Portal de l'Àngel
Aparencia
(Redirección desde «Avinguda del Portal de l'Àngel»)

A Avinguda del Portal de l'Àngel, coñecida simplemente como Portal de l'Àngel, é unha coñecida rúa comercial peonil do barrio Gótico de Barcelona. Une a plaça de Catalunya con outras rúas como Cucurulla ou Portaferrissa, entre outras.
É unha das principais rúas comerciais da cidade, cun gran número de tendas e edificios pertencentes a multinacionais e grandes corporacións. É a vía co alugueiro comercial máis elevado de España, por diante da Calle Preciados de Madrid.[1]