Arco de Triunfo de Barcelona

O Arco de Triunfo de Barcelona (en catalán: Arc de Triomf) é un monumento desa cidade que se ergue na confluencia do paseo de Lluís Companys e o paseo de Sant Joan. Foi construído con motivo da Exposición Universal de 1888 e era a portada de acceso ao recinto feiral. É obra do arquitecto Josep Vilaseca i Casanovas.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dunha construción vermelliza de ladrillo vista de estilo neomudéxar, moi de moda na época. Destacan os seus relevos escultóricos da parte superior: o friso da fachada principal, a que dá ao paseo de Sant Joan, contén a escultura "Barcelona rep les nacions" (Barcelona reciba as nacións) de Josep Reynés; o da fachada posterior representa a "Recompensa", e é unha obra primeiriza de Josep Llimona, que figura o libramento de galardóns aos participantes da Exposición. Os frisos laterais inclúen alegorías da Agricultura e a Industria, obra de Antoni Vilanova, e mais do Comercio e a Arte, de Torquat Tassó.
A decoración complétase cunha serie de esculturas, como o escudo de España na cimeira e mais os escudos das diversas provincias españolas arredor do arco en cadansúa das fachadas.
Detalles dos relevos
[editar | editar a fonte]-
Josep Llimona
-
Josep Reynés
-
Antoni Vilanova
-
Torquat Tassó
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arco de Triunfo de Barcelona ![]() |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Artigo do xornal ABC.es do 16-08-08. (páxina consultada o 15/05/2010) (en castelán)