Saltar ao contido

As Goás, Abadín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «As Goás»)
As Goás
Igrexa das Goás.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°20′18″N 7°30′10″O / 43.33824789, -7.50265726
Área10,35 km²
Poboación90 hab. (2019)
Densidade8,7 hab./km²
Entidades de poboación13[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Goás é unha parroquia do concello de Abadín. En 2004 tiña 124 habitantes, repartidos nun lugar e 7 entidades de poboación. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 104 habitantes, sendo 53 homes e 51 mulleres.

As entidades son Butarreira (30), A Casanova (18), Gaúte (12), Leiras (11), Pumariño (31), Os Vidás (2) e O Vilar (abandonado). O lugar (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) é A Costa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ten unha superficie de 4,15 km², cunha densidade media de 29,9 hab/km² no 2004. Limita ao norte coas parroquias de Abadín e Candia, ao sur con Baroncelle e Abeledo, ao leste con Cabaneiro e ao oeste con Aldixe. Formou parte da desaparecida xurisdición da Costa do Monte sobre a que exercía o seu señorío o bispo de Mondoñedo entre outros.

Os cumios máis altos son Abelleira (617 m), Goás (604 m) e Meixón (474 m).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

No lugar de Gaute hai unha igrexa construída no século XVI, sufrindo importantes reformas posteriores. A nave, de planta rectangular con capela maior e sancristía arrimada á cabeceira, está cuberta de lousa a dúas augas, e a catro augas no presbiterio. A fachada ten un arco alintelado e outro de descarga feito de lastras, coa curiosa espadana con dous vans no primeiro corpo e un no segundo, a que se accede por unha escaleira exterior situada no muro norte. No interior destacan as rústicas pinturas de cortinaxes vermellos no presbiterio, arco triunfal de forma carpanel, dúas laudas sepulcrales no chan da capela maior, retablo maior neoclásico do século XIX e retablos laterais barrocos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Notas

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares das Goás

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia das Goás no concello de Abadín (provincia de Lugo)

Butarreira | A Casanova | A Costa | Gaúte | Leiras | Pumariño | Os Vidás | O Vilar

Parroquias de Abadín

[editar | editar a fonte]
As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Abadín

Abadín (Santa María) | Abeledo (Santa María) | Aldixe (San Pedro) | Baroncelle (Santiago) | Cabaneiro (San Bartolomeu) | Candia (San Pedro) | Castromaior (San Xoán) | Corvite (San Pedro) | Fanoi (Santa María Madanela) | Fraiás (San Pedro) | Galgao (San Martiño) | As Goás (San Pedro) | A Graña de Vilarente (Santa María Madanela) | Labrada (San Pedro) | Moncelos (Santiago) | Montouto (Santa María) | Quende (Santiago) | Romariz (San Xoán) | Seivane de Vilarente (San Xoán)


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]