Casa de les Punxes
Casa de les Punxes | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | vivenda ![]() | |||
Parte de | lista de edificios modernistas de Barcelona ![]() | |||
Estilo | modernismo catalán ![]() | |||
Localización | ||||
Enderezo | Av. Diagonal, 416-420 / Rosselló, 260-262 ![]() | |||
Localización | Eixample de Barcelona ![]() | |||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Cataluña | |||
Provincia | provincia de Barcelona | |||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | |||
Comarca | Barcelonès | |||
Concello | Barcelona | |||
Distrito | Eixample de Barcelona | |||
Barrio administrativo | Dreta de l'Eixample ![]() | |||
Construción | ||||
Inauguración | 1905 ![]() | |||
Implicados | ||||
Arquitecto(s) | Josep Puig i Cadafalch ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben Cultural de Interese Nacional | ||||
Data | 17 de febreiro de 1976 | |||
Codi BCIN | 42-MH ![]() | |||
Codi BIC | RI-51-0004201 ![]() | |||
Id. IPAC | 46 ![]() | |||
Id. Barcelona | 1472 ![]() | |||
| ||||
Ben de interese cultural | ||||
Data | 9 de xaneiro de 1976 | |||
Identificador | RI-51-0004201 | |||
Eventos | ||||
Conservación e restauración, Renovación e construción ![]() | ||||
Na rede | ||||
casalespunxes.com ![]() | ||||
[ Wikidata ] |
A Casa de les Punxes ou Casa Terrades é un edificio deseñado polo arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch. Encóntrase situada na Avinguda Diagonal da cidade de Barcelona (Cataluña).
Características
[editar | editar a fonte]A casa construíuse en 1905 por encarga das irmás Terrades que querían unificar tres inmobles da súa propiedade. Puig i Cadafalch proxectou un edificio de aspecto medieval, con elementos que recordan á arquitectura gótica europea.
Unha das características deste edificio son as súas seis torres, coroadas por senllas agullas de forma cónica o que lle deu o nome popular de "Casa de les Punxes" (en catalán, punxes significa "pinchos").
Para a construción da fachada utilizouse o ladrillo. Nela poden verse algúns plafóns decorativos; un deles, no que aparece Sant Jordi (San Xurxo), ten escrita a seguinte lenda Sant Patró de Catalunya, torneu-nos la llibertat ("Santo Patrón de Cataluña, devólvenos a liberdade"). A decoración en pedra con debuxos florais de tribunas e balcóns é plenamente modernista. O tellado é a dobre vertente.
En 1976 foi declarada Monumento Histórico Nacional. En 1980 realizouse unha reforma completa do edificio. De propiedade privada, o interior da casa non pode ser visitado, aínda que hai compañías coas súas oficinas no edificio, como Veeva Systems[1], coa súa central europea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A estadounidense Veeva Systems instala en Barcelona a súa sede para Europa". Europa Press. 2 de decembro de 2010. Consultado o 3 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Casa de les Punxes |