Algiers
Algiers | |
---|---|
Orixe | Atlanta, Xeorxia, |
Período | 2012 - presente |
Xénero(s) | post-punk, soul, noise rock, gospel, industrial, blues, rock experimental |
Selo(s) discográfico(s) | Matador Records |
Membros | Franklin James Fisher Ryan Mahan Lee Tesche Matt Tong |
Artistas relacionados | Bloc Party, Lyonnais |
Na rede | |
algierstheband.com | |
Algiers é unha banda estadounidense de rock procedente de Atlanta, Xeorxia e formada no ano 2012. O grupo está composto polos multiinstrumentistas Franklin James Fisher, Ryan Mahan, Lee Tesche e Matt Tong.[1] Algiers ten gran cantidade de influencias musicais (e non musicais), destacando o post-punk, o gospel, a literatura gótica sureña, o hip hop, e o concepto do Outro. O seu son foi descrito como soul distópico debido ao seu ton sombrío, voces inspiradas no afrofolk, e un forte énfase nas texturas atonais.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]Fisher, Mahan, e Tesche (da banda experimental Lyonnais) coñecéronse e medraron tocando música xuntos en Atlanta, Xeorxia, pero formaron oficialmente o grupo en Londres no ano 2012 co lanzamento do seu primeiro sinxelo.[3] Elixiron o nome Algiers (Alxer) en referencia a un sitio clave na loita anticolonial, simbolizando un lugar en disputa onde se mesturan a violencia, o racismo, a resistencia e a relixión.[4]
Formación e álbum de estrea
[editar | editar a fonte]O grupo publicou o seu sinxelo de estrea, "Blood", en xaneiro de 2012 a través do selo baseado en Atlanta Double Phantom. Byron Coley de The Wire escribiu: "Aínda que a fusión pode ter sido tocada en gravacións relacionadas tanto de The Birthday Party como de The Gun Club, Algiers dedícase a enxertar música gospel en porcallada guitarreira post-punk ...este disco é fascinante e realmente te absorbe co seu estraño poder".[5]
O álbum de estrea autotitulado da banda foi editado por Matador o 2 de xuño de 2015.[6] Antes do lanzamento, o grupo foi abreconcertos para Interpol durante unha xira por América do Norte.[7] Matt Tong, anteriormente en Bloc Party, comezou a tocar a batería con Algiers nesa época.[7]
Na primavera de 2016 a banda estreou e realizou unha xira polo leste dos Estados Unidos proxectando a sexta entrega da serie de filmes de Brendan Canty (de Fugazi) e Christoph Green Burn to Shine.[8] Burn to Shine Atlanta foi comisariada por Lee Tesche de Algiers e filmada no verán de 2007.[9] Posteriormente a banda realizou unha instalación ao vivo co renomeado artista floral xaponés Makoto Azuma actuando no deserto californiano baixo unha palmeira suspendida no aire.[10]
Presente
[editar | editar a fonte]O 23 de xuño de 2017 Algiers lanzou o seu segundo álbum de estudio, The Underside of Power. O traballo foi producido por Adrian Utley de Portishead e Ali Chant e mesturado por Randall Dunn. O lanzamento coincidiu cunha xira europea en estadios como abreconcertos para Depeche Mode,[11] e cunha remestura do sinxelo principal do seu álbum Spirit.[12] Na mesma época revelouse que Algiers tamén estivera traballando no estudio con Massive Attack[13] e que lanzaría unha cinta experimental e unha serie de fanzines.[14] Durante 2018 a banda realizou unha xira con Young Fathers, outra con Downtown Boys, e realizou un concerto especial na festa do 25 aniversario da sala de concertos Black Cat.[15]
Antes da edición do seu seguinte álbum, a banda publicou o explosivo sinxelo de free jazz aclamado pola crítica "Can the Sub_Bass Speak?"[16] O seu terceiro álbum con Matador, There Is No Year, seguiulle o 17 de xaneiro de 2020. O 1 de febreiro o grupo realizou a súa primeira actuación en televisión interpretando "Dispossession" no programa The Late Show with Stephen Colbert.[17]
