Asociación para a Paz
Asociación para a Paz | |
---|---|
Acrónimo | PfP |
Tipo | asociación, organización intergobernamental, Cooperación e plan |
Data de fundación | 1994 |
Sede | NATO Headquarters |
[ editar datos en Wikidata ] |
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/34/NATO_PfP_members.png/350px-NATO_PfP_members.png)
Membros actuais Membros que se uniron á OTAN en 1999 Membros que se uniron á OTAN en 2004
A Asociación para a Paz (en inglés Partnership for Peace, PfP) é un programa da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) destinado a estreitar as relacións da OTAN con outros estados europeos e a antiga Unión Soviética. Hoxe en día conta con 23 membros.[1]
Foi unha iniciativa dos Estados Unidos na reunión de Ministros de Defensa da OTAN en Travemünde, Alemaña, nos días 20 e 21 de outubro de 1993, e formalmente aprobada do 10 ao 11 de xaneiro no cumio da organización de 1994 en Bruxelas, Bélxica.[2]
Dez Estados que eran membros (Bulgaria, República Checa, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia) desde entón, sumáronse á OTAN.
O 26 de abril de 1995 Malta pasou a ser membro da PfP,[3] pero retirouse o 27 de outubro de 1996 co fin de manter a súa seguridad intacta.[4] O 20 de marzo de 2008 Malta decidiu reactivar o seu acceso.[5] Este retorno foi aceptado pola OTAN no cumio de Bucarest do 3 de abril de 2008 .[6]
Durante o cumio da OTAN en Riga, o 29 de novembro de 2006 , Bosnia e Hercegovina, Montenegro e Serbia foron convidadas e aceptaron sumarse á asociación.[7]
Países asinantes do documento marco da Asociación para a Paz
[editar | editar a fonte]Membros actuais
[editar | editar a fonte]- Azerbaidján (4 de maio de 1994)[8]
- Armenia (5 de outubro de 1994)[8]
- Austria (10 de febreiro de 1995)[8]
- Belarús (11 de xaneiro de 1995)[8]
- Bosnia e Hercegovina (14 de decembro de 2006)[8]
- Kazakhstán (27 de maio de 1994)[8]
- Finlandia (9 de maio de 1994)[8]
- Irlanda (1 de decembro de 1999)[8]
- Malta (unida o 26 de abril de 1995;[3] retirada o 27 de outubro de 1996.[4] Reactivada o 20 de marzo de 2008;[5] Aceptada pola OTAN o 3 de abril de 2008.[6])
- Moldova (16 de marzo de 1994)[8]
- Montenegro (14 de decembro de 2006)[8]
- Kirguizistán (1 de xuño de 1994)[8]
- Rusia (22 de xuño de 1994)[8]
- Serbia (14 de decembro de 2006)[8]
- Suecia (9 de maio de 1994)[8]
- Suíza (11 de decembro de 1996)[8]
- Tadjiikistán (20 de febreiro de 2002)[8]
- Turkmenistán (10 de maio de 1994)[8]
- Ucraína (8 de febreiro de 1994)[8]
- Uzbekistán (13 de xullo de 1994)[8]
- Xeorxia (23 de marzo de 1994)[8]
Países asinantes que se converteron en membros de pleno dereito da OTAN o 12 de marzo de 1999
[editar | editar a fonte]- Hungría (8 de febreiro de 1994)[8]
- Polonia (2 de febreiro de 1994)[8]
- República Checa (10 de marzo de 1994)[8]
Países asinantes que se converteron en membros de pleno dereito da OTAN o 29 de marzo de 2004
[editar | editar a fonte]- Bulgaria (14 de febreiro de 1994)[8]
- Eslovaquia (9 de febreiro de 1994)[8]
- Eslovenia (30 de marzo de 1994)[8]
- Estonia (3 de febreiro de 1994)[8]
- Letonia (14 de febreiro de 1994)[8]
- Lituania (27 de xaneiro de 1994)[8]
- Romanía (26 de xaneiro de 1994)[8]
Países asinantes que se converteron en membros de pleno dereito da OTAN o 1 de abril de 2009
[editar | editar a fonte]- Albania (23 de febreiro de 1994)[8]
- Croacia (25 de maio de 2000)[8]
Membros con solicitude de acceso á OTAN
[editar | editar a fonte]- Macedonia do Norte (15 de novembro de 1995)[8] (Até que se solucione a disputa do nome con Grecia).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ North Atlantic Treaty Organisation (14-12-2006). "Bosnia and Herzegovina, Montenegro and Serbia join NATO Partnership for Peace". Consultado o 28/12/2011.
