Hospital de la Santa Creu de Barcelona
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Hospital de la Santa Creu de Barcelona | ||||
---|---|---|---|---|
Galería do Hospital de la Santa Creu de Barcelona | ||||
![]() | ||||
Tipo | conxunto arquitectónico e antigo hospital ![]() | |||
Epónimo | Vera Cruz ![]() | |||
Estilo | arquitectura gótica, arquitectura do Renacemento e arquitectura barroca ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Casco vello | Ciutat Vella de Barcelona | |||
Barrio administrativo | El Raval ![]() | |||
Enderezo | Hospital, 56 ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1401 (Gregoriano) ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben de Interese Cultural | ||||
Identificador | RI-51-0000419 | |||
| ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Codi BCIN | 29-MH ![]() | |||
Codi BIC | RI-51-0000419 ![]() | |||
Id. IPAC | 33 ![]() | |||
Id. Barcelona | 691 ![]() | |||
Composto por | ||||
Composto por
| ||||
[ Wikidata ] |
O Hospital de la Santa Creu (en galego: Hospital da Santa Cruz) é un edificio gótico do século XV, situado na cidade de Barcelona, que se creou coa finalidade de axuntar nun só edificio os diferentes hospitais que había na cidade.
Historia e características
[editar | editar a fonte]A primeira pedra do Hospital púxose o 1401 coa presenza do rei Martiño I. O edificio, obra de Guillem d'Abriell, planificouse dunha maneira grandiosa en catro ás de construción con dúas plantas que rodeaban un patio porticado, segundo o coñecido modelo oriental.
En 1414 a obra estaba rematada na súa maior parte, un século despois remprendeuse o que faltaba, utilizando unha técnica construtiva máis depurada. Durante o século XVI, nunha das diversas reformas que sufriu, derrubouse unha das ás e construíuse un outro patio porticado unido ó primeiro, onde actualmente se conserva a grande escaleira monumental que da acceso á sala de lectura da Biblioteca de Cataluña.
O conxunto de edificios inclúe unha pequena igrexa gótica que da á rúa Hospital e unha casa do século XV (antigo arquivo do Hospital) con pórtico flamíxero.
En 1703 Antoni Viladomat i Manalt, un dos pintores barrocos cataláns máis importantes, pintou a capela de San Pau.
No remate do século XIX o hospital quedou obsoleto polo crecemento da cidade e os novos avances da medicina e a hixiene e decidiuse trasladalo a unha nova localización, o Hospital de Sant Pau, que foi construído entre 1902 e 1930.
En 1926 o concello mercou o edificio e iniciou a reconstrución. Actualmente o conxunto inclúe a sede da Biblioteca de Cataluña (desde 1939), do Institut d'Estudis Catalans (dende 1931), da Escola Massana (dende 1935) e dúas bibliotecas públicas da Deputación de Barcelona (as de San Pau e Santa Creu).
O 3 de xuño de 1931 foi declarado Monumento Histórico Artístico de Interese Nacional.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |