Saltar ao contido

Metallurg Novokuznetsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metallurg Novokuznetsk
Металлург Новокузнецк
Fundación1949
Cidade Novokuznetsk,
Óblast de Kemerovo
Rusia
EstadioPazo dos Deportes Kuznetsk Metallurgists
(8.040 espectadores)
LigaKontinental Hockey League
ConferenciaLeste
DivisiónChernyshev
Campionatos0
Director Leonid Vaysfeld
Adestrador Boris Mikhaïlov
Afiliado(s)Iermak Angarsk (VHL)
Kouznetskie Medvedi (MHL)
CoresVermello, negro e branco
                 
Na rede
http://www.metallurg-nk.ru/

O Metallurg Novokuznetsk (en ruso Металлург Новокузнецк) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo de Siberia con base na cidade de Novokuznetsk, óblast de Kemerovo (Rusia). Actualmente forma parte da División Chernyshev da Kontinental Hockey League (KHL), competición á que pertence dende a súa fundación no 2008.

O club foi fundado en 1949. En 1960 conseguiu ascender por primeira vez á máxima categoría do Campionato da URSS, onde competiu durante seis tempadas ata o seu descenso. O equipo estivo entre a segunda e a terceira categoría do hóckey sobre xeo soviético ata o seu retorno á elite en 1992. No 2008 pasou a formar parte dunha nova competición, a KHL, na que ata a data non conseguiu bos resultados, quedando sempre entre os peores equipos da liga, sendo o seu mellor posto o 21º da súa primeira participación, empeorando a súa marca na segunda tempada ficando no último posto.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Participacións na KHL

[editar | editar a fonte]
Tempada PX V VP VPn D DP DPn GF GC Pts Clasificación Play-offs
2008-09 56 12 3 2 3 5 31 127 157 54 21º/24 Non se clasificou
2009-10 56 13 1 2 2 5 33 105 159 52 24º/24 Non se clasificou

PX: Partidos xogados
V: Vitorias
VP: Vitorias na prórroga
VPn: Vitorias nos penaltis
D: Derrotas

 

DP: Derrotas na prórroga
DPn: Derrotas nos penaltis
Pts: Puntos
GF: Goles a favor
BC: Goles en contra

 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]