Cronoloxía da segunda guerra mundial
Esta é unha cronoloxía cos eventos máis destacados da segunda guerra mundial:
31 de agosto Incidente de Gliwice: Soldados alemáns finxindo ser polacos asaltan a torre de comunicacións da cidade xermana de Gleweitz. O incidente utilízase coma casus belli.
1 de setembro Alemaña invade Polonia.
3 de setembro Francia e o Reino Unido declaran a guerra a Alemaña. Neville Chamberlain nomea a Winston Churchill primeiro Lord do Almirantado.
17 de setembro A Unión Soviética invade Polonia e as repúblicas bálticas (pacto Molotov-Ribbentrop).
21 de setembro os xudeus de Polonia son obrigados a recluírse en guetos.
27 de setembro o exército polaco réndese en Varsovia. As tropas alemás e as soviéticas xúntanse en Brest-Litovsk, cidade no que se asinara a paz en 1918 entre os revolucionarios rusos e os Imperios Centrais.
28 de setembro Pacto xermano-soviético: Lituania, Letonia e Estonia quedan baixo o dominio da URSS, peche de escolas e universidades polacas, exterminio da intelectualidade e dos oficiais polacos.
30 de novembro a URSS invade Finlandia.
14 de decembro a URSS é expelida da Liga de Nacións.
12 de marzo a URSS asina a paz con Finlandia. Esta cede parte de Carelia.
8 de abril desembarco británico en Namsos (Noruega). Buscan bloquear o transporte de mineral de ferro cara a Alemaña.
9 de abril invasión alemá de Noruega e Dinamarca. Primeiros éxitos do Mariscal Hermann Göring á fronte da aviación alemá que contribuirá á eficacia da guerra lóstrego.
10 de maio Invasión de Francia, Luxemburgo, Bélxica e Holanda. Chamberlain dimite e Winston Churchill substitúeo.
12 de maio O XIX Corpo Panzer do xeneral alemán Heinz Guderian atravesa o bosque das Ardenas, cruza o río Mosa abre unha brecha de 80 km. e rodea ao exército anglo-francés avanzado en Bélxica. Preto dun millón de soldados aliados fican cercados.
14 de maio Tras o bombardeo de Rotterdam, Holanda réndese.
18 de maio Erwin Rommel acada o Canal da Mancha.
22 de maio o Parlamento británico aproba amplos poderes para o executivo de cara a defensa de Gran Bretaña.
27 de maio evacuación de Dunquerque. Tropas francesas, belgas e británicas abandonan Europa continental incapaces de combater a máquina de guerra alemá. Foxen a Inglaterra. En total case 340.000 soldados, dos cales 140.000 son franceses que abandonan o seu mellor material bélico ós alemáns.
28 de maio Bélxica réndese.
4 de xuño remata a evacuación de Dunquerque.
10 de xuño a Italia fascista declara a guerra ós aliados.
14 de xuño o exército alemán entra en París tras derrotar aos anglofranceses e romper a liña Weygand.
15 de xuño os EUA rexeitan a petición de axudar a Francia.
19 de xuño o exército alemán alcanza a costa atlántica. Guderian achégase a liña Maginot dende a propia Francia.
22 de xuño Francia asina o armisticio con Alemaña en Copiegne. Divídese o país en dúas zonas: a norte con gobernadores alemáns e a sur, a chamada Francia de Vichy, colaboracionista, baixo o mandato do xeral Pétain.
28 de xuño Churchill recoñece ó xeneral Charles De Gaulle como o lexítimo representante da Francia Libre.
3 de xullo a armada británica afunde a frota francesa en Mérs el-Kebir.
10 de xullo comeza a batalla de Inglaterra. A Luftwaffe bombardea día e noite instalacións militares e industriais inglesas.
3 de agosto o exército italiano invade a Somalia Británica.
23 de agosto a Luftwaffe comeza a atacar directamente á poboación civil. Raid de Londres.
25 de agosto a RAF bombardea Berlín.
13 de setembro o exército colonial italiano entra en Exipto.
27 de setembro o Xapón asina o pacto tripartito.
23 de outubro Hitler e Franco reúnense en Hendaia (Francia).
28 de outubro Italia invade Grecia.
14 de novembro a Luftwaffe bombardea Coventry (Inglaterra).
16 de novembro como represalia a RAF bombardea Hamburgo (Alemaña).
18 de novembro primeiras probas con éxito do radar en Inglaterra.
22 de xaneiro os británicos capturan Tobruk (África). Italia perde a Cirenaica.
1 de marzo Bulgaria asina a alianza coas potencias do Eixe.
