Saltar ao contido

Boom Gaspar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBoom Gaspar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de febreiro de 1953 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Waimānalo, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmúsico, pianista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoÓrgano e piano Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1492780 Musicbrainz: caec2240-6873-4a06-970e-098ce65ffa9a Discogs: 534203 Allmusic: mn0001449760 Editar o valor en Wikidata

Kenneth E. Gaspar, coñecido como Boom Gaspar, nado en 1953 en Waimānalo, Hawai, é un músico estadounidense que leva tocando con Pearl Jam coma pianista e teclista dende o ano 2002.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Boom Gaspar medrou en Waimānalo, Hawai e comezou a tocar coa idade de once anos.[1] Despois de graduarse no Kailua High School, Gaspar pasou os seguintes 30 anos tocando por Hawai con artistas como Mackey Feary Band, Harmony, Simplisity, e co guitarrista de blues Albert Collins.

Pearl Jam

[editar | editar a fonte]

O vocalista de Pearl Jam Eddie Vedder coñeceu a Gaspar en Hawaii.[2] Estes foron presentados por C. J. Ramone dos Ramones.[1] Gaspar apareceu nos álbums da banda Riot Act (2002), Pearl Jam (2006) e Lightning Bolt (2013). Aparece tamén coma compositor do tema "Love Boat Captain" que está en Riot Act. Segundo Gaspar o tema inicialmente saíu dunha sesión de improvisacion que tivera con Vedder pouco despois de coñecerse. Cando remataron, Vedder preguntou a Gaspar se estaba "preparado para ir a Seattle".[3]

Gaspar fíxose coñecido polos seus longos solos en "Crazy Mary", unha canción escrita orixinalmente por Victoria Williams. Esta adoitaba a culminar cun duelo guitarra/órgano entre Gaspar e o guitarrista Mike McCready.[4] Gaspar dixo a Keyboard Magazine que o seu maior reto tocando coa banda foi "aprender o que é Pearl Jam e aprender os diferentes estilos de cada un dos membros da banda. É unha educación para min. Cada noite é diferente e tocar con eles é incrible. Encántanme os retos. Eles fan de ti un mellor instrumentista e os desafíos é do que se trata a música".[5][6]

  1. 1,0 1,1 "Way to go Boom!". Honolulu Star-Bulletin. Consultado o 2025-01-18. 
  2. "Yield Not". Seattle Weekly (en inglés). 2006-10-09. Consultado o 2025-01-18. 
  3. "Friendship takes stage at Pearl Jam concert". The Honolulu Advertiser. Consultado o 2025-01-18. 
  4. "The Phoenix > Live Reviews > Pearl Jam at the Garden". thephoenix.com. Consultado o 2025-01-18. 
  5. Gallant, Michael. "Boom Gaspar of Pearl Jam". KeyboardMag
  6. Irwin, Corey IrwinCorey (2020-02-03). "How Pearl Jam Met Their New Secret Weapon, Boom Gaspar". Ultimate Pearl Jam (en inglés). Consultado o 2025-01-18.