Tras o lanzamento do disco membros do grupo viaxaron a Alxeria por primeira vez e alí coñeceron a Saadi Yacef, que fora líder da Fronte de Liberación Nacional durante a guerra de Alxeria. As súas memorias, Souvenirs de la Bataille d'Alger, serviran como base para o filme de Gillo Pontecorvo La battaglia di Algeri, que Yacef axudou a producir, e foran unha das inspiracións para o nome da banda.[18] Este feito marcou un período frenético de actividade para a banda que comezou coa súa aparición no EP audiovisual de Massive Attack Eutopia xunto con Christiana Figueres.[19] Despois publicaron “Cleveland 20/20”, unha expansión de 50 minutos e nova versión do seu tema "Cleveland" a raíz das protestas polo asasinato de George Floyd.[20] Fisher foi invitado a participar no álbum BRASS de Billy Woods e Moor Mother,[21] e Mahan publicou o seu primeiro traballo en solitario como Dead Meat.[22] Tesche e Mahan tamén lanzaron dous álbums coa colaboración multimedia Nun Gun, xunto co artista visual Brad Feuerhelm.[23] A estrea de Nun Gun, Mondo Decay, combina un libro de fotografías de Feuerhelm cun casete coa banda sonora do mesmo que conta como convidados con Mark Stewart de The Pop Group, Adrian Sherwood, ONO, Mourning [A] BLKstar, os artistas Luiza Prado e Farbod Kokabi, e os autores Blake Butler, Michael Salu, e Sohail Daulatzai.[24]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Algiers | 2015 | Matador Records |
The Underside of Power | 2017 | Matador Records |
There Is No Year | 2020 | Matador Records |
Shook | 2023 | Matador Records |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Quietus | Features | Escape Velocity | You Have To Fight For Change: Algiers Interviewed". The Quietus (en inglés). Consultado o 2020-02-10.
- ↑ ChrisS. "10 Great Things to do in RI This Weekend - September 21, 2018". GoLocalProv (en inglés). Consultado o 2020-02-10.
- ↑ "A Band Apart". NPR. Consultado o 24 de febreiro de 2023.
- ↑ "You Have To Fight For Change: Algiers Interviewed". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-02-24.
- ↑ Coley, Byron. "Reviews", The Wire, Londres, outubro de 2012.
- ↑ "Algiers - Algiers Album Reviews, Songs & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-02-24.
- ↑ 7,0 7,1 "Band To Watch: Algiers". Stereogum (en inglés). 2015-03-26. Consultado o 2023-02-24.
- ↑ "Algiers – New Dates With “Burn To Shine” Screenings – Matablog" (en inglés). Consultado o 2023-02-24.
- ↑ "Burn to Shine 6 ignites the past". web.archive.org. 2017-08-08. Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 2023-02-24.
- ↑ "Algiers & Azuma Makoto- “Blood” & “Black Eunuch” In The Desert – Matablog" (en inglés). Consultado o 2023-02-25.
- ↑ "LISTEN: New Algiers". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-02-25.
- ↑ "LISTEN: Algiers Remix Depeche Mode". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-02-25.
- ↑ "Algiers Hit The Studio With Massive Attack". Stereogum (en inglés). 2017-07-07. Consultado o 2023-02-25.
- ↑ "Algiers launch new tape/zine series, stream B-Side & Rarities Tour Tape". The Line of Best Fit (en inglés). Consultado o 2023-02-25.
- ↑ "DC club The Black Cat celebrates 25th anniversary, and shrinking in half". www.brooklynvegan.com. Consultado o 2023-02-25.
- ↑ Newington, Mark (2020-01-17). "Algiers - There Is No Year". musicOMH (en inglés). Consultado o 2023-02-25.
- ↑ "Algiers: "Dispossession"". Consultado o 2023-02-25.
- ↑ "Algiers' Ryan Mahan Speaks About Algiers". Consultado o 2023-02-25.
- ↑ Monroe, Jazz; Strauss, Matthew (2020-07-10). "Massive Attack Release New Audiovisual EP Eutopia". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-02-25.
- ↑ "Algiers Expand "Cleveland" Into 50-Minute, 2-Track Single "Cleveland 20/20"". Stereogum (en inglés). 2020-10-30. Consultado o 2023-02-25.
- ↑ "Moor Mother & Billy Woods - Brass" (en inglés). Consultado o 2023-02-26.
- ↑ "Quietus Albums Of The Year 2020 (In Association With Norman Records)". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-02-26.
- ↑ ""Under The Throne" by - The Wire" (en inglés). Consultado o 2023-02-26.
- ↑ "Lee & Ryan Algiers As Nun Gun Unveil Video With Mark Stewart". The Quietus (en inglés). Consultado o 2023-02-27.