Parc de les Aigües
Tipo | parque | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | El Baix Guinardó, España | |||
Localización | Plaça Alfons el Savi, 3 | |||
| ||||
Composto por | ||||
Características | ||||
Superficie | 2 ha | |||
Ben cultural de interese local | ||||
Casa de les Altures | ||||
Id. IPAC | 30238 | |||
Id. Barcelona | 2772 | |||
O Parc de les Aigües (en galego: Parque das Augas) é un parque público situado no barrio do Baix Guinardó no distrito de Horta-Guinardó de Barcelona, rodeado pola Rolda do Guinardó, pola rúa de Abd el-Kader, a rúa Camèlies e os Xardíns de Hiroshima.
Foi inaugurado no ano 1978, logo de ser rehabilitado, e dispón dunha extensión de 2 hectáreas. Foi construído sobre os antigos xardíns e viveiros propiedade da compañía Augas de Barcelona; algúns daqueles espazos aproveitáronse para a construción do parque actual. Unha das características do parque é a abundante vexetación xunto cos numerosos espazos de lecer para os nenos.
O parque dispón de tres especies arbóreas que se atopan incluídas no Catálogo de Árbores de Interese Local de Barcelona que vela pola preservación e catalogación dos exemplares máis valiosos dos que dispoñen os espazos verdes da cidade de Barcelona; estas árbores son Ficus carica, Liriodendron tulipifera e Photinia glabra. Ademais, dispón dunha gran variedade de árbores froiteiras. O parque ofrece zonas habilitadas para pícnic, xogos infantís, espazos para cans e unha zona polideportiva.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Parc de les Aigües |