Anguila
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Anguilla (en) | |||||
Himno | God Save the King | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Unity, Strength and Endurance» «Единство, сила и издържливост» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Reino Unido | ||||
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particular | territorio Británico de Ultramar | ||||
Capital | The Valley | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 14.738 (2018) (161,96 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 91 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Premier of Anguilla (en) | Ellis Webster (en) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Anguilla House of Assembly (en) , (Escano: 11) | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Dólar Caribe-Leste | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .ai (mul) | ||||
Prefixo telefónico | +1264 | ||||
Teléfono de emerxencia | 911 | ||||
Código de país | AI | ||||
Anguila[1] (/æŋˈɡwɪlə/) é un Territorio Británico de Ultramar no Caribe.[2] É unha das Illas de Sotavento máis ao norte das Antillas Menores, situada ao leste de Porto Rico e as Illas Virxes e directamente ao norte de San Martiño.[3] O territorio está formado pola illa principal de Anguila, aproximadamente de 26 km. de longo por 5 km de ancho no seu punto máis ancho, xunto cunha serie de illas moito máis pequenas e caios sen poboación permanente. A capital do territorio é The Valley.[4] A superficie terrestre total do territorio é de 91 km²,[5] cunha poboación de aproximadamente 15,753 (2021).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome nativo da illa en lingua Arawak era Malliouhana.[3]
En referencia á forma da illa, utilizouse o italiano anguilla, que significa "anguía" (á súa vez, do diminutivo latino de anguis, "serpe")usouse como nome. [6][6][7][8]
Historia
[editar | editar a fonte]Anguila foi colonizada por ingleses procedentes de Saint Kitts e Nevis no 1650. A illa de Anguila foi administrada polo Reino Unido ata principios do século XIX, cando pasou á administración de Saint Kitts e Nevis en contra da opinión dos seus habitantes.
Dende entón, en varias ocasións, Anguila tentou de se separar, incluíndo o referendo do 11 de xullo do 1967 gañado polos separatistas por 1.813 votos a favor e 5 en contra. Ao fin, no 1971, dous anos despois dunha revolta que precisou da intervención de tropas da metrópole, Anguila obtivo a condición de dependencia británica, que mantén dende entón.
Economía
[editar | editar a fonte]As principais industrias do país son a pesqueira e o turismo. O país tamén é un paraíso fiscal.
Anguía posúe poucos recursos naturais, e a economía depende bastante do turismo, banca estranxeira, pesca de lagostas e remesas de emigrantes. A economía, especialmente o sector turismo, tivo efectos devastadores en 1995, a causa do Furacán Luís, pero se recuperou en 1996. Ao crecer o sector turismo, tamén puido axudar ao sector de construción, que creceu grandemente á economía. A banca estranxeira esta establecida, pero é moi pequena, aínda que tamén está en auxe.
Os principais produtos que produce e exporta son o sal, peixe, lagostas, bloques de concreto, gañado, tabaco e ron. No arquipélago úsase como moeda o Dólar Caribe-Este.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O arquipélago localízase no mar Caribe, especificamente no extremo norte das illas de Sotavento nas Antillas Menores; comprende a habitada illa de Anguila e as deshabitadas illas Scrub, Dog e Sombrero; e algúns illotes próximos, tamén deshabitados.
O terreo é en xeral, rochoso e de pouca elevación. Non hai s, só algunhas pequenas lagoas na illa de Anguía. O clima é subtropical cunha temperatura media de 27 °C. As illas principais son:
- Illa de Anguila
- Illa Scrub
- Illa Dog
- Illa Sombrero
- Anguillita
- Illa Little Scrub
- Caios de Prickly Pear
- Illa Sandy
- Illa Seal
Outros datos
[editar | editar a fonte]A esperanza de vida é de 76,7 anos.
A defensa do país é responsabilidade do Reino Unido.
A maioría dos habitantes son protestantes e de ascendencia africana.
Posúe 3 aeroportos, dos cales, só un está asfaltado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 10 de xaneiro de 2016.
- ↑ -world-factbook/countries/anguilla/ "Introduction ::Anguilla"
|url=
incorrecto (Axuda). Consultado o 31 de outubro de 2009.[Ligazón morta] - ↑ 3,0 3,1 "Encyclopedia Britannica – Anguilla". Consultado o 12 July 2019.
- ↑ "CIA World Factbook- Anguilla". Consultado o 11 de xullo de 2019.
- ↑ "Anguilla Facts". Government of Anguilla. Arquivado dende o orixinal o 17 maio 2013. Consultado o 1 de xaneiro de 2013.
- ↑ 6,0 6,1 Martin (1839).
- ↑ EB (1878).
- ↑ EB (1911).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina Oficial do Goberno De Anguila (en inglés)
- Informe da CIA sobre o país Arquivado 23 de decembro de 2003 en Wayback Machine. - en inglés