7 de marzo os ingleses entran na Etiopía (italiana).
6 de abril os italianos réndense en Etiopía.
6 de abril a Luftwaffe bombardea Belgrado.
10 de abril Alemaña, Italia e Bulgaria invaden Iugoslavia.
12 de abril cae Belgrado.
14 de abril pacto de non agresión entre o Xapón e a URSS.
16 de abril Iugoslavia réndese.
21 de abril Grecia réndese ós alemáns.
24 de abril os británicos son derrotados nas Termópilas.
25 de abril Rommel e o seu Afrika Korps (reforzos aéreos e tropas acoirazadas alemás) entran en Exipto tras reconquistar a Cirenaica.
10 de maio a Luftwaffe bombardea o Parlamento londiniense. Rudolf Hess aterra en Escocia.
1 de xuño comezan a repartirse cartillas de racionamento en toda Inglaterra. O exército ten prioridade na repartición de roupa e comida.
1 de xuño Forzas alemás aerotransportadas conquistan Creta, tras derrotar aos británicos.
8 de xuño Siria invadida por franceses e británicos.
21 de xuño comeza a Operación Barbarroxa. O III Reich invade a Unión Soviética. Malia que o Exército Soviético é moi superior en número e en tecnoloxía de tanques, a mala preparación dos soldados e a falla de oficiais superiores (ver Purgas), fan que se mova con dificultade e que perda calquera iniciativa de resposta fronte ás Panzerdivisionen. Ademais, a Luftwaffe tiña os mellores pilotos nese momento da contenda.
25 de xuño aproveitando a conxuntura, Finlandia declara a guerra á URSS.
27 de xuño Hungría declara a guerra á URSS. Os rusos non han tardar moito en vingarse.
12 de xullo A Unión Soviética e o Reino Unido pactan un tratado de axuda mutua.
12 de agosto as divisións alemás cercan Leningrado (San Petersburgo), tras tras traspasar as liñas soviéticas no lago Peipus.
25 de agosto forzas anglo-soviéticas entran en Persia.
27 de setembro tras esmagar ás unidades soviéticas nas bolsas de Byalistok (9 de xullo), Orsa-Vitebsk (5 de agosto) e Uman (7 de agosto), os alemáns diríxense cara ao sur en vez de atacar Moscova e vencen na batalla de Kíiv. Hitler acada o obxectivo de facerse coa conca industrial do Donez e Crimea.
6 de outubro O exército alemán chega ás portas de Moscova tras a dobre batalla de Viazma-Briansk. Será o máis preto que cheguen. Stalin permanece na capital e declara o estado de sitio. A combinación de dous factores detén o avance alemán. Por un lado o inverno que chegou máis cedo ese ano. As tropas alemás non tiñan roupas de abrigo e por mor do mal tempo, moitos vehículos quedábanse atorados na lama, o III Reich estendeu o uso de mulas e cabalos para o transporte de material. Pola outra banda, o segundo factor foi a decisión de Stalin de mover 20 Divisións siberianas do Extremo Oriente ás aforas de Moscova. Esas 20 divisións ben adestradas e equipadas esperaban dende anos atrás unha suposta invasión do Xapón na Siberia. Comandadas polo xeneral Gueorgui Zhukov, deron unha sorpresa ós alemáns que se dispuñan a asaltar Moscova.
13 de outubro a RAF bombardea Nuremberg.
13 de novembro o portaavións Ark Royal é afundido fronte a Xibraltar.
5 de decembro o Reino Unido declara a guerra a Finlandia, Hungría e Romanía.
6 de decembro ofensiva soviética de inverno que fai retroceder aos alemáns no norte, no centro e no sur.
7 de decembro ataque xaponés en Pearl Harbor (Hawai) sen previa declaración de guerra. 5 acoirazados, 3 cruceiros e 3 destrutores estadounidenses foron afundidos, ademais de 188 avións destruídos e máis de tres mil mortos, entre outros moitos danos. Previamente Estados Unidos decretara o embargo do petróleo e a chatarra ao Xapón e a conxelación dos créditos xaponeses.
8 de decembro tropas expedicionarias nipoas invaden Malaisia, Tailandia e Filipinas. Os EUA declaran a guerra ao Xapón.
11 de decembro os xaponeses entran en Birmania (actual Myanmar).
19 de decembro tras destituír ao comandante en xefe Von Brauchitsch, Hitler asume persoalmente o mando do exército alemán do leste.
25 de decembro os ingleses perden 12.000 homes na inútil defensa de Hong Kong.
2 de xaneiro os xaponeses toman Manila.