- ↑ Borawski, John (1995). "Partnership for Peace and beyond". International Affairs (Royal Institute of International Affairs 1944-) 71 (2): 233–246. Consultado o 28/12/2011.
- ↑ 3,0 3,1 North Atlantic Treaty Organisation (26-04-1995). "Secretary General's Council Welcoming Remarks, Visit by Maltese Deputy Prime Minister and Minister of Foreign Affairs, Professor Guido de Marco, Wednesday, 26th April 1995". Consultado o 28/12/2011.
- ↑ 4,0 4,1 Bohlen, Celestine (12-11-1996). "New Malta Chief Focuses on Neutrality". New York Times. Consultado o 28/12/2011.
Within hours of taking office, Mr. Sant withdrew Malta's membership in Partnership for Peace, a NATO military cooperation program that is so loosely defined that its sign-up list now spans the spectrum from Russia to Switzerland. [...] Mr. Sant says none of those moves should be interpreted as anti-European or anti-American, but simply as the best way of insuring Malta's security (Ás poucas horas de asumir o cargo, o Sr. Sant retirou a adhesión de Malta á Asociación para a Paz, un programa de cooperación militar da OTAN que está tan vagamente definido que a súa lista de susbcritores abarca o espectro desde Rusia a Suíza. [...] O Sr. Sant di que este movemento non debe interpretarse de ningunha maneira como antieuropeo ou antiestadounidense, senón simplemente como a mellor maneira de asegurar a seguridade de Malta)
- ↑ 5,0 5,1 Gambin, Karl (03-04-2008). "Malta reactivates Partnership for Peace membership". DI-VE. Arquivado dende o orixinal o 23-03-2008. Consultado o 28/12/2011 "The cabinet has agreed to reactivate its membership in the Partnership for Peace which was withdrawn in 1996, the government said on Thursday" (O Consello de Ministros acordou reactivar a súa membresía na Asociación para a Paz que fora retirada en 1996, dixo o xoves o portavoz do Goberno).
- ↑ 6,0 6,1 North Atlantic Treaty Organization (03-04-2008). "Malta re-engages in the Partnership for Peace Programme". Consultado o 28/12/2011 cita= At the Bucharest Summit, NATO Heads of State and Government welcomed Malta’s return to the Partnership for Peace Programme. At Malta's request, the Allies have re-activated Malta's participation in the Partnership for Peace Programme (PfP) (No Cumio de Bucarest, a OTAN e os xefes de Estado e de Goberno celebraron o regreso de Malta á Asociación para a Paz. A petición de Malta, os aliados reactivaron a participación de Malta na Asociación para a Paz (PfP)).
- ↑ North Atlantic Treaty Organization (29-11-2006). "Alliance offers partnership to Bosnia and Herzegovina, Montenegro and Serbia". Consultado o 28/12/2011.
- ↑ 8,00 8,01 8,02 8,03 8,04 8,05 8,06 8,07 8,08 8,09 8,10 8,11 8,12 8,13 8,14 8,15 8,16 8,17 8,18 8,19 8,20 8,21 8,22 8,23 8,24 8,25 8,26 8,27 8,28 8,29 8,30 8,31 8,32 North Atlantic Treaty Organization (05-10-2006). "Signatures of Partnership for Peace Framework Document". Consultado o 28/12/2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asociación para a Paz |