Alfonso Díaz Trigo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1912 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 1968 (55/56 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | médico, xornalista, político |
Alfonso Díaz Trigo, nado en Buenos Aires en 1912 e finado na mesma cidade en 1968, foi un médico, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado na Arxentina, os seus pais procedían de Lugo. A familia retornou a Galicia cando Alfonso era neno. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Valladolid (onde foi presidente da Tuna Escolar Vallisoletana),[1] para finalmente licenciarse na Universidade de Madrid en 1933,[2] onde foi membro da directiva da FUE.[3] Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 exercía en Madrid e abrazou a causa republicana. Ao rematar a guerra tivo que fuxir á Arxentina. Convalidou o seu título de médico na Universidade Nacional del Litoral en 1939. Desempeñou a cátedra de Historia da Medicina na Facultade de Ciencias Médicas da Universidade de Buenos Aires (1960-1962). Militou na Agrupación de Intelectuais Demócratas, na Asociación Gallega de Universitarios, Escritores y Artistas (AGUEA) e na Comisión de Cultura do Consello de Galiza. Fundou e dirixiu o periódico Lugo: Órgano oficial del Centro Lucense de Buenos Aires (1948),[4] e colaborou en O Irmandiño de Montevideo. En 1968 publicou Medicina precolombina.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Díaz-R. Labajo, M.ª Aránzazu (2016). El exilio científico republicano en Argentina. Universidad de Salamanca. pp. 88, 238. ISBN 978-84-9012-604-2.
- Simón Lorda, David (2010). "Os nomes do exilio (médico, republicano, galego)" (PDF). Cadernos de Atención Primaria 17: 264–270. Consultado o 12 de marzo de 2018.