Cidade | Bratislava, Eslovaquia |
Estadio | Ondrej Nepela Arena (10.115 espectadores) |
Liga | Kontinental Hockey League (dende 2012) |
Conferencia | Oeste |
División | Bobrov |
Director | Maroš Krajči |
Adestrador | Rostislav Čada |
Afiliado(s) | HK 36 Skalica (Extraliga Eslovaca) |
Cores | Azul, granate e branco |
Na rede | |
http://www.hcslovan.sk | |
O Hockey Club Slovan Bratislava (en eslovaco Hokejový klub Slovan Bratislava) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Bratislava (Eslovaquia). O club foi fundado en 1921 e é o club máis laureado de Eslovaquia. Dende a 2012-13 compite na Kontinental Hockey League (KHL) representando a Eslovaquia. Xoga os seus partidos como local no Ondrej Nepela Arena, un pavillón con capacidade para 10.115 espectadores.
Historia
[editar | editar a fonte]O HC Slovan Bratislava foi fundado como equipo de fútbol en 2919 baixo a denominación de 1. ČsŠK Bratislava. En 1921 creouse a sección de hóckey sobre xeo, denominada CsSK hockey. En decembro de 1924 xogou o seu primeiro partido, foi na derrota por 1 gol a 6 fronte ao Wiener EV de Viena. En 1939 o nome do club cambiou polo de Slovan Bratislava, mantendose ata a actualidade.[1]
Logo da segunda guerra mundial, o Slovan foi o único representante eslovaco na máxima categoría do hóckey sobre xeo checoslovaco durante moito tempo, conseguindo en moitas ocasións o subcampionato. O seu único título no Campionato Checoslovaco chegou coa dirección do adestrador Ladislav Horsky na tempada 1978–79. Ademais, os equipos de base gañaron moitos campionatos.[1]
Logo da Disolución de Checoslovaquia en 1993, o Slovan pasou a xogar na Extraliga Exlovaca, gañando oito títulos da máxima categoría do hóckey sobre xeo eslovaco, éxitos que se repetiron co equipo júnior.[1]
Ademais do éxito logrado en Eslovaquia, o Slovan tamén realizou notables participacións en competicións internacionais, con tres títulos da Spengler Cup consecutivos entre 1972 e 1974. Tamén é un dos catro únicos equipos que xogou os catro anos a European Hockey League, chegando sempre aos play-offs. Outro grande éxito internacional do club chegou na tempada 2003-04 coa consecución do IIHF Continental Cup. Dende o 2011, o Slovan participa no European Trophy.[1]
Kontinental Hockey League
[editar | editar a fonte]En marzo de 2012, o Slovan solicitou o seu ingreso na Kontinental Hockey League (KHL).[2] O 21 de xuño dese mesmo ano, o Slovan Bratislava foi admitido oficialmente na KHL, logo de cumprir tódalas condicións necesarias. Fundado en 1921, é o club máis antigo da KHL cunha ampla marxe.[3]
Tempada 2012–13
[editar | editar a fonte]En maio, o Slovan fichou a Rostislav Čada como novo adestrador xefe para a súa primeira tempada na KHL, levando ao club a súa experiencia na competición logo de traballar no Avangard Omsk.[4] Logo de xogar dous partidos de preparación fronte a equipos da KHL e o European Trophy no verán, o Slovan comezou a tempada 2012–13 coa derrota por 2 a 4 na casa fronte ao ucraíno e tamén debutante na competición HC Donbass o 6 de setembro de 2012 cun cheo total nas bancadas. A primeira vitoria chegaría catro días despois no partido fronte ao Spartak Moscova, gañando por 2–1 logo por shootout.
Denominacións
[editar | editar a fonte]- 1993-1994 : HC Slovan Bratislava
- 1994-1995 : HC Slovan HTC Bratislava
- 1995-2002 : HC Slovan Harvard Bratislava
- 2002-2004 : HC Slovan Slovnaft Bratislava
- Dende 2004 : HC Slovan Bratislava[5]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Títulos nacionais
[editar | editar a fonte]- 8 Extraligas Eslovacas: 1997–98, 1999–2000, 2001–02, 2002–03, 2004–05, 2006–07, 2007–08, 2011–12
- 1 Campionato Checoslovaco: 1978–79
- 2 Liga Eslovaca (1938–1944): 1941, 1942
- 2 1. SNHL: 1981–82, 1989–90
Títulos internacionais
[editar | editar a fonte]- 1 IIHF Continental Cup: 2004
- 3 Spengler Cup: 1972, 1973, 1974
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "História klubu". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2012.
- ↑ "The Slovakian candidate". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 23 de setembro de 2012.
- ↑ Slovan získal definitívny súhlas na štart v KHL[Ligazón morta]
- ↑ "Rostislav Čada oficiálne novým hlavným trénerom". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2012.
- ↑ Denominacións históricas en http://www.hcslovan.sk/ Arquivado 01 de outubro de 2011 en Wayback Machine.. (en eslovaco)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Slovan Bratislava |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en eslovaco)
- Sitio web dos seareiros Verní Slovanu (en eslovaco)
- Sitio web dos seareiros My sme tu doma (en eslovaco)