20 de xaneiro Reinhard Heydrich organiza a Conferencia Wannsee con outros dirixentes das SS (Eichmann... ). Apróbase a solución final. Comezan as concentracións e liquidacións masivas de xudeus segundo un plan de exterminio sistemático (entre 4 e 6 millóns).
29 de xaneiro os EUA abren campos de concentración para os centos de miles de xaponeses que viven no país.
15 de febreiro os xaponeses ocupan as bases británicas de Singapur.
19 de febreiro Xapón bombardea Darwin, Australia.
8 de marzo tras conquistar Sumatra, Borneo, Célebes, Xava e Timor e derrotar á frota aliada na batalla do mar de Xava, os xaponeses conseguen a capitulación do exército holandés
18 de abril EUA bombardea Toquio. Entrementres os xaponeses avanzan en Birmania.
6 de maio remata a conquista xaponesa de Filipinas tras a retirada do exército norteamericano de Mc Arthur. Comeza a batalla do mar do Coral.
30 de maio tras desfacer a contraofensiva rusa e vencer na batalla de Jarkov, os alemáns volven controlar a península de Kerc e Sebastopol e preparan a ofensiva de verán para facerse cos campos petrolíferos do Cáucaso.
27 de maio Reinhard Heydrich é abatido a tiros por partisanos comunistas en Praga.
30 de maio os aliados, con 1.000 bombardeiros reducen Colonia a cascallos.
2 de xuño Alemaña afunde dous barcos mexicanos. México declara a guerra a Alemaña.
3 de xuño comeza a batalla de Midway onde os xaponeses perderán 4 portaavións e o almirante Nimitz frea definitivamente o seu avance no Pacífico.
21 de xuño Rommel captura Tobruk a Montgommery.
7 de xullo desembarco xaponés en Guadalcanal.
7 de agosto desembarco americano en Guadalcanal. Usan o navaho para codifica-las súas mensaxes.
24 de agosto o 6º exército alemán entra en Stalingrado (actual Volgogrado).
4 de novembro o Afrika Korps perde a iniciativa en El-Alamein.
8 de novembro os aliados desembarcan no norte de África: Operación Torch, duros combates coas tropas francesas leais a Vichy.
11 de novembro os alemáns entran na Francia de Vichy.
12 de novembro o 8º exército de Montgommery retoma Tobruk.
23 de xaneiro os aliados capturan Trípoli (Libia).
2 de febreiro as tropas alemás acurraladas en Stalingrado ao mando de Von Paulus entréganse. Caen 90 000 prisioneiros.
9 de marzo Von Arnium substitúe a Rommel ó mando do Afrika Korps.
19 de abril levantamento do gueto de Varsovia.
7 de maio os aliados conquistan Tunisia (130 000 prisioneiros).
10 de xullo americanos e británicos desembarcan en Sicilia a mafia facilítalles axuda.
25 de xullo o rei Vítor Manuel III de Italia dimite ó ditador Mussolini.
5 de xullo o exército alemán concentra o groso das súas forzas acoirazadas (2 700 tanques) e ataca o saliente de Kursk. Aínda que sofren enormes baixas en homes e tanques, as defensas soviéticas (3 300 tanques) mantéñense firmes.
23 de agosto o Exército Vermello reconquista Kharkhov (Ucraína). Por primeira vez os soviéticos aparecen no campo de batalla con máis material e máis moderno que os alemáns.
3 de setembro Montgommery desembarca en Reggio di Calabria.
7 de setembro para que non caia en mans aliadas, a frota alemá do norte bombardea a súa base meteorolóxica máis setentrional: Spitzbergen (Noruega, Círculo Polar Ártico).
15 de setembro tras escapar do cárcere, Mussolini funda a República Social Italiana no Lago di Garda.
23 de setembro Italia asina a paz cos aliados.
25 de setembro tropas mecanizadas soviéticas reconquistan Smolensk.
12 de decembro A República Checa asina a paz con Stalin en Moscova.
28 de decembro Churchill, Roosevelt e Stalin reúnense en Teherán (Persia).
31 de xaneiro os aliados desembarcan nas illas Marshall.
15 de febreiro os aliados bombardean o mosteiro de Monte Cassino, as tropas xermanas acurraladas resisten a duras penas.
19 de febreiro bombardeo a Londres de día. Cuantiosas baixas.
6 de marzo comezan os bombardeos máis pesados a Berlín coa luz do día.
9 de maio os alemáns abandonan Sebastopol.
18 de maio os aliados entran en Monte Cassino.
4 de xuño os aliados son recibidos con ovacións en Roma (Italia).
6 de xuño desembarco de Normandía. Ábrese unha terceira fronte.
