Copa Continental (KHL)
Aparencia
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tipo | premio ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2010 – ![]() |
A Copa Continental[1][2] (en ruso Кубок Континента, Kubok Kontinenta), tamén coñecida como Kontinental Cup,[3] é o trofeo outorgado ao equipo gañador da liga regular da Kontinental Hockey League (KHL), isto é, o equipo que consegue máis puntos ao finalizar a liga regular. Foi introducida na segunda tempada da competición. Anteriormente, o campión da primeira tempada era denominado simplemente gañador da liga regular. O nome do trofeo foi votado polos internautas que visitaron o sitio web da KHL. Outros nomes candidatos na votación eran: Leader Cup, Suvorov Cup, Peoples' Friendship Cup e «Our Game» Cup. Na votación participaron máis de 24.000. O nome Copa Continental recibiu o 58,57% dos votos (14.118 votos).[4]
Gañadores da Copa Continental
[editar | editar a fonte]O | Equipo da Conferencia Oeste |
L | Equipo da Conferencia Leste |
* | Campión da Copa Gagarin |
% | Equipo que perdeu as finais da Copa Gagarin |
^ | Equipo que perdeu en roldas preliminares dos play-offs |
Tempada | Equipo | Partidos | Puntos | Resultado nos play-offs | |
---|---|---|---|---|---|
2009–10 | L | Salavat Yulaev Ufa | 56 | 129 | Perdeu na final de Conferencia (AKB) |
2010–11 | L | Avangard Omsk | 54 | 118 | Perdeu nas semfinais de Conferencia (MMG) |
2011–12 | L | Traktor Chelyabinsk | 54 | 114 | Perdeu na final de Conferencia (AVA) |
2012–13 | O | SKA San Petersburgo | 52 | 115 | Perdeu na final de Conferencia (DYN) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ufa’s first trophy". khl.ru. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2010. Consultado o 9 de agosto de 2012.
- ↑ "Новые трофеи Лиги". khl.ru. Consultado o 9 de agosto de 2012.
- ↑ "Kontinental champion!". Kontinental Hockey League. 26 de febreiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2012.
- ↑ ""Кубок Континента" – награда победителю регулярного чемпионата". khl.ru. Consultado o 9 de agosto de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial da KHL (en ruso) (en inglés)