Carrer de Ferran
Aparencia
Carrer de Ferran | |
---|---|
Vista da rúa dende a La Rambla |
O carrer de Ferran (Rúa de Fernando) é unha rúa do barrio Gótico de Barcelona, paralelo ao mar, que se converteu nunha das rúas máis emblemáticas da cidade. Dende 1910 enlaza a Rambla coa plaça de Sant Jaume froito dun proxecto do Concello de Barcelona durante a lexislatura de 1820-1823 proxectado polo arquitecto Josep Mas i Vila que pretendía unir a Rambla co Parque da Ciutadella.[1] Inicialmente, a rúa levaba o nome de Carrer de Ferran VII, que era o rei que reinaba naquela época, pero a partir de 1910 foi rebautizado co nome de Carrer Ferran. Outros nomes da rúa foron Fernando, Fivaller, Fernando VII, Duque de la Victoria e Mayor del Duque de la Victoria.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carrer de Ferran |