Saltar ao contido

Batalla de Moscova

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Batalla de Moscova
Parte de Segunda guerra mundial

Tipo batalla Editar o valor en Wikidata
Data 2 de outubro de 1941 - 7 de xaneiro de 1942
Localización rexión de Moscova, Unión Soviética
Resultado Vitoria decisiva soviética. Fracaso da Operación Barbarossa.
Belixerantes
Alemaña nazi Alemaña Unión Soviética Unión Soviética
Orel-Bryansk operation (en) Traducir, Vyazemsky operation (en) Traducir, Q4299514 Traducir, First Battle of Kalinin (en) Traducir, Battle of Tula (en) Traducir, Q4223923 Traducir, Q4313206 Traducir, Second Battle of Kalinin (en) Traducir, Q4223922 Traducir, Yelets Operation (en) Traducir, Tula offensive operation (en) Traducir e Q4210405 Traducir Editar o valor en Wikidata

Batalla de Moscova é o nome dado polos historiadores soviéticos a dous períodos de combates estratexicamente significativos nun sector de 600 km da fronte oriental durante a segunda guerra mundial. Tivo lugar entre outubro de 1941 e xaneiro de 1942. Os esforzos defensivos soviéticos frustraron o ataque de Hitler a Moscova, capital da Unión Soviética e a cidade máis grande do país. Moscova foi un dos principais obxectivos militares e políticos para as forzas do Eixo na súa invasión da Unión Soviética.

A ofensiva estratéxica alemá, chamada operación Typhoon, planeouse para levar a cabo dúas ofensivas en pinza, unha dende o norte de Moscova contra a fronte de Kalinin realizada polos 3º e 4º exércitos Panzer, simultaneamente cortando o ferrocarril entre Moscova e Leningrado, e outra dende o sur do óblast de Moscova contra a fronte occidental, iniciada no sur de Tula polo 2º exército Panzer, mentres que o 4º exército avanzou directamente cara Moscova dende o oeste. Un plan operacional alemán realizado por separado, chamado Operación Wotan, foi engadido na fase final da ofensiva.

Inicialmente as forzas soviéticas levaron a cabo unha defensa estratéxica do óblast de Moscova construíndo tres cintos defensivos, e despregando novos exércitos de reserva ademais de traer tropas de Siberia e dos distritos militares de oriente. Posteriormente, cando as ofensivas alemás foron detidas, executouse unha contraofensiva estratéxica soviética e operacións ofensivas a menor escala para forzar aos exércitos xermanos a regresar ás posicións ao redor das cidades de Oryol, Vyazma e Vitebsk, case chegando a rodear a tres exércitos alemáns no proceso.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.