Ceboliño
Este artigo trata sobre unha hortaliza, para a parroquia ourensá véxase artigo Ceboliño, Ourense. Para a semente de cebola, ou cebola nova (cebolo), véxase artigo cebola.
Ceboliño | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Allium schoenoprasum Regel & Tiling |
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 126 kJ (30 kcal) |
4.35 g | |
Azucres | 1.85 g |
Fibra alimentaria | 2.5 g |
0.73 g | |
3.27 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Vitamina A equiv. | 27% 218 μg24% 2612 μg323 μg |
Tiamina (B1) | 7% 0.078 mg |
Riboflavina (B2) | 10% 0.115 mg |
Niacina (B3) | 4% 0.647 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 6% 0.324 mg |
Vitamina B6 | 11% 0.138 mg |
Ácido fólico (B9) | 26% 105 μg |
Vitamina C | 70% 58.1 mg |
Vitamina E | 1% 0.21 mg |
Vitamina K | 203% 212.7 μg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 9% 92 mg |
Ferro | 12% 1.6 mg |
Magnesio | 12% 42 mg |
Manganeso | 18% 0.373 mg |
Fósforo | 8% 58 mg |
Potasio | 6% 296 mg |
Cinc | 6% 0.56 mg |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. Fonte: Base de datos USDA Nutrient |
O ceboliño[1] Allium schoenoprasum, tamén coñecido polo seu nome francés ciboulette, é unha herba da familia das aliáceas, da que se utilizan só as follas picadas como herba aromática; o seu bulbo, ten un sabor moi semellante ao da cebola común mais de menores dimensións e que non se consome (Diferéciase da cebola chinesa que é de maior dimensión, incluso chegando a duplicala en tamaño, da que se utiliza o bulbo mais non a folla).
Distribución e variedades
[editar | editar a fonte]O ceboliño é orixinario do extremo norte, as terras que hoxe forman parte do Canadá e Siberia. Introduciuse ao resto de Europa como herba de cociña e aromática, mais só raramente se naturalizou. Onde medra de xeito bravo pode acharse nos beirís dos camiños ou nas vías do camiño de ferro; acostuma atoparse deste xeito na variedade: A. schoenoprasum var. sibiricum, variedade máis robusta e alta.
Cultivo
[editar | editar a fonte]O ceboliño prefire localizacións asolladas e solos húmidos, lixeiramente arxilosos. Medra dende o nivel do mar até os 2.500 msnm. É resistente ás xeadas, e resulta pouco afectado polas pestes e predadores animais, aos que repele a alicina.
Pode verse afectado por fungos fitopatóxenos como roias (Puccinia allii, Puccinia porri), Botrytis sp, e algunhas especies de fusarium, outras pragas inclúen algunhas especies de trips e larvas de coleópteros nas raíces.
Pode cultivarse a partir de semente de xeito doado, ou pola división do bulbo coas raíces logo da súa extracción. Comercialízanse só as súas follas agás no norte da Arxentina que, por mor á súa facilidade de produción, se consegue a planta completa.
Composición
[editar | editar a fonte]O ceboliño é rico en vitamina A, B e C (da que contén até 130,5 mg por 100 gramos de herba fresca). A súa achega proteica e lipídica é escasa, de só 27 kCal/100 g.
A alicina que contén é un potente axente antibacteriano, e pode usarse topicamente coma desinfectante e funxicida, aínda que resulta menos efectiva có allo e a cebola pola súa inferior concentración.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Allium schoenoprasum foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 301. 1753.[2][3][4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Allium: nome xenérico moi antigo. As plantas deste xénero eran coñecidas tanto polos romanos coma polos gregos. Porén, parece que o termo ten unha orixe celta e significa "queimar", en referencia ao forte fedor adre da planta.[5] Un dos primeiros en utilizar este nome para fins botánicos foi o naturalista francés Joseph Pitton de Tournefort (1656-1708).
schoenoprasum: epíteto
Variedades
[editar | editar a fonte]- Allium schoenoprasum subsp. gredense (Rivas Goday) Rivas Mart., Fern.Gonz.& Sánchez Mata
- Allium schoenoprasum subsp. latiorifolium (Pau) Rivas Mart., Fern.Gonz.& Sánchez Mata
- Allium schoenoprasum subsp. schoenoprasum
Sinonimia
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en "Os cultivos agrícolas" en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C), A Coruña, Deputación da Coruña, 2000. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004
- ↑ "Allium schoenoprasum L". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de novembro de 2012.
- ↑ "Allium schoenoprasum L., Sp. Pl.: 301 (1753).". World Checklist of Selected Plant Families. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2013.
- ↑ Allium schoenoprasum L. en PlantList
- ↑ Giacomo Nicolini, Enciclopedia Botanica Motta. Volume primo, Milano, Federico Motta Editore, 1960, pag. 76.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ceboliño |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ceboliño |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Flora of China Editorial Committee. 2000. Fl. China 24: 1–431. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
- Flora of North America Editorial Committee, e. 2002. Magnoliophyta: Liliidae: Liliales and Orchidales. 26: i–xxvi, 1–723. In Fl. N. Amer.. Oxford University Press, Nova York.
- Grayum, M. H. 2003. Alliaceae. In: Manual de Plantas de Costa Rica, B.E. Hammel, M.H. Grayum, C. Herrera & N. Zamora (eds.). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 92: 43–45.
- Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.