Saltar ao contido

Who You Are (Pearl Jam)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

«Who You Are»
sinxelo de Pearl Jam
do álbum No Code
Lanzamento 30 de xullo de 1996
Formato {{{formato}}}
Gravada xullo de 1995 - maio de 1996
Xénero musical rock alternativo
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:50
Discográfica Epic Records
Produtor(es) Brendan O'Brien, Pearl Jam
Escritor(es) Stone Gossard, Jack Irons, Eddie Vedder
Cronoloxía
«Merkin Ball» «Who You Are» «"Hail, Hail
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Who You Are" é un sinxelo da banda estadounidense de rock alternativo Pearl Jam. Con letra escrita polo vocalista Eddie Vedder e a música composta polo batería Jack Irons e o guitarrista Stone Gossard, "Who You Are" foi editado o 30 de xullo de 1996 coma primeiro sinxelo do seu álbum No Code. A canción acadou a cima da lista Billboard Modern Rock Tracks e foi número 31 na Billboard Hot 100.

O tema foi incluído no recompilatorio de grandes éxitos de Pearl Jam rearviewmirror (Greatest Hits 1991-2003), editado no ano 2004. Neste álbum "Who You Are" ten un pequeno cambio na letra. Na vez de "circumstance, clapping hands", di "avalanche, falling fast."

A canción apareceu na banda sonora da película de 1998 Chicago Cab, e tamén no capítulo "The Long Blue Line" da serie Cold Case, emitido no ano 2009.

Lista de cancións

[editar | editar a fonte]
  1. "Who You Are" (Stone Gossard, Jack Irons, Eddie Vedder) – 3:51
  2. "Habit" (Vedder) – 3:36