Arcebispado castrense de España
Aparencia
Arzobispado Castrense de España (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Lingua usada | lingua castelá | |||
Relixión | Igrexa católica latina | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 504.645 km² | |||
Datos históricos | ||||
Cronoloxía | ||||
Santo padrón | Inmaculada Concepción e Xoán de Capistrano | |||
Catedral | Igrexa do Sacramento de Madrid | |||
Sitio web | arzobispadocastrense.com |
O Arcebispado Castrense de España é un ordinariato militar da Igrexa Católica, inmediatamente suxeito á Santa Sé. Encárgase de proporcionar atención pastoral aos católicos que serven nas Forzas Armadas de España e ás súas familias.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro bispo militar foi nomeado o 4 de xuño de 1819, mais o cargo deixou de estar en uso en 1930. Vinte anos despois, foi erixido unha vigairía militar o 5 de agosto de 1950, e poucos meses logo disto foi nomeado o primeiro vigairo militar, o 12 de decembro. O 21 de xullo de 1986 foi elevada a ordinariato militar encabezado por un arcebispo. A súa sé episcopal localízase na Catedral das Forzas Armadas, en Madrid.
Episcopoloxio
[editar | editar a fonte]Bispos militares
[editar | editar a fonte]- Jaime Cardona Tur (1892 – 1923, finado)
- Ramón Pérez Rodríguez (1929 – 1930, tranferido ao patriarcado das Indias Occidentais)
Vigairos militares
[editar | editar a fonte]- Luigi Alonso Muñoyerro (1950 – 1968, finado)
- José López Ortiz, O.S.A. (1969 – 1977, retirado)
- Emilio Benavent Escuín (1977 – 1982, renuncia)
- José Manuel Estepa Llaurens (1983 – 2003, retirado)
Ordinarios militares
[editar | editar a fonte]- Francisco Pérez González (2003 – 2007, transferido á arquidiocese de Pamplona e Tudela)
- Juan del Río Martín (2008 - 28 de xaneiro de 2021, finado)
- Juan Antonio Aznárez Cobo (nomeado o 15 de novembro de 2021)