Alexanderplatz
Alexanderplatz ( pronunciación en alemán (axuda · info)) é unha gran praza localizada na área céntrica de Berlín, Alemaña, preto do río Spree e o Palacio da República, entre outros edificios históricos. Orixinalmente chamábase Ochsenmarkt ou mercado do boi.
A praza, chamada simplemente Alex polos berlineses, oficia tamén de centro de transbordo de pasaxeiros. Está rodeada por varios edificios e estruturas de envergadura, como a Fernsehturm, a torre de televisión máis alta da Unión Europea. Na Alexanderplatz mesma atópanse, entre outros, o Forum Hotel Berlín, o edificio propiamente dito máis alto da cidade, e o Reloxo Mundial, unha grande estrutura de metal que rota permanentemente e mostra a hora de todo o mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]Orixinalmente un mercado de venda de gando, recibiu o seu nome en honor dunha visita a Berlín do tsar Alexandre I de Rusia, o 25 de outubro de 1805. A finais do século XIX a praza cobrou importancia como centro comercial coa construción dunha estación de metro do mesmo nome e un mercado. Tivo o seu auxe nos anos 1920, cando xunto con Potsdamer Platz era considerada o corazón da noite berlinesa, chegando a inspirar a novela Berlin Alexanderplatz, publicada por Alfred Döblin en 1929.
Durante a Batalla de Berlín, no marco da segunda guerra mundial, a praza foi fortemente danada polos bombardeos e os combates.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Búnker de Berlín.
Alexanderplatz foi redeseñada varias veces na súa historia, sendo as reformas dos anos 1960 as últimas de magnitude, na que a praza foi ampliada como parte do plan de redeseño do centro de Berlín encarado pola República Democrática Alemá. Converteuse a partir de entón nun dos espazos públicos máis importantes de Berlín Oriental. Logo da reunificación alemá Alexanderplatz de novo foi sometida a varios cambios e reformas, do mesmo xeito que os edificios que a rodean e boa parte da cidade.
Malia a construción dunha liña de tranvía e a engádega dalgúns espazos verdes, a praza conservou o seu marcado carácter socialista. Consérvase, por exemplo, a Fonte da Amizade dos Pobos, branco frecuente de graffitis e pintadas. En 1993 publicáronse plans que falaban da construción de varios rañaceos, pero a falta de demanda e interese fixo decaer a iniciativa e é improbable que se leve a cabo. Con todo, a partir de 2004 redeseñáronse algúns edificios e está planeada a construción dalgunhas estruturas novas no sector sueste da praza.
En maio de 2007 os obreiros que realizan obras na rede de sumidoiros da praza descubriron no subsolo o que se considera como o maior búnker da Alemaña nazi construído na capital alemá.[1]
A construción da que se esqueceu a súa existencia, foi construído entre 1941 e 1943 como refuxio da compañía alemá de ferrocarrís.
O búnker está situado xunto á Casa dos Profesores e descoñécense as súas dimensións exactas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Achan baixo a Alexanderplatz de Berlín un búnker subterráneo nazi". 20minutos.es. 18 de maio de 2007. Consultado o 2008-04-19.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Alexanderplatz |