13 de xuño a primeira V1 cae en Londres.
3 de xullo o Exército Vermello captura Minsk (Belarús).
9 de xullo cae Caen.
18 de xullo Hideki Tōjō dimite como primeiro ministro.
20 de xullo un atentado para matar a Hitler falla. Dura represalia contra os oficiais da aristocracia prusiana.
21 de agosto 50.000 soldados alemáns son capturados tras resistir embolsados en Falaise.
24 de agosto republicanos españois da División LeClerc capturan París coa axuda americana.
25 de agosto Romanía declara a guerra a Alemaña.
4 de setembro os británicos entran en Bruxelas (Bélxica).
8 de setembro a primeira V2 cae sobre Londres.
11 de setembro o III Exército dos Estados Unidos (Patton) entra en Alemaña.
12 de setembro Romanía asina un armisticio co Reino Unido, Estados Unidos e a URSS.
17 de setembro comeza a operación Market Garden para liberar os Países Baixos. Fracaso aliado fronte ao xeneral alemán Walter Model
19 de setembro Finlandia -por segunda vez nesta guerra- asina a paz coa Unión Soviética.
25 de setembro alistamento obrigatorio para todos os alemáns entre 16 e 60 anos.
28 de setembro tropas canadenses liberan o paso de Calais.
4 de outubro os británicos desembarcan na Grecia ocupada.
6 de outubro o Exército Vermello entra en Eslovaquia.
9 de outubro Churchill, Roosevelt e Stalin reúnense en Moscova.
14 de outubro Rommel é obrigado a suicidarse.
24 de outubro comeza a batalla do golfo de Leyte.
28 de outubro Bulgaria asina a paz cós aliados.
16 de decembro a contraofensiva alemá dende as Ardenas dirixida por Gerd von Rundstedt arroia ás tropas estadounidenses
17 de xaneiro o Exército Vermello libera Varsovia e Budapest (Hungría).
25 de xaneiro o avance alemán dende as Ardenas é detido a menos de 100 quilómetros de Antuerpen. As últimas reservas móbiles xermanas fican exhaustas.
4 de febreiro Conferencia de Ialta.
13 de febreiro Dresde é reducida a cinzas. A Cruz Vermella protesta ó mando aliado.
19 de febreiro combates en Iwo Jima. Resistencia xaponesa ata o derradeiro home (20.000 mortos). Os aliados sofren entre mortos e feridos máis de 24.000 baixas.
28 de febreiro os Estados Unidos liberan Manila (Filipinas).
9 de marzo bombardeo de Toquio.
27 de marzo derradeira V2 cae en Londres.
29 de marzo os soviéticos entran en Austria.
1 de abril os americanos entran en territorio xaponés: Okinawa. Máis dun cuarto de millón de baixas sumados os dous bandos.
7 de abril afundimento do destrutor Yamato, a xoia da mariña de guerra xaponesa, fronte as costas de Okinawa.
12 de abril Franklin D. Roosevelt morre e é substituído por Harry S. Truman.
13 de abril liberación de Belsen e Buchenwald.
25 de abril liberación de Dachau. Fundación das Nacións Unidas en San Francisco (EUA).
28 de abril Mussolini e maila súa compañeira son aforcados sumariamente por partisanos antifascistas.
29 de abril o exército alemán en Italia depón as armas.
30 de abril Hitler e Eva Braun suicídanse no asediado refuxio da Chancelería do Reich (Berlín). O almirante Doenitz é designado novo chanceler.
2 de maio os resistentes en Berlín réndense a Gueorgui Zhukov.
4 de maio o exército alemán réndese en Alemaña.
5 de maio os aliados entran en Dinamarca.
8 de maio día V.E. (Vitoria en Europa) rendición incondicional alemá asinada por Alfred Jodl.
9 de maio o exército alemán en Checoslovaquia réndese ó Exército Vermello.
22 de maio o dirixente das SS Himmler suicídase no seu tren militar.
16 de xullo primeira proba con éxito do Proxecto Manhattan no Campamento Trinity en Alamogordo (Novo México).
6 de agosto o Enola Gay realiza o primeiro ataque nuclear sobre Hiroshima (Xapón). Máis de 100.000 mortos e máis de 100.000 feridos.
9 de agosto segundo ataque nuclear sobre Nagasaki (Xapón)
2 de setembro Yamashita rende as tropas xaponesas de Filipinas. Douglas MacArthur acepta a rendición xaponés. Fin da guerra.
Outono: diversos buques e submarinos alemáns continúan a facer operacións de sabotaxe no océano Atlántico. A maioría vaise rendendo en portos suramericanos.